Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/196-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea Pelamios-Políg. Adormideras.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 1.085 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al, que parte da L.M.T. existente estrada Pelamios (Expte. 24671) e final na L.M.T. a C.T. Adormideras (Expte. 34659). L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 1.085 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al que enlaza os C.T. de Pelamios e o C.T. da residencia xeriátrica. Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade esta

blecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 29 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7106