Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 02 de outubro de 1997 Páx. 9.714

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 52774).

Visto o expediente incoado pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio social en

r/ Severo Ochoa, 2, polígono da Grela-Bens 15008-A Coruña, para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Modificado 1 o proxecto da L.M.T., C.T. e R.B.T. Lale e Santo Estevo, consistente en: L.M.T. a 20 kV de 2.243 m de lonxitude, que parte da L.M.T. denominada Porto Chaián e final no C.T. que se constuirá denominado Lale. C.T. de 50 kVA, tipo intemperie. R.B.T. a 380/220 V que parte do C.T. denominado Lale, cunha lonxitude de 252 m en R.Z. Municipios de Val do Dubra e Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 29 de agosto de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7356