Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.
Denominación: L.M.T. subterránea Sta. Mariña-Insua. Ferrol.
Situación: municipio de Ferrol (A Coruña).
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 811 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3(1x240 mm Al) a 12/20 kV que une os CC.TT. de San Rosende, C.T. Alegre e C.T. Insua. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 410 m de lonxitude que une os CC.TT. de Banco Pastor e C.T. Mercado. Municipio de Ferrol.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 25 de agosto de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7354