Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.655

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1376/1997, do 29 de agosto, sobre ampliación de medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura, Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), por Real decreto 92/1996, do 26 de xaneiro.

A Constitución española resérvalle ó Estado, no artigo 149.1.13ª, a competencia sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica, e no artigo 148.1.7ª establece que as comunidades autónomas poderán asumir competencias en materia de agricultura e gandería, de acordo coa ordenación xeral da economía.

Por outra banda, o Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, atribúelle á Comunidade Autónoma galega, no seu artigo 30.1 tres, a competencia exclusiva en materia de agricultura e gandería, de acordo coa ordenación xeral da economía.

Mediante o Real decreto 92/1996, do 26 de xaneiro, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servicios en materia de agricultura, relativos á xestión de axudas directas que proveñan de fondos comunitarios, en particular do FEOGA (sección garantía), procedendo agora a completar e amplia-lo custo do dito traspaso.

Finalmente, o Real decreto 581/1982, do 26 de xullo, determina as normas e o procedemento ó que terán que axustarse os traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 31 de xullo de 1997, o oportuno acordo, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día vintenove de agosto de mil novecentos noventa e sete

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da comisión mixta prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, adoptado polo Pleno con data do 31 de xullo de 1997, polo que se lle amplían á Comunidade Autónoma de Galicia os medios adscritos ás funcións e servicios traspasados en materia de agricultura, Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), mediante Real decreto 92/1996, do 26 de xaneiro, e que se transcribe como anexo ó presente real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia os créditos orzamentarios correspondentes, nos termos que resultan do propio acordo e das relacións anexas.

Artigo 3º

A ampliación de medios a que se refire este real decreto terá efectividade a partir do día sinalado no acordo da mencionada comisión mixta, sen prexuízo de que o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación produza, ata a entrada en vigor deste real decreto, se é o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen, de conformidade coa relación número 1 do anexo, serán dados de baixa nos correspondentes conceptos orzamentarios e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos habilitados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, destinados a financia-lo custo dos servicios asumidos polas comunidades autónomas, unha vez se remitan ó departamento citado, por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, os respectivos certificados de retención de crédito, para darlle cumprimento ó disposto na vixente Lei 12/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais do Estado para 1997.

Disposición derradeira única

O presente real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Palma de Mallorca, vintenove de agosto de mil novecentos noventa e sete.

Mariano Rajoy Brey

Ministro de Administracións Públicas

Xoán Carlos R.

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que na sesión plenaria da Comisión Mixta de Transferencias, celebrada o día 31 de xullo de 1997, se adoptou un acordo sobre ampliación dos medios adscritos ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura, Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), polo Real

decreto 92/1996, do 26 de xaneiro, nos termos que a continuación se expresan:

A) Referencia a normas constitucionais e estatutarias nas que se ampara o traspaso.

A Constitución, no artigo 148.1.7ª, establece que as comunidades autónomas poderán asumir competencias en materia de agricultura e gandería, de acordo coa ordenación xeral da economía.

O artigo 149.1.13ª resérvalle ó Estado a competencia sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, atribúelle á Comunidade Autónoma galega, no seu artigo 30.1. tres, a competencia exclusiva en materia de agricultura e gandería, de acordo coa ordenación xeral da economía.

Mediante o Real decreto 92/1996, do 26 de xaneiro, traspasáronse á Comunidade Autónoma de Galicia funcións e servicios en materia de agricultura, relativos á xestión de axudas directas que proveñan de fondos comunitarios, en particular do FEOGA (sección garantía).

Finalmente, a disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia e o Real decreto 581/1982, do 26 de xullo, regulan o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias, así como a forma e condicións ás que teñen que axustarse os traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á dita Comunidade Autónoma.

En consecuencia, procédese por este acordo a completar e amplia-lo custo efectivo dos traspasos efectuados mediante o Real decreto 92/1996, do 26 de xaneiro.

B) Valoración definitiva das cargas financeiras correspondentes á ampliación de medios.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1996 lle corresponde á ampliación de medios, elévase a 317.221 pesetas.

2. O financiamento, en pesetas de 1997 que corresponde ó custo efectivo anual, é o que se recolle na relación número 1.

3. O custo efectivo que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 1, financiarase do seguinte xeito:

Transitoriamente, ata que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de participación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, o custo total financiarase mediante a consolidadción nas sección 32, dos orzamentos xerais do Estado, dos créditos relativos ós distintos compoñentes do dito custo, polos importes que se determinen, susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada Lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio, a que se refire o parágrafo anterior, respecto do financiamento dos servicios transferidos serán obxecto de regularización ó peche do exercicio económico, mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes perante unha comisión de liquidación, que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

C) Data de efectividade da ampliación de medios.

A ampliación de medios obxecto deste acordo terá efectividade a partir do día 30 de setembro de 1997.

E para que conste, expedímo-la presente certificación en Madrid o 31 de xullo de 1997.

Secretarios da comisión mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín

Relación número 1

Valoración do custo efectivo dos medios que se amplían

Sección 21. Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación

Organismo 201.

Programa 715 A.

Pesetas 1997

Capítulo I. Artigo 12 338.316

Total 338.316

7287