Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 01 de outubro de 1997 Páx. 9.640

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

REAL decreto 1375/1997, do 29 de agosto, sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego, no ámbito do traballo, o emprego e a formación.

A Constitución, no artigo 149.1.13ª, resérvalle ó Estado a competencia exclusiva sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica, establecendo no mesmo artigo 149.1.7ª, que o Estado ten competencia exclusiva en materia de lexislación laboral, sen prexuízo da súa execución polos órganos das comunidades autónomas.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, dispón no seu artigo 29.1 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a execución da lexislación do Estado en material laboral, asumindo as facultades, competencias e servicios que nese ámbito, e no nivel de execución, ostenta actualmente o Estado, e no artigo 30.1.1) que lle corresponde nos termos dispostos nos artigos 38, 131 e 149.1.11ª e 13ª da Constitución, a competencia exclusiva sobre o fomento e a planificación da actividade económica en Galicia. Por outra parte, o artigo 31 do propio Estatuto de autonomía establece que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e leis orgánicas que, conforme o apartado primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan; das facultades que lle atribúe ó Estado

o artigo 149.1.30ª da Constitución e da alta inspección necesaria para o seu cumprimento e garantía.

En consecuencia procede que a Comunidade Autónoma asuma as funcións en materia de xestión do traballo, o emprego e a formación que vén desempeñando a Administración do Estado.

O Real decreto 581/1982, do 26 de xullo, determina as normas e o procedemento a que se deben axusta-los traspasos de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no real decreto citado, que tamén regula o funcionamento da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, esta comisión adoptou, na súa reunión do día 31 de xullo de 1997, o oportuno acordo, a virtualidade práctica do cal esixe a súa aprobación polo Goberno mediante real decreto.

Na súa virtude, en cumprimento do disposto na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, por proposta do ministro de Administracións Públicas e logo de deliberación do Consello

de Ministros na súa reunión do día vintenove de agosto de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o acordo da Comisión Mixta de Transferencias prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia, adoptado polo Pleno o 31 de xullo de 1997, polo que se traspasan á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios en materia de xestión do traballo, o emprego e a formación, e que se transcribe como anexo do presente real decreto.

Artigo 2º

En consecuencia, quedan traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións e servicios, así como os bens, dereitos, obrigas, medios persoais e créditos orzamentarios correspondentes, nos termos que resultan do propio acordo e das relacións anexas.

Artigo 3º

O traspaso a que se refire este real decreto terá efectividades a partir da data sinalada no acordo da mencionada comisión mixta, sen prexuízo de que o Instituto Nacional de Emprego (Inem) ou demais órganos competentes produzan, ata a entrada en vigor deste real decreto, se é o caso, os actos administrativos necesarios para o mantemento dos servicios no mesmo réxime e nivel de funcionamento que tivesen no momento da adopción do acordo.

Artigo 4º

Os créditos orzamentarios que se determinen de conformidade coa relación número 5 do anexo, serán dados de baixa nos correspondentes conceptos orzamentarios e transferidos polo Ministerio de Economía e Facenda ós conceptos habilitados na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, destinados a financia-lo custo dos servicios asumidos polas comunidades autónomas, unha vez que se remitan ó departamento citado, por parte da Oficina Orzamentaria do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, os respectivos certificados de retención de crédito, para dar cumprimento ó disposto na vixente Lei 12/1996, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 1997.

Disposición derradeira única

O presente real decreto será publicado simultaneamente no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, adquirindo vixencia a partir da súa publicación.

Dado en Palma de Mallorca, vintenove de agosto de mil novecentos noventa e sete.

Mariano Rajoy Brey

Ministro de Administracións Públicas

Xoán Carlos R.

ANEXO

Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín, secretarios da Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado- Comunidade Autónoma de Gali

cia, prevista na disposición transitoria cuarta do Estatuto de autonomía para Galicia,

CERTIFICAN:

Que no Pleno da Comisión Mixta de Transferencias, celebrado o día 31 de xullo de 1997, se adoptou acordo sobre traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servicios en materia de xestión do traballo, o emprego e a formación, nos termos que a seguir se expresan:

A) Normas constitucionais, estatutarias e legais nas que se ampara o traspaso.

A Constitución, no artigo 149.1.13ª, resérvalle ó Estado a competencia exclusiva sobre as bases e coordinación da planificación xeral da actividade económica, establecendo, no mesmo artigo 149.1.7ª, que o Estado ten competencia exclusiva en materia de lexislación laboral, sen prexuízo da súa execución polos órganos das comunidades autónomas.

No artigo 149.1.30ª da Constitución establécese a competencia exclusiva do Estado sobre regulación das condicións de obtención, expedición e homologación de títulos académicos e profesionais e normas básicas para o desenvolvemento do artigo 27 da Constitución; artigo este que recoñece, pola súa parte, o papel dos poderes públicos en canto a programación xeral do ensino, inspección e homologación do sistema educativo, para garanti-lo cumprimento das leis. Pola súa parte, o artigo 30 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, remite a ordenación da formación profesional ocupacional á súa normativa específica de carácter laboral.

O Estatuto de autonomía para Galicia, aprobado por Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, establece no artigo 29.1 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facultades, competencias e servicios que neste ámbito, e no nivel de execución, ostenta actualmente o Estado; e, no artigo 30.1.1), que lle corresponde nos termos do disposto nos artigos 38, 131 e 149.1.11ª e 13ª da Constitución, a competencia exclusiva sobre o fomento e a planificación da actividade económica en Galicia. Por outra parte, o artigo 31 do propio Estatuto de autonomía establece que é competencia plena da Comunidade Autónoma galega a regulación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades, no ámbito das súas competencias, sen prexuízo do disposto no artigo 27 da Constitución e nas leis orgánicas que, conforme o apartado primeiro do seu artigo 81, o desenvolvan, das facultades que lle atribúe ó

Estado o artigo 149.1.30ª da Constitución, e de alta inspección necesaria para o seu cumprimento e garantía. Procede, en consecuencia, que a Comunidade Autónoma de Galicia asuma as funcións en materia de xestión do traballo, o emprego e a formación que vén desempeñando a Adminstración do Estado.

B) Funcións e servicios da Administración do Estado que asume a Comunidade Autónoma de Galicia.

Traspásanse á Comunidade Autónoma de Galicia as funcións de xestión que, en materia de traballo, emprego e formación, vén realizando o Instituto Nacional

de Emprego (Inem) e, en consecuencia, a Comunidade Autónoma asume, dentro do seu ámbito territorial, as funcións e servicios correspondentes á dita xestión e, en particular, as que a seguir se relacionan:

1. En materia de intermediación no mercado de traballo

a) As funcións de execución, en materia de intermediación laboral, e en especial as recollidas nos apartados 2 e 3 do artigo 42 da Lei 51/1980, do 8 de outubro, básica de emprego, sobre inscrición e rexistro dos demandantes de emprego, e a obriga dos traballadores de comunica-lo remate do contrato de traballo.

b) As funcións de execución relativas á obriga dos empresarios de rexistrar ou, se é o caso, comunica-los contratos laborais, establecidas no artigo 16.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, así como a comunicación á Oficina de Emprego do remate do contrato de traballo, de acordo co artigo 42.3 da Lei 51/1980, do 8 de outubro, básica de emprego.

c) A autorización das axencias de colocación, cun ámbito de actuación que non supere o do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos previstos no artigo 16.2 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e o Real decreto 735/1995, do 5 de maio, polo que se regulan as axencias de colocación sen fins lucrativos e os servicios integrados para o emprego.

No suposto de axencias de colocación cunha actividade que non quede limitada ó ámbito territorial de Galicia e, consecuentemente, non corresponda a súa autorización a esta Comunidade Autónoma, deberá solicitarse informe preceptivo da Comunidade Autónoma de Galicia con carácter previo á súa autorización polo Inem. A autorización das axencias de colocación polo Inem, respecto ó ámbito territorial desta Comunidade Autónoma, deberá adoptarse respectando os criterios operativos fixados pola Comunidade Autónoma de Galicia no seu ámbito territorial.

d) As funcións do Inem no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, relativas ás actividades da Rede EURES (European Employment Services), definida na Decisión da Comisión Europea do 22 de outubro de 1993 (Diario Oficial de las Comunidades Europeas L-274/32).

En todo caso, utilizarase o sistema de información que soporta a rede informática e a base de datos EURES, administrada directamente pola Comisión Europea (DXV), garantíndose a coordinación entre os euroconselleiros da Comunidade Autónoma de Galicia e os que integren o resto da rede estatal EURES.

O Inem incorporará o financiamento das actividades que sexan planificadas polos euroconselleiros da rede EURES en Galicia ó convenio de financiamento que, anualmente, se subscribe coa Comisión Europea.

2. Funcións de xestión e control de políticas de emprego

a) As actuacións de xestión e control, no ámbito de Galicia, das subvencións e axudas públicas da polí

tica de emprego, que outorga a Administración do Estado a través do Instituto Nacional de Emprego (Inem), e que se identifican na relación adxunta número 1.

b) A organización e articulación no ámbito de Galicia, dos convenios coas entidades asociadas dos servicios integrados para o emprego, nos termos previstos no título II do Real decreto 735/1995, do 5 de maio, polo que se regulan as axencias de colocación sen finalidade de lucro e os servicios integrados para o emprego, e na Orde do 10 de outubro de 1995.

c) A xestión e control dos programas nacionais de escolas-taller e casas de oficios, regulados na orde do Ministerio de Traballo e Seguridade Social, do 3 de agosto de 1994. Inclúese a programación, organización e xestión das accións, así como a homologación de escolas-taller e casas de oficio e a expedición dos certificados de profesionalidade correspondentes, todo isto segundo as condicións previstas no Real decreto 79/1995, do 19 de maio, sobre directrices dos certificados de profesionalidade e contidos mínimos da formación profesional ocupacional.

d) A Comunidade Autónoma de Galicia exercerá no seu ámbito territorial as funcións atribuídas ó Inem, exceptuadas as referentes ás prestacións por desemprego, relativas ós fondos de promoción de emprego previstas no Real decreto 335/1984, do 8 de febreiro, polo que se regulan os fondos de promoción de emprego, e a Orde do 19 de xuño de 1986, pola que se regula o Rexistro Especial dos Fondos de Promoción de Emprego e a inspección e o control destes polo Inem.

e) A Comunidade Autónoma de Galicia xestionará os fondos das subvencións que non formen parte do custo efectivo, conforme a normativa xeral do Estado.

3. Centros nacionais de formación profesional ocupacional.

A titularidade dos dous centros nacionais de formación profesional ocupacional situados en Coia (Vigo) e Santiago de Compostela. Tales centros executarán, a través do financiamento correspondente por parte do Inem, as funcións que teñen atribuídas polos artigos 17 e seguintes do Real decreto 631/1993, do 3 de maio, regulador do Plan Nacional de Formación e Inserción Profesional.

Para este efecto, a Comisión de Coordinación e Seguimento, que se crea no número 5 do apartado C) deste acordo, articulará os mecanismos precisos para garantir unha adecuada colaboración entre as dúas adminstracións.

En particular, con obxecto de garantir e potencia-las funcións atribuídas ós dous centros nacionais que son asumidos pola Comunidade Autónoma de Galicia, a comisión poderá formular propostas acordadas de cualificación de centrol nacional a favor doutro centro que reúna as condicións de recursos e de localización adecuadas.

4. Comisións executivas provinciais e comisións de seguimento da contratación laboral.

A Comunidade Autónoma de Galicia designará o presidente e un dos vocais representantes da Administración pública nas comisións executivas provinciais

do Inem, en cada unha das catro provincias que configuran a Comunidade Autónoma de Galicia.

Así mesmo, a Comunidade Autónoma de Galicia exercerá, no ámbito desta Comunidade Autónoma, as funcións atribuídas ata o momento ó Instituto Nacional de Emprego nas comisións de seguimento da contratación laboral, reguladas no Real decreto 355/1991, do 15 de marzo.

5. Potestade sancionadora.

A Comunidade Autónoma de Galicia exercerá as funcións de execución relativas ó cumprimento das obrigas de empresarios e traballadores e, se é caso, a potestade sancionadora, nas materias relativas ó emprego e desemprego nos termos que establece a lexislación do Estado.

Para ordena-lo exercicio destas actividades, aplicarase o que se dispoña no acordo complementario a este traspaso.

C) Funcións concorrentes e compartidas entre a Administración do Estado e a da Comunidade Autónoma e formas institucionais de cooperación.

1. Intercambio de información e cooperación permanente, orientada a lograr un mellor coñecemento do mercado de traballo, que garanta a compensación de ofertas e demandas entre oficinas, os principios de igualdade de dereitos, libre circulación, non discriminación e traballo en todo o territorio nacional para os traballadores.

2. O rexistro e tratamento da información derivada das actuacións relativas ás funcións de intermediación no mercado de traballo garantirá, en todo caso, a transparencia e accesibilidade a ela do sistema público de emprego estatal, establecéndose unha metodoloxía de comunicacións que permita unha coordinación eficaz e que garanta un sistema de información nacional; a súa xestión e coordinación correspóndelle ó Instituto Nacional de Emprego. O dito sistema permitirá, en todo momento, a transparencia e vixencia da información e a igualdade de acceso para os usuarios e xestores.

3. Co obxecto de garanti-lo actual nivel de utilización da estatística para fins estatais, a Comunidade Autónoma de Galicia facilitaralle ó Inem información que lle permita a elaboración da estatística sobre o exercicio das funcións transferidas, seguindo as definicións actuais ou as que, se é o caso, sexan establecidas pola Comisión de Coordinación e Seguimento a que se refire o número 5 deste apartado, de forma que quede garantida a súa coordinación e integración co resto da información estatística de ámbito estatal. Pola súa parte, o Inem facilitaralle á Comunidade Autónoma de Galicia a información elaborada sobre as mesmas materias.

4. Esta cooperación entre ámbalas administracións garantirá, en todo caso, a coordinación entre a xestión, pagamento e control das prestacións por desemprego e o seguimento do colectivo de demandantes de emprego, ós que se dirixen as políticas de emprego que se transfiren.

5. Co obxecto de garanti-la adecuada coordinación á que se refire o presente acordo, créase unha comisión

de coordinación e seguimento, de composición paritaria e constituída por seis persoas: tres designadas pola Administración do Estado e tres pola Administración da Comunidade Autónoma.

Mediante o oportuno convenio entre ámbalas administracións, regularanse as funcións e réxime de funcionamento da dita comisión.

D) Bens, dereitos e obrigas do Estado que se traspasan

1. Traspásanselle á Comunidade Autónoma de Galicia, para a efectividade das funcións que son obxecto do traspaso, os bens inmobles e dereitos que se detallan na relación adxunta número 2.

2. No prazo dun mes desde a data de efectividade deste acordo, asinaranse as correspondentes actas de entrega de inmobles e recepción de mobiliario, equipos e material inventariables.

E) Persoal que se traspasa

1. Os medios persoais obxecto de traspaso citaranse nominalmente na relación adxunta número 3 e pasarán a depender da Comunidade Autónoma de Galicia nos termos legalmente previstos polo Estatuto de autonomía e demais normas en cada caso aplicables e nas mesmas circunstancias que se especifican nos seus expedientes de persoal.

2. O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais notificaralles ós interesados o traspaso, tan pronto o Goberno aprobe o presente acordo por real decreto. Así mesmo, remitiráselles ós órganos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia unha copia certificada de tódolos expedientes deste persoal traspasado, así como dos certificados de haberes referidos ás cantidades devengadas durante 1997.

3. En canto ó persoal que se traspasa e que poida estar afectado polo Plan de Emprego do Instituto Nacional de Emprego, aprobado por resolución da Secretaría de Estado para a Adminstración Pública do 19 de xuño de 1995 (Boletín Oficial del Estado número 149, do 23), a súa incorporación á función pública da Comunidade Autónoma de Galicia realizarase nos termos que resulten da súa execución, de acordo coas especificacións establecidas no acordo complementario ó presente traspaso.

F) Postos de traballo vacantes que se traspasan.

Os postos de traballo vacantes que se traspasan figuran na relación número 4.

G) Valoración definitiva das cargas financeiras correspondentes ás funcións e servicios que se traspasan.

1. A valoración definitiva do custo efectivo que, en pesetas de 1996, corresponde ós servicios traspasados á Comunidade Autónoma de Galicia, elévase a 2.429.985.942 pesetas.

2. O financiamento en pesetas de 1997, que corresponde ó custo efectivo anual dos servicios traspasados, detállase na relación número 5.

3. O custo efectivo, que figura detallado nos cadros de valoración da relación número 5, financiarase do seguinte xeito:

Transitoriamente, ata o momento en que o custo efectivo se compute para revisa-la porcentaxe de parti

cipación da Comunidade Autónoma nos ingresos do Estado, este custo financiarase mediante a consolidación na sección 32 dos orzamentos xerais do Estado, dos créditos relativos ós diferentes compoñentes do custo efectivo, polos importes que se determinen susceptibles de actualización polos mecanismos xerais previstos en cada lei de orzamentos.

As posibles diferencias que se produzan durante o período transitorio a que se refire o parágrafo anterior, respecto ó financiamento das funcións transferidas, serán obxecto de regularización, se é o caso, ó peche do exercicio económico que corresponda, mediante a presentación das contas e estados xustificativos correspondentes perante unha comisión de liquidación que se constituirá no Ministerio de Economía e Facenda.

4. Como entrega por unha soa vez, traspásaselle á Comunidade Autónoma de Galicia a cantidade de 148.421.601 pesetas, en concepto de gastos para a adecuación do local situado na rúa Ramón Piñeiro, sen número, de Santiago de Compostela.

H) Data de efectividade do traspaso

O traspaso de funcións e servicios obxecto do presente acordo terá efectividade a partir do día 1 de xaneiro de 1998.

E para que conste, expídese a presente certificación en Madrid o 31 de xullo de 1997.

Os secretarios da comisión mixta, Rosa Rodríguez Pascual e Alfonso Vaquero Marín.

Secretarios da Comisión Mixta.

Relación número 1

Relación actual de normas reguladoras das diferentes subvencións concedidas polo Instituto Nacional de Emprego en materia de fomento do emprego.

1. Orde do 2 de marzo de 1994 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións polo Instituto Nacional de Emprego, no ámbito de colaboración coas corporacións locais, para a contratación de traballadores desempregados na realización de obras e servicios de interese xeral e social, desenvolvida pola Resolución do 31 de marzo de 1994.

2. Orde do 9 de marzo de 1994 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas polo Instituto Nacional de Emprego para a realización de accións de comprobación da profesionalidade, información profesional, orientación profesional e e busca activa de emprego, por entidades e institucións colaboradoras sen ánimo de lucro.

3. Orde do 12 de abril de 1994 pola que se regulan as iniciativas locais de emprego e os axentes de emprego e desenvolvemento local, e se establecen as bases reguladoras da concesión de subvencións e axudas a esas iniciativas locais de emprego e á contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local.

4. Orde do 13 de abril de 1994 pola que se regula a concesión de subvencións polo Instituto Nacional de Emprego no ámbito da colaboración con órganos da Administración do Estado e os seus organismos autónomos, comunidades autónomas, universidades e

institucións sen ánimo de lucro, que contraten traballadores desempregados para a realización de obras e servicios de interese xeral e social.

5. Orde do 13 de abril de 1994 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión das subvencións consistentes no aboamento ós traballadores que fixesen uso do dereito previsto no artigo 1 do Real decreto 1044/1985, do 19 de xuño, de cotas á Seguridade Social, segundo o disposto no artigo 4.2 do dito real decreto, modificado pola Lei 22/1992, do 30 de xullo.

6. Orde do 13 de abril de 1994 no referente á concesión das axudas e subvencións pola contratación indefinida de traballadores minusválidos que establece o capítulo II do Real decreto 1451/1983.

7. Orde do 3 de agosto de 1994 pola que se regulan os programas de escolas taller e casas de oficios, as unidades de promoción e desenvolvemento e os centros de iniciativa empresarial e se establecen as bases reguladoras da concesión das subvencións públicas ós ditos programas, desenvolvida por Resolución do 7 de xullo de 1995.

8. Orde do 10 de outubro de 1995 pola que se regulan, en desenvolvemento do título II do Real decreto 735/1995, do 5 de maio, sobre axencias de colocación sen fins lucrativos e os servicios integrados para o emprego, os plans de servicios integrados para o emprego.

Relación número 2

Relación de inmobles destinados a oficinas de emprego transferibles

Provincia da Coruña

IdentificaciónEnderezoTitularidadeSuperf.

O.E. A Coruña-PortoPraza Rafael Dieste, s/nPropiedade843

O.E. A Coruña-ZalaetaR/ Instituto de Zalaeta,1-3Propiedade411

O.E. BetanzosR/ Venezuela, 39Propiedade411

O.E. Ferrol-Avd. de VigoAvd. de Vigo, 135-137Propiedade565

O.E. Ferrol-O InferniñoR/ Deportes, 2 a 8Propiedade350

Futura O.E. Santiago

de Compostela (*)

R/ Ramón Piñeiro, s/nPropiedade462

O.E. A Coruña-TornosAvd. Fisterra, 227-229Arrendamento230

O.E. A Coruña-Tornos (anexo)Avd. Fisterra, 227-229Arrendamento145

O.E. As Pontes de García RodríguezR/ Emilia Pardo Bazán, 52Arrendamento96

O.E. As Pontes de García Rodríguez (anexo)R/ Emilia Pardo Bazán, 52Arrendamento68

O.E. BoitoAvd. Barraña, s/nArrendamento120

O.E. CarballoR/ Fomento, 55Arrendamento150

O.E. CeeR/ Domingo A. de Andrade, s/nArrendamento100

O.E. Cee (anexo)R/ Domingo A. de Andrade, s/nArrendamento400

O.E. MelideAvd. de Lugo, 61Arrendamento100

O.E. OrdesR/ da Canteira, 17Arrendamento120

O.E. Santiago de Compostela-Centro (**)R/ Doutor Maceira, 18Arrendamento300

O.E. Santiado de Compostela-NorteR/ do Tomiño, 28Arrendamento342

(*) Local compartido co futuro centro de formación ocupacional.

(**) Local compartido con aulas de formación.

Réxime de titularidade: propiedade

Número de locais: 6

LocalEnderezom

O.E. A Coruña-PortoPraza Rafael Dieste, s/n843

O.E. A Coruña-ZalaetaR/ Instituto de Zalaeta, 1-3236

O.E. BetanzosR/ Venezuela, 39411

O.E. Ferrol-Avd. de VigoAvd. de Vigo, 135-137565

O.E. Ferrol-O InferniñoR/ Deportes 2 a 8350

Futura O.E. Santiago de CompostelaR/ Ramón Piñeiro, s/n462

(*) Local compartido co futuro centro de formación ocupacional

Réxime de titularidade: arrendamento

Número de locais: 9 (descritos 3 locais anexos con diferentes contratos)

LocalEnderezom

O.E. A Coruña-TornosAvda. Fisterra, 227-229230

O.E. A Coruña-Tornos (anexo)Avda. Fisterra, 227-229145

O.E. As Pontes de García RodríguezR/ Emilia Pardo Bazán, 5296

O.E. As Pontes de García Rodríguez (anexo)R/ Emilia Pardo Bazán, 5268

O.E. BoiroAvd. Barraña, s/n120

O.E. CarballoR/ Fomento, 55150

O.E. CeeR/ Domingo A. de Andrade, s/n100

O.E. Cee (anexo)R/ Domingo A. de Andrade, s/n400

O.E. MelideAvd. de Lugo, 61100

O.E. OrdesR/ da Canteira, 17120

O.E. Santiago de Compostela-Centro (*)R/ Doctor Maceira, 18300

O.E. Santiago de Compostela-NorteR/ do Tomiño, 28342

(*) Local compartido con aulas de formación.

Nota: está previsto o arrendamento dun novo local en Carballo, que substitúa o actual.

Réxime de titularidade: cesión de uso por outras institucións

Non existe inventariado ningún local neste réxime de titularidade; non obstante, está prevista a cesión dun local en Boiro polo Instituto Social da Mariña

Relación de inmobles destinados a formación ocupacional transferibles

IdentificaciónEnderezoRex. titularidadeSuperf.

Futuro centro de formación ocupacional de Santiago de Compostela (*)R/ Ramón Piñeiro, s/nPropiedade793

Aula de formación de Santiago de Compostela (**)R/ Doutor Maceira, 18Arrendamento281

(*) Local compartido coa futura oficina de emprego.

(**) Local compartido coa oficina de emprego de Santiago de Compostela-Centro.

Réximen de titularidade: propiedade

Número de locais: 1

LocalEnderezom

Futuro centro de formación ocupacional de Santiago de Compostela (*)R/ Ramón Piñeiro, s/n793

(*) Local compartido coa futura oficina de emprego.

Réxime de titularidade: arrendamento

Número de locais: 1

LocalEnderezom

Aula de formacion de Santiago de Compostela (*)R/ Doctor Maceira, 18281

(*) Local compartido coa futura oficina de emprego de Santiago de Compostela-centro.

Relación de inmobles destinados a oficinas de emprego transferibles

IdentificaciónEnderezoRex. titularidadeSuperf.

O.E. LugoR/ Río Cabe, 8-10Arrendamento1.124

O.E. BurelaAvd. Arcadio Pardiñas, s/nArrendamento140

O.E. SarriaR/ Matías López, 37Arrendamento101

O.E. BecerreáPraza do Concello, s/nCesión de uso75

O.E. MondoñedoEstrada dos Remedios, s/nCesión de uso325

Nota: os locais das O.E. de Chantada, Monforte de Lemos, Ribadeo, Vilalba e Viveiro non son transferibles, o pertencer o patrimonio sindical integrado no Patrimonio do Estado.

Réxime de titularidade: arrendamento

Número de locais: 3

LocalEnderezom

O.E. LugoR/ Río Cabe, 8-101.124

O.E. BurelaAvd. Arcadio Pardiñas, s/n140

O.E. SarriaR/ Matías López, 37101

Réxime de titularidade: cesión de uso polos respectivos concellos

Número de locais: 2

LocalEnderezom

O.E. BecerreáPraza do Concello, s/n75

O.E. MondoñedoEstrada dos Remedios, s/n325

Relación de inmobles destinados a oficinas de emprego transferibles

Provincia de Ourense

IdentificaciónEnderezoTitularidadeSuperf.

O.E. Ourense-CentroR/ Concello, 4Propiedade425

O.E. Ourense-A PonteR/ San Francisco Blanco, 2Arrendamento688

O.E. Delegada RibadaviaR/ Xeral Mola, 25Arrendamento120

O.E. CelanovaPraza Baixos Mosteiro, s/nCesión de uso150

Futura O.E. RibadaviaR/ García Penedo, 3Cesión de uso322

O.E. Delegada Viana do BoloPraza do Mercado, s/nCesión de uso150

Nota: os locais das O.E. do Barco de Valdeorras, O Carballiño, Verín, Xinzo de Limia e a O.E. Delegada da Pobra de Trives non son transferibles, o pertencer o patrimonio sindical integrado no patrimonio do Estado.

Réxime de titularidade: propiedade

Número de locais: 1

LocalEnderezom

O.E. Ourense-CentroR/ Concello, 4425

Réxime de titularidade: arrendamento

Número de locais: 2

LocalEnderezom

O.E. Ourense-A PonteR/ San Francisco Blanco, 2688

O.E. Delegada RibadaviaR/ Xeneral Mola, 25120

Nota: está previsto o arrendamento dun local en Verín e outro en Ribadavia, que substitúa os actuais.

Réximen de titularidade: cesión de uso polos

respectivos concellos

Número de locais: 3

LocalEnderezom

O.E. CelanovaPraza Baixos Mosteiro, s/n150

Futura O.E. RibadaviaR/ García Pernedo, 3322

O.E. Delegada Viana do BoloPraza do Mercado, s/n150

Relación de inmobles destinados a oficinas de emprego transferibles

Provincia de Pontevedra

IdentificaciónEnderezoTitularidadeSuperf.

O.E. Vigo-López MoraR/ López Mora, 50Propiedade726

O.E. Sanjurjo BadíaAvda. Sanjurjo Badía, 35Propiedade547

O.E. Caldas de ReisR/ Laureano Salgado, 10Arrendamento85

O.E. CangasR/ Fomento, 1Arrendamento205

O.E. LalínAvda. Luis González, 18Arrendamento190

O.E. O PorriñoAvda. de Galicia, 26Arrendamento219

O.E. PontevedraR/ Herreros, 22-24Arrendamento250

O.E. Pontevedra (anexo)R/ Herreros, 22-24Arrendamento125

O.E. RedondelaR/ Ernestina Otero, 19Arrendamento280

IdentificaciónEnderezoTitularidadeSuperf.

O.E. TuiR/ Alcalde Casal Aboy, 17Arrendamento263

O.E. Vigo-O CalvarioR/ Urzáiz, 188Arrendamento255

O.E. Vilagarcía de ArousaAvda. Doctor Tourón, 50Arrendamento209

O.E. Vilagarcía de Arousa (anexo)Avda. Doctor Tourón, 50Arrendamento96

O.E. A CañizaR/ Progreso, s/nCesión de uso88

O.E. BaionaR/ Ventura Misa, 19Cesión de uso187

O.E. Vigo Coia (*)R/ Baiona, 28, Pol. Ind. CoiaCesión de uso1.361

(*) Inmoble compartido co centro de formación ocupacional.

Nota: os locais das O.E. da Estrada, Cambados e Ponteareas non son transferibles, ó pertencer o patrimonio sindical integrado no patrimonio do Estado.

Réxime de titularidade: propiedade

Número de locais: 2

LocalEnderezom

O.E. Vigo-López MoraR/ López Mora, 50726

O.E. Sanjurjo BadíaAvda. Sanjurjo Badía, 35547

Réxime de titularidade: arrendamento

Número de locais: 9 (descritos 2 locais anexos

con diferentes contratos)

LocalEnderezom

O.E. Caldas de ReisR/ Laureano Salgado, 10 85

O.E. CangasR/ Fomento, 1205

O.E. LalínAvda. Luis González, 18190

O.E. O PorriñoAvda. de Galicia, 26219

O.E. PontevedraR/ Herreros, 22-24250

O.E. Pontevedra (anexo)R/ Herreros, 22-24125

O.E. RedondelaR/ Ernestina Otero, 19280

O.E. TuiR/ Alcalde Casal Aboy, 17263

O.E. Vigo-O CalvarioR/ Urzáiz, 188255

O.E. Vilagarcía de ArousaAvda. Doctor Tourón, 50209

O.E. Vilagarcía de Arousa (anexo)Avda. Doctor Tourón, 50 96

Réxime de titularidade: cesión de uso por outras institucións

Número de locais: 3

LocalEnderezomEntidade cedente

O.E. A CañizaR/ Progreso, s/n 88Concello da Cañiza

O.E. BaionaR/ Ventura Misa, 19 187Concello de Baiona

O.E. Vigo-Coia (*)R/ Baiona, 28, Pol. Ind.

Coia

1.361Tesourería Xeral da Seguridade Social

(*) Inmoble compartido co centro de formación ocupacional.

Inmoble destinado a formación ocupacional transferible

IdentificaciónEnderezoTitularidadeSuperf.

Centro de Formación Ocupacional de Vigo (*)R/ Baiona, 28, Pol. Ind. CoiaCesión de uso2.250

(*) Inmoble compartido coa Oficina de Emprego de Vigo, Coia.

Réxime de titularidade: cesión de uso por outras institucións

Número de locais: 1

LocalEnderezom

Centro de Formación Ocupacio-

nal de Vigo (*)

R/ Baiona, 28, Pol. Ind. Coia2.250

(*) Inmoble compartido coa Oficina de Emprego de Vigo, Coia.

Inmoble do Patrimonio do Estado, procedentes

do Patrimonio Sindical, non transferibles

ProvinciaLocalEnderezom

LugoO.E. ChantadaPraza Galicia, s/n250

O.E. Monforte de LemosR/ Roberto Bahamonde, 29200

O.E. RibadeoAvda. de Galicia, 20166

O.E. VilalbaPraza da Constitución, s/n218

O.E. ViveiroAvda. Xeral Dóriga, 8191

OurenseO.E. O Barco de ValdeorrasPraza de España, 1161

O.E. O CarballiñoR/ Martínez Avellanosa, 14119

O.E. VerínR/ Doutor González Prado, s/n113

O.E. Xinzo de LimiaR/ Alexandre Bóveda, 14200

O.E. Delegada A Pobra de TrivesR/ San Bartolomé, s/n150

PontevedraO.E. A EstradaAvda. Benito Vigo, 54280

O.E. CambadosR/ Alférez Rodríguez Castelao, 4280

O.E. PonteareasR/ Calvo Sotelo, 13284

Almacéns e arquivos provinciais non transferibles

ProvinciaLocalidadeEnderezomRex. titularidade

A CoruñaA CoruñaR/ Novoa Santos, 17160Arrendamento

A CoruñaR/ Noia, 35100Arrendamento

ArteixoAvda. Arsenio Iglesias, 46925Cesión do dominio

LugoLugoR/ Daniel Castelao, 65488Propiedade

OurenseOurenseAvda. de Portugal, 128200Arrendamento

Situación xurídica do CFO de Coia (Vigo)

Inscrito o solar o 27 de outubro de 1983 a nome da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Predio 21.118. Folios 181 e 184.

Libro 240.

Rexistro da Propiedade de Vigo número 3.

Pertence o Inem polo Real decreto-ley 36/1978, do 16 de novembro.

Relación de vehículos das direccións provinciais do Inem transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia

A Coruña: «Peugeot 309», C-6109-AY.

Lugo: «Peugeot 309», PMM-9108-G.

Ourense: «Peugeot 309», PMM-9114-G e OR-7534-K.

Pontevedra: «Peugeot 309», PMM-9153-G.

7286