Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.624

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (253/1996).

Eu, María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, dou fe e certifico que neste xulgado se segue xuízo de divorcio número 253/1996, por instancia do procurador Antonio Cuns Núñez, en nome e representación de Mª Lourdes Vilar Botana, contra Elicio Daniel Suárez Silveiro, e que nel recaeu sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Negreira o un de setembro de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Manuel Cobas Otero, xuíz subtituto do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de divorcio, seguidos neste xulgado co número 253/1996, por instancia

de Mª Lourdes Vilar Botana, maior de idade, veciña de Negreira, con domicilio na Avda. de Santiago nº 80, representada polo procurador Antonio Cuns Núñez e coa dirección letrada de María Luisa González Rodríguez, contra Elicio Daniel Suárez Silveiro, en ignorado paradoiro e en situación procesual de rebeldía.

Pronunciouse a presente sentencia en nome de El-Rei.

Decido que, desestimando a demanda deducida polo procurador Cuns Núñez, en nome e representación de Lourdes Vilar Botana, debo absolver e absolvo das pretensións nela contidas o demandado Elicio Daniel Suárez Silveiro, todo iso con expresa imposición de custas á demandante.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

En canto sexa firme esta sentencia, procédase á súa inscrición nos rexistros civís que proceda.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de cédula de notificación ó demandado rebelde Elicio Daniel Suárez Silveiro, na actualidade en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Negreira o un de setembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

7159