Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.624

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1997 pola que se convocan os opositores das probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do Ces-Galicia, para a práctica do primeiro exercicio.

De acordo coas bases 1.5. e 6.3. da Resolución do 14 de marzo de 1997 pola que se convocan probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia, como expertos en materia socioeconómica con contrato laboral de duración indefinida, publicada no DOG do 21 de marzo de 1997.

O tribunal cualificador na sesión 2/1997, con data do 23 de setembro de 1997,

RESOLVE:

Convoca-los opositores para a práctica do primeiro exercicio, de acordo cos prazos que se especifican nas bases 1.5. e 6.3. da dita resolución:

Data: 1 de decembro de 1997.

Lugar: Ces-Galicia, rúa Algalia de Abaixo, 24, Santiago de Compostela.

Hora: 1ª proba: 10 horas; 2ª proba: 11.30 horas.

En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos por membros do tribunal coa finalidade de acredita-la súa personalidade.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1997.

Luis Caramés Vieitez

Presidente do tribunal

7149