Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 1997 Páx. 9.624

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (277/1995).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de maior contía 277/1995 sobre nulidad de testamento e escritura de doazón, que se segue neste xulgado por instancia de Carmen García Suárez e José Luis Cambón García, representados polo procurador, contra María Lourdes, Jesusa, Dulcina, Herminia, Manuel, Ángel, Alfredo e Antonio Cambón Negreira, por medio da presente cédula requírese a Carmen García Suárez e José Luis Cambón García, para que dentro do prazo de nove días comparezan nos autos por medio de procurador e baixo a dirección de novo avogado, ó ter renunciado á súa representación e defensa os señores Reymóndez Portela e Pueyo Novo, baixo os apercibimentos de que recaerán sobre eles os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

En Santiago de Compostela o nove de setembro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

7436