Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.561

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 8 de setembro de 1997 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, da Fundación Pro Mundo.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Pro Mundo.

Supostos de feito.

Primeiro.-Con data do 27 de maio de 1997 solicitouse o recoñecemento de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Pro Mundo, por medio do escrito presentado por Ana Mª Fernández Reinoso, actuando como vicepresidenta do padroado.

Segundo.- A fundación constitúese en escritura pública outorgada o 24 de abril de 1997 perante o notario da Coruña, Luis Darrieux de Ben, co número 745 do seu protocolo.

Terceiro.-A comisión integrada por tódolos los secretarios xerais, elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública, proposta de clasificación como benéfico asistencial da Fundación Pro Mundo, dado o seu obxecto, polo que, cumprindo cos requisitos recollidos na Lei estatal 30/1994, do 24 de novembro, na Lei 7/1983, do 22 de xuño, de fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, e segundo se dispón no Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego (Decreto 248/1992, do 18 de xuño) correspóndelle a execución das facultades inherentes a aquel, á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Cuarto.-Á vista da proposta da comisión de secretarios xerais, pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 20 de xuño de 1997 (DOG nº 137, do 17 de xullo), clasificouse como benéfico asistencial a Fundación Pro Mundo, tendo en conta o disposto no artigo 32.2.c.) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

Quinto.-Segundo consta no artigo 6º dos seus estatutos, é obxecto e finalidade da fundación: «favorecer adopcións, escolarizar nenos do terceiro e cuarto mundo e atender necesidades do terceiro e cuarto mundo».

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, nos estatutos e na demais documentación que figura no expediente constan, entre outros, os seguintes extremos: acreditación da personalidade do fundador, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta o obxecto e a deno

minación Fundación Pro Mundo, a composición do órgano de goberno e o réxime de adopción de acordos.

O padroado da fundación está integrado polos seguintes membros:

-Mª del Pilar Álvarez Moreno, como presidenta.

-Ana María Fernández Reinoso, como vicepresidenta.

-Mª Isabel Roca Pazos, como secretaria.

-Beatriz Gil Fidalgo, vocal .

-Ana Bouzó Fernández, vocal.

Sétimo.-A Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, solicitouse informe da asesoría xurídica, conforme o disposto no artigo 32. 3.a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, que aquela emitiu con data do 21 de agosto de 1997.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 30/1994, do 24 de novembro, de fundacións e incentivos fiscais á participación privada en actividades de interese xeral; a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, o Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento da organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego; o Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como a demais normativa de desenvolvemento desta e a de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta Comunidade Autónoma competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3.a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como co artigo 1 do Decreto 2/1994, do 13 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Pro Mundo, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desen

volvidas por aquela, asumindo as funcións que como protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó abeiro do disposto no artigo 7.5 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débese destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dá nova redacción ó artigo 21.2 da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presentarlle o orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do exercicio económico, e, por outra banda, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data do remate do exercicio, unha memoria das actividades realizadas durante o ano e da xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data de peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto, pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións, sección da Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Pro Mundo de Vigo (Pontevedra).

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, para o que o padroado aboou a taxa correspondente en virtude do disposto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a composición do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto na normativa de xeral aplicación citada, en especial á obriga de darlles publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada a renderlle contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a pre

senta-lo proxecto de orzamento con anterioridade ó inicio do exercicio económico para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 1997.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia, Muller e Xuventude

7246