Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Venres, 26 de setembro de 1997 Páx. 9.551

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do pacto de eficacia limitada da empresa Explotaciones Forestales de Galicia, S.L.

Visto o texto do pacto de eficacia limitada da empresa Explotaciones Forestales de Galicia, S.L. de ámbito interprovincial, que se subscribiu con data do 15 de xaneiro de 1997, entre a representación da empresa e os representantes da parte social, acreditados mediante lexitimación para negocia-lo devandito convenio, remitido a esta dirección xeral co obxecto do seu depósito e publicación. O convenio de eficacia limitada presentado non ten as características propias de convenio colectivo estatutario regulado no título III do Estatuto dos traballadores.

Entre as funcións da autoridade laboral, antes atribuídas ó extinto IMAC, está a do depósito de convenios e demais acordos colectivos concluídos entre empresarios, traballadores ou entre sindicatos e asociacións e organizacións empresariais. Ó poder existir interesados descoñecidos no procedemento, descoñecendo o seu enderezo; en virtude do disposto no artigo 59, apartado 4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que establece que as notificacións se efectuarán no B.O. da Comunidade Autónoma, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos ou se ignore o seu enderezo. A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Remitirlle o texto orixinal do devandito pacto de eficacia limitada ó correspondente servicio deste centro directivo, para o seu depósito.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia, para efectos de notificación ós interesados descoñecidos e de enderezo ignorado.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Convenio colectivo da empresa Explotaciones Forestales de Galicia, S.L. e dos seus traballadores

Introducción

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

O presente convenio da empresa Explotaciones Forestales de Galicia, S.L. rexerá as relacións laborais desta empresa co seu persoal, calquera que sexa

a modalidade de contratación ou duración do seu contrato (con exclusión do persoal ó que se refire o artigo 1.3 e) do ET.

Artigo 2º.-Ámbito funcional.

O centro ou os centros de traballo adscritos ó presente convenio serán aqueles onde se realicen os labores fixos da empresa tanto para o persoal que poida estar desprazado en centros de traballo no monte e itinerantes, como para aqueles outros traballos que puidesen levarse a cabo en almacéns, instalacións ou naves onde a empresa preste a súa actividade, ben sexa para a realización de actividades propias como para o cumprimento de servicios que puidesen subcontratarse.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

O presente convenio afectará a tódolos centros de traballo da empresa en territorio nacional, independentemente da provincia ou provincias onde estean situados, así como aqueles outros que poidan ser habilitados no futuro pola empresa, ben sexan sucursais, delegacións, almacéns ou calquera outro, en territorio nacional ou no estranxeiro.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha duración de 3 anos e entrará en vigor para tódolos efectos o 1 de xaneiro de 1997, en canto ós seus efectos económicos con carácter retroactivo, independentemente da data do seu rexistro e publicación e estenderá os seus efectos ata o 31 de decembro de 1999 en todo caso.

Se chegado o termo temporal da súa vixencia ningunha das partes o denunciase, este continuará en vigor en toda a súa integridade tacitamente polo período dun ano. Anualmente, establecerase unha revisión salarial por acordo de ámbalas partes, sen modificación dos aspectos non económicos do presente convenio, onde se procurará sempre acomoda-las retribucións ó IPC oficial do ano natural revisado para defender así o poder adquisitivo dos traballadores afectados.

Artigo 5º.-Denuncia.

Se chegase o vencemento do convenio e este quixese ser denunciado por algunha das partes signatarias, a denuncia deberá ser efectuada por escrito e comunicada á outra parte de maneira que faga fe, así como á autoridade laboral competente para efectos de rexistro, cunha antelación máxima de 3 meses sobre a data da fin da vixencia do presente convenio colectivo. Durante o período existente entre a denuncia e a aprobación dun novo convenio, seguirán vixentes as cláusulas normativas do convenio anterior producindo a ultraactividade sobre elas.

Organización do traballo e ingreso. Contratos e clasificación profesional

Artigo 6º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é unha facultade exclusiva da empresa, nos termos da lexislación laboral

vixente. Concrétase en cumpri-las ordes e instruccións que a empresa no exercicio regular das súas facultades directivas, impartidas por ela ou por persoa en quen delegue, deben ser cumpridas polo traballador, de conformidade coas regras da boa fe e dilixencia, contribuíndo á mellora da productividade daquela, e de acordo coas funcións do seu contrato de traballo, tendo en conta ademais os usos profesionais da actividade.

Na organización do traballo, o mesmo que no deseño de operacións concretas da empresa, esta contará coa participación, orientación e asesoramento dos traballadores afectados e os seus representantes, que poderán presentar propostas e suxestións que serán valoradas pola dirección da empresa, tendentes á mellora da productividade e rendemento da actividade e ó mellor cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 7º.-Ingreso ó traballo.

O traballador comezará a prestar servicios na empresa a partir do día da súa contratación e de acordo coas condicións estipuladas no seu contrato de traballo, que será rexistrado na oficina pública de emprego. Previamente á súa contratación ou simultaneamente a esta deberá pasa-los controis médicos correspondentes acordes coas funcións do grupo profesional ó que pertence, efectuados polos servicios médicos concertados para este fin. Na contratación de traballadores non prevalecerá ningunha discriminación por razón de afiliación sindical, sexo, estado civil, idade, lingua, condicións físicas, psíquicas ou familiares, nos termos do artigo 4 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Extinción do contrato.

A extinción do contrato por causa de cesamento voluntario ou demisión do traballador deberá ser comunicado á empresa, con dez días de antelación para o persoal obreiro, un mes para o persoal administrativo e tres meses para o persoal técnico, e sen este requisito poderá ser descontada do seu saldo e liquidación a cantidade equivalente ós días de preaviso.

Artigo 9º.-Período de proba.

O período de proba para tódolos traballadores, calquera que sexa a modalidade do seu contrato de traballo establecido no presente convenio, será o seguinte:

Grupo profesional de titulados: 6 meses.

Grupo de administrativos: 2 meses.

Grupo de subalternos: 2 meses.

Grupo de persoal obreiro/servicios varios: 1 mes.

Durante este período a empresa e o traballador estarán obrigados a realizar respectivamente as

experiencias ou as probas necesarias para a correcta avaliación das funcións e capacidades que constitúan o obxecto da proba.

Calquera das partes, e durante o período de proba, poderá resolve-lo contrato de traballo sen obrigas derivadas da dita resolución. Expresamente o cómputo do período de proba interromperase nas situacións de incapacidade temporal, maternidade e adopción e acollementos que afecten o traballador.

Artigo 10º.-Modalidades de contratación.

Conforme o artigo 15.2 do Estatuto dos traballadores o presente convenio colectivo, identifica os seguintes traballos ou tarefas con substantividade propia dentro da actividade normal da empresa, que poden cubrirse con contratos desta natureza.

Estes traballos correspondentes a tódolos grupos profesionais da empresa, meramente enunciativos, son os seguintes:

Traballo no monte e en almacéns, con toda clase de mercadorías, controlador, mozo de almacén, manipulador, conductor de máquinas elevadoras, mantemento e conservación, auxilio de entoldado, apertura e peche de vehículos de transporte, carga de camións en almacéns, especialmente labores de vixilancia, garda e custodia de mercadorías e almacéns.

Estas operacións poden reproducirse como consecuencia dun incremento de actividade, exceso de pedidos e acumulación de tarefas ou pola determinación de labores concretos ou servicios determinados, ademais das posibles aperturas de novas actividades ou novos centros de traballo.

Artigo 11º.-Clasificación profesional na empresa e grupos profesionais.

Establécese o sistema de clasificación profesional dentro da empresa, integrado pola súa vez nos diversos grupos profesionais. Dentro dos grupos profesionais acórdase a polivalencia funcional das diferentes categorías profesionais.

O grupo profesional abrangue todos aqueles traballadores que teñen unhas aptitudes profesionais unitarias por razón da súa titulación ou polo contido xeral da prestación. Segundo isto, os grupos profesionais quedan enumerados nos seguintes:

Grupo de persoal directivo e técnico.

Grupo administrativo.

Grupo subalterno.

Grupo de servicios varios e persoal obreiro.

En función das categorías profesionais existentes na empresa, os traballadores percibirán os salarios recollidos no correspondente anexo como garantía retributiva e sen diminución da polivalencia funcional das categorías profesionais.

Artigo 12º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo da empresa só estará limitada polo respecto ó grupo profesional; haberá que aterse en todo caso ó disposto no art. 39 e 41 do ET.

Artigo 13º.-Mobilidade xeográfica.

Considerarase mobilidade xeográfica para os efectos do presente convenio aquela que requira o cambio de residencia do traballador de maneira definitiva ou temporal, para prestar servicios en centros de traballo da empresa, xa existentes ou que puidesen abrirse durante a vixencia do convenio, conforme o disposto no artigo 3º.

A situación de traslado é aquela que comporta de maneira definitiva o cambio de residencia do traballador.

A situación de desprazado é aquela situación que non comporta cambio de residencia definitiva, podendo te-la cualificación de provisional aquela situación de carácter temporal que non supera tres meses.

O traslado rexerase polo disposto no artigo 40 do ET e a situación de desprazado, permanente, deberá ser pactada co traballador afectado en función das necesidades organizativas, productivas ou técnicas da empresa. O desprazado provisional por período inferior a un mes quedará a libre elección da empresa como facultade dela.

Formación e promoción

Artigo 14º.-Formación profesional permanente.

Durante a vixencia do convenio, e pola polivalencia das categorías profesionais da empresa dentro do seu grupo profesional, o traballador e a empresa procurarán que a formación profesional deste sexa permanente para lograr unha efectiva dignificación e preparación laboral. Segundo isto, o traballador terá dereito ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, ben sexan estes finais, parciais ou de calquera forma liberatorios, cando cursen estudios regulares para a obtención dun título académico ou profesional de carácter oficial ou recoñecido como tal. O traballador avisará cunha antelación de 48 horas das probas concretas e ulteriormente se xustificará a súa concorrencia. Os ditos permisos serán outorgados polas horas necesarias para a asistencia ás ditas probas.

Para a asistencia a cursos de formación profesional organizados pola empresa ou aqueles outros oficiais que a empresa xulgue de interese para a promoción profesional do traballador, concederanse as horas precisas para a súa realización sen perda da súa retribución e posto de traballo. Para aqueles cursos organizados por entidades privadas ou sindicais logo de comunicación á empresa, o traballador terá derei

to á súa asistencia con reserva do posto de traballo sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Artigo 15º.-Promoción e ascensos.

Dentro do grupo administrativo, os traballadores maiores de 23 anos e con 4 anos de servicio efectivo na empresa, fixos do cadro, con categoría profesional de auxiliares administrativos, ascenderán á categoría de oficiais administrativos coa obriga de seguir desempeñando as mesmas funcións que realicen, mentres non exista vacante na súa nova categoría, sen mingua da polivalencia dentro do seu grupo profesional e das funcións que poidan encomendárselles.

Os oficiais adminstrativos que viñesen desempeñando de feito as funcións de xefe de negociado, ou que leven 15 anos de traballo efectivo como oficiais, pasarán a xefe de negociado e, de non haber vacante, manteranse na mesma categoría, percibindo como compensación o 75% da diferencia de salarios entre ambos.

Artigo 16º.-Cadros de persoal e escalas.

O cadro de persoal será aquela relación mínima de postos de traballo por centros, por categorías e grupos profesionais.

A escala será aquela relación nominal de traballadores agrupados por centros, grupos profesionais, categorías e antigüidade na empresa.

Ámbalas relacións estableceranse cos traballadores fixos da empresa, sen detrimento de que nelas poidan figurar postos ou traballadores de carácter temporal ou por obra ou servicio determinado; a súa amortización será automática unha vez cumpridos os requisitos da súa contratación, sen que a súa inclusión obrigue á empresa á saturación dos ditos postos.

A partir da publicación das escalas da empresa, os traballadores poderán formular cantas obxeccións coiden pertinentes sobre a súa antigüidade, grupo profesional e categoría.

Retribucións

Artigo 17º.-Salarios.

Os soldos e salarios correspondentes ás distintas categorías que conforman cada grupo profesional serán os que se recollen na táboa anexa ó presente convenio. A táboa servirá de base de cálculo para o devengo de cantas percepcións se deriven do presente convenio e da lexislación xeral subsidiaria.

Artigo 18º.-Estructura salarial.

De acordo co disposto no artigo 26.3 do ET, a estructura salarial da empresa estará composta por salario mensual ou diario, de acordo co anexo da táboa salarial que figura no convenio, as pagas extraordinarias, a antigüidade e o incentivo. O plus de transporte de carácter indemnizatorio non ten carácter salarial. Non obstante poderá pactarse indi

vidualmente outra estructura salarial diferente en contrato de traballo. Calquera outro complemento que puidese pactarse e/ou percibirse por razón do traballo desempeñado non terá a natureza de consolidable. De ningunha forma terán carácter de consolidable aqueles complementos por posto de traballo que puidesen percibirse, como consecuencia da actividade desempeñada, condicións do posto de traballo, ou as especiais circunstancias deste.

Artigo 19º.-Nómina.

De conformidade co apartado 1 do artigo 29 do Estatuto dos traballadores, as partes acordan establece-los modelos de recibos individuais de salarios que ata o momento se viñan utilizando na empresa e que se xuntan como anexo II ó presente convenio.

Calquera outro recibo que puidese confeccionarse por razóns informáticas e de organización da empresa en soporte informático, como consecuencia de traballos especiais ou por razóns de temporalidade ou eventualidade dalgúns traballos da empresa, logo de acordo cos representantes dos traballadores, poderán ser confeccionados, validándoos posteriormente e polos períodos mensuais ou quincenais no recibo oficial que se pacta.

Artigo 20º.-Liquidación e aboamento de salarios.

A liquidación e aboamento de salarios farase quincenal ou mensualmente, atendendo ás especiais características dos traballos desenvolvidos pola empresa e ós grupos profesionais definidos no presente convenio.

Artigo 21º.-Anticipos a conta sobre o salario.

O traballador fixo poderá percibir anticipos sobre o salario devengado e non percibido do traballo xa realizado, que poderá consistir logo de xustificación da súa urxencia en:

Unha mensualidade de salario cada 6 meses.

Unha quincena de salario cada tres meses.

Nas nóminas correspondentes ós 6 e 3 meses posteriores ó anticipo solicitado, a empresa reintegrará os ditos anticipos por sextas e terceiras partes respectivamente, descontándose as ditas cantidadades do recibo individual de salarios. Os ditos anticipos só poderán ser concedidos unha soa vez ó ano en cada unha das modalidades.

Artigo 22º.-Antigüidade e o seu cómputo.

A antigüidade é complemento salarial de carácter persoal que formará parte da estructura salarial e que consistirá na percepción de quinquenios do 3% sobre as percepcións da táboa salarial do anexo I do convenio, ata un tope máximo do 30% do salario da categoría.

Para o cómputo do tempo da antigüidade terase en conta o de permanencia ininterrompida na empresa, aínda que este fose por razón de contratos tem

porais anteriores á súa situación de fixo do cadro de persoal por razón do seu contrato indefinido. Os períodos inferiores a un ano de traballo efectivo computaranse como anos completos para estes efectos.

Artigo 23º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores da empresa percibirán, a non ser que en contrato individual puidese pactarse outra fórmula de pagamento, dúas gratificacións extraordinarias que se farán efectivas os meses de xullo e decembro, os días quince de cada mes e que estarán compostas polo salario convenio, antigüidade e incentivo se o houber.

As ditas pagas extras devengaranse por sextas partes para os efectos do seu cómputo por incorporación ó traballo ou do seu saldo e liquidación por remate deste.

Os traballadores que no momento de asinamento do presente convenio puidesen ter outra modalidade de pagamento para as extraordinarias, seguirano conservando a título individual como condición máis beneficiosa a non ser que expresen de maneira fidedigna o seu desexo de acollerse á nova estructura.

Artigo 24º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de carácter mensual por importe de 12.000 pesetas que ten para tódolos efectos natureza indemnizatoria non salarial. Este devengarase de forma proporcional ós días ou períodos efectivamente traballados.

Artigo 25º.-Axudas de custo.

Para os supostos de traballadores desprazados de forma habitual que non necesiten pasa-la noite fóra do seu domicilio, aboarase media axuda de custo de 1.000 ptas. día, sendo de 2.150 ptas. día, se o traballador tivese que pasa-la noite fóra do seu domicilio.

Artigo 26º.-Indemnizacións por manutención en desprazamentos provisionais.

Para os supostos en que os traballadores da empresa necesiten durante a xornada laboral realizar algunha comida imprevista, sempre ligada ó servicio e de carácter imprevisible, será aboada pola empresa indemnizando ese gasto de forma que non sufra detrimento o seu poder adquisitivo e ligado ó costume e ás condicións habituais onde se desenvolve a actividade, sen supera-los topes máximos que a lexislación vixente permite.

Artigo 27º.-Outras primas e incentivos.

Para o persoal da empresa de carácter temporal, para obra ou servicio determinado ou calquera outro persoal con contrato específico, a empresa poderá fixar pluses e incentivos específicos da súa actividade axustados ó costume laboral dos postos, dando conta á representación social da empresa.

Tempos de traballo

Artigo 28º.-Xornadas.

A xornada anual de traballo será para tódolos traballadores da empresa de 1.808 horas ano.

No suposto de que esta xornada anual se realizase en traballo a quendas, respectaranse as especificacións que para estas establece o ET e o R.D. 1561/1995, sobre xornadas especiais de traballo e en particular o disposto sobre cómputo e distribución anual das horas de traballo, exceso de xornada e posibilidade de permuta de horas traballadas por tempo libre.

No caso de que se realizase algún traballo en tres quendas como consecuencia da imposibilidade de interrupción polo proceso productivo, a quenda de noite terá a consideración de nocturna pola súa propia natureza en razón precisamente da imposibilidade de interrupción do proceso.

En contrato individual especificaranse os horarios dos distintos traballos da empresa, en función das súas características especiais.

Artigo 29º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extras aquelas que superen a xornada anual de traballo fixada no artigo 28 do presente convenio.

Dentro dos topes establecidos no artigo 35 do ET terán a consideración de horas estructurais aquelas que sexan necesarias para a atención da carga e descarga de labores urxentes modalizadas polo tráfico mercantil da empresa que fosen imposibles de prever ou que, previstas, non puidesen ser evitadas.

Terán a consideración de horas extraordinarias por razón de forza maior aquelas realizadas para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios ou urxentes tales como a grave deterioración de mercadoría por razóns climatolóxicas e amoreamento por razóns de perigo inminente que poida causar un risco para as persoas ou as cousas, etc., todo isto sen prexuízo da compensación en tempo de descanso.

Artigo 30º.-Calendario laboral.

A empresa, unha vez coñecido o calendario oficial de festividades estatais e autonómicas, confeccionará o da empresa no prazo dun mes a partir do momento do seu coñecemento, someténdoo ó informe preceptivo dos representantes do persoal.

Artigo 31º.-Vacacións anuais.

O persoal da empresa desfrutará de 30 días naturais de vacacións, sempre que conte cun ano de antigüidade nela. O seu desfrute poderá adaptarse ás necesidades da empresa polos servicios que teña que prestar; poderá partirse o período de desfrute conforme o disposto no ET.

Artigo 32º.-Permisos retribuídos.

Os traballadores, avisando coa antelación debida e ulterior xustificación, poderán ausentarse do traballo sen perda da súa retribución e dos seus demais dereitos laborais inherentes, polos motivos e polo tempo que se expresa a seguir:

a) 20 días naturais en caso de matrimonio.

b) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, así como realizar funcións sindicais ou de representación de persoal nos termos establecidos legalmente. Para os efectos de excedencias, indemnizacións e salarios, nesta situación aplicarase o disposto nas normas legais e ordinarias.

c) 3 días por enfermidade grave ou falecemento de cónxuxe, fillos, pais, sogros, netos, avós ou irmáns, que poderán ser ampliados noutros tres días se implica a necesidade de desprazamento fóra da provincia onde estea situado o centro de traballo.

d) 2 días en caso de parto da esposa, que poderán ser ampliados ata 5 días en caso de gravidade.

e) 1 día en caso de matrimonio de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, coincidindo a licencia co día do acto civil ou relixioso, ampliable a 1 día máis, se este se celebrase en provincia distinta a onde estea situado o centro de traballo.

f) 1 día por traslado do seu domicilio habitual, se este se produce dentro do mesmo concello onde o centro de traballo da empresa estea situado, ampliable a dous días se este se produce entre distintos concellos ou entre distintas provincias.

Sobre as licencias de lactación e xornada reducida por garda legal aplicarase o disposto na lexislación ordinaria.

Outras melloras sociais

Artigo 33º.-Gratificación especial por razón de xubilación.

Establécese unha gratificación, o desfrute da cal será o equivalente a 14 pagas de salario base máis antigüidade a aqueles traballadores que, cumprindo o requisito de ter acreditados na empresa 20 anos de servicio, se xubilen ó cumpri-lo 65 anos de idade.

Artigo 34º.-Gratificación especial por razón de demisión por matrimonio.

Establécese unha gratificación, o importe da cal será dunha mensualidade por anos de servicio, co tope máximo de 6 pagas de salario base máis antigüidade, ó traballador que con ocasión de contraer matrimonio resolva o seu contrato de traballo volun

tariamente. O cómputo dos anos de servicio farase considerándose o ano completo en caso de fracción.

Artigo 35º.-Gratificación especial por razón de invalidez.

Establécese unha gratificación, o importe da cal será o equivalente a 14 pagas de salario base máis antigüidade a aqueles traballadores que, cumprindo o requisito de ter acreditados na empresa 20 anos de servicios, pasen a unha situación de invalidez permanente absoluta ou gran invalidez, por razón de enfermidade profesional ou accidente de traballo, unha vez declarada esta polo organismo competente da Seguridade Social e cesen no traballo.

Artigo 36º.-Indemnización por razón de incapacidade temporal.

Para aqueles supostos en que o traballaor, calquera que sexa o feito causante, estea nunha situación de incapacidade temporal para o traballo, a empresa aboará en concepto inequivocamente indemnizatorio, a diferencia entre a prestación económica mensual da Seguridade Social e o salario que o traballador percibise no mes anterior e que posúe no anexo da táboa salarial e maila antigüidade e incentivo se o percibise, excluído calquera outro emolumento.

Dereito disciplinario

Artigo 37º.-Premios.

A empresa, unha vez avaliados os méritos do traballador, poderá outorgar premios consistentes en mencións públicas ou premios en metálico, que compensan un sacrificio extraordinario, unha acción meritoria, ou unha conducta exemplar, e que serán outorgados de forma extraordinaria, e por unha soa vez, sen que isto comporte ningunha outra carga adicional para efectos de Seguridade Social.

Artigo 38º.-Sancións.

As accións ou omisións voluntarias, os prexuízos causados contra a orde e a organización do traballo e os intereses da empresa, así como as normas de seguridade e hixiene serán faltas laborais, que serán clasificadas segundo a súa importancia en leves, menos graves, graves e moi graves, e serán graduadas en grao mínimo, medio e máximo; terán as seguintes sancións:

-Leves:

Grao mínimo: amoestación verbal.

Grao medio: amoestación por escrito.

Grao máximo: reprensión pública.

-Menos graves:

Grao mínimo: suspensión de 1 día de emprego e soldo.

Grao medio: suspensión de 3 días de emprego e soldo.

Grao máximo: suspensión de 5 días de emprego e soldo.

-Graves:

Grao mínimo: suspensión de 7 días de emprego e soldo.

Grao medio: suspensión de 15 días de emprego e soldo.

Grao máximo: suspensión de 30 días de emprego e soldo.

-Moi graves:

Grao mínimo: suspensión de 40 días de emprego e soldo.

Grao medio: suspensión de 60 días de emprego e soldo.

Grao máximo: suspensión de 90 días de emprego e despedimento disciplinario.

A tipificación nas faltas farase conforme os criterios establecidos na lexislación xeral, e máis concretamente no Estatuto dos traballadores e normas xerais de seguridade e hixiene.

Artigo 39º.-Procedemento sancionador.

Para as faltas graves e moi graves a empresa comunicaralle ó traballador, cos prazos de prescrición e caducidade que establece o ET, un prego de cargos a este, ó tempo que se lle dará conta á representación social da empresa e ó sindicato ó que estivese afiliado se fose coñecido. No prazo de 5 días hábiles a partir do seguinte ó da recepción do dito prego, o traballador poderá alegar e propoñe-la proba que ó seu dereito conveña, que será avaliada na resolución do expediente que se lle incoa, dando lugar a unha resolución definitiva da empresa no prazo máximo de 5 días quedando daquela expedita a vía xurisdiccional. O procedemento sancionador páctase como garantía máxima establecida no convenio 158 da OIT, aínda entendendo que a lexislación vixente non o esixe. No non disposto neste artigo aplicarase o disposto no ET, Lei de procedemento laboral e Lei de liberdade sindical.

Seguridade e hixiene

Artigo 40º.-Protección persoal.

A empresa dotará de medios de protección persoal e colectiva ós traballadores, que serán de emprego obrigatorio, sempre que se precise eliminar ou redu

cir riscos profesionais, e que serán complementarios dos medios preventivos de carácter xeral, conforme o disposto na ordenanza xeral de seguridade e hixiene.

No suposto de que a empresa tivese que prestar servicio nalgún centro de traballo distinto ó seu propio, no que houbese un plan de seguridade específico, os traballadores da empresa adaptarán a súa actuación ás directrices do dito plan en coordinación coas ordes emanadas de Explotaciones Forestales de Galicia, S.L.

Artigo 41º.-Recoñecementos médicos.

A empresa velará pola práctica de recoñecementos médicos ós traballadores, iniciais ou periódicos, que estean afectados polo presente convenio nos termos establecidos na lexislación vixente.

Os traballadores deberán someterse a eles, de forma obrigatoria, sen menoscabo da privacidade do seu resultado.

Artigo 42º.-Seguridade e hixiene.

A empresa, no prazo da vixencia do presente convenio, establecerá un plan xeral de prevención de riscos laborais e de hixiene e seguridade no traballo, de acordo coa normativa vixente. Nel conteranse plans parciais ou por operacións concretas que realiza a empresa a empresa ou que poida realizar no futuro, de forma que a seguridade e hixiene no traballo teña a máxima cobertura e eficacia.

Artigo 43º.-Participación dos traballadores na seguridade e hixiene laboral.

A empresa consultará coa representación social, a planificación e organización do traballo na empresa e a introducción de novas tecnoloxías, en todo o relacionado coas consecuencias que estas puidesen ter para a seguridade e saúde dos traballadores, derivadas da elección dos equipos, a determinación e a adecuación das condicións de traballo, e o impacto dos factores ambientais. Da mesma maneira consultará a organización e desenvolvemento das actividades de protección e prevención de riscos profesionais na empresa, incluída a designación dos traballadores encargados das ditas actividades ou o recurso a un servicio de prevención externo.

Artigo 44º.-Delegados de prevención.

As funcións que a lexislación vixente lles encomenda ós vixilantes de seguridade e hixiene, e que en diante se chamarán delegados de prevención, serán asumidos por un dos delegados de persoal da empresa, se os houber, que efectuará os cursos pertinentes para a súa formación integral nesta materia.

Representación sindical

Artigo 45º.-Delegados de persoal.

Os delegados de persoal terán os dereitos e obrigas así como as garantías establecidas na lexislación vixente e, se a índole das funcións que realizan na empresa o permitise e avisando cunha prudente antelación para que o seu posto de traballo ou as súas funcións poidan ser suplidos, poderá acumula-lo crédito de horas sindicais mes a mes.

Aplicación e interpretación do convenio

Artigo 46º.-Aplicación e interpretación.

O presente convenio colectivo será aplicado como norma básica da empresa, e texto básico das súas relacións laborais, e poderánselle engadir ó seu texto cantas cuestións se susciten na súa aplicación e que non fosen recollidas, que poden incorporarse logo do pacto das partes. Do mesmo xeito poderán engadirse ó presente convenio, aqueles acordos particulares alcanzados na comisión de vixilancia e interpretación do convenio, que de mutuo acordo este órgano decida integrar no texto.

A interpretación do convenio colectivo aterase ás regras do dereito común e en todo caso ó espírito da negociación efectuada. No non disposto no presente convenio, aplicarase a lexislación laboral xeral e interpretarase conforme a ela.

Comisión paritaria

Artigo 47º.-Composición e funcións.

Crearase unha comisión paritaria de vixilancia e interpretación do convenio, composta por un representante dos traballadores da empresa e un membro da dirección, que se reunirá polo menos unha vez ó ano durante a súa vixencia. Extraordinariamente, cando a índole do asunto o requira, poderá reunirse extraordinariamente por petición dalgunha das partes. De todas e cada unha das reunións levantarase a oportuna acta da reunión celebrada.

Cláusulas derradeiras

Artigo 48º.-Compensación e absorción.

Os dereitos económicos recoñecidos no presente convenio poderán compensarse con calquera outro que os traballadores puidesen vir desfrutando ata a data, calquera que fose a súa denominación.

Así mesmo, as condicións establecidas no presente convenio absorberán calquera outra que existise na empresa entendendo que o convenio mellora as condicións actuais.

Artigo 49º.-Garantía ad personam.

Se á entrada en vigor do presente convenio calquera traballador gozase dunha condición máis beneficiosa a título persoal cás dispostas no presente

convenio, manterá estas a título persoal, sempre e cando nas condicións económicas establecidas no convenio non se establecese o seu pagamento, baixo outra denominación ou fosen compensadas de forma diferente.

Artigo 50º.-Rexistro e publicación.

O presente convenio é asinado en Marín o día 15 de xaneiro de 1997, por Víctor Nogueira García como apoderado da empresa e por Manuel Díaz Rivas, Mª del Pilar Pérez Villar e Ceferino Nogueira García como traballadores dela, obrigándose ámbalas partes a elevar á autoridade laboral competente o texto do convenio así como a acta de constitución da mesa negociadora e a acta final do acordo, para os efectos de rexistro, depósito e publicación no boletín oficial correspondente.

ANEXO

Grupos e categorías profesionais con táboa salarial

Grupos e categoríasSalario mensual

I. Grupo profesional de titulados
Titulado superior101.550
Titulado medio92.150

II. Grupo profesional de administrativos
Xefe de sección92.150
Xefe de negociado89.800
Oficial administrativo85.650
Auxiliar administrativo83.600

III. Grupo profesional de subalternos
Xefe de taller90.000
Capataz90.000
Almaceneiro88.000
Conserxe, cobrador, ordenanza79.125
Vixilante79.125

IV. Grupo de persoal obreiro e servicios varios
Manipulante90.000
Encargado de monte96.550
Controlador88.000
Tractorista87.500
Oficial de 1ª86.550
Peón especializado85.225
Oficial de 2ª84.650
Peón78.728
Persoal de limpeza78.100

Grupos e categorías profesionais con táboa salarial de traballadores eventuais/temporais/xornadas reais

Grupos e categoríasSalario por xornada

IV. Grupo de subalternos
Manipulante3.862
Encargado de monte3.600
Controlador3.520
Tractorista3.500
Oficial de 1ª3.462
Peón especializado3.409
Oficial de 2ª3.386
Peón3.131

7060