De conformidade co establecido no artigo 27.2 da Lei 4/1988, de 26 de maio, da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo seu artigo 15.4, esta consellería,
DISPÓN:
Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, varios postos de traballo vacantes que se relacionan no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a elas tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e se especifican no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación das solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude figura como anexo II á presente orde.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia cotexada, os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultar seleccionado algún funcionario con destino noutra Administración pública, tramitaráselle o seu traslado a esta Comunidade Autónoma e, unha vez concedido pola súa Administración de orixe, procederase a adxudicarlle o posto para o que foi seleccionado. Se no prazo de dous meses a partir da publicación da resolución no DOG, o dito funcionario non puidese incorporarse ó seu posto de traballo por non estar resolto o seu traslado á Comunidade Autónoma de Galicia, considerarase deserto este e poderase proceder de novo á súa provisión.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade cá do novo destino, e dun mes, se radica en localidade distinta ou leva consigo o reingreso ó servicio activo.
Este prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG, ou desde a data na que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.
Non obstante, se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo.-Contra a presente orde, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 1997.
Tomás Pérez Vidal
Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes
ANEXO I
Código do posto: AG.A01.00.000.15770.012
N.: 28
C. espec.: 1.639.104
Gr.: AB
Corpo: xeral.
Denominación do posto: xefe Serv. Xestión Económica e Tesourería.
Dependencia: Secretaría.
Localidade: Santiago de Compostela.
Código do posto: AG.A01.00.000.15770.015
N.: 28
C. espec.: 1.639.104
Gr.: AB
Corpo: xeral.
Denominación do posto: xefe Serv. Recursos Humanos, Rex. Interior e Contratación.
Dependencia: Secretaría.
Localidade: Santiago de Compostela.
Código do posto: AG.A01.00.000.15770.017
N.: 28
C. espec.: 1.639.104
Gr.: A
Corpo: xeral.
Denominación do posto: xefe Serv. Técnico e de Planificación e Control.
Dependencia: Secretaría.
Localidade: Santiago de Compostela.
Titulación académica/formación específica: licenciado en dereito.
7245