Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.475

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 26 de agosto de 1997 que modifica a do 4 de setembro de 1996 pola que se establecen na Comunidade Autónoma de Galicia determinadas medidas para o fomento de métodos de producción agrícola e gandeira compatibles coa protección do medio ambiente e a conservación do espacio natural e se establece o prazo de solicitude en 1997.

A orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 4 de setembro de 1996, no marco do disposto no Regulamento CEE 2078/92 do consello, establece determinadas medidas para o fomento de métodos de producción agrícola e gandeira compatibles coa protección do medio ambiente e a conservación do espacio natural, definindo os programas de axuda, obxectivos, zonas de aplicación, beneficiarios, contía das axudas, documentación complementaria, sistemas de verificación, control e pagamento, así como prazos e financiamento das actuacións previstas.

A experiencia adquirida na xestión e a necesidade de adaptar determinados aspectos da Orde ó exercicio 1997, suxiren a súa modificación.

En consecuencia, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das competencias que me confiren a Lei 1/1983, reguladora da Xunta e do seu presidente e o Decreto 205/1990, do 15 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O artigo 14º, punto 8, apartado a) queda redactado da seguinte forma:

«a) Unha superficie de viñedo en socalco igual ou superior a 0,5 ha en coto redondo».

Artigo 2º

O artigo 23 queda redactado da seguinte forma:

«Artigo 23.-Axudas.

Establécense as seguintes axudas anuais máximas para a execución dos plans de manexo e aproveitamento de montes veciñais en man común aprobadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Superficies para alimentos conservados: 15.000 ptas./ha.

Superficies con control por sega mecánica: 10.000 ptas./ha.

Superficies con control por pastoreo: 3.000 ptas./ha».

Artigo 3º

Ó final do punto 3 do apartado a) do artigo 24, engadirase o seguinte:

«Esta documentación, en casos excepcionais, poderá substituírse pola existente no expediente de declaración de monte veciñal en man común ou outra documentación existente na Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes na que figuren plans coa situación e superficies dedicadas a cada tipo de aproveitamento».

Artigo 4º

O derradeiro parágrafo do artigo 37º substitúese polo seguinte:

«O prazo de presentación de solicitudes rematará o 15 de novembro de 1997».

Artigo 5º

Suprímese o apartado 4 do artigo 38º e o apartado 3 do mesmo artigo queda redactado da seguinte forma:

«3. No exercicio 1997 as axudas establecidas na presente orde, financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 09.03.614-A 773 «Mellora da eficacia dos sistemas productivos» dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1997, dotado con 80 millóns de pesetas para esta finalidade».

Artigo 6º

Engádese o seguinte artigo 39.

«Artigo 39.-Solicitantes de anos anteriores.

Os beneficiarios de axudas dos programas a), b) ou c) do artigo 2, no ano anterior, que non variasen as parcelas, nin outros medios, nin métodos de producción no ano actual, poderán presenta-la solicitude correspondente sen incluí-los anexos V e VI no programa a), VII e VIII no programa b) e IX e X no programa c), utilizando o anexo XII».

Artigo 7º

Substitúense os anexos II e IV polos adxuntos á presente orde.

Artigo 8º

Engádese a seguinte disposición transitoria:

«Disposición transitoria

As solicitudes recibidas durante o ano 1996 para acollerse a estas axudas, ás que non lles foi con

cedida a subvención solicitada, teranse en conta na presente convocatoria, salvo indicación do interesado en sentido contrario e terán preferencia, en relación coas presentadas no 1997».

Artigo 9º.-Entrada en vigor.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO II

Protección integrada do viñedo mediante métodos biotecnolóxicos

Lista de materias activas que se van utilizar

no programa de control integrado da vide

Praga/

enfermidade

Materia activa

Categoría

toxicolóxica

Prazo de

seguridade

Trazas de acioConfusión sexual

Bacillus thuringiensis

Fenoxicard

Flufenoxuron

-

Baixa A,A,A

Baixa Xi,A,B

Baixa Xi,A,B

--

21 días

28 días

TripsOrius--

Ácaros/AcarioseBromopropilato

Xofre

Fenbustetan

Crysopa carnea

Hexitiazox

Aceite mineral

Proparxita

Nocivo A,B,A

Baixa A-A

Xn,A,C,A-

Xn,A,C,A

Baixa A,A,B

Nocivo A,C,A

21 días

5 días

21 días-

14 días

10 días

21 días

PulgónCrysopa carnea--

Melazo

(Pseudococus)

FenitrotionXn,B,B,D15 días

Mosquito verde

(Empoascasa)

FenitrotionXn,B,B,D15 días

OidioXofre

Os antioidios sistémicos recomendados polo grupo de traballo da vide

Xi,A,A,A

Segundo producto

5 días

Segundo producto

ExcorioseFolpet

Mancozeb

Nocivo A-C

Nocivo A-B

21 días

15 días

MildiuOxicloruro de cobre

Sulfato de cobre

Os productos sistémicos ou penetrantes recomendados por grupo de traballo da vide

Xn,B,B,A

Xn,A,B,B

Segundo producto

15 días

15 días

Segundo producto

PodremiaIprodiona

Procimidona

Pirimetanil

A,A,A,A

Baixa Xi,Xn

Baixa A,A,B

14 días

5 días

21 días

NOTA: calquera outro producto que se pretenda utilizar nos citados programas será autorizado expresamente polos servicios oficiais competentes na materia.

Claves:

Xn= producto nocivo para o home.

Xi= producto irritante para o home.

T= producto tóxico para o home.

A= producto de baixa toxicidade.

B= producto tóxico.

7248