Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Mércores, 24 de setembro de 1997 Páx. 9.453

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 256/1997, do 30 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en operacións de cultivo acuícola.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do dito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 726 de 1994, do 22 de abril, estableceu o título de técnico en operacións de cultivo acuícola e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co Real Decreto 676/1993, do 7 de maio.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese seguindo unha estructura común a tódolos currículos de formación profesional, tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

As ditas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que debería ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (F.C.T.) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidos- do centro de traballo. As actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo, permitirán a súa adaptación ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo e responderá ás características do alumnado.

O exposto anteriormente permitirá que o centro educativo realice o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na

súa reunión do día trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

1. Identificación do título.

Artigo 1º

Este decreto establece o currículum que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en operacións de cultivo acuícola regulado polo Real decreto 726/1994, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e na normativa que o desenvolva ou modifique.

Artigo 2º

A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son os que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

2. Perfil profesional.

Artigo 3º

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realización e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no apartado 2 do anexo deste decreto.

3. Currículum do ciclo formativo.

Artigo 4º

1. O currículo do ciclo formativo é o que se establece no apartado 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

2. Os centros disporán dun número determinado de horas para poder adapta-lo currículo do ciclo formativo ó seu propio ámbito educativo.

4. Ordenación académica e impartición.

Artigo 5º

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no apartado 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades definidas no presente ciclo son as que se expresan no apartado 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As equivalencias de titulación para efectos de docencia son as que se expresan no apartado 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no apartado 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 7º

1. As persoas que acceden mediante proba a este ciclo formativo poderán unha vez que o superen cur

sa-las modalidades do bacharelato indicadas no apartado 4.3.1 do anexo deste decreto.

2. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos apartados 4.3.2 e 4.3.3 do anexo deste decreto.

3. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

Artigo 8º

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no apartado 4.4 do anexo deste decreto.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas dos ciclos formativos ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas. En particular, regulamentará a forma en que os centros debidamente autorizados poderán ofertar de forma parcial os ciclos formativos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

1.1. Denominación: técnico en operacións de cultivo acuícola.

1.2. Nivel: grao medio.

1.3. Duración do ciclo: 1.700 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Realizar operacións de producción de cultivo acuícola, o mantemento do primeiro nivel das instalacións e a administración e xestión dunha pequena

explotación, conseguindo a calidade requirida da colleita en condicións adecuadas de seguridade e hixiene.

2.2. Capacidades profesionais.

* Capacidades técnicas:

-Cultivar especies acuícolas controlando a instalación de acuicultura e interpretando correctamente a información e os termos da linguaxe propia das operacións do proceso.

-Levar a cabo a xestión básica das pequenas instalacións de cultivo (batea, gaiola).

-Mante-las máquinas e equipos da instalación en condicións idóneas para o seu uso.

-Resolver problemas e tomar decisións individuais seguindo normas establecidas ou procedementos definidos dentro do ámbito da súa competencia, consultando as ditas decisións cando as súas repercusións económicas ou de seguridade sexan importantes.

* Capacidades para afrontar continxencias:

-Transmitir con celeridade as anomalías observadas no cultivo adoptando as accións correctoras posibles e necesarias ante situacións imprevistas.

-Executar pequenas adaptacións tecnolóxicas provisionais que fagan posible a continuidade do proceso productivo en situacións adversas.

-Decidir con rapidez as medidas que hai que tomar ante unha avaría da instalación ou ante circunstancias meteorolóxicas e medioambientais adversas, realizando a modificación que proceda ou emitindo o correspondente informe.

-Prever e estimar situacións de risco no exercicio da súa actividade.

-Valora-las alteracións provocadas nas rías galegas como consecuencia da propia actividade, minimizando o impacto ambiental desta na medida do posible.

* Capacidades na dirección de tarefas:

-Ter unha visión global e integrada das operacións de cultivo e relaciona-las distintas fases do proceso productivo das diferentes especies, comprendendo a función das diversas instalacións e equipos para acada-los obxectivos de producción.

-Manter comunicacións efectivas no desenvolvemento do seu traballo e, en especial, en operacións que esixan un elevado grao de coordinación entre os membros do equipo que as acomete, interpretando ordes e información, xerando instruccións claras con rapidez e informando e solicitándolles axuda ós membros que proceda do equipo, cando se produzan continxencias na operación.

-Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activa

mente na organización e desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

-Aplicar e adecuar no exercicio da súa actividade a normativa vixente para desenvolve-los cultivos mariños.

-Aplicar con precisión os protocolos establecidos para o cultivo tendo presentes as condicións óptimas para o seu perfecto desenvolvemento.

* Capacidade para adaptarse ó medio:

-Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas relacionadas coa súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

Este técnico está chamado a actuar baixo a supervisión xeral de técnicos de nivel superior ó seu, séndolle requiridas as capacidades de autonomía no/a:

-Xestión administrativa e operacións de organización e realización do cultivo necesarias en instalacións de acuicultura de entidade limitada principalmente en réxime de explotación familiar.

-Limpeza, acondicionamento e mantemento de uso das instalacións e os seus elementos, equipos e materiais. Esterilización do material que o precise.

-Goberno da embarcación auxiliar e manexo dos elementos nela instalados.

-Aprovisionamento e transporte de reproductores e xuvenís. Supervisión das faenas de pesca.

-Operacións básicas de cría, preengorde, engorde e cultivos auxiliares.

-Medida de parámetros ambientais. Rexistro de datos varios do cultivo acuícola.

-Determinación da colleita, clasificación e envasado da producción acuícola.

-Diagnóstico de avarías, a súa corrección e o mantemento dos equipos, ó seu nivel.

-Preparación e subministración de dietas e as súas doses.

-Aplica-los tratamentos profilácticos e terapéuticos.

-Determina-las cargas biolóxicas.

-Medida e valoracións de determinados parámetros de calidade da auga.

-Corrección de certas condicións de cultivo.

-Aplicación de criterios de calidade.

2.4. Unidades de competencia.

1. Preparar, manexar e manter en uso as instalacións e equipos auxiliares.

2. Realizar operacións de cultivo de moluscos.

3. Realizar operacións de cultivo de crustáceos.

4. Realizar operacións de cultivo de peixes.

5. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

Unidade de competencia 1: preparar, manexar e manter en uso as instalacións e equipos auxiliares.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1. Controlar e supervisa-lo acondicionamento e limpeza das instalacións de cultivo, establecendo os procedementos para aplicar.-Controlouse que os locais e zonas da instalación se manteñen sempre sen estancamento de augas e libres de residuos.

-A limpeza de lamas, algas e residuos orgánicos en tanques, estanques e parques de cultivo foi supervisada segundo o plan establecido.

-Comprobouse que os substratos de parques de cultivo así como de estanques de peixes e crustáceos foron preparados de forma adecuada e establecida.

-Comprobouse que os sistemas de control e prevención de predadores e competidores foron aplicados adecuadamente.

1.2. Supervisar e controla-la limpeza, esterilización e conservación do material, tanto de laboratorio como de cultivo, seguindo as especificacións establecidas.-As disolucións para limpeza e desinfección elaboráronse conforme as especificacións en cada caso.

-Comprobouse que os materiais de laboratorio e cultivo que non requiran unha desinfección estricta, foron desengraxados e lavados, aplicando os procedementos adecuados.

-Os materiais de laboratorio que o necesiten foron esterilizados de modo que alcancen as especificacións establecidas.

1.3. Realizar operacións básicas e de mantemento de primeiro nivel das máquinas e equipos da instalación de cultivo, coa periodicidade prevista nos manuais.-Substituíronse os elementos avariados ou desgastados nas máquinas, equipos e instalacións de circuítos hidráulicos e pneumáticos.

-O inventario e incidencias da maquinaria, equipos e distinto material foi rexistrado de forma adecuada.

-Os circuítos (PVC), colectores e peneiras foron montados na forma establecida, atendendo o cultivo que hai que realizar.

1.4. Supervisar e/ou realiza-las operacións de reparación e limpeza subacuáticas nas instalacións de cultivo que así o requiran.-Foi supervisada a limpeza dos tubos e conduccións de auga da forma establecida permitindo circula-lo caudal que debe fluír por elas.

-Supervisouse a limpeza de incrustantes e algas nos viveiros e gaiolas de acordo coas necesidades e criterios preestablecidos.

-As redes foron cosidas ou cambiadas sen causar perdas ou lesións nas especies mantidas en cultivo.

-A revisión de viveiros, gaiolas e tubos mergullados foi realizada coa periodicidade establecida, comunicando as avarías detectadas.

RealizaciónsCriterios de realización

1.5. Prepara-los equipos, materiais e instalacións necesarios para o cultivo.-Os medios materiais e reactivos necesarios para cada cultivo foron seleccionados e preparados segundo o protocolo deste.

-Verificouse que os circuítos de fluídos e medios de propulsión non presentan anomalías.

-A selección, ordenación e disposición das instalacións de cultivo realízanse conforme ás súas necesidades.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: material de PVC, colas e pegamentos, poliéster e plástico. Ferramentas e equipos de taller (mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade). Comedeiros automáticos, filtros, peneiras, redes, cordas e cabos, bolsas, colectores varios. Tanques, estanques, piscinas, bateas, gaiolas. Máquinas e equipos varios (bombas hidráulicas, soprantes, compresores, grupos electróxenos, encordadoras, desgranadoras, picadoras, amasadoras, guindastres, caldeiras). Circuítos hidráulicos e pneumáticos. Equipos de mergullo e cámaras submarinas. Embarcación auxiliar, radar, sonda, compás. Artes de pesca e utensilios de marisqueo (nasas, trasmallos, dragas). Cartografía náutica e táboas de marea. Utensilios e material de limpeza. Equipos e material de laboratorio e mostraxe. Sistemas ou equipos de esterilización. Procedementos de limpeza, esterilización e desinfección establecidos.

Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: maquinaria e equipos revisados e en condicións correctas de uso. Traslado de persoal, materiais e productos. Táboas e libros de control. Instalacións, equipos e elementos, limpos e/ou esterilizados.

Procesos, métodos e procedementos: procedementos de mergullo. Sistemas de fondeo e amarre. Procedementos de navegación, estiba, transporte e seguridade a bordo. Métodos de pesca. Método de preparación de disolucións. Procedementos de mantemento de primeiro nivel.

Información: natureza, tipo e soportes: instruccións sobre equipos e maquinaria. Condicións hixiénicas e ambientais que deben reuni-las instalacións. Instruccións sobre substratos de parques, tanques e estanques.

Persoal e/ou organización destinataria do servicio: o da instalación en xeral e servicios auxiliares.

Unidade de competencia 2: realizar operacións de cultivo de moluscos.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1. Controla-los parámetros de cultivo, seguindo, se é o caso, as especificacións de proceso e de uso dos equipos de medida, rexistrando os valores obtidos nas unidades e na forma adecuadas.-Os equipos de mostraxe foron manexados correctamente obtendo as medicións e rexistrándoas, se é o caso, segundo as instruccións establecidas.

-As medidas dos parámetros físico químicos (temperatura, osíxeno, salinidade, pH) ou, se é o caso, climatolóxicos, foron efectuadas seguindo as especificacións de uso dos aparellos de medida e os datos obtidos foron rexistrados adecuadamente.

-Os reactivos químicos necesarios para realiza-las análises foron preparados correctamente segundo os protocolos establecidos.

-Foron realizadas as medicións, conforme ó protocolo establecido, de amoníaco, nitratos, nitritos, fosfatos e metais pesados, rexistrando adecuadamente os seus valores.

-Os caudais de auga e aire foron vixiados e/ou medidos e tanto estes como as alteracións detectadas nos parámetros de cultivo (temperatura, osíxeno, salinidade, Ph, amonio, nitritos, nitratos, fosfatos, metais pesados), foron corrixidos adecuadamente e comunicados para a súa supervisión.

-As características básicas do substrato (nivel mareal, pendente, granulometría) foron identificadas adecuadamente.

2.2. Realiza-lo aprovisionamento de reproductores en condicións de calidade e na época adecuada.-Comprobouse que os reproductores foron capturados en época e cos útiles de marisqueo adecuados.

-Verificouse que os reproductores foron transportados en condicións adecuadas ata a planta de cultivo.

-Controlouse que os reproductores foron clasificados e localizados nos tanques de acondicionamento seguindo os criterios preestablecidos.

2.3. Realiza-lo aprovisionamento de larvas e sementes en condicións de calidade e época adecuada.-Comprobouse que a calidade sanitaria das larvas e sementes adquiridas en criadeiro se corresponde coa oportuna certificación expedida na orixe.

-Os colectores apropiados para cada especie foron colocados no momento oportuno e no lugar adecuado.

-A recolección de sementes foi realizada segundo a normativa vixente.

-As larvas e sementes transportáronse utilizando os métodos adecuados, en función da especie, temperatura e tempo de exposición ó aire.

2.4. Realizar operacións de cría, preengorde e engorde, seguindo o plan establecido para cada especie e nas condicións de hixiene e profilaxe adecuadas.-Foron efectuados os oportunos intercambios de auga tratada, verificando que se utilizaron adecuadamente os sistemas de filtración, esterilización e quecemento.

-A alimentación foi subministrada ós reproductores, sementes e larvas, segundo dose e tempos preestablecidos.

-A inducción á posta foi executada conforme os procedementos preestablecidos.

-A posta foi controlada diferenciando a emisión de ovocitos ou espermatozoides, separando reproductores por sexos (no caso de Ostrea edulis as larvas foron retidas na peneira adecuada).

RealizaciónsCriterios de realización

-As larvas foron filtradas e clasificadas por tamaños, utilizando as peneiras adecuadas.

-Verificouse que as larvas foron transvasadas ós tanques de fixación, controlando a temperatura, alimentación e aireación.

-Utilizáronse os colectores máis apropiados para a fixación segundo a especie cultivada.

-A semente foi colocada nos recipientes de preengorde e coa densidade, caudal e aireación adecuados.

-Verificouse que a semente foi clasificada e agrupada por tamaños.

-Realizáronse os desdobramentos e rareos, seguindo o plan de cultivos establecido para non excede-la densidade oportuna.

-Tomáronse, preparáronse e enviáronse as oportunas mostras a un laboratorio especializado en análise patolóxicas, en condicións que aseguran o seu perfecto estado de conservación.

-Os tratamentos profilácticos e curativos foron aplicados adecuadamente seguindo correctamente as instruccións.

-A taxa de mortalidade foi controlada ó longo das distintas fases, aplicando os métodos de mostraxe adecuados.

2.5. Verifica-la selección e clasificado da producción en función das medidas, os pesos, a calidade e as condicións do transporte do producto final.-Verificouse que a utilización da maquinaria e utensilios de colleita foron os adecuados á medida e peso da especie cultivada e ás súas características.

-Verificouse que a producción foi clasificada en función da medida, peso e calidade normalizados.

-Verificouse que o producto final foi depurado, envasado e transportado nas condicións hixiénicas adecuadas e normalizadas.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: instalacións de acuicultura (criadeiro, sementeiro, parque, viveiro). Equipos de acuicultura (piscinas, recipientes e tanques diversos, instalacións de distribución de aire e auga, filtros varios, cámara isotérmica). Maquinaria (bombas de captación e trasfega, compresores ou soprantes, xerador eléctrico, intercambiador de calor, equipo de refrixeración, máquinas clasificadora, contadora, empalilladora, encordadora, desgranadora, colleitadora, guindastre, tractor). Equipos de transporte (embarcación auxiliar, vehículos). Material de acuicultura (utensilios de marisqueo, lámpada ultravioleta, resistencias e termóstatos, programadores horarios, sistemas automatizados de control, básculas, recipientes e colectores de posta, peneiras, desengraxadores de superficie, colectores para sementes, lámpadas fluorescentes, dosificador de bióxido de carbono, espátulas e coitelos, malla de plancto, cestas e bandexas ostrícolas con cuarteiróns e

tapas, cordas, calicatas, mallas, redes). Equipos de laboratorio (equipo completo de filtración ó baleiro, frigorífico, cámara conxeladora, equipos de medición de calidade da auga: oxímetro, salinómetro, pHmetro, estufas de secado e cultivo, autoclave, balanza de pre

cisión, torre de análise granulométrica, correntímetro, disco de Sechi). Material de laboratorio (material de vidro, plástico e outros, kits de análise de auga, calibres, ictiómetro). Reactivos químicos.

Materiais e productos intermedios: cepas de microalgas, moluscos reproductores, larvas ou semente, medios de cultivo, reactivos para análise da auga.

Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: semente de moluscos apta para o seu traslado ós parques e viveiros de preengorde. Moluscos de tamaño comercial e de boa calidade.

Procesos, métodos e procedementos: procesos habituais para a producción de semente de moluscos en criadeiro ou mediante captación natural. Métodos de preengorde e engorde de moluscos ata o tamaño comercial, en función da especie que se cultiva e a tecnoloxía apropiada á área de influencia. Procedementos de análise e corrección dos parámetros ambientais. Métodos de colleita, control e procesamento da producción previos á súa distribución comercial. Métodos de control de competidores e predadores.

Información: natureza, tipo e soportes: moluscos de interese comercial. Anatomía, fisioloxía e bioecoloxía das especies cultivables. Instruccións sobre condicións fisicoquímicas e cargas biolóxicas. Factores bióticos: competidores, depredadores e parásitos. Utensilios de marisqueo na área de influencia. Lexislación pesqueira. Instalacións de cultivo de moluscos. Cultivo de fitoplancto e requirimentos alimenticios dos moluscos. Cultivo larvario e producción de semente. Cultivo de preengorde e engorde. Manipulación, depuración, criterios de calidade e canles de comercialización e venda do producto. Instruccións de uso de aparellos de medida e outros equipos e procesos de análises fisicoquímicas.

Persoal e/ou organizacións destinatarias do servicio: empresas dedicadas ó engorde de moluscos. Maioristas, retallistas, restaurantes e consumidores en xeral.

Unidade de competencia 3: realizar operacións de cultivo de crustáceos.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1. Controla-los parámetros de cultivo, seguindo, se é o caso, as especificacións de proceso e de uso dos equipos de medida, rexistrando os valores obtidos nas unidades e na forma adecuadas.-Os equipos de mostraxe foron manexados correctamente obtendo as medicións e rexistrándoas, se é o caso, segundo as instruccións establecidas.

-As medidas dos parámetros físico químicos rutineiros (temperatura, osíxeno, salinidade, pH) ou, se é o caso, climatolóxicos, foron efectuadas seguindo as especificacións de uso dos aparellos de medida e os datos obtidos foron rexistrados adecuadamente.

-Os reactivos químicos necesarios para realiza-las análise foron preparados correctamente segundo os protocolos establecidos.

-Realizáronse as medicións, conforme o protocolo establecido, de amoníaco, nitratos, nitritos, fosfatos e metais pesados, rexistrando adecuadamente os seus valores.

RealizaciónsCriterios de realización

-Os caudais de auga e aire vixiáronse e/ou medíronse e, tanto estes coma as alteracións detectadas nos parámetros de cultivo (temperatura, osíxeno, salinidade, pH, amonio, nitritos, nitratos, fosfatos, metais pesados), foron corrixidos adecuadamente e comunicados para a súa supervisión.

-As características básicas do substrato (nivel mareal, pendente, granulometría) foron identificadas adecuadamente.

3.2. Realiza-lo aprovisionamento de reproductores en condicións de calidade e época adecuada.-Comprobouse que os reproductores foron capturados, utilizando a arte e na época adecuada, sen producirlles danos ou feridas.

-Os reproductores foron adquiridos directamente ós pescadores, seleccionándoos previamente en función da súa vitalidade, tamaño, sexo e grao de madureza.

-Os reproductores foron transportados nas condicións adecuadas (cargas biolóxicas, osixenación, temperatura), chegando en perfecto estado ás instalacións de cultivo.

-Executáronse as condicións establecidas para que se realice a adaptación fisicoquímica ó medio, de modo que os reproductores non sufran alteracións ou anomalías fisiolóxicas.

3.3. Realiza-lo aprovisionamento de poslarvas e xuvenís na época e condicións de calidade adecuadas.-As poslarvas e/ou xuvenís foron adquiridos nun criadeiro cuns criterios de calidade mínimos (ausencia de enfermidades, vitalidade, aspecto, relacións tamaño/idade, relacións peso/idade), comprobando que as certificacións de orixe se corresponden co material biolóxico adquirido.

-Verificouse que as comportas dos estanques de cultivos extensivos abríronse nos momentos adecuados, tendo en conta criterios medio ambientais, fisicoquímicos e aspectos do ciclo biolóxico das especies que se van capturar.

-Comprobouse que os xuvenís foron correctamente capturados no medio natural, aproveitando os seus ritmos migratorios ou hábitos alimentarios e sen producirlles danos.

-As poslarvas e/ou xuvenís foron transportados de forma rápida e nas condicións adecuadas (cargas biolóxicas, osixenación, temperatura), chegando en perfecto estado ás instalacións de cultivo.

-A adaptación fisicoquímica ó medio de entrada foi realizada correctamente e as poslarvas e/ou xuvenís non sufriron alteracións ou anomalías fisiolóxicas.

3.4. Realizar operacións de cría, preengorde e engorde, seguindo o plan establecido para cada especie, en condicións de hixiene e profilaxe adecuadas.-Os alimentos de reproductores, adultos e xuvenís foron preparados e subministrados, seguindo as indicacións (dose, número de tomas, horario) e observando posibles alteracións dos hábitats alimenticios.

-As ablacións oculares foron realizadas correctamente.

-As larvas foron correctamente separadas dos proxenitores ou viceversa, segundo o tipo de instalación.

-O sifonado, filtrado e limpeza dos tanques foron realizados correctamente, sen dana-las larvas nin altera-las condicións de cultivo, rexeitando as larvas deformes ou de baixa calidade.

RealizaciónsCriterios de realización

-Controlouse o correcto manexo dos individuos, así como a realización dos traslados e transvases necesarios.

-Os productos químicos e farmacolóxicos foron engadidos correctamente á auga e/ou ós alimentos, seguindo as instruccións recibidas.

-Comprobouse que os desdobramentos se realizaron correctamente no momento oportuno.

-Verificouse que as larvas, xuvenís ou adultas, se capturaron e manexaron sen danos, utilizando os materiais apropiados, segundo tamaño e forma dos tanques ou estanques e sen altera-las súas condicións.

-Comprobouse que os individuos se clasificaron correctamente por tamaños, usando peneiras ou manualmente e non producindo danos.

-Tomáronse, preparáronse e enviáronse as oportunas mostras a un laboratorio especializado en análises patolóxicas en condicións que asegurasen o seu perfecto estado de conservación.

-Os tratamentos profilácticos e curativos aplicáronse de forma adecuada, seguindo correctamente as instruccións.

-A taxa de mortalidade foi controlada ó longo das diferentes fases do cultivo, aplicando os métodos de mostraxe adecuados.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: artes de pesca e marisqueo (trueiros, nasas, trasmallos, angazos, angaciños e aixadas). Embarcacións, cartas náuticas e táboas de marea. Táboas de observación meteorolóxica. Vehículos, tanques e/ou recipientes de transporte e elementos e equipos auxiliares (aireación/osixenación e refrixeración). Bombas e tubos de trasfega. Oxímetros, caudalímetros, termómetros, pHmetros, salinómetros, kits varios, electrodos selectivos. Básculas e balanzas. Filtros varios e peneiras. Redes de plancto. Piscinas, tanques, estanques. Compresores e soprantes. Difusores e mangas de aire. Filtros varios de auga. Intercambiadores de calor, resistencias, termóstatos e programadores horarios. Cámaras de conxelación e conservación. Comedeiros automáticos. Máquinas picadoras, amasadoras, peletizadoras. Tractores e máquinas de labra en parques de cultivo. Colectores de postas. Recipientes de cultivo de fito e zooplancton ("Erlenmeier", botellóns, bolsas,

tanques, piscinas...). Batedores. Material de vidro, plástico e porcelana. Productos e reactivos químicos. Libros e táboas de rexistro. Recipientes de envasado do producto final e elementos de embalaxe.

Materiais e productos intermedios: peixe fresco e/ou conxelado, outras posibles especies-presa, fariñas de peixe e productos químicos.

Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: ovos, larvas, xuvenís e adultos das especies cultivadas.

Procesos, métodos e procedementos: métodos de corrección dos diferentes parámetros fisicoquímicos

da auga. Métodos de captura de individuos de diferentes tamaños (de larva a adulto) tanto no medio natural como en catividade. Métodos de medida e valoración. Procedementos de filtración, limpeza e manexo de ovos e larvas. Métodos de filtración, lavado, transvase e manexo de diferentes volumes de fito e zooplancto. Métodos de preparación de dietas varias. Técnicas de hidratación e descapsulación de cistes de artemia, colleita e separación desta. Métodos de mostraxe e cálculo de densidades e mortalidades. Métodos de clasificación por tamaños das distintas especies, segundo fase de desenvolvemento. Métodos de control de competidores e predadores. Métodos de envasado segundo especie, condicións e tempo de transporte.

Información: natureza, tipo e soportes: hábitats, costumes e ciclos biolóxicos das especies. Hábitos de comportamento en catividade. Zonas de captura e artes utilizadas. Lexislación pesqueira e marisqueira. Instruccións sobre condicións fisicoquímicas e cargas biolóxicas de transporte. Instruccións de uso de aparellos de medida e outros equipos. Criterios de calidade de especies e individuos en diferente fase de desenvolvemento. Instruccións sobre preparación e subministración de alimentos. Medios de cultivo habituais. Medidas profilácticas e hixiénicas habituais. Instruccións sobre adición de productos químicos e farmacolóxicos ós cultivos ou alimentos.

Persoas e/ou organización destinataria do servicio: o da instalación en xeral, posibles colaboradores ou contratados nas faenas de captura e clientes.

Unidade de competencia 4: realizar operacións de cultivo de peixes.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1. Controla-los parámetros de cultivo, seguindo, se é o caso, as especificacións de proceso e de uso dos equipos de medida, rexistrando os valores obtidos nas unidades e na forma adecuadas.-Os equipos de mostraxe foron manexados correctamente obtendo as medicións e rexistrándoas, se é o caso, segundo as instruccións establecidas.

-As medidas dos parámetros físico químicos rutineiros (temperatura, osíxeno, salinidade, pH) ou, se é o caso, climatolóxicos, foron efectuadas seguindo as especificacións de uso dos aparellos de medida e os datos obtidos foron rexistrados adecuadamente.

-Os reactivos químicos necesarios para realiza-las análises foron preparados correctamente segundo os protocolos establecidos.

-Realizáronse as medicións, conforme o protocolo establecido, de amoníaco, nitratos, nitritos, fosfatos e metais pesados, rexistrando adecuadamente os seus valores.

-Os caudais de auga e aire foron vixiados e/ou medidos e tanto estes como as alteracións detectadas nos parámetros de cultivo (temperatura, osíxeno, salinidade, pH, amonio, nitritos, nitratos, fosfatos, metais pesados), foron corrixidos adecuadamente e comunicados para a súa supervisión.

-As características básicas do substrato (nivel mareal, pendente, granulometría) foron identificadas adecuadamente.

RealizaciónsCriterios de realización

4.2. Realiza-lo aprovisionamento de reproductores en condicións de calidade e época adecuada.-Comprobouse que a pesca de reproductores se realizou sen producirlles danos nin feridas.

-O traslado dos reproductores realizouse aplicando as cargas establecidas e os valores fisicoquímicos da auga, chegando en perfecto estado ás zonas de utilización.

-Os reproductores foron adaptados progresivamente ó novo medio fisicoquímico, e non se produciron danos ou anomalías fisiolóxicas que lles afecten.

4.3. Realiza-lo aprovisionamento de crías en época e condicións adecuadas.-Verificouse que as comportas dos estanques, no cultivo extensivo, se abriron no momento adecuado, tendo en conta criterios medio ambientais, fisicoquímicos e os aspectos do ciclo biolóxico das especies para capturar.

-A pesca de crías no medio natural realizouse correctamente aproveitando os seus ritmos migratorios ou hábitos alimentarios e sen producirlles danos.

-O traslado das crías das zonas de pesca ás zonas de preengorde ou engorde realizouse correctamente, aplicando as cargas e os parámetros fisicoquímicos.

-A adaptación fisicoquímica ó medio de entrada das crías realizouse progresivamente, e non se produciron danos ou anomalías fisiolóxicas.

4.4. Realizar operacións de cría, preengorde e engorde, seguindo o plan establecido para cada especie, en condicións de hixiene e profilaxe adecuadas.-Comprobouse que o traslado dos peixes desde os tanques de transporte ós de estabulación se realizou correctamente.

-Os alimentos húmidos ou semihúmidos foron correctamente preparados seguindo as instruccións recibidas.

-Os alimentos subministráronse, á man ou mediante comedeiros, cumprindo as doses e horarios establecidos, observando e rexistrando calquera cambio nos hábitos alimenticios.

-Os reproductores foron manexados (traslados, masaxes, pesaxes) durante as fases de reproducción sen danalos nin estresalos.

-Os ovos foron correctamente recollidos dos colectores de posta.

-Os ovos foron transvasados ós tanques de incubación, eliminando os residuos mediante lavados, filtracións ou desconcentracións e nas densidades correctas.

-Os ovos inmaturos ou defectuosos foron eliminados correctamente.

-Verificouse que as larvas se transvasaron correctamente ós tanques de cultivo.

-Os productos químicos e farmacolóxicos foron engadidos correctamente á auga e/ou ós alimentos seguindo as instruccións recibidas.

-Eliminouse a graxa da superficie da auga de forma correcta e co material adecuado.

-As larvas sen vexiga foron eliminadas aplicando o método adecuado.

-Comprobouse que os desdobramentos foron realizados no momento oportuno.

-Verificouse que as larvas, crías ou adultos foron capturadas e manexadas sen danalas, utilizando os materiais apropiados segundo tamaño e forma dos tanques ou estanques e sen altera-las condicións destes.

RealizaciónsCriterios de realización

-Tomáronse, preparáronse e enviáronse as oportunas mostras a un laboratorio especializado en análise patolóxica, en condicións que aseguren o seu perfecto estado de conservación.

4.5. Verifica-la selección e clasificación da producción, en función de tamaños, pesos e calidade e as condicións do transporte do producto final.-Verificouse que a colleita se realizou correctamente utilizando unha arte adecuada, (segundo estanque e tamaño de peixes).

-Verificouse que a producción se seleccionou segundo criterios de tamaño, aspecto e calidade.

-Verificouse que os peixes foron envasados utilizando as técnicas adecuadas.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: artes de pesca. Embarcacións, cartas náuticas e táboas de marea. Táboas de observación meteorolóxica. Vehículos, tanques e/ou recipientes de transporte e elementos e equipos auxiliares (aireación/osixenación e refrixeración). Bombas e tubos de trasfega. Oxímetros, caudalímetros, termómetros, pHmetros, salinómetros, kits varios, electrodos selectivos. Básculas e balanzas. Filtros varios e peneiras. Piscinas, tanques, estanques, gaiolas. Compresores e soprantes. Difusores e mangas de aire. Intercambiadores de calor, resistencias, termóstatos e programadores horarios. Cámaras de conxelación e conservación. Comedeiros automáticos. Máquinas picadoras, amasadoras, plaletizadoras, clasificadoras, guindastres. Recipientes de cultivo de fito e zooplancto (Erlenmeier, botellóns, bolsas, tanques, piscinas, ...). Batedores. Material de vidro, plástico e porcelana. Cordas, mallas. Productos e reactivos químicos. Libros e táboas de rexistro.

Recipientes de envasado do producto final e elementos de embalaxe.

Materiais e productos intermedios: peixe fresco e/ou conxelado, outras posibles especies-presa, fariñas de peixe, pensos e productos químicos, levaduras. Enriquecedores, inóculos de fitoplancto e zooplancto.

Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: ovos, larvas, crías e adultos das especies cultivadas, especies fitoplanctónicas, rotíferos, nauplius e metanauplius de artemia.

Procesos, métodos e procedementos: métodos de captura de individuos de diferentes tamaños (de larva a adulto) no medio natural como en catividade. Métodos de corrección dos diferentes parámetros fisicoquímicos da auga. Métodos de medida e valoración. Procedementos de limpeza e manexo de ovos e larvas. Métodos de filtrado, lavado, transvase e manexo de diferentes volumes de fito e zooplancto. Métodos de preparación de dietas varias. Técnicas de hidratación e descapsulación de cistes de artemia, colleita e separación desta. Métodos de clasificación por tamaños das distintas especies, segundo fase de desenvolvemento. Métodos de control de competidores e predadores. Métodos de envasado segundo especie, condicións e tempo de transporte.

Información: natureza, tipo e soportes: hábitats, costumes e ciclos biolóxicos das especies. Hábitos de comportamento en catividade. Zonas de captura e artes utilizadas. Lexislación pesqueira. Instruccións sobre condicións fisicoquímicas e cargas biolóxicas de transporte. Instruccións de uso de aparellos de medida e outros equipos. Instruccións sobre preparación e subministración de alimentos. Medios de cultivo habituais. Medidas profilácticas e hixiénicas habituais. Instruccións sobre adición de productos químicos e farmacolóxicos ós cultivos ou alimentos.

Persoal e/ou organizacións destinatarias do servicio: o da instalación en xeral, posibles colaboradores ou contratados nas faenas de captura e clientes.

Unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1. Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.-Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.

-Realizouse a análise previa á implantación, valorando:

.A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.

.A localización física e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario de zona, elementos de prospectiva).

.A previsión de recursos humanos.

.A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.

.A estructura e composición do inmobilizado.

.As necesidades de financiamento e a súa forma máis rendible.

.A rendibilidade do proxecto.

.A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

-Determinouse adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo á formación, experiencia e condicións actitudinais, se proceden.

5.2. Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.-Identificáronse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo as máis habituais no sector.

-Seleccionáronse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

5.3. Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.-Estableceuse un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

-Realizouse a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

RealizaciónsCriterios de realización

-Os documentos xerados: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos, foron elaborados no formato establecido pola empresa cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.

-Identificouse a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto de actividades económicas e outras).

5.4. Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuados, en función da actividade comercial requirida.-No plan de promoción, tívose en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.

-Seleccionouse o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

-A participación en feiras e exposicións permitiu establece-las canles de distribución dos diversos productos ou servicios.

5.5. Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.-Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:

.Prezos do mercado.

.Prazos de entrega.

.Calidades.

.Condicións de pagamento.

.Transportes, se procede.

.Descontos.

.Volume de pedido.

.Liquidez actual da empresa.

.Servicio posvenda do provedor.

-Nas condicións de venda propostas ós clientes tivéronse en conta:

.Marxes de beneficios.

.Prezo de custo.

.Tipos de clientes.

.Volume de venda.

.Condicións de cobramento.

.Descontos.

.Prazos de entrega.

.Transporte se procede.

.Garantía.

.Atención posvenda.

5.6. Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.-Transmitiuse en todo momento a imaxe desexada da empresa.

-Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés e na marxe de tempo prevista.

-Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.

-Comunicóuselles ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa que poida interesarlles.

5.7. Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.-Identificouse a documentación esixida pola normativa vixente.

-Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

-Identificáronse en tempo e forma as obrigas legais laborais.

.Altas e baixas laborais.

.Nóminas.

.Seguros sociais.

Dominio profesional

Información que manexa: documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques.

Documentación cos distintos organismos oficiais: permisos de apertura do local, permiso de obras, etc... Nóminas TC1, TC2, Alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

Tratamento da información: terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

Persoas coas que se relaciona: provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servicios que darían lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

A acuicultura é un sistema de producción de organismos acuáticos baseado nunha tecnoloxía multidisciplinar que se encontra en fase de desenvolvemento. Os principais avances que poden influír na competencia desta figura son:

-Maior divulgación dos coñecementos científicos entre investigadores e cultivadores, axilizando a transferencia das novas tecnoloxías que permitan amplia-lo número de especies cultivables, o perfeccionamento e estandarización da producción industrial de semente, a mellora dos pensos, o avance na investigación xenética aplicada e o progreso das técnicas de prevención, diagnóstico e tratamento dos procesos patolóxicos.

-Desenvolvemento da enxeñería dos sistemas de cultivo, considerando o deseño e construcción de instalacións en terra e no medio acuático, os sistemas de acondicionamento e distribución de fluídos e os equipos auxiliares de cultivo, mecánicos ou electrónicos, que permitan a automatización do proceso e a súa aplicación a zonas actualmente desaproveitadas.

-Maior atención á protección do medio ambiente, con efectos favorables para a actividade, e uso de enerxías alternativas no proceso de cultivo.

-Tendencia cara a unha acuicultura intensiva moi tecnificada e cunha elevada achega de capital. Prevese o desenvolvemento do cooperativismo de primeiro e segundo grao, así como outros tipos de asociación empresarial, co fin de potencia-la competitividade das empresas máis débiles.

-Perfeccionamento da xestión comercial, ofertando productos de calidade normalizada, elaborados en orixe e con sistemas de envasado e etiquetado mellorados.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

O perfeccionamento das técnicas de cultivo e a incorporación de novas especies requirirá o coñecemento das características particulares dos seus métodos de producción. Así mesmo, o uso de novas áreas, estructuras, maquinaria e equipo auxiliar, suporá a adaptación das tarefas e métodos de cultivo, mantemento e manipulación ás circunstancias concretas.

Á medida que se vaian estandarizando e automatizando os métodos de producción, incrementarase o grao de autonomía desta figura profesional.

2.6.3. Cambios na formación.

A formación deste profesional debe alcanzar unha concepción global do proceso de cultivo e uns coñecementos das instalacións, maquinaria, materiais, medios e equipos que lle permitan adaptarse ós previsibles cambios tecnolóxicos.

Débeselle adestrar na busca e manexo da información necesaria para manterse ó día nos avances experimentados por esta actividade.

2.7. Posición no proceso productivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

O técnico en operacións de cultivo acuícola desenvolverá a súa actividade laboral en todas aquelas instalacións nas que a súa finalidade sexa o cultivo de especies acuáticas, tanto mariñas coma continentais.

Os principais subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:

Os parques de cultivo, viveiros (bateas, palangres e gaiolas), os criadeiros, granxas mariñas/piscifactorías de auga doce ou, incluso, centros de investigación onde se desenvolvan aspectos da acuicultura.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional podería estar á fronte de instalacións de entidade limitada como parques de cultivo, viveiros e, en xeral, de todas aquelas que son viables nun réxime de explotación familiar.

Así mesmo, poderá formar parte dos equipos que desenvolvan a súa actividade en instalacións máis complexas (criadeiros e sementeiros) ou de maior entidade productiva, onde podería desempeñar certas responsabilidades na área de engorde.

Esta figura profesional sitúase fundamentalmente nas funcións/subfuncións de: producción/preparación, execución, control, manipulación e envasado.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abraguen o eido da acuicultura intensiva, semi-intensiva e extensiva.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

Con fins de orientación profesional enuméranse a continuación as ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

Piscicultor, bateeiro, mariscador, auxiliar de criadeiro, acuicultor de engorde.

3. Currículum.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Identificar e aplica-las diferentes medidas de prevención de situacións de risco máis habituais no seu ámbito de traballo.

* Aplica-las técnicas de producción das diferentes especies susceptibles de cultivo en augas da Comunidade Autónoma galega para a obtención dun producto que reúna as condicións óptimas para a súa comercialización.

* Utiliza-la terminoloxía, maquinaria, medios equipos e métodos necesarios para a organización e realización das tarefas de cultivo de moluscos, crustáceos, peixes e especies auxiliares (cultivado e/ou susceptibles de cultivo na Comunidade Autónoma galega), que requiran unha gran destreza manual ou que xa están normalizadas.

* Interpretar e comprende-la información e, en xeral, toda a linguaxe simbólica asociada ás operacións realizadas en acuicultura para o mantemento das instalacións e o control dos parámetros e condicións de cultivo.

* Analizar e desenvolve-los procesos básicos para a realización do cultivo de moluscos, crustáceos, peixes e especies auxiliares, comprendendo a interrelación e secuenciación das fases de cultivo e observando a correspondencia entre as ditas fases e os materiais, equipos, recursos humanos, medios auxiliares e de seguridade que interveñen en cada un deles.

* Sensibilizarse respecto ós efectos que a actividade acuícola pode producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de protexe-la persoas e o medio ambiente, utilizando as medidas preventivas e correctivas adecuadas.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo a nivel comunitario, estatal e autonómico que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais e adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que poden presentarse neles.

* Utilizar e buscar canles de información e formación relacionada co exercicio da profesión, que lle posibiliten o coñecemento e a inserción no sector da acuicultura e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

Módulo profesional 1: instalacións e equipos de cultivo.

Asociado á unidade de competencia 1: preparar, manexar e manter en uso as instalacións e equipos auxiliares.

Capacidades terminais elementais

1.1. Analiza-los elementos que compoñen os circuítos hidráulicos e pneumáticos.

1.2. Realizar, interpretar e montar, seguindo instruccións recibidas, circuítos de conducción de aire ou auga.

1.3. Aplica-los procedementos de mantemento e reparación dos circuítos hidráulicos e pneumáticos.

1.4. Analiza-las necesidades de mantemento das máquinas e equipos da instalación, seguindo as instruccións recollidas nos manuais.

1.5. Defini-los procedementos rutineiros de axuste da maquinaria e reparación de pequenas avarías.

1.6. Analiza-los requirimentos e principios que permiten realizar mergullos a pequena profundidade.

1.7. Mante-las instalacións mergulladas, en equipo a escala.

1.8. Gobernar correctamente o barco de prácticas.

1.9. Manexa-las instalacións auxiliares de acuicultura instaladas na embarcación.

1.10. Realizar coa embarcación os servicios ás instalacións a flotantes.

Contidos básicos (duración 120 horas).

Procedementais.

* Maquinaria, instalacións e equipos de cultivo.

.Procedementos e técnicas de mantemento.

.Operacións de preparación e manexo dos equipos.

* Equipos auxiliares para o cultivo.

.Manexo dos equipos.

.Operacións de preparación e mantemento dos equipos.

.Construcción de colectores e barutos.

* Instalacións hidráulicas.

.Verificación e manexo de circuítos de aspiración e impulsión. Equipos de bombeo. Materiais, tubos e accesorios. Válvulas e compoñentes.

.Descrición e montaxe de circuítos de PVC.

.Manipulación de equipos de acondicionamento e tratamento de auga.

.Procedementos de mantemento preventivo.

* Manobra e goberno.

.Cartas náuticas. Identificación de accidentes xeográficos e faros.

.Interpretación de cartas náuticas da zona e coñecemento do litoral: principais accidentes xeográficos e faros.

* Iniciación ó mergullo.

.Equipo de mergullo.

* Materiais e compostos de limpeza.

.Equipos e aparellos de limpeza/esterilización.

.Técnicas e procedementos de limpeza e desinfección.

.Técnicas e procedementos de esterilización.

Conceptuais.

* Maquinaria, instalacións e equipos de cultivo.

.Identificación de máquinas, instalacións e equipos de cultivo para as diversas especies.

.Máquinas, instalacións e equipos utilizados polas empresas da área de influencia.

.Empresas da zona dedicadas á construcción, subministración e mantemento de maquinaria e equipos de acuicultura.

.Conceptos básicos de mecánica, electricidade, fontanería, hidráulica e carpintería.

* Equipos auxiliares para o cultivo.

.Colectores e peneiras.

.Identificación de equipos eléctricos de calefacción e de acondicionamento de aire.

.Artes de pesca e utensilios de marisqueo utilizados na zona.

* Manobra e goberno.

.Embarcacións de uso común a nivel local.

.Regulamento internacional para previ-las abordaxes no mar.

.Navegación costeira:

.Tipos de embarcacións auxiliares.

.Modalidades e formas de pesca utilizadas en cultivo.

.Modalidades e faenas de pesca máis habituais en Galicia e especies capturadas.

* Iniciación ó mergullo.

.Características hidrográficas limitantes.

Actitudinais.

* Maquinaria, instalacións e equipos de cultivo.

.Verifica-lo adecuado funcionamento dos equipos.

* Manobra e goberno.

.Verifica-los procedementos para unha adecuada navegación costeira.

.Resolver adecuadamente o posicionamento con radar.

.Cordame e poleame.

.Identifica-los aspectos prioritarios para ter en conta para a seguridade e supervivencia marítima.

.Compara-las modalidades e formas de pesca utilizadas no cultivo.

.Identifica-las modalidades e faenas de pesca máis habituais en Galicia e especies capturadas.

* Iniciación ó mergullo.

.Verifica-las técnicas de inmersión máis adecuadas.

.Revisa-las características hidrográficas ou subacuáticas de interese para a seguridade, orientación ou localización.

* Materiais e compostos de limpeza.

.Xustifica-las técnicas e procedementos de limpeza e desinfección adecuados.

.Verifica-los diversos procedementos de esterilización.

Módulo profesional 2: técnicas do cultivo de moluscos.

Asociado á unidade de competencia 2: realizar operacións de cultivo de moluscos.

Capacidades terminais elementais

2.1. Analizar e/ou prepara-los métodos de obtención de reproductores, larvas e sementes en función da especie, co obxecto de preserva-la súa calidade.

2.2. Avalia-los métodos de transporte e a recepción en destino de reproductores, larvas e sementes en función da especie e dos criterios de calidade establecidos.

2.3. Selecciona-los reproductores, larvas e sementes segundo os criterios de calidade establecidos para cada especie.

2.4. Analiza-los procesos de posta e cultivo de ovos e larvas, en función dos requirimentos ambientais da especie e do estado de desenvolvemento.

2.5. Executar, en instalación a escala, as operacións necesarias para optimiza-la calidade de posta e a producción de ovos e larvas.

2.6. Analiza-lo proceso de preengorde e engorde en función das especies e do lugar, considerando as densidades óptimas e os parámetros fisicoquímicos e biolóxicos.

2.7. Executar, en instalacións a escala, as técnicas de preengorde e engorde para cada especie, considerando os seus requirimentos bioecolóxicos e as características do lugar.

2.8. Aplica-los tratamentos e recoñecementos preventivos ou curativos para reduci-la proliferación de competidores, predadores e parásitos.

2.9. Analiza-las condicións de envasado, manipulación e conservación de moluscos, para a súa comercialización.

2.10. Avalia-lo proceso de depuración de moluscos conforme a normativa legal vixente.

Contidos básicos (duración 185 horas)

Procedementais.

* Cultivo de moluscos en criadeiro.

.Situación actual, problemática e perspectiva dos criadeiros en Galicia.

.Técnicas de acondicionamento de moluscos.

.Selección de reproductores. Concepto, finalidade e control do acondicionamento.

.Técnicas de inducción á posta.

.Cultivo de larvas: alimentación, crecemento e técnicas de control. Fixación e metamorfose: técnicas para

favorece-la fixación. Técnicas de despegue. Recollida de sementes.

.Preengorde en sementeiro: Métodos de cultivo. Técnicas de estabulación. Requirimentos nutritivos e ambientais. Control de crecemento.

.Técnicas de prevención e control sanitario.

* Cultivo de moluscos: preengorde e engorde.

.Métodos de obtención de semente: adquisición no criadeiro, captura no medio natural, captación en colectores específicos.

.Métodos de preengorde e engorde no medio natural.

.Operacións para realizar nos diferentes sistemas de cultivo: sementeiras, desdobramentos, rareos, limpezas, colleita, clasificación, envasado e transporte.

.Técnicas de preengorde e engorde de moluscos en batea. Características e requirimentos do cultivo das principais especies comerciais (ostras, ameixas, mexillón, pectínidos e gasterópodos).

.Técnicas de preengorde e engorde na zona intermareal: características e requirimentos.

.Depredadores, competidores. Técnicas de protección e control.

.Depuración e estabulación de moluscos.

* Instalacións de cultivo de moluscos.

.Manexo da maquinaria e equipos auxiliares.

Conceptuais.

* Moluscos.

.Características xerais:

.Principais especies de interese comercial.

.Bioloxía e ecoloxía das especies cultivables.

* Cultivo de moluscos en criadeiro.

.Necesidades nutritivas de moluscos

.Ciclo reproductor dos moluscos. Bioloxía larvaria.

.Patoloxía: patóxenos en larvas, sementes e reproductores.

* Cultivo de moluscos: preengorde e engorde.

.O marisqueo no contexto dos cultivos mariños. Importancia económico-social. Principais métodos de captura. Modelos de explotación. Concesións, autorizacións e licencias de explotación.

.Lexislación pesqueira e marisqueira que afecta a captura de reproductores e a semente.

.Patoloxía.

* Instalacións de cultivo de moluscos.

.Sistemas de cultivo: no fondo, sobreelevado e suspendido. Requisitos costeiros.

.Estructuras de cultivo no medio natural. Maquinaria e equipos auxiliares.

.A batea como sistema de cultivo

.O parque de cultivo.

.O criadeiro e o sementeiro: estructura e requirimentos. Instalacións. Distribución de auga e de aire.

.O depósito regulador. A depuradora.

.Soporte informático.

Actitudinais.

* Cultivo de moluscos en criadeiro.

.Valora-la situación actual, problemática e perspectiva dos criadeiros en Galicia.

.Sensibilidade coa problemática da captura de semente nos bancos naturais e a súa relación coa normativa legal e o furtivismo.

* Cultivo de moluscos: preengorde e engorde.

.Situación actual e perspectivas do cultivo de moluscos en Galicia.

.Riscos ambientais da introducción de especies exóticas.

.Necesidades do control patolóxico nos traslados para evita-lo contaxio de enfermidades nos moluscos.

.Riscos sanitarios para o consumidor humano.

.Explotación racional dun banco natural.

* Instalacións de cultivo de moluscos.

.Analiza-la influencia das características ambientais e estructurais sobre a calidade comercial e sanitaria.

Módulo profesional 3: técnicas do cultivo de crustáceos.

Asociado á unidade de competencia 3: realizar operacións de cultivo de crustáceos.

Capacidades terminais elementais

3.1. Analizar e/ou prepara-lo proceso de obtención de reproductores, poslarvas e xuvenís en función da especie, co obxecto de preserva-la súa calidade.

3.2. Avalia-los métodos de transporte e a recepción en destino de reproductores, poslarvas e xuvenís en función da especie e dos criterios de calidade establecidos.

3.3. Selecciona-los reproductores, poslarvas e xuvenís segundo os criterios de calidade establecidos para cada especie.

3.4. Analiza-los procesos de posta, eclosión e cultivo de larvas, nas condicións ambientais adecuadas.

3.5. Executar, en instalación a escala, as operacións necesarias para optimiza-la eclosión e o desenvolvemento larvario, en función dos requirimentos ambientais da especie e do estado de desenvolvemento.

3.6. Analiza-lo proceso de preengorde e engorde en función das especies e do lugar, considerando as densidades óptimas e os parámetros fisicoquímicos e biolóxicos.

3.7. Executar, en instalacións a escala, as técnicas de preengorde e engorde para cada especie, consi

derando os seus requirimentos bioecolóxicos e as características do lugar.

3.8. Aplica-los tratamentos e recoñecementos preventivos ou curativos para reduci-la proliferación de competidores, predadores e parásitos.

3.9. Analiza-las condicións de envasado, manipulación e conservación de crustáceos para a súa comercialización.

3.10. Avalia-lo proceso de estabulación e transporte de crustáceos conforme a normativa legal vixente e os criterios de calidade comercial.

Contidos básicos (duración 90 horas).

Procedementais.

* Cultivo de crustáceos en criadeiro.

.Técnicas de inducción á posta.

.Técnicas de cultivo larvario.

* Cultivo de crustáceos: preengorde e engorde.

.Transporte de larvas e poslarvas.

.Técnicas de preengorde e engorde.

.Estabulación de crustáceos (cetarias): factores que inflúen na supervivencia dos crustáceos en catividade. Mantemento e control. Manipulación, envasado, conservación e transporte.

* Instalacións para o cultivo de crustáceos.

.Manexo da maquinaria e equipos auxiliares.

Conceptuais.

* Crustáceos.

.Características xerais: principais especies de interese comercial.

.Bioloxía e ecoloxía das especies comerciais.

* A pesca de crustáceos.

.Importancia económico-social.

.Principais métodos de captura.

.Lexislación pesqueira e marisqueira que afecta a captura de reproductores e xuvenís.

* Cultivo de crustáceos en criadeiro.

.Reproducción, posta, fecundación e incubación segundo a especie.

.Desenvolvemento embrionario e fases larvarias.

.Necesidades nutricionais.

.Patoloxía. Patóxenos en larvas e reproductores.

* Cultivo de crustáceos: preengorde e engorde.

.Características do cultivo das principais especies comerciais (lagosta, lumbrigante, cangrexos de río, camarón, centola, lagostino).

.Necesidades nutritivas.

.Patoloxía.

* Instalacións para o cultivo de crustáceos.

.O criadeiro: criterios de localización. Instalacións. Distribución de auga e aire.

.Instalacións de preengorde e engorde na terra e na auga.

.Estructuras de cultivo. Maquinaria e equipos auxiliares.

.A cetaria. Instalacións e equipos para a estabulación de crustáceos.

.Soporte informático.

Actitudinais.

* Cultivo de crustáceos en criadeiro.

.Valora-la situación actual, problemática e perspectivas dos criadeiros en Galicia.

* Cultivo de crustáceos: preengorde e engorde.

.Avalia-la situación actual e as perspectivas do cultivo de crustáceos en Galicia, así como as diferentes técnicas de cultivo empregadas.

* Instalacións para o cultivo de crustáceos.

.Analiza-la influencia das características ambientais e estructurais sobre a calidade comercial.

Módulo profesional 4: técnicas do cultivo de peixes.

Asociado á unidade de competencia 4: realizar operacións de cultivo de peixes.

Capacidades terminais elementais

4.1. Analizar e/ou prepara-lo proceso de obtención de reproductores, ovos, crías e/ou xuvenís para realiza-lo seu aprovisionamento en función da especie, co obxecto de preserva-la súa calidade.

4.2. Avalia-los métodos de transporte e a recepción en destino de reproductores, ovos, crías e/ou xuvenís en función da especie e dos criterios de calidade establecidos.

4.3. Selecciona-los reproductores, poslarvas e xuvenís segundo os criterios de calidade establecidos para cada especie.

4.4. Analiza-los procesos de posta, eclosión e cultivo de larvario, nas condicións ambientais adecuadas.

4.5. Executar, en instalación a escala, as operacións necesarias para optimiza-la posta, eclosión e desenvolvemento larvario, en función dos requirimentos ambientais da especie e do estado de desenvolvemento.

4.6. Analiza-lo proceso de preengorde e engorde en función das especies e do lugar, considerando as densidades óptimas e os parámetros fisicoquímicos e biolóxicos.

4.7. Executar, en instalacións a escala, as técnicas de preengorde e engorde para cada especie, en función dos seus requirimentos bioecolóxicos e das características do lugar.

4.8. Aplica-los tratamentos e recoñecementos preventivos ou curativos para reduci-la proliferación de competidores, predadores e parásitos.

4.9. Analiza-las condicións de envasado, manipulación e conservación de peixes para súa comercialización.

4.10. Avalia-las condicións de transporte de peixes conforme a normativa legal vixente e os criterios de calidade comercial.

Contidos básicos (duración 150 horas).

Procedementais.

* Cultivo de peixes en criadeiro.

.Técnicas de inducción á posta.

.Técnicas de cultivo larvario.

.Técnicas de prevención e control sanitario.

* Cultivo de peixes preengorde e engorde.

.Transporte de crías.

.Preengorde e engorde de peixes en instalacións terrestres e acuáticas. Tarefas que hai que realizar: control da densidade, parámetros fisicoquímicos, limpeza, alimentación, control de predadores, colleita, clasificación, empaquetado. Técnicas de cultivo empregadas.

* Instalacións de cultivo de peixes.

.Manexo da maquinaria e equipos auxiliares.

Conceptuais.

* Peixes.

.Características xerais:

.Principais especies de interese comercial.

.Bioloxía e ecoloxía das especies cultivables.

* Cultivo de peixes en criadeiro.

.Reproducción, posta, fecundación e incubación segundo a especie.

.Desenvolvemento embrionario e larvario.

.Necesidades nutricionais.

.Patoloxía. Patóxenos en larvas e reproductores.

* Cultivo de peixes preengorde e engorde.

.Características do cultivo das diferentes especies comerciais.

.Patoloxía.

* Instalacións de cultivo de peixes.

.O criadeiro. Instalacións. Distribución de auga e aire.

.Instalacións de preengorde e engorde en terra e na auga.

.Estructuras de cultivo. Maquinaria e equipos auxiliares.

.Soporte informático.

Actitudinais.

* Cultivo de peixes en criadeiro.

.Valora-la situación actual, problemática e perspectiva dos criadeiros en Galicia.

* Cultivo de peixes preengorde e engorde.

.Avalia-la situación e as perspectivas do cultivo de peixes en Galicia.

* Instalacións de cultivo de peixes.

.Avalia-la influencia das características ambientais e estructurais sobre a calidade comercial.

Módulo profesional 5: administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

Asociado á unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

5.1. Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

5.2. Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.

5.3. Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e medioambientais que regulan a actividade.

5.4. Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

5.5. Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

5.6. Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

5.7. Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

5.8. Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

5.9. Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

5.10. Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

5.11. Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

5.12. Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

5.13. Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización,

a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

.Identificación dos distintos tipos de empresas.

.Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

.Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

.Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

.Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

.Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

.A partir duns datos concretos, cubri-los seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

.Interpretación dos diferentes documentos contables.

.Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

.Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

.Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

.Cobertura da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

.Identificación dos distintos impostos que afectan a empresa.

.Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Conceptuais.

* A empresa e o seu contorno.

.Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

.Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

* Formas xurídicas das empresas.

.A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

* Xestión e constitución dunha pequena empresa.

.Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

* Xestión do persoal.

.Tipos de contratos laborais.

.Réxime de autónomos.

.Retribución salarial.

.Cotizacións á Seguridade Social.

* Xestión administrativa.

.Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo,cheque e letra de cambio.

.Os libros contables e contas anuais.

.Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

.Xestión comercial.

.O producto ou servicio: características e requisitos.

.A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

.A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

.A distribución do producto: canles e modalidades.

.A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

* Obrigas fiscais.

.O calendario fiscal.

.Os principais impostos que afectan a actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

.Liquidación do IVE.

.Liquidación do IRPF.

Actitudinais.

.Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

.Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

.Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

.Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

.Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

.Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

.Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

.Achega de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

.Motivación no establecemento do plan de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais.

Módulo profesional 6: técnicas de cultivos auxiliares.

Capacidades terminais elementais

6.1. Analizar e valora-lo estado e evolución dun cultivo de microalgas indicando os parámetros fundamentais de control.

6.2. Realiza-lo proceso de cultivo de microalgas e executar, en instalación a escala, as operacións para a súa producción.

6.3. Analizar e describi-lo proceso de cultivo de zooplancto, relacionando os parámetros e condicións de control.

6.4. Realiza-lo proceso de cultivo de zooplancto e executar, en instalación a escala, as operacións para a súa producción.

6.5. Analiza-las necesidades alimenticias de cultivo en relación coas distintas especies para cultivar.

6.6. Preparar medios de cultivo e subministrar enriquecedores nas doses adecuadas.

6.7. Relaciona-la frecuencia alimentaria coa evolución e tipo de cada cultivo.

Contidos básicos (duración 90 horas).

Procedementais.

* Cultivo de fitoplancto.

.Técnicas de preparación e conservación dos diferentes medios de cultivo.

.Procedementos para o cultivo intensivo de fitoplancto.

.Cultivo de bloom natural de fitoplancto.

.Manexo dos equipos para o cultivo.

* Cultivo de zooplancto.

.Artefactos e técnicas de cultivo de rotífero.

.Artefactos e técnicas de cultivo de artemia.

.Artefactos e técnicas de cultivo intensivo e extensivo de copépodos.

.Explotación do zooplancto natural.

Conceptuais.

* Cultivo de fitoplancto.

.Principais especies cultivables. Principais especies que proliferan a nivel local.

.Medios de cultivo.

.Características xerais do fitoplancto: crecemento e reproducción

* Cultivo de zooplancto.

.Rotífero: morfoloxía e ciclo biolóxico. Calidade nutritiva.

.Artemia: morfoloxía e ciclo biolóxico. Calidade nutritiva.

.Copépodos: morfoloxía e ciclo biolóxico. Calidade nutritiva.

Actitudinais.

* Cultivo de fitoplancto.

.Valoración crítica das características bioecolóxicas e fisiolóxicas xustificando as condicións de idoneidade para o cultivo das principais especies de fitoplancto.

.Valoración da importancia dos diversos métodos de cultivo.

.Importancia dos diferentes tipos de cultivo: discontinuo, semicontinuo, continuo.

* Cultivo de zooplancto.

.Toma de conciencia da importancia das características bioecolóxicas e fisiolóxicas de idoneidade para o cultivo das principais especies de zooplancto de distribución local.

.Valoración crítica dos procesos de rutina e control que hai que seguir na explotación do zooplancto natural.

Módulo profesional 7: parámetros e condicións de cultivo.

Capacidades terminais elementais

7.1. Analiza-lo proceso de limpeza das instalacións, relacionando as súas condicións hixiénicas cos productos, equipos e procedementos necesarios.

7.2. Clasificar e diferencia-los distintos productos e equipos de limpeza, acondicionamento, desinfección e esterilización, relacionando os seus posibles usos, combinacións e aplicacións segundo procedementos adecuados.

7.3. Realiza-la limpeza, desinfección e esterilización do distinto material de uso común en laboratorio aplicando os protocolos e procedementos correctos.

7.4. Identificar e valora-los diferentes parámetros para controlar nos cultivos empregando os instrumentos e procedementos de control adecuados.

7.5. Realiza-las correccións oportunas ante desviacións de valores en parámetros críticos do cultivo.

7.6. Litar e ilustra-la información resultante do control dos parámetros de cultivo utilizando un soporte axeitado.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

* Descricións legais. Limpeza e hixiene das instalacións de cultivo. Acondicionamento de substratos.

.Aplicación de procedementos, productos e equipos de limpeza das instalacións.

.Aplicación de procedementos de acondicionamento de substratos para as distintas especies.

* Mantemento e control dos parámetros de cultivo.

.Preparación de disolucións.

.Determinación de salinidade e formas de expresión.

.Determinación de pH.

.Determinación do osíxeno disolto en auga.

.Cálculo do contido en anións e catións.

.Procedementos da valoración do substrato de cultivo.

.Manexo de equipos de medida.

* Limpeza, desinfección e esterilización do material de laboratorio.

.Material de laboratorio: recoñecemento, manexo, lavado e esterilización do material. Determinación de volumes e manexo do instrumental volumétrico.

.Manexo do material de microscopía e técnica máis usual.

.Uso e aplicacións do material de disección.

Conceptuais.

* Descricións legais. Limpeza e hixiene das instalacións de cultivo. Acondicionamento de substratos.

.Normativa comunitaria, nacional e autonómica para as instalacións acuícolas.

.Fontes e vías de contaminación, consecuencias e prevención.

* O medio físico en acuicultura.

.O medio acuático desde o punto de vista fisicoquímico: composición, características e dinámica.

.Ecosistemas acuáticos: estuárico, litoral, oceánico e fluvial.

.Parámetros de cultivos óptimos e limitantes segundo a especie.

* Características oceanográficas das rías galegas.

.Características xeolóxicas e topográficas.

.Características fisicoquímicas e biolóxicas.

.Dinámica mariña das rías.

.Orixe das rías galegas.

.Economía das rías galegas.

.Mareas vermellas: orixe, clasificación, causas.

* Educación ambiental en acuicultura.

.Recursos renovables e non renovables.

.Concepto de explotación racional dos recursos renovables e non renovables.

.Contaminación: tipos e consecuencias.

.Interacción acuicultura-medio ambiente.

Actitudinais.

* Limpeza, desinfección e esterilización do material de laboratorio.

.Manexo adecuado do diverso material de laboratorio:

.Revisa-los usos do diverso material.

.Compara-los requirimentos de lavado e esterilización do material de laboratorio.

.Resolve-lo cálculo de volumes empregando o instrumental volumétrico.

* Mantemento e control dos parámetros de cultivo.

.Valoración crítica das características de idoneidade dos diferentes tipos de substrato para cultivo.

* O medio físico en acuicultura.

.Rigor na identificación e aplicación dos parámetros de cultivo óptimos e limitantes segundo a especie.

.Valoración crítica das especies máis apropiadas para a acuicultura das augas da Comunidade Autónoma de Galicia.

* Educación ambiental en acuicultura.

.Reflexión sobre as características dos recursos enerxéticos conforme súa clasificación como recursos renovables ou non renovables.

.Valoración crítica das características diferenciais dunha explotación racional dos recursos renovables e non renovables.

.Sensibilización respecto da contaminación: tipos e consecuencias.

.Atención ós aspectos puntuais e xerais da interacción acuicultura-medio ambiente.

Módulo profesional 8 (transversal): relacións no equipo de traballo.

Capacidades terminais elementais

-Describi-las diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instruccións e información.

-Utilizar de maneira eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.

-Analiza-las relacións humanas en xeral e as relacións humanas no ámbito laboral ou relacións laborais en particular.

-Analiza-los conflictos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinan no contorno dun grupo de traballo.

-Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos, políticas e/ou directrices predeterminadas.

-Participar e/ou moderar reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

-Impulsa-lo proceso de motivación e analiza-la súa influencia no clima laboral.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

* A comunicación na empresa.

.Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

.Utilización das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

.Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

.Identifica-las alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

* Negociación e solución de problemas.

.Identificación dos problemas, factores e causas que xeran un conflicto.

.Discriminar entre datos e opinións.

.Distingui-las diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

.Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.

* Equipos de traballo.

.Busca de información e análise dela, referida á formación e funcionamento de grupos.

.Identificación das pautas de conducta que deben adopta-los participantes dun grupo de traballo.

.Exposición das ideas propias de maneira clara e concisa.

.Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

.Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.

.Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

* Motivación no contorno laboral.

.Analiza-la actitude humana ante o traballo.

.Detecta-lo proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

.Identificación das diferencias entre as principais teorías sobre a motivación.

.Distingui-los factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo dos que xerarían un clima laboral negativo.

Conceptuais.

* A comunicación na empresa.

.Tipos de comunicación.

.Técnicas de comunicación.

.Comunicación oral e escrita de instruccións.

.A mensaxe publicitaria.

.A comunicación como xeradora de comportamentos.

.Dificultades e barreiras na comunicación.

* Negociación e solución de problemas.

.Concepto e elementos dunha negociación.

.Tácticas negociadoras.

.Proceso de resolución de problemas.

.Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

* As relacións humanas.

.As relacións humanas: a personalidade, as actitudes, os prexuízos, a solidariedade.

.As relacións laborais: teoría de Taylor, Ford, Mayo.

.As relacións humanas na empresa.

* Equipos de traballo.

.Características dos grupos formais e informais.

.Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

.Roles dos comportamentos.

.Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

.A reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

* Motivación no contorno laboral.

.Concepto de motivación.

.Principais teorías da motivación.

.O clima laboral.

.O clima laboral e a súa influencia na productividade da empresa.

Actitudinais.

* A comunicación na empresa.

.Preocupación por logra-la práctica da comunicación efectiva.

.Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

.Capacidade para escoitar.

.Hábito a falar en público.

.Reacción de forma creativa ante as barreiras comunicativas.

* Negociación e solución de problemas.

.Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

.Apreciación do poder de influencia.

.Comportamento de maneira responsable e coherente.

.Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considere como a máis axeitada.

.Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

DIARIO OFICIAL DE GALICIAN L , de de

N L , de de DIARIO OFICIAL DE GALICIA

9.472 DIARIO OFICIAL DE GALICIAN 184 L Mércores, 24 de setembro de 1997

N L , de de DIARIO OFICIAL DE GALICIA

* Equipos de traballo.

.Recoñece-las vantaxes do traballo en grupo fronte ó individual.

.Adaptarse e integrarse nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes segundo os casos.

.Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

.Fomento do uso de reunións participativas.

* Motivación no contorno laboral.

.Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

.Interese pola problemática que pode suscita-la falta de motivación e interese no traballo.

.Responsabilidade ante os prexuízos existentes sobre as actividades humanas no mundo laboral.

.Sensibilización ante a necesidade da utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación no centro de traballo.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Analiza-la disposición de equipos e instalacións.* Confección dun caderno de supervisión rutineira diaria.

* Rexistro de datos de incidencias e estado de funcionamento de equipos e instalacións.

* Realización dunha análise funcional de instalacións.

* Realización dunha análise do proceso productivo nas instalacións.

* Manexo de maquinaria en instalacións de cultivo.* Realización dun esquema operativo do funcionamento da maquinaria dentro do proceso productivo.

* Realización dun esquema explicativo do proceso de funcionamento da maquinaria.

* Estimación cuantitativa dos fluxos, consumos eléctricos e caudais xerados polas máquinas presentes nas instalacións.

* Interpretación da información e requirimentos da maquinaria usada no proceso productivo.

* Realización e análise das operacións de manexo da maquinaria básica no proceso productivo.

* Realización e análise das operacións de manexo da maquinaria auxiliar no proceso productivo.

* Realizar operacións de mantemento de maquinaria e instalacións.* Realización das operacións de acondicionamento do substrato e instalacións de cultivo.

* Realización das operacións de reconstrucción e reparación en instalacións e circuítos de fluídos.

* Reposición ou cambio dos compoñentes deteriorados na maquinaria e equipos.

* Realiza-las operacións de limpeza e hixiene do material de laboratorio, equipos e instalacións para o proceso productivo.* Preparación dos reactivos e solucións para as operacións de desinfección e limpeza .

* Realización dos tratamentos profilácticos contra incrustantes en instalacións de cultivo.

* Elaboración dos protocolos seguidos na instalación para a limpeza e desinfección do substrato de cultivo, equipos e diferente material de laboratorio.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Realización e supervisión da desinfección e/ou esterilización do material de laboratorio e equipos de cultivo.

* Obtención de reproductores, larvas e semente de moluscos.* Construcción e fondeo dos colectores destinados á captación de semente.

* Realización das actividades de adquisición ou captura de reproductores, larvas e semente.

* Selección e avaliación os reproductores, larvas e semente obtidos.

* Realización do acondicionamento de reproductores.

* Realización das operacións de inducción ó desove e fecundación.

* Realización do cultivo larvario.

* Realización das operacións de manipulación, embalaxe e transporte de semente para a súa comercialización ou traslado ó medio natural.

* Elaboración e subministración de dietas.

* Realización do cultivo de microalgas controlando e rexistrando a súa evolución.

* Realizar operacións de preengorde e engorde de moluscos.* Descrición do método de cultivo empregado contrastándoo coas características ambientais e a topografía do lugar.

* Realización das operacións de acondicionamento do substrato previas á sementeira e/ou resementeira.

* Realización das operacións de sementeira e/ou resementeira para os procesos de preengorde e engorde.

* Aplicación dos métodos de prevención e tratamento de procesos patolóxicos.

* Realización de operacións de medición, mostraxe e clasificación de semente.

* Realización das operacións de control de densidade no proceso de engorde: desdobramentos e rareos.

* Realización das operacións de recolección ou colleita.

* Realización das operacións de manipulación e embalaxe e transporte de moluscos.

* Realización de operacións de depuración.

* Análise e avaliación da producción dos tanques de bloom natural. (1)

* Manexo das instalacións auxiliares de acuicultura instaladas na embarcación.

* Realización dos servicios ás instalacións flotantes.

* Realizar operacións de obtención de reproductores e cría en peixes.* Realización das actividades de adquisición ou captura de reproductores e crías.

* Selección e avaliación dos reproductores e crías obtidas.

* Realización do acondicionamento de reproductores.

* Realización das operacións de inducción ó desove e fecundación.

* Realización do cultivo larvario.

* Realización das operacións de manipulación e transporte de crías e reproductores para a súa comercialización ou traslado ás instalacións de preengorde e engorde.

* Elaboración e subministración de dietas.

* Realización do cultivo de microalgas e zooplancto controlando e rexistrando a súa evolución.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Realizar operacións de preengorde e engorde en peixes.* Descrición do método de cultivo empregado contrastándoo coas características ambientais e a topografía do lugar.

* Realización das operacións de acondicionamento do substrato de cultivo.

* Aplicación dos métodos de prevención e tratamento de procesos patolóxicos.

* Realización e control da alimentación durante os procesos de preengorde e engorde.

* Realización de operacións de medición, mostraxe e clasificación durante os procesos de preengorde e engorde.

* Realización das operacións de control de densidade nos procesos de preengorde e engorde.

* Realización das operacións de captura e manipulación de peixes para a súa comercialización.

* Manexo das instalacións auxiliares de acuicultura instaladas na embarcación .

* Realización dos servicios ás instalacións flotante.

Duración do módulo profesional: 740 horas.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que se van seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social

Contidos básicos (duración 60 horas).

Procedementais.

* Saúde laboral.

.Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa coma para os traballadores

.Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

.Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

.Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

.Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

.Determinación dos equipos de protección individual.

* Lexislación e relacións laborais.

.Identificación das distintas modalidades de contratación.

.Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

.Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

.Elaboración dunha folla de salario.

.Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

.Identificación e definición de actividades profesionais.

.Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus planos de estudios.

Conceptuais.

* Saúde laboral.

.Condicións de traballo e seguridade.

.Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

.Danos profesionais.

.Medidas de prevención e protección.

.Marco legal de prevención laboral.

.Notificación e investigación de accidentes.

.Estatística para a seguridade.

.Primeiros auxilios.

* Lexislación e relacións laborais.

.Dereito laboral nacional e comunitario.

.Contrato de traballo.

.Modalidades de contratación.

.Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

.Órganos de representación dos traballadores.

.Convenios colectivos.

.Conflictos colectivos.

.Seguridade Social e outras prestacións.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Mercado de traballo.

.A autoorientación profesional.

.O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

.Traballo asalariado na Administración e por conta propia. A empresa social.

.Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

.Itinerarios formativos/profesionalizadores.

Actitudinais.

* Saúde laboral.

.Respecto pola saúde persoal e colectiva.

.Interese polas condicións de saúde no traballo.

.Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

* Lexislación e relacións laborais.

.Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

.Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

.Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Toma de conciencia dos valores persoais.

.Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

.Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado.

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de técnico en operacións de cultivo acuícola.

Módulo profesional

Especialidade do

profesorado

Corpo

1. Instalacións e equipos de cultivo.* Instalacións e equipos de cría e cultivo* Profesor técnico de F.P.

2. Técnicas do cultivo de moluscos.* Procesos de cultivo acuícola* Profesor de ensino secundario.

3. Técnicas do cultivo de crustáceos.* Procesos de cultivo acuícola* Profesor de ensino secundario.

4. Técnicas do cultivo de peixes.* Procesos de cultivo acuícola* Profesor de ensino secundario.

5. Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.* Formación e orientación laboral* Profesor de ensino secundario

6. Técnicas de cultivos auxiliares.* Instalacións e equipos de cría e cultivo* Profesor técnico de FP.

7. Parámetros e condicións de cultivo.* Instalacións e equipos de cría e cultivo* Profesor técnico de FP.

8. Relacións no contorno de traballo* Formación e orientación laboral* Profesor de ensino secundario

9. Formación e orientación laboral* Formación e orientación laboral* Profesor de ensino secundario

4.1.2. Materias do bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades definidas no presente ciclo formativo.

Módulo profesional

Especialidade do

profesorado

Corpo

* Bioloxía e xeoloxía*Procesos de cultivo acuícola* Profesor de ensino secundario

* Bioloxía* Procesos de cultivo acuícola* Profesor de ensino secundario

4.1.3. Equivalencias de titulacións para efectos de docencia.

Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:

-Formación e orientación laboral.

Establécese a equivalencia, para efectos de docencia, dos títulos:

-Diplomado en ciencias empresariais.

-Diplomado en relación laborais.

-Diplomado en traballo social.

-Diplomado en educación social.

cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real Decreto 726/1994, do 22 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio en Operacións de Cultivo Acuícola, require, para a impartición das ensinanzas definidas neste Decreto, os seguintes espacios mínimos.

Grao de

Espacio formativoSuperficieutilización

Instalación/taller de cultivo300 m45%

Laboratorio de análises120m25%

Aula polivalente 60m30%

.O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas mínimas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas e, por tanto, ten un sentido orientativo para o que definan as administracións educativas ó establece-lo currículo.

.Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos ou outras etapas educativas.

.En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en

superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

.Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos.

4.3. Acceso ó bacharelato, validacións e correspondencias.

4.3.1. Modalidades do bacharelato ás que dá acceso.

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

* Instalacións e equipos de cultivo.

* Técnicas de cultivo de moluscos.

* Técnicas de cultivo de crustáceos.

* Técnicas de cultivo de peixes.

4.3.3. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Instalacións e equipos de cultivo.

* Técnicas do cultivo de moluscos.

* Técnicas do cultivo de crustáceos.

* Técnicas do cultivo de peixes.

* Formación en centro de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

HorasCM operacións de cultivo acuícola 1.700 H.

1º, 2º e 3º trimestre

120Instalacións e equipos de cultivo
185Técnicas de cultivo de moluscos
90Técnicas de cultivo de crustáceos
150Técnicas de cultivo de peixes
65Administración, xestión e comercialización na pequena empresa
90Técnicas de cultivos auxiliares
65Parámetros e condicións dos cultivos.
65Relacións no equipo de traballo
65Formación e orientación laboral
65Horas á disposición do centro

4º trimestre

740Formación en centros de traballo

6698