Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (224/1993).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de divorcio número 224/1993, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia: «Na cidade de Santiago de Compostela, o vintecinco de novembro de mil novecentos noventa e tres.

Salvador Sanz Crego, maxistrado xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre divorcio, seguidos neste xulgado baixo o número 224/1993, por instancia de Sara Rey Campos, maior de idade, veciña de Teo, con domicilio no lugar de Cacheiras, número 8, parroquia de Vilariño, representado pola procuradora Esperanza Álvarez e baixo a dirección técnica o letrado Rabuñal Rey, contra Humberto Manuel Villaverde Rodríguez, maior de idade, en paradoiro descoñecido e declarado en situación procesual de rebeldía, e sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que estimando a demanda interposta pola representación de Sara Rey Campos contra o seu esposo Humberto Manuel Villaverde Rodríguez debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído polos mencionados cónxuxes cos efectos legais inherentes a esta declaración, sen facer expresa imposición das custas procesuais.

Firme a presente resolución, comuníquese de oficio ó Rexistro Civil en que conste inscrito o matrimonio dos litigantes; a dita firmeza producirá a disolución do réxime económico matrimonial.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando, en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma ó demandado en situación procesual de rebeldía, Humberto Manuel Villaverde Rodríguez, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

4202