Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN de 22 de maio de 1997 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Viajes Ibermar, S.L., sita na avenida do Alcalde Alfonso Molina, 19, centro comercial Alcampo, A Coruña.

Visto o expediente instruído a instancia de Ángel Luis Rodríguez Martín, na súa calidade de repre

sentante da entidade mercantil Viajes Ibermar, S.L., en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento na Coruña, na avenida do Alcalde Alfonso Molina, 19, centro comercial Alcampo, da axencia de viaxes Viajes Ibermar, S.L., do grupo maiorista-retallista, co código identificativo CIC MA 58, que ten a súa casa central en Madrid, na r/ Jorge Juan, 19.

Ó resultar que, o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación á que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.

Ó resultar que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.

Ó considerar que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Secretaría Xeral para o Turismo,

RESOLVE:

Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Ibermar, S.L., sita en Madrid, na r/ Jorge Juan, 19, da que é titular a entidade mercantil Viajes Ibermar, S.L., a apertura dun novo establecemento na r/ avenida do Alcalde Alfonso Molina,19, centro comercial Alcampo, A Coruña, que será inscrito no Rexistro de empresas e actividades turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 1997.

P.D. (Orde 4-10-1995)

Rubén Victor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

7066