Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Martes, 23 de setembro de 1997 Páx. 9.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (36/1996).

Eu, María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira e o seu partido.

Fago saber: que neste xulgado e co número 36/1996, se tramitan autos de xuízo de cognición, promovidos por Banco Central Hispanoamericano, S.A., contra José Antonio Pérez Pose, sobre reclamación de cantidade de 199.923 pesetas de cantidade principal, máis outras 175.000 pesetas que se calculan para custas de execución, e nos seus actos se dictou resolución pola que se acorda notificarlle ó demandado José Antonio Pérez Pose que o día 27 de maio do presente ano se practicou o embargo dos bens propiedade do debedor na secretaría deste xulgado por ignorarse o paradoiro deste.

Para que lle sirva de notificación en forma ó expresado demandado José Antonio Pérez Pose, que tivo o seu último domcilio coñecido na r/ Emigrante nº 6 de Santa Comba, e a súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula, en Negreira o catro de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

6928