Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (154/1996).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela. Dou fe de que nos autos de que se fará mérito se dictou sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din así:

«Sentencia: en Santiago de Compostela a nove de xullo de mil novecentos noventa e sete. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do seu partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 154/1996, seguidos por danos; sendo denunciante Telefónica de España, S.A., e aparecendo como parte denunciada Manuel Brea Suárez, Ver PDF e Francisco Lale Ferreiro, maiores de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a Manuel Brea Suárez, Ver PDF e Francisco Lale Ferreiro da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación para interpoñer no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a Francisco Lale Ferreiro, que se atopa en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o nove de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

7004