Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (15/1997).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos ós que se fai mención se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que din:

«Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela. En Santiago

de Compostela o dez de abril de mil novecentos noventa e sete. En nome de El-Rei, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia: no xuízo de faltas número 15/1997, dimanante do procedemento seguido por furto, no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, Jorge Gil Vilas, denunciante, con domicilio en Hipermercado Alcampo de Santiago de Compostela, Manuel León Lorenzo, denunciado, con domicilio en rúa San Pedro, 87, Santiago de Compostela.

Resolvo que debo condenar e condeno a Manuel León Lorenzo como autor dunha falta de furto prevista e penada no artigo 623, número 1 do Código Penal, á pena de quince días de multa a razón de dúas mil pesetas/día e custas, como responsabilidade persoal subsidiaria do artigo 53 do Código Penal.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, quedando as actuacións durante este período en secretaría á disposición das partes».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a Manuel León Lorenzo.

Expido e asino o presente testemuño, en Santiago de Compostela o catro de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario xudicial

Rubricado

5699