Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.256

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (420/1989-04).

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela.

Cerifico que neste xulgado se seguen autos de menor contía co número 420/1989, promovido por Severino Landeira Mallón representado polo procurador Reymóndez Portela contra a entidade mercantil Goto 2.000 e Concepción de Esla Esteva, sobre reclamación de cantidade de 647.411 pesetas de principal; e dado que os demandados se atopan en paradoiro descoñecido por medio da presente cédula procédese sen previo requirimento de pagamento ó embargo dos seguintes bens:

-Local, sito na rúa República del Salvador, 3, este local é un baixo que dá á rúa Doutor Teijeiro co número 25, en Santiago de Compostela. Inscrita no Rexistro da Propiedade número un tomo 833, folio 179, libro 477, predio número 34.616.

E para que conste e sirva de notificación ós demandados, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteún de maio de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

5698