Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (236/1996).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de divorcio (5) 236/1996, notifícaselle ó demandado José Francisco Vilas Costa a sentencia dictada neles, que ten un encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz del Juzgado de Primera Instancia e Instrucción desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo de divorcio (5) 236/1996, promovidos por Manuela Torres Paz como demandante, representada pola procuradora Treus Blanco contra José Francisco Vilas Costa e Ministerio Fiscal como demandado.

Decido que estimando a demanda de divorcio presentada por Manuela Torres Paz, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio formado por Manuela Torres Paz e José Francisco Vilas Costa, acordando as seguintes medidas:

Primeira.-Que se lle atribúa á nai a garda e custodia dos fillos do matrimonio. O marido poderá comunicar con eles e telos na súa compañía as fins de semana alternas, desde as 16 horas do sábado ata as 19 horas do domingo, a metade das vacacións de Nadal, Semana Santa e verán, alternando os cónxuxes na elección dos períodos que lles sexan máis convenientes.

Segunda.-O esposo deberá satisfacer mensualmente á esposa a cantidade de 30.000 ptas. en concepto de contribución ó levantamento das cargas do matrimonio e alimentos dos seus fillos, dentro dos 5 primeiros días de cada mes e revalorizable segundo o IPC.

Todo iso sen facer unha especial condena nas custas procesuais causadas. En canto sexa firme esta resolución, expídase o oportuno despacho ó Rexistro Civil no que conste inscrito o matrimonio para a anotación marxinal dela na súa inscrición rexistral.

Así, por esta sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Ribeira a vinteún de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

6199