Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.255

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (42/1997-J).

Eu, Inmaculada Pulido Domíguez, oficial en funcións de secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Noia e o seu partido, dou fe de que nas dilixencias de xuízo de faltas

número 42/1997, sobre lesións en agresión, se dictou a sentencia cunha decisión que é como segue:

«Que debo absolver e absolvo a Eugenio Daniel Moledo García e a José Manuel Pais González, dos feitos axuizados nas presentes actuacións, declarando de oficio as custas procesuais ocasionadas.

Notifiqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que non é firme e poden interpor recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde o seguinte ó da súa notificación, ante este xulgado, perante a Audiencia Provincial da Coruña. Este recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da L.A. criminal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación ó denunciado, Eugenio Daniel Moledo García, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Noia a trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

6353