Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.257

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (58/1997).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado e co nº 58/1997 se tramitan autos de xuízo de faltas por insultos e ameazas e que nos seus autos se acordou citar a Montserrat Sisto Otero para que compareza na sala de audiencias nº 4 deste xulgado, sito no Pazo de Xustiza-polígono das Fontiñas (Santiago de Compostela), o vindeiro día dezanove de setembro, ás once dez horas, co fin de asistir como denunciante á celebración do xuízo, debendo comparecer provisto de seu DNI e, se fose parte, cos medios de proba dos que tente valerse, baixo apercibimento de que se non o fixer recaerán sobre ela os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación en forma ó expresado demandado e á súa publicación no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o catro de setembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

5702