Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.257

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (19/1997-09).

Eu, María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño:

Que no xuízo de faltas número 19/1997, seguido neste xulgado por furto, recaeu sentencia co encabezamento e fallo do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vintetrés de maio de mil novecentos noventa e sete.

Eu, José Gómez Rey, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncio a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 19/1997, seguidos neste xulgado sobre furto,

nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, a denunciante Aurora Fernández Piñeiro e a denunciada Yolanda Souto Bello, coas circunstancias persoais que constan nos autos.

Resolvo que debo absolver e absolvo libremente a Yolanda Souto Bello da falta de furto pola que foi denunciada, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación, perante este xulgado, perante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento cirminal.

Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lle sirva de notificación a Yolanda Souto Bello, en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o catro de xullo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

6592