Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.257

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 4 de agosto de 1997, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío do resgardo do depósito definitivo, en aval bancario número 1453/1993, para os efectos de expedición de duplicado.

Producido o extravío do resgardo do depósito definitivo nº 1453/93, con data do 13-12-1993, por importe de 99.754 ptas.; constituído na Caixa de Depósitos desta delegación en aval bancario, garantindo a Maconsi, S.L. e á disposición do Servicio Galego de Saúde (Sergas), para responder do fiel cumprimento do contrato de limpeza e preparación de comedores en horario de merenda no Hospital Psiquiátrico de Conxo, formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poida atopar, para que o presenten sen máis demora nesta Delegación Territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso, 38-entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación do presente anuncio, non se tivese presentado, procederase sen máis trámite á expedicion do duplicado ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal sufientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade do exemplar orixinal extraviado, o que non

terá ningún valor nin poderá surtir efecto perante a Administración nin perante terceiros.

Ourense, 4 de agosto de 1997.

Norberto Fco. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

6662