Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.233

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Consorcio da Zona Franca de Vigo.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Consorcio da Zona Franca de Vigo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-6-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa en data 24-4-1997; de conformidade co disposto no artigo 90, 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 8 de xullo de 1997.

Antonio Coello Bofill

Delegado provincial de Pontevedra

CONSORCIO DA ZONA FRANCA DE VIGO

CONVENIO COLECTIVO PARA OS ANOS 1997, 1998 e 1999

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación e vixencia.

Este convenio colectivo, pactado entre o comité de empresa do Consorcio da Zona Franca de Vigo, en representación do persoal, e os directivos designados para o efecto polo comité executivo, en representación do consorcio, regulará as relacións laborais existentes entre a citada empresa e o seu persoal e terá vixencia desde o momento do seu asinamento ata o 31 de decembro de 1999.

Non obstante, as melloras económicas pactadas entrarán en vigor con efectos retroactivos do 1º de xaneiro do dito ano.

Queda expresamente exceptuado do ámbito de aplicación o persoal directivo e asesor que poida contratarse.

Para que non haxa lugar á prórroga automática prevista no nº 2 do Art. 86 do Estatuto dos traballadores, será preciso que, dous meses antes da expiración do prazo de vixencia, a parte interesada formule a opor

tuna denuncia do convenio mediante escrito que se axustará ó establecido no nº 1 do Art. 89 do citado estatuto, debendo seguirse a tramitación conforme as prescricións do capítulo II do título III da dita lei.

Artigo 2º.-Clasificación do persoal e funcións

As funcións do persoal serán as que correspondan ás dos postos de traballo en que presten servicio, segundo a seguinte clasificación e descrición:

-Técnico en sistemas de información:

É a persoa que, con titulación adecuada, controla a posta en marcha dos novos circuítos de información así como as modificacións necesarias nos actuais. É así mesmo responsable de elabora-la documentación para os usuarios dos sistemas de información, de formar a estes e de face-las probas que garantan o bo funcionamento daqueles.

-Delineante proxectista de CAD:

É a persoa que, con titulación de delineante proxectista, proxecta ou detalla os traballos do técnico superior, ás ordes do cal actúa. É así mesmo o responsable do deseño asistido por ordenador, de manter operativas as instalacións do CAD e de ter ó día os planos de edificacións e instalacións así como os arquivos dos proxectos.

-Analista de sistemas:

É a persoa que, con titulación adecuada, realiza análises orgánicas de aplicacións complexas para obte-la solución mecanizada delas en canto se refire a: cadea de operacións que se deben seguir, documentos que hai que obter, deseño deles, definición de ficheiros que hai tratar, posta a punto das aplicacións, creación de xogos de ensaio, enumeración das anomalías que poidan producirse e definición do seu tratamento. O analista colaborará co programa das probas de lóxica de cada programa e finalizará os expedientes técnicos de aplicacións complexas.

-Programador de ordenador:

É a persoa, con titulación mínima de formación profesional de 2º grao, rama informática, á que lle corresponde estudia-los procesos definidos polos analistas, confeccionar organigramas detallados de tratamento, redactar programas na linguaxe de programación que lle sexa indicada, confeccionar xogos de ensaio, poñer a punto os programas, tanto os elaborados na propia empresa como os adquiridos a terceiros, completa-los expedientes técnicos destes e realiza-las documentacións e traballos que lle sexan encomendados polos analistas e o director do Departamento de Informática.

-Secretario de dirección:

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 2º grao, rama secretariado e con dominio do idioma inglés, realiza as seguintes funcións: organización dos traballos propios de secretaría de dirección á que estea adscrita; rexistro; correspondencia; actas e informes; custodia, tramitación e arquivo de documentación e expedientes; axenda de traballo; preparación de reunións e entrevistas; recepción

de visitas e xestión en xeral de todos aqueles asuntos reservados ou de confianza, que se lle encomendan.

-Administrativo de nivel 5:

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 2º grao, rama administrativa, e baixo a dependencia directa do director dun departamento, realiza con regularidade funcións de responsabilidade que requiran iniciativa, tales como: asentos de contabilidade, carpetas mensuais de contas, balances de situación, control orzamentario e contable, facturación, xestión comercial, aplicación de tarifas, control e tramitación de documentos de exportación e tránsitos aduaneiros e seguimentos deles con aduanas nacionais e estranxeiras, confección de nóminas de persoal, liquidacións de Seguridade Social e declaracións de IRPF.

Englóbanse nesta categoría, entre outras, as persoas que viñan ocupando os postos de traballo que no estudio de valoración realizado na empresa se definen como:

Operadoras de contabilidade, de sistemas e de explotación.

Administrativo A de contabilidade.

Administrativo A de intervención-tranf./export.

-Administrativo de nivel 4:

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 2º grao, rama administrativa, realiza con regularidade algunhas das seguintes funcións: comprobación de facturación, xestión de compras e distribución de material de oficinas e outros, control de execución de obras e bens inventariables, confección de mandamentos de ingreso e libramentos de pagamento e control de movementos de caixa.

Englóbanse nesta categoría as persoas que viñan ocupando os postos de traballo que no estudio de valoración realizado na empresa se definen como:

Administrativo B de contabilidade.

-Administrativo de nivel 3:

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 2º grao, rama administrativa, realiza con regularidade algunhas das seguintes funcións: rexistrar e dilixenciar documentos aduaneiros de entrada, saída, operacións interiores e de transformación; leva-lo control da dita documentación ata a súa cancelación; control dos listados informáticos de movementos e stocks dos operadores en zona franca; cancelación e arquivo de documentación aduaneira; estatísticas de movemento de mercadorías; xestión e recompilación de datos e documentación de compra de terreos; comprobación de partes diarios e de facturación; envío e recepción por fax e arquivo e clasificación de documentación e planos.

Englóbanse nesta categoría as persoas que viñan ocupando os postos de traballo que no estudio de valoración realizado na empresa se definen como:

Administrativo A de intervención-transformación

Administrativo A de intervención-entradas

Administrativo A de intervención-saídas

Administrativo B de intervención-transf./export.

Administrativo B de intervención-transformación

Administrativo B de intervención-entradas

Administrativo B de intervención-saídas

Administrativo C de intervención-transf./export.

-Conserxe maior:

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 1º grao e un mínimo de cinco persoas ás súas ordes, ten a responsabilidade dos servicios subalternos que se lle encomenden.

-Almaceneiro:

É a persoa que, con titulación mínima de graduado escolar (EXB) e aptitude no manexo de carretas elevadoras, ten como misión o control de entradas, saídas e existencias de mercadorías nos almacéns e dependencias intervidas, vixiando e realizando, se é o caso, por si mesmos ou mediante carretas elevadoras, os traballos previstos nas tarifas de manipulacións do consorcio; todo isto á vista dos oportunos documentos que dilixenciará coa súa conformidade ou reparos, reténdoos no seu poder ata o seu total despacho e efectuando as comprobacións oportunas cando un documento definitivo refunda varios provisionais.

-Subalterno de oficinas:

É a persoa que, con titulación mínima de graduado escolar (EXB) e dispoñendo do permiso de conducción de vehículos automóbiles, ten como cometido facer recados fóra ou dentro das oficinas, realiza-las funcións de chofer, recoller e entregar correspondencia, cobrar talóns bancarios e efectuar ingresos en bancos, entidades de crédito e organismos oficiais ou privados, manexar máquinas fotocopiadoras e de fax, realizar traballos de arquivo así como aqueloutros de carácter secundario que se lle encomenden nas dependencias administrativas.

-Oficial de 2ª de oficios varios:

É a persoa que, con titulación mínima de formación profesional de 1º grao, realiza traballos de carácter manual para o mantemento e conservación dos bens e instalacións da entidade, para os que se require coñecementos de electricidade, mecánica, carpintería e outros propios de calquera oficio.

-Vixilante motorizado:

É a persoa que, con titulación mínima de graduado escolar (EXB) e dispoñendo do permiso de conducción de vehículos-motocicletas, ten como misión vixia-los recintos, dependencias e accesos da entidade, regula-lo seu tráfico e recoller ou entregar correspondencia e documentación, tanto diariamente, desprazándose ás distintas dependencias do consorcio, Aduana e Xefatura da Policía Municipal, como eventualmente a outro destino cando así o requira o carácter urxente da correspondencia ou documentación.

-Conserxe:

É a persoa que, con titulación mínima de graduado escolar (EXB), ten como misión a vixilancia diurna ou nocturna dos recintos e dependencias da entidade, así como das portas e accesos a eles, coidando de

comprobar que as mercadorías que entren e saian respondan ás consignadas na documentación en cada caso establecida e controlando así mesmo a entrada e saída do persoal das empresas establecidas en zona franca, así como dos usuarios dos demais servicios do consorcio.

As funcións anteriormente expresadas formúlanse con carácter xeral e, en todo caso, para a súa valoración, será de aplicación o estudio sobre valoración de postos de traballo realizado na empresa. O feito de que para realiza-las funcións en calquera posto se precise utilizar un terminal informático a nivel de usuario, non significará a adscrición a superior categoría ou clasificación noutra distinta, se ben a empresa deberá proporcionarlle para o efecto a aprendizaxe necesaria ó empregado ó que se lle esixa o uso.

Artigo 3º.-Ascensos e provisión de vacantes.

Como regra xeral, o persoal da entidade terá preferencia para ocupa-las vacantes que se produzan en categoría superior, sempre que reúna as condicións esixibles en cada caso e obteña igual puntuación cós demais aspirantes nas probas que se convoquen para tal fin.

Artigo 4º.-Salarios base.

Establécense para os exercicios de 1997, 1998 e 1999, para as distintas categorías laborais, os niveis salariais básicos seguintes:

Categoría laboralS. base

1997

S. base

1998

S. base

1999

Analista de sistemas207.814217.378227.148
Técnico en sistemas de información207.814217.378227.148
Delineante proxectista de C.A.D.181.255189.597198.118
Programador181.255189.597198.118
Administrativo nivel 5166.594174.262182.094
Secretaria166.594174.262182.094
Administrativo nivel 4152.981160.021167.213
Administrativo nivel 3140.417146.879153.480
Conserxe maior157.152164.403171.811
Oficial 2ª de oficios varios157.152164.403171.811
Subalterno de oficina144.261150.917157.717
Vixilante motorizado144.261150.917157.717
Almaceneiro144.261150.917157.717
Conserxe131.952138.040144.260

Artigo 5º.-Incentivo de especial dedicación

Os traballadores con xornada de 38 œ horas e condición máis beneficiosa de 34 horas que, voluntariamente, opten por desempeñar unha xornada anual efectiva de 1.747 horas, percibirán nas doce mensualidades e nas catro pagas extraordinarias, mentres realicen esta xornada, un incentivo de especial dedicación, co importe para os anos 1997, 1998 e 1999, en función da categoría do traballador, seguinte:

Categoría laboralI.E.D.

1997

I.E.D.

1998

I.E.D.

1999

Analista de sistemas30.84332.04633.264
Técnico en sistemas de información30.84332.04633.264
Delineante proxectista de C.A.D.26.90227.95129.013
Programador26.90227.95129.013
Administrativo nivel 524.72725.69126.667
Secretaria24.72725.69126.667
Administrativo nivel 422.70623.59224.488
Administrativo nivel 320.84021.65322.476

A solicitude para optar á realización da xornada anual efectiva de 1.747 horas e, polo tanto, percibi-lo incentivo de especial dedicación farase mediante escrito dirixido ó delegado do Estado na Zona Franca e terá validez mentres non se renuncie expresamente. A dita renuncia formalizarase de idéntica maneira, con aviso dun mes para que a empresa poida proceder á reorganización dos servicios afectados.

O incentivo de especial dedicación manterase en convenios sucesivos, revisándose nas contías que se determinen neles, sempre que o traballador cumpra as condicións establecidas neste artigo para a súa percepción.

Artigo 6º.-Complemento de antigüidade

Establécese sobre bienios por un importe, para o ano 1997, de 2.659 ptas./mes cada un, que se percibirá nas doce mensualidades correntes e nas catro pagas extraordinarias, cos límites que se establezan de común acordo entre as partes.

Para os anos 1998 e 1999 o importe do bienio non experimentará variación, aínda que si se devengarán os novos bienios que correspondan.

Artigo 7º.-Pagas extraordinarias

Nos primeiros quince días dos meses de marzo, xuño, setembro e decembro o persoal percibirá unha paga extraordinaria por importe de unha mensualidade de

salario base, antigüidade e incentivo de especial dedicación se procede.

Artigo 8º.-Festividades.

Á parte das festas laborais establecidas por disposicións legais, consideraranse inhábiles para tódolos efectos os días 24 e 31 de decembro cando coincidan en día laborable.

No ano en que ámbolos días coincidan en domingo ou festivo, o comité de empresa e a representación empresarial fixarán, a principios de ano en cuestión e de común acordo, os días de desfrute que substituirán os anteriormente citados.

Artigo 9º.-Xornada.

A xornada de traballo para o persoal suxeito a este convenio será de 38 œ horas semanais, equivalentes a unha xornada anual efectiva de 1.747 horas. Aínda que a xornada semanal queda fixada en 38 œ horas semanais, os traballadores deberán cumpri-los horarios establecidos no artigo 10º, procedéndose ás compensacións así mesmo establecidas.

Co fin de acada-la xornada anual efectiva de 1.747 horas, os traballadores poderán desfrutar, conxunta ou separadamente, un máximo de 3 días libres ó ano.

As datas para o seu desfrute deberá solicitarllas o traballador ó seu respectivo director de departamento con, polo menos, unha semana de antelación, sendo, se é o caso, fixadas en función das necesidades do servicio.

En caso de que concorran varias solicitudes para as mesmas datas que non permitan, a xuízo da empresa, cubri-las necesidades do servicio, terán peferencia os que o solicitasen en primeiro lugar.

Se o desfrute destes días non permitise acada-la equiparación coa xornada anual, esta deberá cumprirse en todo caso coa realización dun maior ou menor número de tardes ó longo do ano no persoal administrativo, e dun maior ou menor número de horas no resto do persoal.

O persoal administrativo poderá, así mesmo, optar, se o permiten as necesidades do servicio, por substituí-lo desfrute dos 3 días libres ó ano pola realziación dun menor número de tardes, de forma que, en calquera caso, se complete sempre a xornada anual. Esta opción deberá exercerse a primeiros de ano.

Artigo 10º.-Horarios.

Aqueles traballadores que, aínda tendo recoñecida a condición máis beneficiosa de 34 horas semanais, voluntariamente opten por traballar unha xornada anual efectiva de 1.747 horas, cumprirán un horario de 8 a 15 horas de luns a venres e de 17 a 19 horas dúas tardes cada semana ou, no lugar destas últimas, a mañá do sábado de 9 a 13 horas; e todo caso, deberá cubrirse o servicio a criterio da empresa, de maneira que se acade sempre o cómputo anual de horas citado. De non existir voluntarios para a realización do servicio nos sábados, a empresa establecerá unha quenda entre estes traballadores.

Para aquel persoal que teña recoñecida a condición máis beneficiosa de 34 horas semanais e que non opte pola realización dunha xornada anual efectiva de 1.747 horas mencionada no artigo 5º deste convenio, o horario será de 8 a 14.30 horas de luns a venres, e unha garda o sábado cada tres sábados, de 9 a 13 horas, cun sistema de gardas pola tarde establecido pola dirección da empresa, reducíndose o tempo empregado nelas do horario da mañá do día en que se realicen.

Os administrativos adscritos ós servicios de aduanas e comercial que, tendo a condición máis beneficiosa de 34 horas semanais, voluntariamente realicen xornada 1,747 horas, poderán optar, sempre que se cubran as necesidades dos devanditos servicios, a algún dos seguintes horarios:

-Tres días da semana de 8 horas a 15 horas e dous días de 8 a 14 horas e de 16 a 19 horas, cun sistema de garda rotatoria os sábados, cumprindo en todo caso a xornada efectiva anual.

-Cinco días da semana de 8 a 15 horas e o sábado de 9 a 13 horas.

Se debido ás opcións de horario do dito persoal non se cubrisen as necesidades do servicio, será facultade da empresa establecer un sistema de quendas para cubrilas, podendo autorizar, logo de acordo cos interesados, un horario distinto ou crear postos de traballo novos con horarios especiais, sempre que, computados por períodos determinados, totalicen a mesma xornada.

O horario dos traballadores adscritos a un servicio a quendas será o que lles corresponda nos cadros en cada caso establecidos: de 6 a 14 horas, de 14 a 22 horas ou de 22 a 6 horas do día seguinte.

Os traballadores que presten servicio en quendas de oito horas diarias (40 semanais, podendo estas computarse en períodos de 2 ou 4 semanas segundo as necesidades do servicio), continuarán co sistema de cadros actualmente establecido, concederánselle-los descansos necesarios para non superar ou, no caso de que isto ocorra, igualar, a xornada anual anteriormente establecida con carácter xeral para cada ano. O mesmo procedemento de descansos utilizarase para acada-la igualdade de xornada, en número de horas anuais, para todo o persoal.

Como norma xeral, o horario a cumprir, tendo en conta a obrigada diversidade de servicios de Zona Franca e as necesidades que se deben cubrir en cada un deles, será o que en todo momento estea implantado no posto de traballo asignado ó traballador. Isto non poderá supoñer en ningún caso a adscrición non voluntaria a unha xornada nocturna con carácter permanente. En tódolos supostos de xornada continuada, o tempo de descanso de quince minutos non se considerará tempo de traballo efectivo.

Artigo 11º.-Complemento por non desfrute de xornada continuada.

Dado que a xeneralidade do persoal desfruta de xornada continuada, establécese, para o ano 1997 e

para aqueles traballadores que pola súa función teñan xornada partida, un complemento de 2.408 ptas. mensuais.

Para os anos 1998 e 1999 o importe deste complemento será de 2.502 ptas. mensuais e 2.597 ptas. mensuais respectivamente.

Artigo 12º.-Complemento por nocturnidade

En relación con este complemento acórdase:

A) Que o período con esta retribución específica será o comprendido entre as 22 e as 7 horas.

B) Que a devandita retribución específica se establece en 215 ptas./h para 1997, 223 ptas./h para 1998 e 231 ptas./h para 1999.

C) Que en todo caso e esta é a vontade das partes, as diferencias que puidesen existir entre o establecido en calquera disposición legal e o que aquí se acorda, se entenden compensadas en cómputo anual polo conxunto de retribucións e condicións acordadas neste convenio.

Artigo 13º.-Plus de distancia e transporte

No ano 1997 percibirase, por día puntual e efectivamente traballado, a suma de 710 ptas. por este concepto, que non se devengará en calquera suposto de xornada non traballada (domingos, festivos, vacacións, ILT, etc.) nin cando aquela non fose completa, salvo que a interrupción fose autorizada polo consorcio.

Para os anos 1998 e 1999 o importe deste plus será de 760 ptas./día e 810 ptas./día, respectivamente-

Artigo 14º.-Gratificación por traballo en domingos e festivos.

O persoal que preste servicio en quendas de 8 horas diarias traballando os domingos e festivos percibirá unha gratificación complementaria de 5.000 ptas./mes nas doce mensualidades do ano.

Artigo 15º.-Plus de perigosidade.

O persoal que realice efectivamente funcións de precintado de cámara en buques percibirá un plus de 4.000 ptas./mes nas doce mensualidades do ano.

Artigo 16º.-Vacacións

O traballador terá dereito a desfrutar dunha vacación anual retribuída de 30 días naturais, nos cales deberán incluírse, polo menos, 4 sábados e 4 domingos. A contía da retribución establécese polo importe dunha mensualidade de salario base e antigüidade e, se é o caso, o incentivo de especial dedicación, o complemento por non desfrute de xornada continuada, a gratificación por traballo en domingos e festivos e o plus de de perigosidade. A aqueles traballadores que realicen xornada nocturna engadiráselles unha cantidade equivalente á media mensual percibida polo concepto de plus de nocturnidade no ano anterior.

O período vacacional coincidirá no mes de agosto por se-lo de menor actividade da empresa, mantén

dose en todo caso os servicios mínimos que, fixados pola empresa, se consideren imprescindibles para o normal funcionamento dela. Os traballadores que cubran estes servicios mínimos desfrutarán as súas vacacións nos períodos inmediatamente anterior e posterior ó do mes de agosto, podendo fraccionalas en períodos de 15 días. Aqueles adscritos a un sistema de traballo a quendas farano en función das necesidades do servicio.

Por solicitude do traballador poderanse desfrutar fraccionadamente as vacacións de acordo coa seguinte norma:

-Unha parte das vacacións desfrutaranse sempre no mes de agosto, agás nos casos de servicios mínimos e de traballo por quendas ó que se fai mención no parágrafo anterior. Este período vacacional poderá ser, a elección do traballador, o comprendido entre os días 1 e 16 do mes de agosto (ambos inclusive) ou entre os días 14 e 30 do dito mes (ambos inclusive). Se os días 1 e 14 de agosto en que se inician os períodos de vacacións coincidisen en sábado, domingo ou festivo, trasladarase o dito inicio ó primeiro día hábil seguinte, respectándose a duración dos períodos anteriormente establecido.

-Os días restantes serán desfrutados de forma conxunta polo traballador ó longo do ano.

Tanto o fraccionamento das vacacións como, neste caso, os correspondentes períodos de desfrute delas, deberán ser solicitados polo traballador ó seu respectivo director de departamento, como máximo antes do 31 de marzo de cada ano. A súa concesión quedará supeditada, en todo caso, ás necesidades do servicio a xuízo da empresa e se as vacacións non puidesen ser desfrutadas nas datas interesadas, solicitaranse novos períodos, a concesión dos cales por parte da empresa, seguirá o mesmo procedemento.

No caso de que concorran varias solicitudes para as mesmas datas que non permitan, a xuízo da empresa, cubri-las necesidades do servicio, terán preferencia os que o solicitasen en primeiro lugar.

O procedemento para o desfrute de vacacións do persoal adscrito a un servicio a quendas será o utilizado na actualidade, e poderá o dito persoal fraccionar tamén as vacacións en dous períodos se o permiten as necesidades do servicio.

Se o traballador, por necesidades do servicio e en función do sistema de quendas de vacacións establecido, non tivese opción a desfruta-las súas vacacións no período comprendido entre o 1 de abril e o 30 de setembro, percibirá no ano 1997 unha indemnización de 13.181 pesetas. Esta indemnización non será percibida en caso de desfrute por solicitude do traballador de vacacións fraccionadas ou completas, fóra do dito período.

Para os anos 1998 e 1999, o importe da dita indemnización será de 13.695 pesetas e 14.215 pesetas, respectivamente.

Artigo 17º.-Permisos retribuídos

Ós empregados interesados concederánselles necesariamente os seguintes permisos retribuídos:

A. Casamento do empregado: 15 días.

B. Intervención cirúrxica ou enfermidade grave de pais, irmáns, pais políticos, fillos ou cónxuxe: 4 días

C. Parto da esposa: 3 días

D. Morte do cónxuxe, pais políticos, ascendentes, descendentes ou irmáns do empregado:

1. Fóra da provincia: 6 días

2. Na provincia: 4 días

E: Morte ou enterramento de tíos, tíos políticos ou cuñados:

1. Fóra da provincia: 3 días

2. Na provincia: 1 día

F. Cambio de domicilio: 2 días

G. Necesidade de atender asuntos propios que non admitan demora, o tempo preciso para iso, outorgándose o permiso unha vez demostrada a necesidade.

H. Cumprimento dun deber de carácter público, o tempo necesario para iso.

I. Os derivados do exercicio de cargos públicos, así como do de representante sindical, rexeranse en cada caso polo disposto nas correspondentes disposicións legais.

Para a obtención destes permisos retribuídos será necesario solicitalos previamente do delegado do Estado, a través dos directores de departamento respectivos, debendo xustifica-lo interesado a realidade do feito que motiva a súa petición. Nos casos do apartado G, corresponderalle ó delegado do Estado decidir sobre a procedencia ou non do seu outorgamento.

Artigo 18º.-Licencias.

Nos casos xustificados previamente, poderánselle conceder licencias sen soldo ó persoal que leve un mínimio de cinco anos de servicio na empresa, por un prazo non superior a seis meses, sempre que a xuízo desta o permitan as necesidades do traballo.

A petición e xustificación de tales licencias farase por escrito ó delegado do Estado a través do director do departamento correspondente e o expediente resolverase como máximo no prazo de trinta días.

Artigo 19º.-Excedencias.

Para estes efectos observarase o disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 20º.-Premios por anos de servicio.

Co fin de premia-la vinculación dos empregados á entidade, aboaráselle-lo importe de dúas mensualidades do módulo de retribución establecido no artigo 27º deste convenio, ó cumpriren os 15, 25, 35 e 45 anos de servicio na empresa.

Artigo 21º.-Faltas e sancións

As faltas cometidas polos traballadores clasificaranse, atendendo á súa importancia e reincidencia, en leves, graves e moi graves, de conformidade co disposto a seguir:

Consideraranse faltas leves:

1º. Tres faltas de puntualidade durante un mes sen que exista causa xustificada.

2º. A non comunicación coa antelación debida da súa falta ó traballo, a non ser que acredite razoable dificultade ou imposibilidade de facelo.

3º. Falta de atención e dilixencia co público.

4º. Discusións que repercutan na boa marcha dos servicios.

5º. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

6º. A embriaguez ocasional durante o traballo.

Son faltas graves:

1º. Faltar dous días ó traballo sen xustificación.

2º. Simular enfermidade ou accidente.

3º. Simula-la presencia doutro traballador, valéndose da súa ficha, sinatura ou tarxeta de control.

4º. Cambiar, mirar ou remexe-los armarios e roupas dos compañeiros sen a debida autorización.

5º. As cometidas contra a disciplina no traballo e ou contra o respecto debido ós superiores.

6º. A reincidencia nas faltas leves, salvo as de puntualidade, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre, cando mediasen sancións.

7º. O abandono do traballo sen causa xustificada.

8º. A neglixencia no traballo cando cause prexuízo grave.

Son faltas moi graves:

1º. Faltar ó traballo máis de dous días ó mes sen causa xustificada.

2º. A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza nas xestións encomendadas.

3º. O furto e mailo roubo, tanto ós demais traballadores como á empresa ou a calquera persoa dentro dos locais da empresa ou fóra dela, durante acto de servicio. Quedan incluídos neste apartado o falsear datos ante o xurado, se tales falsidades teñen como finalidade maliciosa conseguir algún beneficio.

4º. A simulación comprobada de enfermidade; inutilizar, esnaquizar ou causar desperfectos en máquinas, aparellos, instalacións, edificios, utensilios e departamentos da empresa; a embriaguez reiterada durante o traballo; dedicarse a traballos da mesma actividade que impliquen competencia desleal á empresa, se non media autorización desta; os malos tratos de palabra ou obra ou a falta grave de respecto e consideración cos xefes, compañeiros ou subordinados; abandona-lo traballo en postos de responsabilidade; a reincidencia en falta grave, aínda que sexa da mesma natureza, dentro do mesmo trimestre, sempre que fosen obxecto de sanción.

As sancións que a empresa pode aplicar, segundo a gravidade e as circunstancias das faltas cometidas serán as seguintes:

Faltas leves:

Amoestación verbal.

Amoestación por escrito.

Suspensión de emprego e soldo por un día.

Faltas graves:

Suspensión de emprego e soldo de un a dez días.

Inhabilitación, por un prazo non superior a un ano, para o ascenso a categoría superior.

Suspensión de emprego e soldo de un a seis días.

Faltas moi graves:

Suspensión de emprego e soldo de once días a dous meses.

Despedimento.

Artigo 22º.-Incapacidade laboral transitoria.

En tanto dure esta continxencia o consorcio aboaralles ós empregados, nas baixas por enfermidade ou accidente, a diferencia ata completa-lo salario que lle correspondese en activo.

Os traballadores que causen baixa por enfermidade ou accidente, calquera que sexa a súa causa, ou por maternidade, presentaranlle á empresa, como máximo dentro do prazo de cinco días, contados a partir do seguinte ó da data da súa expedición, os partes médicos de baixa, de notificación de parto ou de prognóstico de parto, entregados polos facultativos.

En igual prazo deberán presentarse os correspondentes partes médicos de alta.

Os exemplares do parte de confirmación da incapacidade expedidos polos facultativos, con destino á empresa, deberán ser presentados nesta polos traballadores no prazo de dous días, contados a partir do seguinte ó da súa expedición.

O non cumprimento do disposto anteriormente considerarase falta leve, grave ou moi grave, segundo a importancia e o prexuízo que puidese causar á empresa en virtude das disposicións legais establecidas para o efecto.

Artigo 23º.-Xubilacións e cesamentos.

Coa finalidade de regula-la xubilación dos traballadores e promove-lo cesamento voluntario, establécese durante a vixencia deste convenio o seguinte sistema:

Xubilación obrigatoria.- Os traballadores deberán xubilarse obrigatoriamente o derradeiro día do mes en que cumpran os 65 anos de idade, sempre que, ó acada-la dita idade o traballador teña dereito á correspondente prestación de xubilación pola Seguridade Social. No momento da xubilación obrigatoria, o traballador percibirá unha indemnización a cargo da empresa de oito mensualidades do módulo de retribución establecido no artigo 27º deste convenio.

Cesamentos voluntarios.- Os traballadores que a partir dos 60 anos de idade e ata os 64 anos cesen voluntariamente percibirán a cargo da empresa oito mensualidades do módulo de retribución mailas seguintes indemnizacións segundo a idade do traballador e o ano en cuestión:

Idade de xubilaciónIndemiz.

1997

Indemniz.

1998

Inemniz.

1999

64 anos2.000.0002.078.0002.156.964
63 anos3.400.0003.532.6003.666.839
62 anos4.600.0004.779.4004.961.017
61 anos5.500.0005.714.5005.931.651
60 anos7.000.0007.273.0007.549.374

Artigo 24º.-Indemnización por falecemento.

Cando ocorrese o falecemento dun traballador en activo, sempre que tivese unha antigüidade mínima dun ano na entidade, aboaráselle o importe de tres mensualidades do módulo de retribución establecido no artigo 27º deste convenio, en concepto de axuda económica, á viúva ou viúvo, ou no seu defecto, a quen convivise co causante no momento do seu falecemento, determinándose, neste último suposto, o ou os beneficiarios, atendendo ás circunstancias de feito en cada caso concorrentes, das que informará o comité de empresa.

Artigo 25º.-Anticipos.

Todo o persoal con máis dun ano de antigüidade na empresa terá dereito a solicitar, en caso de necesidade xustificada, un anticipo sen xuros ata o importe de tres mensualidades do módulo de retribución establecido no artigo 27º deste convenio.

O saldo vivo da conta de anticipos non poderá superar, en ningún momento, a cantidade de 12.500.000 ptas.

A amortización do anticipo será do 10 por 100 do salario percibido en cada paga polo empregado, incluíndo as pagas extraordinarias.

Non se poderá solicitar outro anticipo sen que transcorra, desde a cancelación do anterior, un período mínimo de tres meses, e, no caso de coincidiren varias solicitudes, terán preferencia na concesión aqueles traballadores que, nun maior espacio de tempo, non tivesen uso do citado dereito.

Artigo 26º.-Axuda escolar.

O consorcio destinará, en concepto de axuda escolar ós seus traballadores, para o curso académico 1997/1998 a suma máxima de 2.917.116 pesetas (dous millóns novecentas dezasete mil cento dezaseis pesetas).

Para o curso académico 1998/1999 a contía destinada a este fin polo consorcio será de 3.030.884 pesetas (tres millóns trinta mil oitocentas oitenta e catro pesetas) e para o curso 1999/2000 será de 3.146.057 pesetas (tres millóns cento corenta e seis mil cincuenta e sete pesetas).

A citada axuda repartirase entre os ditos traballadores de acordo coas seguintes regras:

1ª. Terán dereito a ela os citados traballadores do consorcio, para si ou para os fillos que convivan con eles e ás súas expensas, sempre que uns e outros cursen estudios con validez académica oficialmente recoñecida polo Estado ou a Comunidade Autónoma de Galicia, debendo acredita-la efectiva realización deles.

2ª. Establécense como cantidades máximas a percibir, para os anos 1997, 1998 e 1999, por cada nivel e estudiante, as seguintes contías:

Nivel de estudios199719981999

Educación infantil (anterior preescolar)12.70613.20213.704
Educación primaria (1º a 6º de EXB)17.88618.58419.290
ESO (anterior 7º e 8º EXB, 1º e 2º BUP e FP1)38.10139.58741.091
Bacharelato (anterior 3º BUP, COU e FP1)50.82152.80354.810

Estudios universitarios ata o grao de licenciado ou equivalente:

Estudios que poidan ser realizados en Vigo, por existir centro oficial que os imparta: como máximo o importe da matrícula correspondente a curso completo. En caso de matriculación por materias soltas, cando o seu importe sexa inferior ó máximo anteriormente establecido, aboarase o inferior importe que corresponda.

Estudios que deban ser realizados fóra de Vigo, por non existir centro oficial que os imparta: aboarase o importe que corresponda seguindo o mesmo procedemento ca no caso anterior, máis 62.885 pesetas (sesenta e dúas mil oitocentas oitenta e cinco pesetas) en 1997 e 65.338 ptas. (sesenta e cinco mil trescentas trinta e oito pesetas) en 1998 e 67.820 (sesenta e sete mil oitocentas vinte pesetas) en 1999.

3ª. A axuda escolar a que se refire este artigo aterase ás seguintes condicións limitativas:

A) Non terán dereito a ela os que a desfrutasen durante un curso máis dos normais conforme o nivel de estudios que se cursen.

B) Elixida rama, especialidade ou carreira, nun concreto nivel, poderá pasarse a outra rama, especialidade ou carreira do mesmo nivel, pero, para os efectos do apartado a), seranlles computados os cursos da anterior en que se lles concedese axuda.

De igual maneira, a quen, sen concluí-los estudios dun nivel, pase a outro superior, mediante cursos de adaptación oficialmente recoñecidos, computaráselle para os ditos efectos como prestada a axuda polos cursos do novo nivel validados pola adaptación.

D) Non se terá dereito á axuda escolar máis ca unha vez por cada nivel, aínda que se trate de rama, especialidade ou carreira distinta.

4ª. No suposto de que a suma total das axudas a conceder, conforme as regras anteriores, superasen a cifra máxima sinalada para cada ano nos parágrafos primeiro e segundo deste artigo, rebaixarase proporcionalmente a contía de cada unha das axudas, tendo en conta o exceso que sobre aquela se produza.

5ª. As solicitudes de axuda escolar presentaranse nos primeiros vinte días do mes de outubro. A solicitude presentarase en instancia dirixida ó delegado do Estado, facendo consta-los beneficiarios para os que se solicita e estudios que van realizar no curso respectivo.

A dita solicitude debe ir acompañada de xustificación bastante da efectiva realización dos estudios.

Posto que a citada xustificación, de facerse mediante certificacións dos centros académicos, podería supoñerlle ó peticionario o desembolso de certas cantidades en concepto de taxas ou outro análogo, poderá substituírse por declaración xurada do solicitante. As solicitudes serán resoltas no prazo de quince días hábiles, procedéndose inmediatamente ó aboamento das sumas correspondentes.

Artigo 27º.-Módulo de retribución.

Enténdese por módulo de retribución anual, exclusivamente para os efectos previstos nos artigos 20º, 23º, 24º e 25º deste convenio, a suma de tódalas retribucións que, fixas na súa contía e periódicas no seu vencemento, perciba o traballador, excluíndose expresamente as retribucións por horas extraordinarias, complemento por nocturnidade, plus de distancia e transporte e indemnización por vacacións.

A mensualidade do módulo de retribución será o resultado de dividir por doce a súa contía anual.

Artigo 28º.-Uniformidade.

O consorcio obrígase a proporcionarlle uniformes ó persoal subalterno, cada dous anos, un para inverno e outro para verán. O persoal de oficios varios terá dereito ó vestiario que determinan as disposicións sobre seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 29º.-Absorbilidade e compensación.

As condicións laborais establecidas ou que se establezan por disposicións legais ou convencionais, só terán eficacia se, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual, superasen o nivel total das establecidas neste convenio. De non ser así entenderanse compensadas e, se é o caso, absorbidas, polas melloras aquí pactadas.

Artigo 30º.-Cláusula de revisión.

En caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC) establecido polo Instituto Nacional de Estatística (INE) rexistrase a 31 de decembro de 1998 un incremento superior ó 2,6% respecto á cifra do dito IPC

a 31 de decembro de 1997, efectuarase unha revisión salarial tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia, no que exceda da dita porcentaxe. Tal incremento, que se calculará sobre os importes retributivos que serviron de base para aplica-los aumentos pactados para o ano 1998, aboaráselle ó persoal con efectos retroactivos do 1 de xaneiro de 1998, e as novas retribucións que resulten da dita revisión servirán, pola súa vez, de base de cálculo para acha-lo incremento salarial do ano 1999. Polo que respecta ó importe do bienio manterase sen actualiza-lo seu valor, e o incremento global que por este concepto corresponda trasladarase ós salarios base seguindo o mesmo procedemento acordado nas negociacións do presente convenio.

No caso de que o IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1999 un incremento superior ó 2,5% respecto á cifra do dito IPC ó 31 de decembro de 1998, efectuarase unha revisión salarial, tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia, no que exceda da dita porcentaxe. Tal incremento, que se calculará sobre os importes retributivos que serviron de base para aplica-los aumentos pactados para o ano 1999, aboaráselle ó persoal con efectos retroactivos do 1º de xaneiro de 1999, e as novas retribucións que resulten da dita revisión servirán, pola súa vez, de base de cálculo para acha-lo incremento salarial do ano 2000. Polo que respecta ó importe do bienio manterase sen actualiza-lo seu valor, e o incremento global que por este concepto corresponda trasladarase ós salarios base seguindo o mesmo procedemento acordado nas negociacións do presente convenio.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Formarán a comisión paritaria prevista no apartado e) do nº 2 do Art. 85 do Estatuto dos traballadores o presidente, o secretario e un vocal do comité de empresa por parte do persoal e, por parte da entidade, o persoal de dirección que subscribe este convenio.

Nos casos de ausencia ou enfermidade, os representantes do consorcio serán substituídos polos seus respectivos suplentes nomeados pola entidade e os do persoal, polos vocais do comité de empresa que este nomee.

Ámbalas partes poderán estar asistidas nas deliberacións por un asesor que designarán libremente.

A comisión paritaria así constituída exercerá funcións mediadoras en canto á interpretación xeral do presente convenio e na solución dos conflictos colectivos que ó respecto puidesen suscitarse durante a súa vixencia.

Artigo 32º.-Vinculación á totalidade.

Sendo as condicións pactadas un todo orgánico e indivisible, o presente convenio será nulo e quedará sen efecto ningún no suposto de que a autoridade ou a xurisdicción competente no exercicio das facultadews que lle son propias, obxectase ou invalidase algún dos seus artigos, ou parte deles, xa que o convenio debe ser un e indivisible na súa aplciación.

5030