Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.242

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Pérez Leirós, S.A. (X.O.A.N.E.).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Pérez Leirós, S.A. (X.O.A.N.E.), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-6-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, con data do 4-6-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de xuño de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo Pérez Leiros, S.A., X.O.A.N.E.

Artigo 1º.- Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación a tódolos traballadores que presten servicios na empresa Pérez Leirós, S.A., sita no Porriño, lugar de Tunes Atios (Pontevedra), dedicada á fabricación de mobiliario de cociña, séndolle de aplicación a ordenanza laboral para as industrias da madeira, así como a todo aquel que ingrese no futuro durante a súa vixencia, e por extensión, a calquera lugar onde o persoal realice traballo por conta da empresa.

Artigo 2º.-Efectos económicos.

Os efectos económicos do presente convenio comezarán a rexer a partir do 1 de xaneiro de 1997.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

Este convenio colectivo de empresa ten unha duración de 1 ano, finalizando o 31-12-1997. Ó cumprirse a data do seu vencemento o convenio colectivo prorrogarase tacitamente de ano en ano, de non

mediar denuncia por calquera de ámbalas dúas partes, cunha anticipación mínima de 1 més á data do seu vencemento.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas cás asinadas neste convenio, manténdose o dito respecto de xeito estrictamente ad personam.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 7 a 15 horas tódolos días laborables do ano, de luns a venres, con 15 minutos de descanso para cada unha das xornadas citadas, que terán a consideración de traballo efectivo, o que supón para 1997, 227 días de traballo e 1.816 horas, segundo o calendario laboral que se achega con este convenio no anexo V.

Artigo 6º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará de 30 días naturais de vacacións durante o ano, se estas se desfrutan en 1 único período. Se as vacacións se desfrutan en máis de 1 período, o número de días a desfrutar será de 21 días laborables.

O persoal que ingrese ou cese na empresa no transcurso do ano, e non teña completado 1 ano de servicios, desfrutará da parte proporcional respectivamente ó tempo transcorrido entre o ingreso e o 31 de decembro, ou o tempo transcorrido desde o 1 de xaneiro á data do seu cesamento.

No último suposto e de ter disfrutado máis días dos que lle corresponde, o exceso seralle deducido do importe da liquidación.

As vacacións serán retribuídas en función da media do salario e complementos salariais obtidos polo traballador durante os tres meses traballados anteriores ó seu desfrute na xornada ordinaria de traballo.

Artigo 7º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes deste convenio coinciden nos efectos positivos que poidan derivarse dunha política social solidaria conducente á supresión das horas extraordinarias habituais. A este respecto acórdase da-lo seguinte tratamento ós distintos tipos de horas extraordinarias.

A) As horas extraordinarias serán de libre ofrecemento por parte da empresa e de libre aceptación pola parte do traballador.

B) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso do risco de perdas de materia prima: realización.

C) Horas extraordinarias polos pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quendas e outras circunstancias de carácter estructural, derivadas da natureza da actividade da que se trate: mantemento, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

A dirección da empresa informará mensualmente ó comité de empresa sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións.

Artigo 8º.-Permisos e licencias.

As licencias e permisos que a empresa poderá concederlles ós traballadores serán os que se recollen no cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas ós traballadores, unido como anexo I ó presente convenio.

A empresa, concederá licencia non retribuída durante 1 día como máximo ó ano, sempre que se solicite con tres días de anticipación, como mínimo, antes da data de seu desfrute e non concorra a solicitude e licencia co doutro traballador da mesma sección ou departamento.

Artigo 9º.-Excedencias.

Os traballadores poderán desfrutar dun período de excedencia non superior a tres anos, para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se viñera disfrutando. Cando o pai e maila nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

O traballador con antigüidade na empresa de alomenos 1 ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo non menor a 2 anos e non maior de 5 anos. Este direito só podera exercerse outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O reingreso en ámbolo supostos da excedencia, deberá solicitarse con 1 mes de anticipación ó prazo do seu cumprimento, producíndose o ingreso na mesma categoría que posuía, e no posto que nese momento designe o empresario, de acordo coas facultades que a lei lle outorgue.

Artigo 10º.-Servicio militar.

Durante o cumprimento do servicio militar voluntario ou obrigatorio, ou servicio substitutorio, o traballador terá dereito á reserva do posto de traballo polo tempo de duración deste, debendo reincorporarse ó posto de traballo no prazo máximo de 30 días naturais a partir da cesación no servicio militar ou substitutorio.

Durante o tempo de súa permanencia no servicio militar ou substitutorio, o traballador terá o dereito a percibi-las gratificacións extras de xuño, Nadal e outubro.

Artigo 11º.-Acordos sobre os incrementos de retribucións para o ano 1997.

A) Incrementarase o salario base e os seus complementos nun 3%, respecto dos valores vixentes a 31-12-1996, agás o plus de transporte, e a súa contía fíxase no artigo 19º.

Os valores resultantes da aplicación das respectivas porcentaxes ditas son os que se recollen para cada concepto e categoría nos anexos II e III deste convenio.

B) Os salarios e complementos salariais que se fixaron no presente convenio son os que figuran salientados nos anexos II e III seus.

Os valores de tódolos conceptos retributivos que se establecen no presente convenio son valores brutos; deles deduciránse as cargas fiscais e de Seguridade Social, ou calquera outro concepto que legalmente proceda, o pagamento resulte por conta do traballador.

Artigo 12º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento das nóminas realizarase mensualmente, non obstante, o persoal poderá solicitar, coa debida anticipación, anticipos a conta dos seus haberes devengados.

Artigo 13º.-Antigüidade.

O persoal desta empresa terá dereito á percepción dun premio de antigüidade consistente en quinquenios dun 5%.

Computarase para estes efectos todo o tempo de servicios continuados na empresa.

A acumulación dos incrementos da antigüidade non poderá superar, en ningún caso, o 60% do salario base.

Artigo 14º.-Gratificacións.

Establécese para tódolos traballadores afectados por este convenio o dereito a percibiren tres gratificacións extraordinarias, consistentes en 30 días de salario base máis o plus de actividade, incentivos e antigüidade, se é o caso, unha no mes de xuño, outra no mes de outubro e outra no Nadal, facéndose efectiva non máis tarde do día 20 de cada un dos devanditos meses.

A contía dos incentivos nas gratificacions extraordinarias fixarase conforme as seguintes fórmulas:

Para o persoal obreiro, en función do promedio obtido por tal concepto nos tres meses anteriores a cada unha das respectivas gratificacións. Para o persoal empregado, en función da contía mínima que por tal concepto teña asignada cada categoría.

As devanditas gratificacións percibiranse en función dos días traballados, considerándose como tales as licencias retribuídas.

Artigo 15º.-Plus de actividade.

Establécese para todo o persoal desta empresa un complemento salarial que se denomina plus de actividade.

O plus de actividade devengarase segundo as contías que se especifican no anexo III para cada categoría.

Artigo 16º.-Plus de puntualidade.

Establécese para o persoal obreiro desta empresa un complemento salarial coa denominación de plus de puntualidade.

O plus de puntualidade devengarase por día efectivamente traballado e nas contías que se especifican no anexo III para cada categoría.

Artigo 17º.-Plus de orde.

Establécese para o persoal obreiro desta empresa un complemento salarial coa denominación de plus de orde.

O plus de orde devengarase por día efectivamente traballado e nas contías que se especifican no anexo III para cada categoría.

Artigo 18º.-Plus de asistencia.

Establécese para o persoal obreiro desta empresa un complemento salarial coa denominación de plus de asistencia.

O plus de asistencia devengarase por día efectivamente traballado e nas contías que se especifican no anexo III para cada categoría.

Artigo 19º.-Plus de transporte.

Establécese para todo o persoal desta empresa un complemento salarial que se denominará plus de transporte.

O plus de transporte percibirase por día efectivamente traballado na contía de 380 ptas. por día.

Artigo 20º.-Prima ou incentivos á producción.

Esta empresa, seguindo os principios xerais da organización científica do traballo, establece, para todo o seu persoal obreiro, un sistema de incentivos con aliciente abondo para a súa obtención e que lles compense o esforzo realizado.

O dito incentivo fundaméntase no sistema Bedaux implantado nesta empresa desde hai varios anos.

Para cada un dos grupos de, persoal citado, a aplicación do sistema de incentivos establecese como segue:

-Persoal obreiro controlado: no cadro 1º do anexo IV inclúen-se en pesetas os valores correspondentes á actividade de 60 puntos Bedaux, así como o valor punto que supere a actividade equivalente a 60 puntos Bedaux, correspondentes a cada categoría profesional.

-Persoal obreiro non controlado: este persoal percibira a prima ou incentivo á producción conforme a actividade media obtida na factoría ou a que teña recoñecida como actividade media acadada individualmente e segundo os mesmos valores recollidos no cadro 1º do anexo IV.

O persoal non controlado devengará este complemento por día efectivamente traballado.

Artigo 21º.-Supostos especiais para a categoría de auxiliar administrativo.

Os auxiliares administrativos percibirán nos termos e condicións previstos nos artigos 16º, 17º e 18º deste convenio, os pluses de puntualidade, orde e asistencia. Así mesmo percibiranse nos termos e condicións previstos no Art. 20º deste convenio, a prima ou incentivo á producción no valor ou contía equivalente á correspondente á categoría de peón.

O resultado da suma das cantidades percibidas por tódolos conceptos anteriores serán compensables e absorbibles cos que actualmente veñan devengando polo concepto de prima mensual.

A cantidade correspondente ó concepto de incentivo á producción antes dito, percibirase así mesmo nas gratificacións extraordinarias, soamente no caso de que a súa contía resultase superior á prevista con carácter xeral no artigo 14º deste convenio colectivo, para o persoal empregado.

En todo caso garantirase que, como mínimo, se perciban polo dito concepto os importes que con anterioridade á aplicación deste artigo viñesen percibindo.

Artigo 22º.-Actividade sindical na empresa.

O comité de empresa terá as seguintes garantías:

-Expresar, colexiadamente e con liberdade, as súas opinións en materias concernentes á esfera da súa responsabilidade, podendo publicar e distribuír, logo de comunicación á empresa, sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral ou social. Para tal obxecto a empresa facilitaralle ó comité un taboleiro de anuncios no que poidan difundir aqueles avisos que lles interesen ós traballadores en xeral, logo de coñecemento da dirección da empresa.

Competencias:

1) Emitir informe, dentro dos prazos legais, previo á execución por parte da empresa, das decisións que esta adopte sobre as seguintes materias:

-Reestructuración do cadro de persoal e expedientes de suspensión ou extinción de contratos por causas tecnolóxicas ou económicas.

-Reducción da xornada ou traslado total ou parcial das instalacións da empresa.

-Implantación ou revisión dos sistemas de organización e control do traballo.

-Estudio de tempos, establecemento dos sistemas de primas ou incentivos e valoración dos postos de traballo.

2) Ser informado de tódalas sancións impostas ós traballadores por faltas moi graves.

3) Coñece-los modelos do contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa, así como os modelos de documentos relativos ó remate da relación laboral.

4) Exercer un labor de vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa a teor do previsto no artigo 19º do Estatuto dos traballadores.

5) Cada un dos membros do comité disporán dun crédito de 15 horas mensuais retribuídas, para o exercicio das súas funcións de representación. Tales horas poderán acumularse en 1 ou máis membros do comité de empresa, logo de notificación á dirección da empresa, dentro dos 15 días anteriores á iniciación da dita acumulación.

Artigo 23º.-Asembleas.

A celebración das asembleas do persoal axustaranse ó que dispoña a lexislación vixente na materia. En todo caso, comunicaráselle á dirección da empre

sa cunha anticipación mínima de 48 horas á súa convocatoria, achegando a orde do día.

Todo o persoal da empresa disporá cada ano de 2 horas retribuídas da súa xornada laboral para asistencia a unha asemblea. As ditas 2 horas deberán empregarse de xeito continuado.

Artigo 24º.-Recoñecementos médicos.

Previamente ó ingreso definitivo na empresa, todo productor deberá someterse a un recoñecemento médico coas probas pertinentes ca súa superación será condición indispensable para o ingreso.

Con independencia do anteriormente exposto, tódolos traballadores da empresa estarán na obriga de sometérense ós recoñecementos médicos periódicos anuais que a empresa lles indique; serán informados do seu resultado.

Artigo 25º.-Roupas de traballo.

A empresa entregaralle con carácter obrigatorio, cada ano, ó persoal que o precise polo seu posto de traballo, dúas fundas que deberán reunir calidade abonda para que cumpran o fin para o que foron adxudicadas. Unha delas entregarase no primeiro mes do primeiro semestre e a outra no primeiro mes do segundo semestre do ano. A funda do segundo semestre substituirase por un pantalón e unha camisa.

Artigo 26º.-Protección saúde laboral.

Os traballadores da sección de pintura terán dereito a unha asignación periódica de leite que deberán consumir no posto de traballo.

Artigo 27º.-Extinción do contrato por invalidez do traballador.

Para os efectos do previsto no punto 5 do artigo 49 do Estatuto dos traballadores, en relación co suposto da invalidez permanente total do traballador, a empresa fai expresa renuncia á aplicación deste, non extinguindo ó contrato de traballo ao traballador afectado por tal grao de invalidez, sempre que non exceda o número de afectados en máis dun 5% da totalidade do cadro de persoal.

Artigo 28º.-Xubilación anticipada ós 64 anos.

Todo traballador que, cumpridos os 64 anos, desexe acollerse ó disposto no R.D. 1194/1985, en materia de xubilación anticipada, deberá solcitalo á empresa, a cal deberá cumpri-lo disposto no devandito R.D., os efectos de que o traballador solicitante poida xubilarse ós 64 anos sen mingua dos seus dereitos económicos.

Artigo 29º.-Xubilación obrigatoria.

A xubilación será obrigatoria ós 65 anos, sempre que o traballador ou traballadora cumpra os requisitos mínimos para acceder á xubilación.

Artigo 30º.-Póliza de seguro colectivo.

A empresa contratará unha póliza de seguro para todo o persoal, que cubrirá as seguintes indemnizacións nos casos de accidente:

Morte: 1.000.000 de ptas.

Invalidez permanente total: 2.000.000 de ptas.

Invalidez permanente absoluta e gran invlidez: 3.000.000 de ptas.

A todo o persoal entregaráselle copia da póliza subscrita.

O disposto no presente artigo será independente das obrigas que a empresa teña en materia de Seguridade Social.

A data de entrada en vigor na aplicación das indemnizacións anteriores será a partir do 1-6-1997, manténdose a súa vixencia ata o 31-5-1998.

Artigo 31º.-Compras de productos fabricados pola empresa.

A empresa, ademais de respectarlles ós traballadores o desconto habitual sobre o PVP do producto, realizará un desconto por pronto pagamento do 3%, condicionado a que o interese MIBOR non supere o 9%. No caso de superar esa taxa, o desconto sería do 4%.

Para estes efectos entenderase por pronto pagamento o aboamento do producto comprado despois de ser servido.

Os beneficios previstos no presente artigo serán, así mesmo, de aplicación ós traballadores da empresa que cesasen por pasó a situación de xubilación ou invalidez permanente.

Artigo 32º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación das cláusulas pactadas neste convenio constituese unha comisión paritaria integrada por 5 membros da representación social e 5 da empresarial.

A comisión paritaria reunirase cunha periodicidade trimestral e dentro da primeira quincena do mes seguinte a cada trimestre.

Disposicións adicionais

En cumprimento do disposto no artigo 26.5º do Estatuto dos traballadores, faise consta-lo seguinte:

a) Que o número de horas anuais de traballo durante o ano 1997 será de 1.816 horas, segundo o previsto no artigo 5º deste convenio.

b) Que a remuneración anual dos traballadores desta empresa por categorías, en función do dito número de horas de traballo, é a que se consigna no anexo II.

Disposicións transitorias

Primeira.- A todo o persoal da empresa garántenselle as revisións acordadas e recollidas no artigo 11º deste convenio, con independencia dos conceptos e contías previstos nos seus anexos II e III. En concreto os valores das primas do persoal empregado e obreiro non recollidos nos ditos anexos, así como calquera outro concepto non expresamente previsto neles, serán obxecto das ditas revisións.

Segunda.- O presente texto do convenio de empresa será redactado e rexistrado nas dúas linguas oficiais de Galicia, galego e castelán.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Para o non establecido no presente convenio observarase o disposto na ordenanza laboral para as industrias da madeira, Estatuto dos traballadores e demais lexislación aplicable.

Segunda.-Dada a retroactividade dos efectos económicos do presente convenio, prevista no artigo 2º, as diferencias que se é o caso deban aboar ós traballadores faranse efectivas antes do día 31-5-1997.

ANEXO I

Cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas ós traballadores

Motivos da licenciaTempo máximoConceptos que se percibiránXustificantes

SalarioAntig.Activid.Incenti.Puntua.Asisten.OrdePlus

Dist.

Plus

Trans.

(1) Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogrosEn todo caso cinco días naturaisSISISINONNONNONNONNONNONEsquela e/ou documento no que se acredite o parentesco

(2) Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avósTres días naturais ampliabes a cinco no caso de desprazamentoSISISINONNONNONNONNONNONCertificado médico. Deberá constar especificación gravidade

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticosDous días naturais en todo casoSISISINONNONNONNONNONNONEsquela e documento acreditativo do parentesco
Enfermidade grave de noras, xenros, avós políticosTres días naturais ampliables a cinco en caso de desprazamentoNONNONNONNONNONNONNONNONNONCertificado médico. Deberá constar especificación gravidade
Nacemento de filloTres días laborais ampliables a cinco en caso de desprazamentoSISISINONNONNONNONNONNONLibro de familia ou certificación do xulgado
Matrimonio do traballador/a15 días naturaisSISISINONNONNONNONNONNONLibro de familia ou certificación do xulgado
Matrimonio de fillos o irmáns e novas nupcias de pais1 día naturalSISISINONNONNONNONNONNONCertificado do xulgado ou igrexa. Sempre que se acredite parentesco, invitación
Traslado de domicilio habitual (traslado de enxoval)1 día laborableSISISINONNONNONNONNONNONCertificado servicio empadroamento
Enfermidade e consulta médica:
a) Consulta especialista S.O.E. prescrita por médico medicina xeral-Polo tempo necesario. Maximo 5 horas/díaSISISINONSISISISISI-Copia volante médico medicina xeral. Xustificante asistencia médico especialista
b) Consulta médico medicina xeral-4 horas/día. Máximo 18 horas/añoSISISINONSISISISISI-Certificado médico SOE u outras institucións
c) Enfermidade con baixa oficial-3 primeiros díasNONNONNONNONNONNONNONNONNONParte de baixa
Accidente de traballoDía do accidenteSISISINONSISISISISIXustificante servicio médico que confirme parte accidente da empresa
Lactación1 hora/día o reducción xornada œ h.(9 meses desde nacemento) a elección da traballadoraSISISINONSISISISISI
Cargo sindical ou públicoO tempo legal. Cargos sindicais 15 horas mensualesSISISISISISISISISIO que proceda
Deber inescusable de carácter público:
a) ElecciónsPolo tempo necesarioSISISISISISISISISICertificado mesa electoral

b) Tribunais ordinarios:

-Testemuña

-Demandante

-Demandado

Citación

c) Xulgados do social:

-TestemuñaPolo tempo necesarioSISISINONSISISINONNONCitación

-Demandante

(se prospera a reclamación)

Polo tempo necesarioSISISINONSISISINONNONCitación

-Demandante

(se non prospera a reclamación)

d) Citación a quintasPolo tempo necesarioSISISISISISISISISIXustificante de citación

1) De concidir esta licencia en período vacacional do traballador, interromperase este, en todo caso, durante a licencia.

2) O tempo máximo de licencia concedido para este suposto poderá desfrutarse na súa equivalencia en horas.

ANEXO II

Táboa de salarios anuais Pérez Leirós, S.A.

CategoríasSalarios

1ª Columna2ª Columna

DiarioMensual

Actividade

DíaMes

natural

PuntualidadeOrdeAsistenciaTransp.Inc. Produc.Total ano

1) Persoal obreiro
Encargado xeral1.357.875235.0777.37924.24523.19086.260174.4551.903.916
Encargado de sección1.317.907227.1897.37924.24523.19086.260174.4551.856.060
Ofic. preparador-trazador1.280.041221.4037.37924.24523.19086.260174.4551.812.409
Oficial de 1ª1.242.702213.5157.37924.24523.19086.260174.4551.767.181
Oficial de 2ª1.211.148207.2057.37924.24523.19086.260174.4551.729.317
Especialista serie/semiserie1.148.039193.5327.37924.24523.19086.260174.4551.652.536
Oficial montador/oficial 3ª1.174.336197.2127.37924.24523.19086.260174.4551.682.512
Axudante1.148.039193.5327.37924.24523.19086.260174.4551.652.536
Peón1.105.968186.1687.37924.24523.19086.260174.4551.583.599
Aprendiz1.040.756174.5997.37924.245 23.19086.2601.351.864

2) Persoal subalterno
Capataz peóns especialistas1.180.310210.26886.2601.472.273
Capataz de peóns1.133.118193.81486.2601.408.627
Almaceneiro1.127.448192.91486.2601.402.057
Conductor vehículos mecánicos 1ª1.229.602211.89886.2601.523.194
Conductor vehículos mecánicos 2ª1.198.619205.01586.2601.485.328
Garda ou vixilante1.089.567184.05486.2601.355.314
Ordenanza1.089.567185.04386.2601.356.303
Porteiro1.089.567185.04386.2601.356.303
Mozo dos recados1.029.095176.07886.2601.286.866

3) Persoal administrativo e mercantil
Xefe de oficina1.447.082248.98286.2601.777.758
Oficial administrativo 1ª1.315.473226.35686.2601.623.523
Oficial administrativo 2ª1.205.675207.16486.2601.494.533
Auxiliar administrativo1.092.150186.9147.37924.24523.19086.260154.9541.570.528
Aspirante administrativo1.029.111176.13086.2601.286.936
Telefonista1.092.150186.91486.2601.360.758
Viaxante/vendedor1.205.503207.16486.2601.494.360
Corredor de plaza1.092.150186.91486.2601.360.758

4) Persoal técnico de organización do traballo
Xefe de organización de 1ª1.482.865227.18986.2601.791.748
Xefe de organización de 2ª1.412.250216.38886.2601.710.332
Técnico de organización de 1ª1.352.056207.16486.2601.640.914
Técnico de organización de 2ª1.201.324198.17286.2601.481.190
Auxiliar de organización1.092.150186.91486.2601.360.758
Aspirante técnico1.029.111176.13086.2601.286.936

5) Persoal técnico

Subgrupo A

Xefe de obradoiro1.412.250216.38686.2601.710.331
Proxectista1.352.038216.38686.2601.650.119
Delineante1.201.324205.60486.2601.488.622
Auxiliar delineante1.092.150186.91486.2601.360.758

Subgrupo B
Director xerente3.106.715517.19286.2603.705.600
Titulados grao superior2.059.661355.69386.2602.497.049
Titulados grao medio1.872.436323.37686.2602.277.506

ANEXO III

Táboa de salarios anuais Pérez Leirós, S.A.

CategoríasSalarios

1ª Columna2ª Columna

DiarioMensual

Actividade

Día naturalMes

PuntualidadeOrdeAsistenciaTransp.

1) Persoal obreiro
Encargado xeral2.98451632106102380
Encargado de sección2.89650032106102380
Ofic. preparador-trazador2.81348632106102380
Oficial de 1ª2.73247032106102380
Oficial de 2ª2.66245532106102380
Especialista serie/semiserie2.52342632106102380
Oficial montador/oficial 3ª2.58143432106102380
Axudante2.52342632106102380
Peón2.43140932106102380
Aprendiz2.28738332106102380

2) Persoal subalterno
Capataz peóns especialistas75.84314.017380
Capataz de peóns75.54112.920380
Almaceneiro75.16412.861380
Conductor vehículos mecánicos 1ª81.97414.125380
Conductor vehículos mecánicos 2ª79.90813.667380

CategoríasSalarios

1ª Columna2ª Columna

DiarioMensual

Actividade

Día naturalMes

PuntualidadeOrdeAsistenciaTransp.

Garda ou vixilante72.63872.638380
Ordenanza72.63812.336380
Porteiro72.63812.336380
Mozo dos recados68.60612.336380
Persoal de limpeza418 ptas./hora11.738380

3) Persoal administrativo e mercantil
Xefe de oficina96.47216.599380
Oficial administrativo 1ª87.69815.092380
Oficial administrativo 2ª80.37813.811380
Auxiliar administrativo72.81012.46032106102380
Aspirante administrativo68.60711.742380
Telefonista72.81012.460380
Viaxante/vendedor80.36713.811380
Corredor de plaza72.81012.588380

4) Persoal técnico de organización de traballo
Xefe de organización de 1ª98.85615.146380
Xefe de organización de 2ª94.15014.426380
Técnico de organización de 1ª90.13613.811380
Técnico de organización de 2ª80.08913.707380
Auxiliar de organización72.81012.460380
Aspirante técnico68.60711.742380

5) Persoal técnico

Subgrupo A

Xefe de obradoiro94.15014.426380
Proxectista90.13514.426380
Delineante80.08913.696380
Auxiliar delineante72.81013.223380

Subgrupo B
Director xerente199.62834.480380
Titulados grao superior137.31023.712380
Titulados grao medio124.82921.558380

ANEXO IV

CategoríasValores

ActividadePuntos

60 puntosExceso

Encargado xeral 765255
Encargado de sección 765255
Oficial preparador-trazador 765255
Oficial de 1ª 765255
Oficial de 2ª 765255
Especialista serie/semiserie 765255
Oficial montador-oficial de 3ª 765255
Axudante 765255
Peón 6792,16

ANEXO V

Calendario laboral ano 1997

MesD.LabSábadosDomingosFestivosVacac.

e pontes

Días ano

Xaneiro204421p31
Febreiro20440028
Marzo19552031
Abril22440030
Maio204421p31
Xuño21450030
Xullo21442031
Agosto655114v31
Setembro21441030
Outubro23440031
Novembro20451030
Decembro143437v31
Totais22749521423 Labor.365

Festivos e vacacións

Xaneiro1MércoresAninovoFestivo
Xaneiro6LunsReisFestivo
Marzo27XovesXoves SantoFestivo
Marzo28VenresVenres SantoFestivo
Maio1XovesDía Intern.traball.Festivo
Maio17SábadoLetras GalegasFestivo
Xullo11VenresS. BieitoFestivo local
Xullo25VenresDía de GaliciaFestivo
Agosto15VenresAsunción da VirxeFestivo
Setembro29LunsLuns do CristoFestivo local
Novembro1SábadoSantosFestivo
Decembro6SábadoDía ConstituciónFestivo
Decembro8LunsInmaculadaFestivo
Decembro25XovesNadalFestivo

Vacacións:

1º período:

1ª quenda (persoal obreiro) do 4 ó 24 de agosto de 1997.

2ª quenda (resto persoal) do 11 de agosto ó 31 de agosto de 1997.

2º período: do 20 ó 31 de decembro de 1997.

Días de traballo ano: 227.

Horas de traballo: 1.816.

Nota: os días 3 de xaneiro e 2 de maio serán xornadas non laborables neste ano 1997, co fin de adapta-la xornada anual á 1.816 horas.

ANEXO VI

1º Persoal obreiro:

Encargado xeral. É o productor que, nomeado pola empresa ou pola delegación desta, leva a dirección, orde e organización da fabrica ou obradoiro, distribuíndo os traballos e coñecendo o que se efectúa nas distintas seccións.

Encargado de sección. É o productor nomeado pola empresa que, baixo as ordes desta ou do xefe de obradoiro, se o houber, leva a dirección técnica da sección determinada e sabe executar, planear e preparar tódolos traballos desta.

Oficial preparador-trazador. É o productor que sabe interpretar toda clase de plantas e planos e sinala e prepara a madeira que debe entregárselles ós demais operarios do obradoiro.

Oficial de primeira. Inclúense nesta categoría os productores capaces de interpretar toda clase de plantas e planos, así como de trazar, de sinala-la madeira e que empezan e rematan tódolos traballos que se lle encomendan, calquera que sexa a súa clase e estilo.

Oficial de segunda. É o productor que, dándolle xa a madeira preparada e trazada, empeza e remata o traballo que se lle encomenda, calquera que fora a súa clase e estilo.

Oficial de terceira. É o productor que, tendo realizado a aprendizaxe dun oficio determinado de xeito cualificado, realiza con responsabilidade tódalas tarefas laborais propias do seu nivel.

Especialista en serie e semiserie. É o productor que, na fabricación de serie e semiserie realiza unha funcion repetida, que pode considerarse como unha fase dos traballos.

Oficial montador. É o productor que, na fabricación de serie e semiserie, chegándolle preparadas as distintas partes ou elementos do moble ten por misión montalo, axustalo e repasalo, deixándoo a xeito para o pulimento.

Axudante. É o productor que realiza algúns dos traballos dos oficiais e axuda a estes no seu cometido.

Aprendiz. É aquel que, mediante oportuno contrato especial de aprendizaxe, ingresa no obradoiro para aprender o oficio.

Peón. É o productor que se emprega nos labores secundarios da industria para os cales só se lle require a achega da súa atención e esforzo físico.

2º Persoal subalterno:

Capataz de peóns especialistas. É o traballador que reúne condicións prácticas para poder dirixir un grupo de obreiros nos labores que esixen algo máis que có esforzo físico, como por exemplo, operacións de carga e descarga, distribución de materiais e persoal para obte-lo mellor rendemento, maior vixilancia, etc.

Capataz de peóns. É o traballador que dirixe e vixía os traballos realizados polos peóns ordinarios e que exerce sobre eles funcións de mando.

Almaceneiro. É o traballador encargado de recibir mercadorías e despacha-los pedidos no almacén e rexistrar nos libros o movemento que houbo na xornada.

Muller da limpeza. A remuneración deste persoal, cando traballe por horas, será por hora o que polo mesmo espacio de tempo lle corresponde ó peón. Se traballa toda a xornada, a remuneración será a xeral establecida para a muller na lexislación vixente.

Conductor de vehículo mecánico. É o traballador que ten como misión conduci-los vehículos de tracción mecánica adicados ó transporte de mercadorias e materiais.

O conductor con coñecementos abondos de mecánica, para a reparación de pequenas avarías, considerarase na súa respectiva industria como oficial de primeira. O que sexa soamente conductor será considerado como oficial de segunda.

Garda ou vixilante. É o traballador que ten como encomenda gardar ou vixia-lo recinto (obradoiro, fábrica, departamento, etc.) que se lle encomendara.

Ordenanzas. É o traballador que ten como misión facer recados, copiar documentos na prensa, recoller e entregar correspondencia, cobrar facturas e outros cometidos propios da súa profesión.

Cando este traballador se dedique de xeito principal ó cobramento de facturas equipararase en remuneración e demais condicións de traballo ó auxiliar administrativo.

Porteiro. É o traballador que, de acordo coas instruccións recibidas dos seus superiores, coida os accesos á fábrica ou locais e realiza á vez funcións de custodia e vixilancia.

Mozo dos recados. É o traballador maior de dezaseis anos e menor de dezaoito anos, encargado de transmitir cantas mensaxes, recados ou misións se lle confíen, tanto no interior coma no exterior do local onde presta os seus servicios.

Os mozos de recados, cumpridos os dezaoito anos, pasarán automaticamente a ordenanzas, se é que existise esta categoría na empresa na que traballan.

3º Persoal administrativo e mercantil:

Xefe de oficina. É o empregado, provisto ou non de poder, que leva a responsabilidade directa dunha ou máis seccións, está encargado de imprimirlles unidade.

Oficial de primeira. É o empregado que ten ó seu cargo un servicio determinado, dentro do cal exerce a iniciativa e posúe responsabilidade, con ou sen outros empregados ás súas ordes.

Consideraranse incluídos nesta categoría: o caixeiro de cobro e pagamento, sen sinatura nin fianza; o taquimecanógrafo en lingua estranxeira; o encargado das facturas e cálculo destas, estatística, transcricións nos libros de contas correntes, diario maior e correspondencia, etc., e o encargado de cálculo e liquidacións de seguros sociais.

Oficial de segunda. É o empregado de oficina, que, con iniciativa e responsabilidade restrinxida, efectúa funcións auxiliares de contabilidade e coadxuvantes desta, transcricións nos libros, arquivos, ficheiros e demáis traballos semellantes correspondentes á sección, negociado ou servicio ó cal pertenzan.

Auxiliar. É o empregado da oficina que, sen iniciativa, se dedica dentro da oficina a operacións elementais administrativas e, en xeral, ás puramente mecánicas inherentes ó traballo daquela.

Cando un empregado, á parte de desenvolver funcións propias das esixidas ós auxiliares no parágrafo anterior, está encargado do cometido ou cometidos que levan anexa iniciativa e responsabilidade restrinxida, deberá ser clasificado como oficial de segunda administrativo.

Aspirante. Entenderase por aspirante aquel que, cumpridos os dezaseis anos, ingresa na empresa para iniciarse nos labores propios de oficina. Transcorrido o período de proba e cumpridos os dezaoito anos, pasará a considerarse como auxiliar administrativo, no momento no que exista praza vacante nesta categoría.

Telefonista. É o empregado que ten como única e exclusiva misión a de estar ó coidado e servicio da centraliña telefónica.

Viaxante. É o empregado que, ó servicio exclusivo da empresa, realiza as habituais viaxes, segundo ruta previamente sinalada, para ofrecer artigos, tomar notas de pedidos, informa-los clientes e transmiti-los encargos recibidos, podendo ser empregado pola empresa no establecemento fóra do tempo adicado ás viaxes.

Corredor de praza. É o que ten o cometido análogo ó do viaxante na localidade ou praza asignada e a quen a empresa pode empregar igualmente no establecemento dentro da xornada de traballo nas horas libres.

4º Persoal técnico:

Xefe de organizacion de 1ª. É o técnico que, con mando directo sobre os oficiais técnicos de organización e xefes de sección da organización de segunda e ás ordes dos seus superiores, ten a responsabilidade do traballo, disciplina e seguridade do persoal, de acordo coa organización da empresa ata o límite no que quede fixada a súa autoridade polo Regulamento do réxime interior desta. A súa actuación está subordinada a motivos prefixados, dentro dos cales e con iniciativa propia, realiza toda clase de estudios de tempos e melloras con métodos, programación, formulación, inspección e control en tódolos casos. Deberá saber interpretar toda clase de planos, interpretación e distribución das fichas completas e facer avaliacións de materias precisas para traballos dos que se obteñan, os datos tanto nos planos coma na obra. Poderá exercer misións de xefe dentro do ámbito das

funcións referentes a utilización das máquinas, instalacións e man de obra, progreso, lanzamento, custos e resultados económicos.

Xefe de organización de 2ª. As funcións serán en todo semellantes ós de xefe de organizacion de 1ª, coa diferencia da complexidade do traballo que se van desenvolver pola sección que mande, a xuízo libre da empresa.

Técnico de organización de 1ª. É o técnico que, procedente dalgunha das categorías profesionais ou de oficio, está ás ordes dos xefes da sección de 1ª ou 2ª, se estes existisen, e realiza os traballos seguintes, relativos as funcións da organización científica do traballo: cronometraxe e estudio do tempo de calquera clase, estudios de melloras de métodos na saturación de equipos de calquera número de operarios, cálculos económicos, confección das normas ou tarifas de traballo de dificultade media, confección de fichas completas, definicións de lotes ou conxuntos de traballos coa finalidade da programación, cálculos dos tempos de traballo destes, establecemento de cadros de carga, en todo-los casos; establecemento das necesidades completas de materiais, partindo de datos obtidos nos planos ou na obra, aínda contando con dificultades de apreciacións; despezamentos de tódalas clases e esbozos conseguintes, inspección e control, colaboración no establecemento da orde de montaxe para

lotes de pezas ou zona de funcións de formulación xeral da producción, colaboración e resolución dos problemas de formulación das dificultades medias e representacións gráficas.

Técnico de organización de 2ª. É o técnico que, ademais de face-los traballos propios de auxiliar da organización, realiza os seguintes: cronometraxe de todo tipo, colaboración na selección de datos para a confección das normas, estudio dos métodos de traballo e dificultade media e saturación de equipo de ata tres variables, confección e fichas completas de dificultade media, cálculos económicos, informador de obra con difilcultades de apreciación na toma de datos, definición de conxunto de traballo con indicacións precisas dos seus superiores, cálculos de tempo tomados sobre plano e obra de dificultade media, despezamento de dificultades medias e esbozo conseguinte, avaliación das necesidades en materiais no caso de dificultade normal, inspección e control, colaboración en funcións de formulación e representacións gráficas.

Auxiliar de organización. É o empregado maior de dezaoito anos que realiza os traballos sinxelos de organización científica do traballo, tales como cronometraxes sinxelas, acumulación de datos con directrices ben definidas, revisión e confección de follas de traballo, análise e pagamento, control de operacións sinxelas, arquivo e numeración de planos e documentos, fichas de materiais e fichas de movementos de

pedidos (labor esencialmente de transcrición de información), cálculos de tempo partindo de datos e normas ou tarifas ben definidas e representacións gráficas.

Aspirante técnico. Entenderase por aspirante aquel que, cumpridos os dezaseis anos, ingresa na empresa para iniciarse nos labores propios da organización do traballo.

5º Persoal técnico:

Subgrupo A:

Xefe de obradoiro. É o empregado que asume a xefatura do obradoiro, sendo da súa incumbencia a organización e responsabilidade de traballo que nel se realiza, o deseño de ferramentas, dispositivos e útiles que se precisen; a vixilancia do gasto, tanto destes coma dos combustibles; enerxía, lubricantes, etc..., a redacción de orzamentos, o estudo de producción, rendemento e elementos necesarios para mellora-la fabricación.

Proxectista. É aquel empregado que, en calidade de director artístico, intervén na confección e execución dos planos e debuxos, debendo ter coñecementos para proxectar no bosquexo e adopta-los que logo deben desenvolver.

Delineante. É o empregado que está capacitado para o completo desenvolvemento do proxecto, levantamento de planos de conxunto e detalle, sexan do natural ou do esquema e anteproxectos estudiados; interpretación de planos, cubicacións e transportacións de menor contía.

Auxiliar analista. É aquel, empregado que, ás ordes dos seus superiores técnicos, efectúa probas en serie e análise, aténdose exclusivamente ás instruccións recibidas.

Subgrupo B:

Titulados de grao superior e grao medio. É o que está en posesión dun título ou diploma oficial de grao superior ou medio, que está unido á empresa por un vínculo de relación laboral concertado, en razón do título que posúe para exercer funcións específicas para as que este o habilita e sempre que preste os seus servicios na empresa con carácter exclusivo ou preferente.

6991