Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.227

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do pacto de empresa de Envases Metálicos de Vigo, S.A.L.

Visto o texto do convenio da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L., que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 23-6-1997, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos traballadores dela, convenio ou pacto de empresa, que por non estar subscrito por unha representación sindical pola parte social, non ten a consideración de convenio colectivo estatutario nin extraestatutario, senón de mero pacto de empresa. E a teor do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por canto razóns de interese público en orde á publicidade del para garantía dos dereitos dos traballadores, así o aconsellan, así como a teor do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de

traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de xullo de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio de Envases Metálicos de Vigo, S.A.L. 1997

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito.

O presente convenio regulará as condicións laborais da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L.,

e do persoal que nela presta os seus servicios, así como de todo aquel que ingrese no futuro durante a vixencia ou prórroga del. Quedan excluídos deste convenio, só para os efectos económicos, os postos denominados de funcións directiva, que quedan amparados por este convenio para os demais efectos.

Artigo 2º.-Normas supletorias. Preeminencias.

Serano o Estatuto dos traballadores, a Ordenanza laboral da industria metalgráfica.

O pactado e preeminente sobre a ordenanza. Se a lexislación supera en algo o convenio, rexerá o disposto na lexislación.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio terá unha duración dun ano.

Entrará en vigor para tódolos efectos o día 5 de xuño de 1997 ata o 31 de decembro do mesmo ano. O convenio quedará automaticamente denunciado coa antelación de tres meses respecto da data do seu vencemento, non obstante, subsistirán os seus preceptos ata a entrada en vigor do que substitúa.

Artigo 4º.-Dereitos adquiridos.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas colectivas e ad personam existentes sempre que, no seu conxunto e en cómputo anual, sexan superiores ás establecidas no presente convenio.

Capítulo II

Retribucións

Artigo 5º.-Salarios.

Establécese como salario base mínimo para cada categoría profesional o específico na táboa salarial, columna A do anexo I do presente convenio, entendéndose que para as categorías que o teñen determinado diariamente se percibirá por día natural sobre as cantidades fixadas no devandito anexo, calcúlanse as antigüidades, os beneficios, as gratificacións extraordinarias, os sobresoldos de asistencia e puntualidade.

En caso de que o IPC rexistrado o 31 de decembro de 1997 sufra un incremento superior ó 2,6, efectuarase unha revisión salarial tan pronto como se constate oficialmente a dita circunstancia, no exceso sobre a indicada cifra. Tal incremento aboarase con efecto desde o 1-7-1997.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de fomentar unha política social solidaria que favoreza a creación de emprego, acórdase a suspensión das horas extraordinarias habituais; non obstante, realizaranse aquelas que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios urxentes, así como en caso de risco de perda ou deterioración de materias primas.

Así mesmo, se realizarán horas extraordinarias unha vez oídos os representantes dos traballadores, por pedidos puntuais de producción, ausencias imprevistas, etc.

Terán carácter de horas estructurais para os efectos da cotización á Seguridade Social, as horas ás que se fai referencia no apartado anterior e sempre que non poidan ser substituídas mediante contratacións temporais ou a tempo parcial, previstas na lei.

O importe das horas extraordinarias é o fixado na columna C do anexo, sen que sexa aplicable outro criterio.

Non se realizarán horas extras durante os períodos de inactividade dos traballadores con contrato fixo-discontinuo.

Artigo 7º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal percibirá unha gratificación extraordinaria en cada un dos meses de xuño (antes do día 20) e decembro (antes do día 22), calculadas sobre o salario base da columna B do anexo, máis a antigüidade que corresponda e incentivo de productividade, por un importe de trinta días de salario.

Estas gratificacións serán rateadas polo persoal que ingrese ou cesase no transcurdo do ano, e computaranse para estes efectos como traballados, os días de paro de persoal fixo discontinuo e os días de ausencia por accidente e baixa por maternidade.

Artigo 8º.-Participacións beneficios.

A gratificación de beneficios aboaranse en conformidade có establecido no artigo 56 da Ordenanza laboral para as industrias metalgráficas, calculado sobre o salario que figure para cada categoría profesional no anexo. Quedan sin efecto o apartado 2º do citado artigo 56.

Artigo 9º.-Organización do traballo.

A organización do traballo corresponde ó empresario, quen o levará a cabo a través do exercicio regular das súas facultades de organización económica e técnica, dirección e control do traballo e das ordes necesarias para a realización das actividades laborais correspondentes.

O establecemento dun sistema de traballo e rendemento deberá de ser negociado en comisión paritaria, constituída polos representantes e pola dirección da empresa.

Os salarios fixados no presente convenio corresponden a un rendemento de traballo de 60 puntos Bedaux e o seu equivalente nos restantes sistemas de remuneración.

Fíxase un incentivo do 5% do salario base para tódolos traballadores que teñan dereito a el, segundo vén recollido no seu control de traballo.

Artigo 10º.-Traballo nocturno.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as dez da noite e as seis da mañá, terán unha retribución específica consistente no aboamento dun sobresoldo cifrado no 37,5% do salario base aplicable a cada categoría profesional.

Artigo 11º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por ano de servicio, consistentes no aboamento de quinquenios do 5% do salario base correspondente a cada categoría profesional, co límite de cinco quinquenios.

Os quinquenios comezarán a computarse a partir da data inicial de ingreso na empresa e o seu importe percibirase desde o primeiro día do trimestre natural en que se cumpra o vencemento.

Para o cómputo de antigüidade, no que respecta a aumentos periódicos, terase en conta todo o tempo servido na mesma empresa e considerarase como efectivamente traballado tódolos meses e días nos que o traballador estivo de alta na Seguridade Social, excepto o tempo de excedencia forzosa para cargo público ou sindical, así como o da prestación do servicio militar ou prestación substitutoria.

Capítulo III

Xornada laboral, vacacións, permisos e excedencias

Artigo 12º.-Xornadas.

A xornada será de 1.776 horas en cómputo anual, distribuídas de acordo co calendario pactado, en xornada continua de 6 a 14 horas e de 14 a 22 horas.

Artigo 13º.-Vacacións.

Todo o persoal disporá de 30 días naturais de vacacións, dos cales polo menos 21 serán ininterrumpidos entre o vinte de xuño e o quince de setembro e a empresa deberá elabora-lo correspondente calendario con anterioridade ó 31 de marzo, tralo informe dos delegados de persoal e salvo, en ámbolos supostos, que causas derivadas da producción e organización do traballo o impidan.

As vacacións serán proporcionais ó tempo traballado para o persoal con contrato eventual ou temporal, e computaranse para estes efectos, como traballados, os días de paro do persoal fixo discontinuo, que desfrutarán na súa totalidade.

A distribución destas vacacións farase por acordo entre a empresa e o seu persoal.

Todo o persoal que antes ou durante o período de vacacións entre en situación de ILT, ou baixa por accidente, terá dereito ó desfrute delas ou á parte pendente, sempre que cause alta antes do remate do ano natural.

O persoal que, por necesidades da empresa, non desfrute as vacacións no período acordado no calendario laboral, terá unha compensación de 1.500 ptas. diarias durante os días que o persoal desfruta das vacacións do mesmo período.

Artigo 14º.-Sobresoldo de asistencia e puntualidade.

A empresa aboará un sobresoldo de asistencia e puntualidade consistente no 10% do salario fixado

para cada categoría profesional na columna A do anexo do presente convenio, incrementado en antigüidade, incentivo de producción e participación de beneficios.

Este sobresoldo computarase por períodos mensuais e terá dereito a el todo o persoal que non tivese máis de dúas faltas de asistencia ou puntualidade durante o dito período.

Non obstante o disposto no parágrafo anterior, o dito sobresoldo percibirase igualmente nos seguintes supostos en concreto:

A) Canto o traballador se ausente por cumprir funcións de carácter sindical nos cargos representativos.

B) Os motivados polo artigo 15º.

C) Durante os períodos regulamentarios de vacacións.

D) Mediante o permiso motivado por parte da muller ou intervención cirúrxica dos familiares comprendidos no apartado B.

E) Cando o traballador se ausente por causas de citacións xudiciais ou gobernativas ou por asistir a algún exame para estudios oficiais, incluso o obrigatorio para obte-lo permiso de conducción ou para a obtención ou renovación do DNI.

F) Durante os días que o traballador estea de baixa orixinada por accidente laboral.

Todos estes supostos deberán xustificarse suficientemente.

Artigo 15º.-Permisos.

Os traballadores, de avisaren coa suficiente antelación, terán dereito a permisos retribuídos co salario contractual ou pactado, polas seguintes causas:

1. Tres días naturais por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata primeiro grao, tanto por afinidade como consanguinidade. Dous días naturais para netos e familiares ata segundo grado tanto en afinidade como consanguinidade. E un por falecemento de tíos en grao de consanguinidade.

No caso de que o traballador necesitase facer algún desprazamento, o prazo incrementarase a dous días máis.

2. Tres días naturais por parte da muller.

3. Un día natural en caso de cesamento de fillos, irmáns ou pais.

4. Quince días naturais en caso de casamento.

5. Un día por traslado de domicilio.

6. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido, en máis do 20% das horas laborables, nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado a situación de excedencia regu

lada no apartado 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o seu importe do salario ó que tivera dereito na empresa.

7. Polo tempo necesario para asistir a consulta médica e con xustificación posterior se non pode ser anterior.

Nota: as referencia o cónxuxe contidas neste artigo esténdense as parellas de feito, se hai un coñecemento previo por parte da empresa garantido mediante un certificado de convivencia expedido polo concello.

Artigo 16º.-Excedencia forzosa.

Os traballadores elixidos para desempeñar cargos de responsabilidade no seu sindicato e que deban dedicarse por completo ó desempeño das súas tarefas poderán solicitar voluntariamente a excedencia polo tempo que dure a situación, transcorrido o cal, reincorporaranse ós seus postos de traballo, sempre e cando se solicite antes de transcorrido un mes contado desde a data en que cesase nos referidos cargos.

Artigo 17º.-Excedencia voluntaria.

O traballador cunha antigüidade mínima dun ano na empresa, terá dereito a excedencia voluntaria por prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. O traballador que desfrutase de excedencia non poderá solicitala de novo ata transcorridos catro anos desde a súa incorporación ó traballo, esgotada aquela.

Artigo 18º.-Protección e maternidade.

Nos casos de embarazo, se as condicións de traballo puidesen aumenta-lo risco de aborto ou malformación do feto, a traballadora terá dereito a cambiar a outro posto de traballo que non implique risco para a saúde da nai nin do feto.

A traballadora en estado de xestación e lactación non poderá traballador por quendas nin realizar traballos nocturnos.

A traballadora, por lactación dun fillo menor de nove meses, terá dereito a unha hora de reducción da xornada normal.

Capítulo IV

Réxime de traballo

Artigo 19º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá ós seus traballadores de dous equipos de roupa de traballo ó ano, entendéndose por tales os integrados por mono ou bata ou chaqueta; pantalón ou similares, segundo as normas de uniformidade acordadas pola dirección.

Así mesmo, a empresa dotará ó persoal dun par de botas.

Artigo 20º.-Contratación temporal e especial.

A empresa informará previamente ós delegados de persoal das causas motivadas da contratación temporal, eventual, a tempo parcial e aprendizaxe; así como respecto do chamamento ou cesamento dos traballadores fixos-discontinuos non se efectuarán contratación eventual ou temporal para levar a cabo tarefas propias da empresa.

Os contratos eventuais por circunstancias de producción (R.O. 2546/1994), realizaranse ó abeiro do convenio interprovincial para a industria da metalgráfica.

Así mesmo, serán informados os representantes do persoal do número de contratos de carácter temporal ou eventual ou especial e das súas características, e terán coñecemento das prórrogas que nos ditos contratos se produzan e dos novos que se establezan.

Os representantes do persoal coñecerán a natureza e o desenvolvemento dos contratos de formación profesional, comprobarán a efectividade e calidade dela, poñerán, así mesmo, de manifesto o seu criterio sobre os particulares que se conteñen nos parágrafos anteriores.

Os representantes do persoal terán coñecemento dos censos de traballadores eventuais.

En todo caso, a empresa dará exacto cumprimento a canto sobre o particular se establece na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

Capítulo V

Acción social

Artigo 21º.-Revisión médica.

A empresa garantirá ó seu persoal unha revisión médica anual que será realizada por especialistas en enfermidades laborais, de acordo coas normas vixentes sobre seguridade e hixiene no traballo, e deberá entregar ó trabalaldor comunicado, informe ou libreta médica, acreditativos dos resultados obtidos na dita revisión, de mediar solicitude, en tal sentido, por parte do interesado.

Pola súa parte, a empresa informará ós delegados de persoal de seguridade e hixiene do traballo ou ó vixiante de seguridade, se é o caso, acerca da situación sanitaria do cadro de persoal.

Corresponderá á comisión paritaria do convenio o coñecemento en primeira instancia dos conflictos que puideran presentarse en relación con este tema, e no suposto de que os hubera, poderá aquela solicitar, de consideralo oportuno, o asesoramento dos organismos máis competentes na materia.

Artigo 22º.-Seguridade e hixiene.

A empresa está obrigada ó cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo en materia de aseos, vestiarios, dotacións sanitarias, etc. de conformidade coa ordenanza xeral de seguridade e hixie

ne vixente, e o cumprimento do artigo 19 do Estatuto dos traballadores, para o efecto do cal se nomeará un vixilante de seguridade na empresa.

Artigo 23º.-Invalidez parcial.

Cando ó traballador lle sexa concedida a incapacidade permanente parcial para a súa profesión habitual, a empresa terá a obriga de admitilo e darlle un traballo que non supoña diminución na súa remuneración, senón que haberá que manterlla na contía íntegra que lle corresponda segundo a súa categoría profesional, sempre que a causa da súa incapacidade fora producida por accidente laboral.

Artigo 24º.-Servicio militar.

O traballador que se incorpore ó servicio militar con carácter oficial ou voluntario ou preste o servicio social substitutorio terá reservado o seu posto de traballo durante o tempo de duración deste e un mes máis, e computarase todo este tempo para os efectos da antigüidade na empresa.

Durante o tempo que permaneza no servicio militar ou social substitutorio, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias establecidas no presente convenio.

Artigo 25º.-Anticipos.

A empresa, se a súa situación o permite, poderá anticipar, só en casos especiais, o valor dunha paga extra que será amortizada co non aboamento dela na data correspondente; o dito anticipo concederase nun númeo non superior ó 20% de cadro de persoal fixo.

Artigo 26º.-Axuda de estudios.

Aboarase mensualmente a cada traballador a cantidade de 1.875 ptas. por fillo en idade escolar, entre os tres e os dezaseis anos.

Artigo 27º.-Axuda minusválidos.

Ós traballadores beneficiarios da prestación por fillo minusválido da Seguridade Social, a empresa aboaralles 13.000 ptas./mes como axuda, nos mesmos casos e condicións que establece a normativa vixente para o suposto e calquera que sexa a antigüidade do traballador na empresa.

Artigo 28º.-Accidente de traballo e maternidade.

Desde o primeiro día a empresa completará ata o 100% do salario do traballador as prestacións correspondentes á Seguridade Social, en caso de ILT por accidente laboral e baixa por maternidade.

Artigo 29º.-Falecemento ou incapacidade de traballo.

En caso de falecemento do traballador ou invalidez permanente e absoluta non laborables, aboarase ós seus dereito habentes ou, se é o caso, ó interesado, a cantidade de 300.000 ptas. Esta cifra elevarase a 600.000 ptas. nos mesmos supostos cando teña carácter laboral.

Artigo 30º.-Axudas de custo e utilización do vehículo propio.

No caso de desprazamento do traballador por conta da empresa, esta aboará a aquel 6.000 ptas. en concepto de media axuda de custo.

A utilización do vehículo propio para o servicio da empresa compensarase co aboamento de 30 ptas./quilómetro.

Artigo 31º.-Xubilación.

Aqueles traballadores que se xubilen entre os 60 e os 65 anos (ambos inclusive) percibirán por unha vez a cantidade de 300.000 ptas.

Cando a xubilación teña lugar mediante acordo de empresa e traballador, este terá dereito á percepción por unha vez das seguintes cantidades:

-Xubilación ós sesenta anos: 12 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e un anos: 10 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e dous anos: 8 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e tres anos: 6 mensualidades.

-Xubilación ós sesenta e catro anos: 5 mensualidades.

Artigo 32º.-Transporte e sobresoldo de distancia.

A empresa facilitará o medio de transporte a todo o persoal para o traslado de Vigo ó Porriño e viceversa.

Capítulo VI

Dereitos sindicais

Artigo 33º.-Asembleas.

Os traballadores teñen dereito a reunirse en asemblea, que será convocada e presidida polos representantes do persoal. Da convocatoria e da orde do día darase traslado previamente á dirección da empresa.

Os traballadores terán dereito a dúas horas anuais retribuídas por realizar asembleas no termo do primeiro parágrafo deste artigo.

Artigo 34º.-Dereitos sindicais.

A empresa computará o dereito de tódolos traballadores a sindicarse libremente e autorizará que os traballadores dun determinado sindicato poidan realizar reunións, recadar cotas e distribuír información sindical, todo isto fóra das horas de traballo, sen pertuba-la actividade normal da empresa nin interrompe-lo desenvolvemento do proceso productivo.

A empresa contará cun taboleiro de anuncios a disposición dun sindicato e do delegado de persoal.

Artigo 35º.-Horas sindicais.

Os delegados de persoal da empresa disporán dun crédito de representación de 25 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións. Os delegados de persoal da empresa poderán acumular nun ou varios dos seus compoñentes as horas sindicais correspondentes.

Artigo 36º.-Expediente disciplinario.

Para proceder á sanción das faltas graves e moi graves en que o persoal poida incorrer, será preceptiva a tramitación do expediente contradictorio no que dará audiencia ó interesado co fin de que poida alegar canto na súa defensa considere oportuno. Das anotacións practicadas darase conta simultaneamente ós representantes legais dos traballadores.

Artigo 37º.-Acoso sexual.

Considérase que o acoso sexual no traballo é todo comportamento verbal ou físico de carácter ou connotación sexual que se dea no ámbito das relacións laborais; a persoa que o realiza sabe ou debe saber que este comportamento non é desexado pola persoa da que é obxecto, incidindo a negativa ou aceptación das centrais sindicais con representación na empresa.

Considerarase falta grave cando o acoso sexual se produza entre compañeiros de traballo.

Considerarase falta moi grave cando o acoso sexual o leve a cabo un mando ou xefe do empregado.

Disposicións adicionais

Primeira.-Para a interpretación e o cumprimento das cláusulas pactadas neste convenio, establécese unha comisión mixta paritaria que estará integrada polas partes negociadoras deste convenio.

Segundo.-Sendo a falta de regularidade no traballo característica da empresa, faise constar, e así se pacta, que cada suspensión de traballo do traballador fixo-discontinuo non se considera extinguida, senón tan só interrompida a relación laboral; ó ser esta suspensión derivada da falta de regularidade no traballo, consubstancial ó desenvolvemento da industria, non se considerarán estas debidas á concorrencia das causas económicas ou translúcidas. As suspensións doutras características terán a regulación establecida na normativa vixente en cada caso; para tal efecto a tódolos traballadores seranlles aplicadas as seguintes condicións:

1º A empresa garantirá a tódolos traballadores fixos-descontinuos unha asistencia de 181 días de traballo ó ano que correspondan a festivos, sábados, domingos, parte proporcional de vacacións e días de traballo efectivo.

2º Os traballadores deberán ser chamados de forma gradual, en función das necesidades que existan en cada momento ó volume de traballo que haxa que desenvolver e deberá efectuarse dentro de cada especialidade por orde rotativa e sucesiva, de modo tal

que cumpran aproximadamente tódolos traballadores o mesmo período útil de traballo cada ano.

O chamamento do persoal efectuarase mediante a oportuna comunicación que ha de practicarse de forma comprobada e o traballador terá un prazo de 48 horas (dous días) dentro do que pode incorporarse ás tarefas.

3º En caso de producción e incumprimento de chamamento ó traballo, o traballador poderá presentar reclamación por despedimento ante a xurisdicción competente, iniciándose o prazo para iso o día que tivera coñecemento da falta de convocatoria.

4º Durante o período de inactividade do persoal fixo-discontinuo non se realizarán horas extraordinarias de ningunha índole, excepto aquelas de forza maior que se acordarán co comité de empresa.

5º A empresa completará a prestación ata o 80% da base reguladora que utilizou o INEM, para conceder a devandita prestación, durante os períodos de cobramento da prestación por desemprego.

Terceira.-A citada táboa de remuneracións entrará en vigor a partir do 5 de xuño de 1997.

Cuarta.-O idioma dun pobo constitúe un dos seus sinais de identidade fundamentais e un dos seus patrimonios máis preciados, así como é a base das súas relacións humanas. Galicia conta co privilexio de ter unha lingua antiga e rica, que é a nosa obriga coidar e potenciar.

Os traballadores teñen dereito a desenvolve-la actividade laboral e profesional en lingua galega.

No seo da empresa, a dirección e os representantes dos traballadores fomentarán o uso da lingua galega.

Comisión negociadora. A comisión negociadora do presente convenio estuvo integrada, por parte da empresa, por Rosa Ana González Froiz, e por parte dos traballadores, Carmen Bernárdez Villar, Enrique Campo Carrera e Ricardo Rodríguez Fernández.

TÁBOA DE SALARIOS 1997

Categorías

Salario día

(A)

Salario mes

(B)

Horas Ext.

(C)

1. Persoal obreiro
Aprendiz 16 anos2.334 70.020
Aprendiz 17 anos2.686 79.080
Aprendiz 18 anos2.781 83.430
Peón3.084 92.5201.436
Especialista 2ª3.176 95.2801.476
Especialista 1ª3.244 97.3201.508
Oficial 3ª3.328 99.8401.545
Oficial 2ª3.363100.8901.579
Oficial 1ª3.620108.6001.687
Ofic. Espc. Litograf.3.843115.2901.787
Capataz3.308 99.2401.545
Encargado sección3.957118.7101.837
Garda nocturno3.163 94.8901.476
Porteiro3.163 94.8901.476
Ordenanza3.163 94.8901.476
Almaceneiro e listeiro3.307 99.2101.545

2. Persoal administrativo
Aspirante 16 anos2.355 70.6501.090
Aspirante 17 anos2.720 81.6001.255

Categorías

Salario día

(A)

Salario mes

(B)

Horas Ext.

(C)

Telefonista3.207 96.2101.479
Auxiliar3.368101.0401.548
Oficial 2ª3.438103.1401.585
Oficial 1ª3.671110.1301.689
Xefe segunda4.073122.1301.876
Xefe primeira4.221126.6301.948

3. Persoal técnico
Delineante, debuxante
Proxectista 3ª3.542106.2601.636
Proxectista 2ª3.692110.7601.705
Proxectista 1ª3.995119.8501.774
Mestre encargado4.221126.6301.948
Técnico organización3.945118.3501.689
Xefe organización4.222126.6601.948
Titulado grao medio4.231126.9301.949
Titulado grao superior5.572167.1602.438

Os abaixo asinantes, traballadores da empresa Envases Metálicos de Vigo, S.A.L. (Emvisal), damos a nosa conformidade ó convenio acordado pola representación da empresa e os traballadores, Carmen Bernárdez Villar, Enrique Campo Carrera e Ricardo Rodríguez Fernández, para o ano 1997.

Avelina Abalde Correa, DNI 36010838.

Eugenia Alonso Abalde, DNI 36027945.

Dolores Alonso Cerqueira, DNI 35021889.

Luciano Ballesteros Fernández, DNI 35941954.

Avelino Barreira García, DNI 34705523.

Hilario Blanco Fernández, DNI 34719289.

Alicia Carracedo, DNI 35543378.

María Alcira Costas Rodal, DNI 35988991.

Albina Costas Vidal, DNI 36005333.

Isabel Milagros Cobelo Rajo, DNI 36026686.

José Luis Díaz Barge, DNI 35966074.

José Germán Fernández González, DNI 76596805.

José Ramón Fernández González, DNI 32602750.

Ana García Costas, DNI 78730320.

Miguel Gómez Fernández, DNI 36034847.

Purificación González Pérez, DNI 35765060.

María Ángeles Graña Graña, DNI 33821372.

María Teresa Iriarte San Martín, DNI 35999273.

Serafina López Costas, DNI 35982020.

María Amparo Loureiro Prieto, DNI 36021090.

María Isabel Loureiro Prieto, DNI 36029931.

Benjamín Núñez Romano, DNI 34868089.

María del Carmen Orge Iglesias, DNI 35986490.

Josefa Pampillón Giráldez, DNI 76984309.

Miguel Ángel Pérez Paramos, DNI 35547871.

Fernando Pérez Soto, DNI 35999663.

Benita Celia Porto Carracedo, DNI 76890093.

María Dolores Rodríguez Caride, DNI 36000371.

Roberto Rodríguez Conde, DNI 34578909.

Paulina Sánchez Raña, DNI 76670921.

Margarita Santos Chapela, DNI 78732513.

Esperanza Dolores Silva Chacon, DNI 76478838.

Rosa Sotelo Gil, DNI 78731841.

Margarita Natividad Varela Rial, DNI 78732310.

María Flora Vidal Parente, DNI 36018515.

Mª Nieves Vila Ferreira, DNI 36090516.

5599