Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Mércores, 17 de setembro de 1997 Páx. 9.227

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 250/1997, do 25 de agosto, polo que se constitúe o Colexio Galego de Enxeñeiros Técnicos Forestais.

De acordo co artigo 4.2º da vixente Lei de colexios profesionais, do 13 de febreiro de 1974, a fusión, absorción, segregación, cambio de denominación e disolución dos colexios profesionais da mesma profesión será promovida polos colexios de acordo co disposto nos seus respectivos estatutos, e requirirá a aprobación por decreto, unha vez oídos os demais colexios afectados.

A Delegación Territorial Galega do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais promove a constitución do Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, por segregación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais, prevista no artigo 3.2º e no título IX dos estatutos do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais, aprobados por R.D. 3115/1982, (BOE do 23 de novembro de 1982).

No expediente consta acta da asemblea xeral ordinaria, celebrada o 14 de decembro de 1996, na que se aprobou por maioría constituí-lo Colexio Autonómico de Enxeñeiros Técnicos Forestais, e a comunicación ó decano do Colexio Nacional de Enxeñeiros Técnicos da instrucción do expediente de constitución do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia.

A constitución do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia afecta directamente á Comunidade Autónoma de Galicia que ten recoñecidas competencias en materia de colexios profesionais.

De acordo co establecido no artigo 36 da Constitución española, ó amparo do establecido no artigo 27.29 do Estatuto de autonomía de Galicia, na Lei Orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencias de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia, no Real Decreto 1643/1996, do 5 de xullo, de traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado en materia de colexios oficiais ou profesionais, no Decreto da Xunta de Galicia 337/1996, do 13 de setembro, sobre asunción de funcións e competencias a que se refire o real decreto citado, e no Decreto 161/1997, do 5 de xuño, polo que se regulan os consellos galegos de colexios profesionais e se crea o rexistro de colexios profesionais e os seus consellos, e, na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de agosto de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Constitúese o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, por segregación do Ilustre Colexio Nacional de Enxeñeiros Técnicos Forestais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintecinco de agosto de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5514