Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.187

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DO BARCO DE VALDEORRAS

EDICTO (142/1997).

Eu, Pilar Torres Serrano, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción do Barco de Valdeorras, fago saber que nos autos de quebra número 142/1997, recaeu o seguinte auto:

«O Barco de Valdeorras o vintecatro de xuño de mil novecentos noventa e sete. Dada conta e feitos:

Primeiro.-O procurador Luis Ortiz Tena, constando en nome e representación da entidade mercantil Pizarras del Eje, S.A., solicita a declaración en estado legal de quebra voluntaria da súa representada, alegándose en síntese:

Que despois de longos anos de normal funcionamento e ó ter que enfrontarse a dita entidade con graves problemas económicos e funcionais, sufriu un cambio interno subsistente en que Leoncio Pomar Limeres, nun intento de supera-la situación creada, asumiu a totalidade das accións da sociedade mediante escritura outorgada ante notario o 10 de setembro de 1996, quedando, así mesmo, como administrador único; solicitándose a declaración de quebra voluntaria atendendo ó prevido no artigo 874 do Código de comercio, e terminarba suplicando que se dictase auto, declarando o dito estado e as demais medidas inherentes, presentado memoria, balance, relación nominal de acredores expresiva das obrigas pendentes da sociedade e libro diario.

Segundo.-Que ó non se-lo poder do procurador especial, o representante legal da entidade quebrada se ratificou na súa petición, efectuándose esta o padado 20 de abril de 1997.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro.-Atendendo ó disposto no artigo 1324 da Lei de axuizamento civil, 1017 e seguintes do antigo Código de comercio de 1829, procede declarar por reuni-los requisitos esixidos polos ditos preceptos, o estado de quebra voluntaria da solicitante con tódalas súas consecuencias.

Na súa virtude, e vistos os preceptos citados e demais de pertinente aplicación no caso de autos.

Dispoño: que se declara o estado legal de quebra voluntaria á entidade Pizarras del Eje, S.A., con domicilio no Barco de Valdeorras, lugar de Candís, estrada nacional 120 de Ponferrada a Ourense, punto quilométrico 42.900 designándose comisario dela a Eladio Iglesias Iglesias, con domicilio na rúa Capitán Eloy, 1 de Ourense, quen deberá comparecer para aceptar e xura-lo cargo, e verificado proceda inmediatamente á ocupación dos bens e papeis da expresada sociedade quebrada, inventario e depósito na forma que a lei determina; para o cargo de depo

sitario a Aurelio Blanco Trincado, con domicilio na rúa Marcelino Suárez, 35-1º, O Barco de Valdeorras, quen deberá comparecer, aceptar e xura-lo cargo ante esta presencia xudicial, poñéndose baixo a súa custodia a conservación de tódolos bens que se ocupaen ata que se nomeen os síndicos.

Acórdase decreta-la inhabilitación dos órganos sociais da quebrada para os actos de Administración relativos ó tráfico dela, isto é, a extracción e comercialización de lousa.

Aínda cando a regulación considere gratuíto o cargo de comisario, é práctica case unánime a de retribuí-lo dito cargo, polo que no presente caso e co fin dunha transparencia tanto para a quebrada como para os acredores, fíxase a retribución diaria de 5.000 ptas. para o depositario por te-la súa residencia nesta vila e a de 8.000 ptas. diarias para o comisario, habida conta que a súa residencia habitual se atopa en Ourense, ata o día en que cesen respectivamente nos seus cargos.

Comuníquese esta declaración que quebra por edictos, que se inserirán no sitio de costume deste xulgado, no BOE e no DOG e nun xornal de grande circulación desta vila, nos que se fará constar que a entidade quebrada queda inhabilitada para a administración de tódolos seus bens e das demais prevencións e prohibicións que sinala o código de comercio.

Cúbrase e cúrsese o oportuno boletín á Dirección Provincial do Instituto Nacional de Estatística.

Decrétase a acumulación ó presente xuízo universal dos preitos e execucións pendentes contra a entidade quebrada, excepto aqueles en que só se persigan bens especialmente hipotecados.

Decrétase, así mesmo, a retención da correspondencia postal e telegráfica da quebrada e, para este fin, expediranse as ordes e comunicacións oportunas para que se poña á disposición deste xulgado a referida correspondencia e procedendo á súa apertura.

Retrotraeranse os efectos da quebra por agora ó día vintetrés de abril de 1995.

Tendo en conta a doctrina do Tribunal Constitucional (sentencia Tribunal Constitucional número 178/1985, do 19 de decembro), sendo a presente quebra de carácter voluntario, e non existindo perigo de fuga e tendo a entidade domicilio coñecido, por agora, non se acorda ningunha medida de restricción de liberdade para o quebrado sen prexuízo de se for necesario nun futuro, poder adoptarse medidas cautelares de tipo persoal.

Unha vez que o comisiario presente o estado ou relación de acredores que deberá facer no termo de tres días, acordarase o necesario respecto á convocatoria dos acredores para a primeira xunta xeral, co fin de proceder ó nomeamento dos síndicos.

Expídase mandamento por duplicado ó rexistrador mercantil de Ourense, facéndolle sabe-la existencia deste xuízo universal para os efectos legais perti

nentes e solicitando a súa anotación respecto da quebrada inscrita no folio 85 do libro 12 da sección de anónimas tomo 44.

Líbrese mandamento por duplicado ó Rexistro da Propiedade para que proceda á anotación dos inmobles da quebrada.

Con testemuño desta resolución fórmense as distintqs pezas separadas do procedemento. Notifíquese esta resolución á compañía quebrada e particípese a incoación deste procedemento ó fondo de garantía salarial para os fins previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores. Entréguense os edictos de despachos que se acordaron expedir ó procurador da instante, Ortiz Tena, para que o coide do seu curso e xestión.

Contra esta resolución calquera acredor lexítimo pode deducir oposición polos trámites do incidente perante este xulgado dentro dos tres días seguintes ó da súa publicación ou notificación por edictos.

Así o dispón e asina Pilar Torres Serrano, xuíza do Juzgado de Primeira Instancia e Instrucción deste partido e dou fe.

Seguen sinaturas».

Dado no Barco de Valdeorras, 24 de xuño de 1997.

A xuíza

Rubricado

5686