O padroado da fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira, con domicilio en Cee (A Coruña), na súa reunión constitutiva celebrada o día 4 de setembro de 1997 acordou, en uso das competencias que lle atribúe o artigo 11 f) dos seus estatutos, aprobados pola disposición adicional primeira do Decreto 229/1997, do 25 de agosto (DOG nº 165, do 28 de agosto) polo que se establece o modelo de xestión e administración dos hospitais Virxe da Xunqueira e A Barbanza, e publicados como anexo I do dito decreto, inicia-lo procedemento para o nomeamento do director da fundación, órgano superior unipersoal de xestión desta, nos termos previstos no artigo 5 da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación.
En consecuencia, anúnciase publicamente a súa contratación conforme as seguintes bases:
Primeiro.-A designación do director corresponderalle ó padroado da fundación, formalizándose coa persoa designada un contrato laboral de alta dirección regulado no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral de carácter especial do persoal de alta dirección, cun nivel retributivo axeitado ó seu cometido funcional. A duración do dito contrato non poderá exceder de 4 anos, prorrogables por acordo das partes e conforme as disposicións aplicables na materia.
Segundo.-Os aspirantes deberán presentar xunto coa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos nel alegados.
As ditas solicitudes dirixidas ó presidente do padroado da fundación remitiranse ó apartado de correos nº 2054 da Coruña no prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro.-Se resultase nomeado unha persoa que teña a condición de empregado público tramitarase da súa administración de orixe o pase á situación administrativa que legalmente lle corresponda.
Cuarto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto, de considerarse oportuno, o órgano convocado.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 1997.
Jesús Carámes Bouzán
Presidente do padroado da fundación Hospital Comarcal Virxe da Xunqueira
6207