Visto o expediente instruído por instancia de José Duato Barcia, na súa calidade de apoderado da entidade marcantil Viajes Iberojet, S.A. , en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento, no aeroporto de Lavacolla, oficina nº 615-A, terminal de pasaxeiros, primeira planta, en Santiago de Compostela, da axencia de viaxes Viajes Iberojet, S.A., do grupo maiorista, co código identificativo, BAL-034 M, que ten a súa casa central en Palma de Mallorca, na rúa Paseo de Mallorca, 17 A, entreplanta.
Resultando que o interesado xunto coa solicitude acompañou toda a documentación a que fai referencia o artigo 10 do Regulamento das axencias de
viaxes de Galicia, aprobado mediante o Decreto 155/1989, do 22 de xuño.
Resultando que na tramitación do expediente se observaron tódolos requisitos e formalidades establecidas regulamentariamente.
Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren tódalas condicións esixidas polo mencionado regulamento para a obtención da súa autorización.
Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 4 de outubro de 1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se delega no secretario xeral para o Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos das axencias de viaxes xa autorizadas, esta secretaría xeral,
RESOLVE:
Autorizarlle á axencia de viaxes Viajes Iberojet, S.A., sita en Palma de Mallorca, na rúa Paseo de Mallorca, 17 A, entreplanta, da que é titular a entidade mercantil Viajes Iberojet , S.A., a apertura dun novo establecemento no aeroporto de Lavacolla, oficina nº 615-A, terminal de pasaxeiros, primeira planta, Santiago de Compostela, que será inscrito no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.
Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 1997.
P.D. (Orde 4-10-1995)
Rubén VÍctor Lois Calviño
Secretario xeral para o Turismo
6821