Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1997, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun local sito na praza de América, 1-soto, de Vigo, destinado á instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comu

nidade Autónoma e 55 de seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme ó Decreto 13/1997, do 23 de xuño,

RESOLVO:

Facer público que, por razón da urxencia da adquisición e das peculiaridades do ben, xustifícase, logo da fiscalización da intervención delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Economía e Facenda, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro dun local sito na Praza de América, 1-soto, de Vigo, para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 1997.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da

Consellería de Economía e Facenda

7012