Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.151

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 245/1997, do 24 de xullo, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea, a 132 kV trazada entre a subestación de Intasa ata a subestación de Cedeira, nos concellos de San Sadurniño, Valdoviño, Cerdido e Cedeira (A Coruña). (Expediente 52749).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na r/ Severo Ochoa nº 2 da Coruña, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 132 kV de 13.200 m de lonxitude, conductor tipo LA-180, sobre apoios metálicos e de formigón, con orixe na subestación de Intasa e remate na subestación de Cedeira, afectando no seu percorrido ós termos municipais de San Sadurniño, Valdoviño, Cerdido e Cedeira (A Coruña) (Expte. 52749).

A dita instalación autorizouse e declarouse en concreto de utilidade pública, por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, do 15-6-1994, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 12-8-1994, no BOP da Coruña do 15-7-1994, e no BOE do 13-7-1994. O seu proxecto de execución foi aprobado por resolución da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio do 10-4-1997.

A solicitude de urxente ocupación fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento que desen

volve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola alínea 2 da disposición transitoria segunda da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 27-11-1996, no BOP da Coruña do 27-11-1996, no xornal La Voz de Galicia do 14-11-1997, e nos taboleiros de anuncios das casas dos concellos de San Sadurniño, Valdoviño, Cerdido e Cedeira e no da delegación provincial; ó mesmo tempo, na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, agás os propietarios dos predios que, por seren descoñecidos ou estaren en paradoiro descoñecido, se lles deu traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal, segundo o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período en que se someteu a trámite de información pública, formularon alegacións:

a) Hilario Rodríguez Fernández, propietario do predio nº 19 de San Sadurniño, reclamando unha indemnización de 500.000 ptas.

b) Antonio Marcial Couce Rodríguez, propietario do predio nº 53 de San Sadurniño, que realiza preguntas sobre o trazado da liña e mailo prezo da futura indemnización.

c) Matilde Pita Pita, propietaria dos predios nº 95, 100 e 113 de Valdoviño e 5 e 44 de Cerdido, que comunica un novo enderezo para efectos de notificacións e enumera a cantidade de unidades de arborado que existen en cada predio.

d) Carmen Nodar Méndez, propietaria dos predios nº 89 de Cerdido e nº 22 de Cedeira, que solicita a expropiación total de ambos predios.

e) Juan García García, propietario do predio nº 25 de Cedeira, que indica erros nas dimensións da afección e a correcta denominación do lugar onde se atopa o seu predio.

f) Jesús Bouzamayor López, propietario do predio nº 64 de Cerdido, que solicita a expropiación total.

As alegacións fóronlle remitidas á empresa beneficiaria.

A expropiación total do predio núm. 64 de Cerdido, solicitada polo seu titular, foi desestimada por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, con data do 20-2-1997. A expropiación total dos predios núms. 89 de Cerdido e 22 de Cedeira, solicitada polos seus titulares, foi desestimada por resolución da cita

da delegación provincial con data do 7-3-1997; con data do 30 de xuño de 1997 o conselleiro de Industria e Comercio desestimou o recurso ordinario interposto a esta última resolución.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos de imposición da servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Á vista das alegacións presentadas, da resposta da empresa beneficiaria e da inspección sobre o terreo, e unha vez trasladados ós interesados os datos solicitados, facilitados pola empresa beneficiaria, resulta que:

a) A delegación provincial remitiulles ós interesados as informacións solicitadas, facilitadas pola empresa beneficiaria, tomando nota esta dos novos datos achegados polos titulares dos terreos.

b) Non se pode acepta-la reclamación respecto ó prezo dos terreos, por non se-las indemnizacións obxecto desta fase do expediente.

Polo que antecede, considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende subministrar de enerxía a subestación de Cedeira, partindo da de Intasa co gallo de poder garanti-las máximas condicións de seguridade da subministración, calidade e regularidade do servicio, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para estas instalacións.

Na súa virtude, e por proposta do conselleiro de Industria e Comercio, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., da liña eléctrica aérea que une as subestacións de Intasa e Cedeira.

Os bens e dereitos ós que afecta esta disposición sitúanse nos termos municipais de San Sadurniño, Valdoviño, Cerdido e Cedeira (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa

solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vintecatro de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

6933