Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Martes, 16 de setembro de 1997 Páx. 9.150

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se prorroga a implantación de ensinanzas correspondentes a ciclos formativos de formación profesional específicos.

A Orde do 22 de marzo de 1996 (DOG do 3 de abril), dicta as normas referentes á renovación de oferta de ensinanzas experimentais para o curso 1996-1997.

Considerando que se están a dá-las mesmas circunstancias que deron lugar á autorización provi

sional do referido curso, procede prosegui-la implantación anticipada das ensinanzas establecidas na Lei 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

Esta dirección xeral, tendo en conta o informe favorable da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e de Formación Profesional,

RESOLVE:

Prorroga-la implantación dos ciclos formativos de grao medio e superior, para o curso 1997-1998, nos centros que se relacionan no anexo.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso ordinario perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1997

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

ANEXO

-Provincia da Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Denominación: centro privado Santa Apolonia.

-Ciclo formativo de grao medio, Coidados auxiliares de enfermería da familia profesional sanidade.

-Ciclo formativo de grao medio, Conducción de actividades físico-deportivas no medio natural da familia profesional actividades físicas e deportivas.

-Ciclo formativo de grao superior, Animación de actividades físicas e deportivas da familia profesional actividades físicas e deportivas.

-Ciclo formativo de grao superior, Hixiene bucodental da familia profesional sanidade.

Concello: A Coruña.

Denominación: centro privado Karbo.

-Ciclo formativo de grao medio, Xestión administrativa da familia profesional administración.

Concello: A Coruña.

Denominación: centro privado La Paz.

-Ciclo formativo de grao superior, Animación de actividades físicas e deportivas da familia profesional actividades físicas e deportivas.

Concello: A Coruña.

Denominación: centro privado Azorín.

-Ciclo formativo de grao superior, Desenvolvemento de aplicacións informáticas da familia profesional informática.

-Provincia de Pontevedra.

Concello: Vigo.

Denominación: centro privado Fogar San Roque.

-Ciclo formativo de grao medio, Impresión en artes gráficas da familia profesional artes gráficas.

Concello: Vigo.

Denominación: centro privado Seresco.

-Ciclo formativo de grao superior, Desenvolvemento de aplicacións informáticas da familia profesional informática.

-Ciclo formativo de grao superior, Administración de sistemas informáticos da familia profesional informática.

6932