Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 15 de setembro de 1997 Páx. 9.114

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se delega o exercicio de determinadas competencias no xefe provincial de Protección Civil.

Polo Decreto 216/1997, do 30 de xullo, procedeuse á creación e regulación do funcionamento do Servicio de Resposta Inmediata (Seri) para determinados procedementos tramitados por instancia de parte ante a Administración autonómica de Galicia segundo os principios informadores ós que debe someterse a

actuación administrativa para conseguir unha maior axilidade e eficacia no seu servicio ó cidadán.

O Decreto 239/1997, do 10 de setembro, sobre desconcentración e delegación de competencias en determinados procedementos para a implantación do Servicio de Resposta Inmediata, establece nos seus artigos 3 e 4 a desconcentración nos delegados provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública das competencias que, en relación cos procedementos relativos ó rexistro de agrupacións de voluntarios de protección civil, así como as baixas nel, e os relativos ó rexistro de entidades colaboradoras de protección civil, ten atribuídas a Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente.

Co fin de conseguir efectivamente esa desexada axilización na resolución destes procedementos é polo que procede, agora, delega-la referida competencia no xefe provincial de Protección Civil o que, sen dúbida, redundará nunha tamén maior eficacia.

Na súa virtude, facendo uso das atribucións que me confire o artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

DISPOÑO:

Primeiro.-Delegar no xefe provincial de Protección Civil de Lugo a competencia para entender e resolve-los seguintes procedementos tramitados por instancia de parte:

-Rexistro de agrupacións de voluntarios de protección civil, e baixas nel.

-Rexistro de entidades colaboradoras de protección civil.

Segundo.-As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación contida na presente resolución, farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas pola autoridade que a conferiu.

Terceiro.-En calquera momento, o delegado provincial de Lugo da Consellería da Presidencia e Administración Pública poderá reclama-lo exercicio das competencias que son delegadas por esta resolución, de acordo co establecido no artigo 14 da citada lei.

Lugo, 12 de setembro de 1997.

José Mª Moraleja Alonso

Delegado provincial de Lugo

7078