Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.027

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 332, que afecta o monte de Abeleiras, do lugar de Abeleiras, parroquia de Baos, concello de Mazaricos, desta provincia.

Reunido con data do 20 de xuño de 1997 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, para estudiar e resolve-lo expediente para a cualificación como veciñal en man común do monte das seguintes características:

Expediente: 332.

Monte: de Abeleiras.

Lugar: Abeleiras.

Parroquia: Baos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 29,75 ha.

Lindeiros:

Parcela I: superficie 23,25 ha. É a parcela II do monte Baos, nº 103-C do C.U.P. Norte: do piquete nº 50 ó 62 seguindo a orde de piquetes, con pro

piedades particulares de veciños de Abeleiras. Leste: do piquete nº 62 ó 72 seguindo a orde de piquetes, con monte de Alborés e propiedades particulares de veciños de Abeleiras. Sur: do piquete nº 72 ó 73, con propiedades particulares de veciños de Abeleiras. Oeste: do piquete nº 73 ó 79 seguindo a orde de piquetes, do 79 ó 48, deste último ó 50 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños de Abeleiras.

Parcela II: superficie 6,50 ha. É parte do monte Aro, nº 103-B do C.U.P. Norte: do marco Azul situado a 50 m do piquete nº 127 na liña do deslinde en dirección ó nº 126, ata o piquete nº 127, deste ó 132 seguindo a orde de piquetes, e deste ó 1, con propiedades de veciños de Abeleiras. Leste: do piquete nº 1 ó 4 seguindo a orde de piquetes, con propiedades de veciños de Vilar de Castro. Sur: do piquete 4 ó 121 seguindo unha liña recta duns 200 m, e deste ó 122, con resto do monte Aro e propiedades de veciños de Lago. Oeste: do piquete nº 122 seguindo 84 m polo muro de terra ata marco Branco, segue 114 m polo muro de terra ata marco Mouro, e deste 50 m polo muro de terra ata marco Azul, a uns 50 m do piquete nº 127 sobre a liña do deslinde, co resto do monte Aro.

O expediente iníciase mediante acordo do xurado con data do 26 de febreiro de 1996, por instancia dos veciños do lugar de Abeleiras, parroquia de Baos, concello de Mazaricos, nomeándose como instructor a Juan Ramón Beneyto Bellas, e tramitándose de acordo coas formalidades legais e regulamentarias esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/92, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

O xurado, na súa deliberación, acepta a proposta do instructor ó mesmo tempo que acorda a súa incorporación ó expediente, e de acordo cos antecedentes e fundamentos de dereito expostos nela, e en especial pola comprobación de que o monte cumpre os requisitos para a súa cualificación como veciñal en man común, é dicir, a súa pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas, e o seu aproveitamento consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros. Por iso, nesta data,

ACORDA:

Cualificar como monte veciñal en man común da comunidade veciñal do lugar de Abeleiras, parroquia de Baos, concello de Mazaricos, o denominado monte de Abeleiras, cos lindeiros, superficie e características citados. Así mesmo, acorda excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivese inscrito,

incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 20 de xuño de 1997.

Vº e Pr.

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

6496