Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.026

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 330, que afecta o monte Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta, dos lugares de Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta, parroquia de Arcos, concello de Mazaricos, desta provincia.

Reunido con data do 20 de xuño de 1997 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, para estudiar e resolve-lo expediente para

a cualificación como veciñal en man común do monte das seguintes características:

Expediente: 330.

Monte: Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta.

Lugares: Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta.

Parroquia: Arcos.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 247,00 ha.

Lindeiros:

Parcela I: cunha superficie de 167,16 ha. É parte da parcela I do Pedregal e Ruña, nº 103-H do C.U.P. Norte: do piquete nº 160 do deslindamento ó 166 seguindo a orde de piquetes, e deste ó 1, con propiedades particulares dos lugares de Vilarcovo, Castrelo e Furiño. Leste: do piquete nº 1 ó 15 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares do lugar de Vilarcovo e monte Ruña da parroquia de Colúns. Sur: do piquete nº 15 ata o 141, seguindo o Rego de Reveiratorta, co resto do monte Pedregal e Ruña. Oeste: do piquete nº 141 ó 160 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares dos lugares de Reveiratorta e Furiño.

Parcela II: superficie 79,84 ha. Coincide coa parcela II do Pedregal e Ruña, nº 103-H do C.U.P. Norte: do piquete nº 190 do deslindamento ó 203 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares do lugar de Furiño. Leste: do piquete nº 203 ó 207 seguindo a orde de piquetes, deste ó 167, e do 167 ó 170 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares dos lugares de Furiño e Reveiratorta. Sur: do piquete nº 170 ó 175 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares do lugar de Reveiratorta. Oeste: do piquete nº 175 ó 190 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de Enxilde, Gándara e Xián.

O expediente iníciase mediante acordo do xurado con data do 26 de febreiro de 1996, por instancia dos veciños dos lugares de Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta, parroquia de Arcos, concello de Mazaricos, nomeándose como instructor a Ramón Olano Calleja, e pola xubilación deste, a Alfonso Vázquez-Castro Garma, e tramitándose de acordo coas formalidades legais e regulamentarias esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/92, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

O xurado, na súa deliberación, acepta a proposta do instructor ó mesmo tempo que acorda a súa incorporación ó expediente, e de acordo cos antecedentes e fundamentos de dereito expostos nela, e en especial pola comprobación de que o monte cumpre os requisitos para a súa cualificación como veciñal en man común, é dicir, a súa pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas, e o seu aproveitamento consuetudinario en réxime de comunidade, sen asig

nación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros. Por iso, nesta data,

ACORDA:

Cualificar como monte veciñal en man común da comunidade veciñal dos lugares de Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta, parroquia de Arcos, concello de Mazaricos, o denominado monte Xián, Furiño, Gándara e Reveiratorta, cos lindeiros, superficie e características citados. Así mesmo, acorda excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivese inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 20 de xuño de 1997.

Vº e Pr.

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

6498