Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.028

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente 329, que afecta o monte Foral de Rego de Chan, do lugar de Cernande, parroquia de Tállara, concello de Lousame, desta provincia.

Reunido con data do 27 de xuño de 1997 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, para estudiar e resolve-lo expediente para a cualificación como veciñal en man común do monte das seguintes características:

Expediente: 329.

Monte: Foral de Rego de Chan.

Lugar: Cernande.

Parroquia: Tállara.

Concello: Lousame.

Superficie: 13,00 ha.

Lindeiros:

É parte do monte Barbanza de Tállara, nº 103 do C.U.P. Norte: predios particulares de Pascual e Tállara, do piquete nº 502 ó 521 seguindo a orde de piquetes. Leste: predios particulares de Cernande, do piquete 521 ó 534 seguindo a orde de piquetes. Sur: río Baraza e monte veciñal de Guiende, do piquete 534 ó 537, seguindo a orde de piquetes. Oeste: Xil Morto e predios particulares de Guiende e Tállara, do piquete nº 537 polo río Baraza ata un punto entre os piquetes 443 e 444, deste punto ó piquete nº 444, e seguindo a orde de piquetes ata o nº 502.

O expediente iníciase mediante acordo do xurado con data do 23 de maio de 1995, por instancia dos veciños do lugar de Cernande, parroquia de Tállara, concello de Lousame, nomeándose como instructor a Juan Ramón Beneyto Bellas, e tramitándose dacor

do coas formalidades legais e regulamentarias esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/92, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

O xurado, na súa deliberación, acepta a proposta do instructor ó mesmo tempo que acorda a súa incorporación ó expediente, e de acordo cos antecedentes e fundamentos de dereito expostos nela, e en especial pola comprobación de que o monte cumpre os requisitos para a súa cualificación como veciñal en man común, é dicir, a súa pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas, e o seu aproveitamento consuetudinario en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuneiros. Por iso, nesta data,

ACORDA:

Cualificar como monte veciñal en man común da comunidade veciñal do lugar de Cernande, parroquia de Tállara, concello de Lousame, o denominado monte Foral de Rego de Chan, cos lindeiros, superficie e características citados. Así mesmo, acorda excluí-lo declarado do inventario de bens do concello e do catálogo dos de utilidade pública, se neles estivese inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 27 de xuño de 1997.

Vº e Pr.

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de

Montes Veciñais en Man Común da Coruña

6920