Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Xoves, 11 de setembro de 1997 Páx. 9.001

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 236/1997, do 25 de agosto, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun predio de 2.400 m, sita no concello de Ordes, a favor do Servicio Galego de Saúde para a construcción dun centro médico sanitario.

O Concello de Ordes, en sesión celebrada o día 29 de maio de 1997, acorda cederlle gratuitamente

ó Servicio Galego de Saúde un terreo de 2.400 m, sito nese concello, para a construcción dun centro médico sanitario.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto. Por outra banda, o artigo 23.1º da mesma lei establece que non poderán adquirirse bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor global dos gavames, cargas e afeccións impostas sobre estes supera o seu valor intrínseco. Non se considerarán carga, gravamen ou afeccción os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, por proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde e de conformidade coas condicións estipuladas no acordo do Pleno do Concello de Ordes do 29 de maio de 1997, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecinco de agosto de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Acéptase a cesión a título gratuíto dun inmoble propiedade do Concello da Ordes, feita a favor do Servicio Galego de Saúde, para a construcción dun centro médico sanitario.

2. O inmoble cedido ten unha superficie de 2.400 m e está situado no concello de Ordes, sendo os seus lindes os seguintes:

-Ó norte: rúa letra A.

-Ó sur: rúa letra B.

-Ó leste: rúa letra C.

-Ó oeste: rúa letra A.

3. A parcela obxecto de cesión figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes a favor do Concello de Ordes por título de agrupación, no tomo 641, libro 156, folio 177, predio 18.256, inscrición primeira.

Artigo 2º

O inmoble cédese libre de cargas e destínase á construcción dun centro médico sanitario.

Artigo 3º

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, procederá á formalización da aceptación no correspondente documento público, inscribíndose no Rexistro da Propiedade o seu nome e integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectiviade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, vintecinco de agosto de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

6815