Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 1997 Páx. 8.920

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de xullo de 1997 pola que se clasifica como mixta a Fundación Fiseva.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Fiseva, con domicilio en Vilagarcía de Arousa.

Supostos de feito.

1. Ramón Montenegro González, na súa calidade de secretario da fundación, en escrito do 16 de xuño de 1997, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Vilagarcía de Arousa, o día cinco de xuño de 1997, ante o notario do ilustre Colexio da Coruña, Manuel Remuñán López, co número mil setenta e cinco do seu protocolo, por José Barros Cuervo, Félix Acuña Vidal, Ramón Montenegro González, Pedro Miguel Piñeiro Lago, Juan Ramón Sampedro Cedeira, Carlos Oubiña Portas, Luis García Reboredo Mendoza, José Francisco de Asís Barros López, Luis Carlos Rey Rañó, Manuel Jesús Freijeiro Martínez, Juan Carlos Maneiro Otero, interveñen no seu propio nome agás José Barros Cuervo que intervén en representación da entidade mercantil denominada Coto de Xiabre, Sociedad Limitada, Félix Acuña Vidal, en representación, como administrador solidario, da entidade mercantil denominada Comercial Félix Acuña, S.L., Carlos Oubiña Portas en representación como administrador solidario, da entidade mercantil denominada Construcciones Viacando, Sociedad Limitada, Francisco de Asís Barros López, en

representación, como administrador solidario, da entidade mercantil denominada Combustibles de Arosa, Sociedad Limitada, Luis Carlos Rey Rañó, en representación, como mandatario verbal

de Eduardo Francisco Martínez Lorenzo, Francisco Manuel Sánchez Rivas e Manuel Víctor Méndez Castro.

3. Segundo consta no artigo seis dos estatutos, o obxecto da fundación é propicia-lo estudio e investigación e debate de temas e proxectos de interese local para Vilagarcía de Arousa, impulsando a xestión das institucións locais e responsables políticos, co fin da máis óptima realización daqueles, ademais do fomento e desenvolvemento do tecido social e económico de Vilagarcía de Arousa.

4. O padroado da fundación estará constituído por José Barros Cuervo como presidente, Félix Acuña Vidal como vicepresidente, Ramón Montenegro González como secretario, Pedro Miguel Piñeiro Lago, como tesoureiro e Juan Ramón Sampedro Cedeira, Carlos Oubiña Portas, Luis García-Reboredo Mendoza, Luis Carlos Rey Rañó e Manuel Víctor Méndez Castro como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como mixta da Fundación Fiseva, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, ó cumprirse os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2ºc) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regu

lamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola comisión de secretarios xerais na súa reunión do día 21 de xullo de 1997.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación Fiseva e adscribila á Consellería da Presidencia e Administración Pública que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6898