Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Mércores, 10 de setembro de 1997 Páx. 8.893

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 233/1997, do 30 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ó título de técnico superior en producción acuícola.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás Administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación de dito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982 sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 723/1994, do 22 de abril, estableceu o título de técnico superior en producción acuícola e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese seguindo unha estructura común a

tódolos currículos de Formación Profesional, tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

As ditas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estructura responde a aquilo que debería ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (F.C.T.) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios -contidos- do centro de traballo. As actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Fíxase tamén o proxecto integrado. Este permite comprender globalmente os aspectos sobresaíntes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais do ciclo formativo. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades productivas do sector ó que corresponda o título e, ó mesmo tempo, adquire coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno productivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

Para completa-lo currículo, o centro docente dispón dun determinado número de horas lectivas que, xunto co módulo de formación en centros de traballo e co proxecto integrado, permitirán a súa adaptación ás necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socio-productivo e responderá ás características do alumnado.

O exposto anteriormente permitirá que o centro educativo realice o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

1. Identificación do título.

Artigo 1º

Este decreto establece o currículum que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ó titulo de técnico superior en producción acuícola regulado polo Real decreto 723 de 1994, polo que se aproban as ensinanzas mínimas e na normativa que o desenvolva ou modifique.

Artigo 2º

A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no apartado 1 do anexo deste decreto.

2. Perfil profesional.

Artigo 3º

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións, e criterios de realización, dominio profesional así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no apartado 2 do anexo deste decreto.

3. Currículum do ciclo formativo.

Artigo 4º

1. O currículo do ciclo formativo é o que se establece no apartado 3 do anexo, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

2. Os centros disporán dun número determinado de horas para poder adapta-lo currículo do ciclo formativo ó seu propio ámbito educativo.

4. Ordenación académica e impartición.

Artigo 5º

As materias de bacharelato que se deberon cursar para o acceso directo a este ciclo formativo son as que se expresan no apartado 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 6º

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no apartado 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades definidas neste ciclo son as que se expresan no apartado 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As equivalencias de titulación para efectos de docencia, son as que se expresan no apartado 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º

Os requisitos mínimos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son as que se determinan no apartado 4.3 deste decreto

Artigo 8º

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de Formación Profesional Ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos apartados 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán unha vez que o superen acceder ós estudios universitarios que se indican no apartado 4.4.3 do anexo deste decreto.

3. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

Artigo 9º

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no apartado 4.5 do anexo deste decreto.

Disposición adicional

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas dos ciclos formativos ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas. En particular, regulamentará a forma en que os centros debidamente autorizados poderán ofertar de forma parcial os ciclos formativos.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de xullo de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Eduación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación.

1.1. Denominación: producción acuícola.

1.2. Nivel: formación profesional de grao superior.

1.3. Duración do ciclo formativo: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Planificar, organizar, xestionar e controlar unha explotación acuícola conseguindo a calidade requirida, en condicións axeitadas de seguridade e hixiene.

2.2. Capacidades profesionais.

* Capacidades técnicas:

-Administrar e xestionar unha pequena explotación acuícola.

-Identificar, en función de variables relativas á bioloxía e ecoloxía, as zonas aptas para o cultivo das diferentes especies que mellor se adapten ó ecosistema galego.

-Adquirir unha visión global e integradora das distintas fases do proceso productivo das especies cultivables nas rías galegas, supervisando as instalacións e equipos necesarios para alcanza-los obxectivos de producción.

* Capacidades para afrontar continxencias:

-Previ-las incidencias do cultivo no litoral galego, avaliando os efectos negativos que este poida producir nel e adoptando as medidas oportunas para corrixilos.

-Tomar decisións con rapidez para preserva-lo cultivo ó seu cargo, tanto en situacións adversas do medio como meteorolóxicas e/ou ambientais propias das rías galegas.

-Resolver problemas e tomar decisións no ámbito das realizacións propias e dos seus subordinados, no marco das normas e planos establecidos, consultando cos seus superiores a solución adoptada cando os efectos que se poidan producir alteren as condicións normais de seguridade, de organización ou económicas.

-Aplicar con rigorosidade as normas de hixiene, seguridade laboral e protección do medio ambiente galego.

* Capacidades na dirección de tarefas:

-Procurar información, analizala e interpretala, para identificar con precisión as diferentes secuencias de cultivo e os problemas que se presentan nos seus momentos críticos, co obxecto de adapta-las oportunas medidas e lograr así os obxectivos previstos.

-Controlar e planifica-las diferentes fases dos cultivos propios da Comunidade Autónoma galega, tanto en instalacións terrestres coma en estructuras flotantes (gaiolas, bateas...), prevendo eventualidades que poidan altera-lo desenvolvemento normal da producción.

-Cooperar cos seus homólogos para que o cultivo ó seu cargo se integre no proceso productivo global da explotación.

-Coordina-los técnicos de inferior nivel para cumpri-los obxectivos do proceso de cultivo ó seu cargo e/ou da explotación.

-Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, responsabilizándose da consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

-Capacidade para adecuarse e aplicar, no exercicio da súa actividade, a normativa comunitaria, estatal e autonómica vixente.

* Capacidade para adaptarse ó medio:

-Relacionarse coas entidades que realizan investigación acuícola, para estar actualizado nas innovacións que se produzan e que poidan afectar á instalación e/ou explotación.

-Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas, organización laboral e aspectos económicos relacionados coa súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

Este técnico está chamado a actuar baixo a supervisión xeral de técnicos e/ou profesionais de nivel superior ó seu, séndolle requiridas as capacidades de autonomía en:

-Instalacións de entidade limitada pola súa complexidade, pero non pola súa superficie ou tamaño, sendo da súa enteira responsabilidade as principais xestións administrativas, operacións de organización e realización do cultivo.

-Organización e control do persoal de menor cualificación ó seu cargo.

-Control do rexistro de datos sobre a marcha do cultivo.

-Aprovisionamento e organización de material, equipos e instalacións.

-Selección e acondicionamento de reproductores.

-Control do proceso de inducción e fecundación.

-Realización e control dos cultivos auxiliares e larvarios.

-Realización e control dos procesos de preengorde e engorde en terra e a flote.

-Control e análise de parámetros de cultivo.

-Control patolóxico das poboacións e calidade do producto.

-Análise da lexislación acuícola.

-Elaboración do calendario de cultivo.

-Identificación de procesos patolóxicos.

-Establecemento do método de inducción, dietas e medidas profilácticas e terapéuticas específicas.

-Determinación de medios de cultivo.

-Control e selección das condicións de cultivo.

-Aplicación de criterios de calidade e avaliación da marcha do cultivo.

-Corrección de anomalías.

2.4. Unidades de competencia.

1. Planifica-lo proceso de cultivo e organiza-la explotación acuícola.

2. Cultivar moluscos.

3. Cultivar crustáceos.

4. Cultivar peixes.

5. Realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

Unidade de competencia 1: planifica-lo proceso de cultivo e organiza-la explotación acuícola.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1. Planifica-los ciclos de cultivo en función dos diversos factores (especie, fases, material de arranque, mercado) que interveñen na producción.-Planificáronse as distintas fases do cultivo de forma global e pormenorizada, co seu calendario correspondente.

-Definíronse os materiais e equipos que son necesarios para cada fase e especie de cultivo.

-O material biolóxico necesario foi previsto en cantidade e calidade, segundo especie, fase de cultivo, época do ano e obxectivos perseguidos, así coma ou seu lugar de aprovisionamento, adquisición ou captura.

RealizaciónsCriterios de realización

-As instruccións xerais propias de cada tarefa, actividade ou situación específica foron establecidas e comunicadas ó persoal en tempo e forma debidos.

-Foron establecidas as condicións de maduración (fotoperíodo, temperatura, caudais) e dietas e doses alimenticias, así coma os tratamentos profilácticos e curativos que se deben empregar na fase de acondicionamento.

-Foron previstos os habituais métodos de inducción que cómpre empregar en función das especies e circunstancias (época, estado de maduración).

-Foron establecidas as previsións oportunas sobre condicións de cultivo (temperatura, aireación, luminosidade, renovacións, caudais) nas súas diferentes fases (cultivo larvario, cultivo auxiliar, preengorde e engorde).

-Estableceuse ou esquema xeral de densidades, dietas, desdobramentos, limpezas, controis, medidas profilácticas, en cada fase de cultivo.

-Foron definidos os métodos de control e prevención de depredadores e competidores nos cultivos en medios naturais.

-Establecéronse os medios de cultivo que hai que utilizar nas diferentes escalas de cultivo de microalgas.

-Establecéronse o alimento e os enriquecedores que se deben utilizar no cultivo de zooplancto.

1.2. Prepara-las instalacións equipos e equipos auxiliares en función dos ciclos de cultivo.-Comprobouse que os elementos fundamentais da instalación (substrato dos estanques, comportas, tanques, bombas, soprantes, sala de cultivos auxiliares) se prepararon para o seu funcionamento segundo o calendario establecido.

-Comprobouse que os equipos auxiliares se atopan dispostos para o seu funcionamento conforme ó calendario establecido.

-Os equipos montáronse correctamente, tendo en conta a especie que se debe cultivar.

1.3. Xestiona-los aprovisionamentos de materiais, ferramentas e equipos conseguindo a calidade requirida e cumprindo os obxectivos de custo.-Os pedidos foron efectuados logo de solicitude e análise dos correspondentes orzamentos.

-Comprobouse que o material (maquinaria, equipos) recibido se corresponde co solicitado e o seu estado e/ou funcionamento é correcto.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: instalacións e máquinas de cultivo (tanques, estanques, piscinas, bateas, gaiolas, bombas hidráulicas, soprantes, compresores, encofradores, debulladoras, picadoras, amasadoras, caldeiros). Equipos (circuítos hidráulicos e pneumáticos, equipos de mergullo e cámaras submarinas, artes de pesca, equipos de material de laboratorio e mostraxe). Equipos auxiliares (grupos electróxenos, acondicionamento: calefacción, aire). Publicacións, catálogos e información varia de materiais, equipos e recambios. Libros de control e de existencias e situación e estado do material e equipos da instalación. Ciclos biolóxicos das especies que

se van cultivar. Necesidades nutritivas e requirimentos medioambientais das especies de cultivo.

Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: calendario de cultivo e organización do persoal, instalacións e equipos para desenvolvelo. Libros de control. Instruccións técnicas da instalación e equipos. Organización do cultivo segundo a especie. Organización da producción de cultivos auxiliares.

Procesos, métodos e procedementos: proceso de avaliación e planificación de explotacións de cultivo acuícola.

Información: natureza, tipo e soportes: ciclo biolóxico das especies e necesidades de cultivo de cada unha delas, segundo fase de desenvolvemento. Material, equipos e condicións de cultivo necesarias en cada fase. Características das instalacións, material e equipos. Orzamentos. Tarefas xerais e particulares do cultivo. Necesidades de persoal. Necesidades de material biolóxico e subministradores.

Persoal e/ou organizacións destinatarias do servicio: persoal da instalación e provedores.

Unidade de competencia 2: cultivar moluscos.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1. Acondiciona-los reproductores para optimiza-la posta.-Os reproductores adquiridos ou capturados foron seleccionados segundo criterios preestablecidos en función das súas características fenotípicas.

-As condicións artificiais de maduración aplicadas (temperatura, caudais, alimentación) foron controladas.

-As dietas, periodicidade e dose alimentarias foron axustadas seguindo o plano establecido, segundo a especie e época do ano.

-O estado de maduración foi estimado mediante a análise de desenvolvemento gonadal.

2.2. Induci-la posta e a desova en función da especie que se vai cultivar.-Foi aplicado o método de inducción segundo a especie e circunstancias existentes.

-O proceso de inducción foi controlado, realizando as modificacións oportunas en función das respostas obtidas.

2.3. Realizar e controla-la fecundación artificial en condicións hixiénicas adecuadas.-Contabilizouse o número de óvulos, mesturándoos cos espermatozoides na proporción adecuada para evita-la polespermia.

-O desenvolvemento embrionario foi controlado mediante a observación microscópica.

-A calidade de posta foi avaliada conforme criterios establecidos, analizando as taxas de fecundación e eclosión.

-Controlouse o traslado dos ovos ós tanques de incubación, eliminando os residuos mediante filtración ou decantación.

-Controláronse as condicións de incubación que foron establecidas: temperatura, densidade de ovos e antibióticos.

RealizaciónsCriterios de realización

2.4. Realizar e controla-lo cultivo larvario optimizando a súa producción.-As condicións adecuadas de cultivo (temperatura, aireación, caudais, renovacións) foron controladas e corrixíronse as súas posibles alteracións.

-O desenvolvemento e a calidade larvaria (morfoloxía, deformacións, tamaño) controlouse mediante a observación microscópica, comprobando a aparición dos sucesivos estadios e estructuras morfolóxicas.

-As dietas e dose alimenticias foron axustadas en función da fase, densidade e especie que se vai cultivar.

-A densidade larvaria foi controlada e avaliada segundo a cantidade, espacio, especie e niveis de aireación.

-Comprobouse que o sifonado, filtrado e limpado dos tanques foi realizado sen dana-las larvas.

-As estructuras morfolóxicas previas á metamorfose foron detectadas e analizadas para constata-lo momento de traslado ós tanques de fixación.

-A calidade da semente e a taxa de fixación foron avaliadas.

-Comprobouse que as medidas profilácticas e curativas oportunas foron aplicadas correctamente.

2.5. Realizar e controla-los cultivos auxiliares, coa calidade requirida.-Foron recoñecidas as microalgas pola súa forma, movemento e cor.

-Foron obtidas as cepas (microalgas) de boa calidade.

-Controlouse a correcta preparación dos medios de cultivo.

-A calidade das microalgas foi avaliada en función da proliferación de protozoos e bacterias ou da contaminación doutras especies de microalgas.

-Foron realizados recontos e o cálculo de densidades previo á elaboración das dietas.

-Foron aplicados os tratamentos preventivos (esterilización, antibióticos, productos químicos, condicións especiais do cultivo, métodos de illamento) que manteñen a calidade do cultivo.

2.6. Dirixir e controla-las operacións de preengorde e engorde.-Controláronse as condicións adecuadas de cultivo e a calidade do H0 (temperatura, aireación, caudais, nivel O, nitritos), segundo as súas fases.

-Verificouse a realización de sementeiras, desdobramentos, rareos, limpezas e demais operacións de preengorde e engorde.

-O desenvolvemento e calidade dos individuos en cultivo foron controlados mediante os métodos preestablecidos.

-Verificouse que os parques de cultivos integrados foron divididos oportunamente en función das diferentes fases de crecemento.

2.7. Controlar e avalia-los parámetros e condicións de cultivo, establecendo as operacións precisas para asegura-la calidade.-Os valores dos parámetros de cultivo (densidade, temperatura, aireación, salinidade, nitritos, nitratos, pH, CO, O) foron interpretados e valorados adecuadamente.

-As características básicas dos parques de cultivo (nivel mareal, pendente, granulometría, natureza do substrato) foron avaliadas en función das especificacións do cultivo.

RealizaciónsCriterios de realización

2.8. Controla-lo estado patolóxico das poboacións en cultivo por métodos sinxelos.-Foron tomadas as medidas preventivas e curativas para erradica-lo efecto das epizootias ou das contaminacións.

-Resolvéronse satisfactoriamente as anomalías presentadas, realizando as correccións precisas e previndo as súas posibles implicacións sobre a planificación existente.

-Verificouse que foron aplicadas as técnicas hixiénico-sanitarias adecuadas.

-Comprobouse que as mostras foron tomadas, preparadas e enviadas en condicións que aseguren un perfecto estado de conservación a un laboratorio especializado en patoloxía de moluscos.

-Comprobouse que as mostras foron tomadas para realiza-lo cultivo bacteriano.

-Foron detectadas alteracións anatómicas de tipo patolóxico, emitindo o informe correspondente ó técnico superior.

-A mortalidade anómala de individuos foi avaliada correctamente, tomando as medidas oportunas.

2.9. Supervisa-la producción e controla-la calidade da colleita.-O proceso da colleita foi optimizado mediante o emprego adecuado de equipos e medios e a execución correcta das operacións.

-As estaturas e pesos correspóndense cos niveis de calidade requiridos e/ou establecidos.

-A recepción do producto polo cliente cumpre os requisitos de calidade.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: instalacións de acuicultura (criadeiro, parque, viveiro). Equipos de acuicultura (piscinas, recipientes e tanques diversos, instalacións de distribución de aire e auga, filtros varios, cámara isotérmica). Maquinaria (bombas de aspiración e trasfega, compresores ou soprantes, xerador eléctrico, intercambiador de calor, equipo de refrixeración, máquina clasificadora, contadora, empalilladora, encordadora, debulladora, colleitadora, guindastre, tractor). Equipos de transporte (embarcación auxiliar, vehículos). Material de acuicultura (utensilios de marisqueo, lámpada ultravioleta, resistencias e termóstatos, programadores horarios, sistemas automatizados de control, básculas, recipientes e colectores de posta, peneiras, desengraxadores de superficie, colectores de semente, lámpadas fluorescentes, dosificador de bióxido de carbono, malla de plancto). Equipos de laboratorio (microscopios e lupas, equipo completo de filtración ó baleiro,

frigorífico, cámara conxeladora, equipos de medición de calidade da auga: oxímetro, salinómetro, pHmetro, estufas de secado e cultivo, autoclave, espectofotómetro, torre de análise granulométrica).

Material de laboratorio (material de disección, calibres, ictiómetro, axitadores, pipetas automáticas, isqueiros Bunsen, material de microbioloxía, material de vidro, plástico e outros, equipos de análise de augas). Reactivos químicos.

Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: cepas de microalgas, moluscos reproductores, larvas ou semente, productos químicos para a elaboración de medios de cultivo, equipos e reactivos para análise da auga, productos químicos para tratamentos contra competidores, depredadores e parasitos. Semente de moluscos apta para o seu traslado ós parques e viveiros de preengorde. Moluscos de estatura comercial e de boa calidade. Medios de cultivo de microalgas.

Procesos, métodos e procedementos: procesos comúns para a producción de semente de moluscos en criadeiro ou mediante a captación natural. Métodos de preengorde e engorde de moluscos ata a estatura comercial, en función da especie que se cultive e a tecnoloxía apropiada á área de influencia. Método de análise da información. Procedementos de corrección de factores físico-químicos. Métodos de control de competidores e depredadores.

Información: natureza, tipo e soportes: requirimento, criterios e métodos de control de calidade nas diferentes fases do cultivo. Moluscos de interese comercial. Anatomía, fisioloxía e bioecoloxía das especies cultivables. Xenética de moluscos. Factores abióticos e a súa influencia. Factores bióticos: competidores, depredadores e parasitos. Tratamentos profilácticos e/ou curativos. Deseño industrial en acuicultura. Artes de pesca e zonas de captura na área de influencia. Lexislación pesqueira. Instalacións de cultivo de moluscos. Cultivo de fitoplancto e requirimentos alimenticios dos moluscos. Cultivo larvario e producción de semente. Cultivo de preengorde e engorde. Criterios de calidade e canles de comercialización e venda do producto. Cartas náuticas, táboas de mareas.

Persoal e/ou organizacións destinatarias do servicio: empresas dedicadas ó engorde de moluscos, almacenistas, minoristas, restaurantes e consumidores en xeral.

Unidade de competencia 3: cultivar crustáceos.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1. Acondiciona-los reproductores para optimiza-la posta.-Comprobouse que os reproductores adquiridos ou capturados foron seleccionados en función das súas características fenotípicas, grao de madureza e fecundación, seguindo criterios preestablecidos.

-Foron controladas as condicións artificiais de maduración (fotoperíodo, temperatura, caudal, alimentación).

-Comprobouse que os substratos teñen o grosor e condicións adecuadas e o dobre fondo funciona correctamente, ou ben que os sistemas de correntes provocadas son adecuados para a posterior separación larvaria.

RealizaciónsCriterios de realización

-As dietas, periodicidade e dose alimenticia foron axustadas segundo a fase de maduración en que se encontren os reproductores e a época do ano.

-Os tratamentos profilácticos e curativos foron aplicados correctamente segundo o estado dos reproductores.

-O estado de maduración foi estimado correctamente mediante a análise do desenvolvemento gonadal ou dos ovos.

3.2. Induci-la posta e a desova.-Realizouse a inducción aplicando o método correcto en función da especie e circunstancias concretas.

-O proceso de inducción foi controlado, realizando as modificacións oportunas en función das respostas obtidas.

-Comprobouse que as ablacións oculares foron realizadas correctamente.

3.3. Realizar e controla-lo cultivo larvario.-A incubación dos ovos realizouse en condicións de calidade de auga, temperatura, aireación e osíxeno.

-A posta foi cuantificada correctamente por métodos de estimación e avaliada a súa calidade segundo os diferentes criterios ó uso.

-As condicións adecuadas de cultivo (luz, temperatura, aireación, caudais, renovacións...) foron controladas e corrixidas as súas posibles alteracións.

-Comprobouse que o sifonado, filtrado e limpado dos tanques foi realizado sen dana-las larvas nin altera-las condicións de cultivo.

-O alimento foi controlado e subministrado adecuadamente nas doses oportunas segundo especie, fases e densidade, observándose as posibles alteracións dos hábitos alimenticios.

-Os desdobramentos foron realizados correctamente, tendo en conta a densidade larvaria e estatura.

-Foron controlados o desenvolvemento e calidade larvaria mediante a observación microscópica, identificándose as últimas fases previas á metamorfose.

3.4. Realizar e controla-los cultivos auxiliares.-Foron obtidas as microalgas, rotíferos, artemias e outras posibles especies de boa calidade.

-Controlouse a correcta preparación dos medios de cultivo.

-As diferentes especies foron recoñecidas co suficiente grao de precisión, cor, forma e mobilidade.

-Foron realizados correctamente os recontos e calculáronse densidades e proporcións para a elaboración de dietas.

-A calidade do cultivo foi avaliada correctamente detectando desde as primeiras etapas as proliferacións bacterianas, de protozoos, ou ben a intrusión doutras especies alleas ó propio cultivo, mantendo controlado o desenvolvemento da poboación.

-Os tratamentos preventivos para mante-la calidade do cultivo foron aplicados e controlados adecuadamente.

-Controlouse que o alimento e os enriquecedores adecuados do zooplancto foron subministrados nas doses e momentos oportunos.

-Controlouse que os cistes de artemias foron hidratados e descapsulados correctamente, efectuándose os oportunos controles de eclosión.

RealizaciónsCriterios de realización

3.5. Controla-las operacións de preengorde e engorde.-Foron axustadas e controladas as condicións adecuadas de cultivo (luz, temperatura, aireación, caudais, substratos) en función da súa fase, contido de osíxeno e calidade de auga.

-As dietas, doses, número de tomas, horario e forma de subministración foron axustadas e controladas correctamente en función da fase e circunstancias concretas do cultivo.

-Os oportunos rareos e/ou desdobramentos foron efectuados correctamente en función das densidades de cultivo ou da homoxeneidade das poboacións.

-As operacións de limpeza de tanques e estanques foron controladas.

-Comprobouse que as mostraxes para coñece-lo crecemento das poboacións se realizaron aplicando a técnica ou método adecuado á situación concreta do cultivo.

-Aplicáronse as técnicas adecuadas de mostraxe para coñece-lo crecemento da poboación.

-Ordenouse o cambio de tipo de alimentación e o seu tamaño no momento oportuno.

-Os crecementos do cultivo controláronse ó longo do seu desenvolvemento, realizándose rexistros puntuais e precisos dos datos de interese (crecemento, supervivencia, desdobramentos, alimentación, procesos patolóxicos).

3.6. Controlar e analizar certos parámetros de cultivo.-A toma e rexistro de datos fisicoquímicos, climatolóxicos, caudais, etc., foi controlada correctamente.

-A obtención de datos para determinar correctamente a calidade da auga (amoníaco, nitritos, nitratos) foi controlada correctamente.

-Os resultados obtidos foron avaliados, decidindo os métodos correctos de intervención para corrixir anomalías.

-Os restos de alimentos foron controlados para evitar posibles alteracións no cultivo e mante-las condicións hixiénicas apropiadas.

-As anomalías presentadas foron resoltas, realizándose as correccións precisas e prevendo as súas posibles implicacións sobre a planificación existente.

3.7. Controla-lo estado patolóxico das poboacións en cultivo por métodos sinxelos.-Comprobouse que as taxas anómalas de mortalidade foron controladas en cada un dos elementos de cultivo ó longo do ciclo.

-As enfermidades máis habituais foron identificadas correctamente desde os seus primeiros síntomas, utilizando os métodos ou técnicas sinxelas máis habituais (observacións anatómicas e etolóxicas, diseccións, preparacións).

-Os controis hixiénico-sanitarios realizáronse correctamente.

-As oportunas medidas hixiénicas e profilácticas aplicáronse correctamente.

-As enfermidades habituais tratáronse mediante os productos e doses precisas, erradicando ou atenuando o efecto das epizootias.

-Comprobouse que as mostras foron tomadas, preparadas e enviadas en condicións que aseguren un perfecto estado de conservación ós laboratorios especializados en patoloxía.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: piscinas, tanques e outros recipientes de cultivo e os seus accesorios, tanto para cultivos auxiliares como para reproductores, larvas, xuvenís ou adultos. Termómetros, oxímetros, salinómetros, Phmetros, caudalímetros, medidores de luz, kits varios, electrodos selectivos, espectrofotómetros, etc. Filtros e peneiras. Equipos de filtración. Difusores, tubos e mangas de aire. Intercambiadores de calor, resistencias, termóstatos e programadores horarios. Equipos de esterilización e lámpadas ultravioleta para auga ou material diverso. Sistemas automáticos de control. Compresores e soprantes, básculas e balanzas. Microscopios, lupas e accesorios. Material de laboratorio (vidro, plástico, porcelana, isqueiros Bunsen, asas de semente, mangos, etc.). Productos químicos e farmacolóxicos. Material de disección. Cámaras de reconto e contadores. Dosificadores de C0. Cámaras isotérmicas. Lámpadas fluorescentes. Campá de fluxo laminar. Equipo de

filtración ó baleiro. Batedores. Bombas de trasfega. Frigoríficos e conxeladores. Libros ou táboas de rexistro. Estufas de esterilización e cultivo. Axitadores. Placas calefactoras. Pipetas automáticas. Clasificadoras. Calibres. Alimentos vivos e inertes. Inóculos de fitoplancto e zooplancto. Enriquecedores.

Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: postas (ovos e larvas). Poslarvas, xuvenís e adultos. Alimentos varios (fitoplancto e zooplancto, dietas naturais, húmidas e semihúmidas). Libros e táboas de control.

Procesos, métodos e procedementos: métodos de cálculo da capacidade reproductora. Métodos de osixenación e esterilización da auga e/ou material diverso. Tratamentos profilácticos e/ou curativos habituais. Métodos de separación e recollida de ovos e larvas. Métodos de acondicionamento e inducción. Procedementos de ablación peduncular. Métodos de cálculo de densidades e mortalidade larvaria, de xuvenís e adultos. Métodos de captura, traslado e manexo de larvas, xuvenís e adultas. Métodos de medición. Procedementos de sifonado e limpeza de tanques. Métodos estandarizados de cultivo de fitoplancto e zooplancto, segundo volumes e fases. Métodos de reconto e cálculo de densidades en cultivos auxiliares. Métodos de limpeza e desinfección de recipientes de cultivo de fitoplancto e zooplancto. Métodos de hidratación e descapsulación de cistes de artemia e separación e recollida de nauplios. Métodos de mostraxe. Métodos de medida e valoración de parámetros de cultivo. Métodos de mostraxe,

conservación, preparación e de remisión de mostras para análises patolóxicas. Métodos de análises bacteriolóxicas, parasitolóxicas e histolóxicas. Métodos de clasificación.

Información: natureza, tipo e soporte: ciclo reproductor das especies. Fisioloxía da reproducción. Desenvolvemento embrionario. Índices gonadais. Criterios de selección en reproductores en función das características fenotípicas, grao de madureza e fecundación. Hábitos de comportamento en catividade. Requirimentos alimenticios. Sistemas de filtración,

dobres fondos e desaugadoiros. Criterios de avaliación de calidade de posta. Desenvolvemento larvario, distintas fases e morfoloxía de cada unha delas. Criterios de calidade larvaria, de xuvenís, adultos e cultivos auxiliares. Condicións de cultivo, o seu control e posibles accións correctoras. Requirimentos alimenticios e sistemas ou modos de subministración de alimento. Características, calidade, taxas de crecemento, medios de cultivo e requirimentos ambientais e alimenticios de microalgas e especies de zooplancto máis utilizadas. Dosificación de antibióticos. Instruccións de aparellos e equipos. Procesos patolóxicos máis habituais e as súas posibles causas. Coñecementos básicos de bacterioloxía, parasitoloxía e histoloxía. Medidas hixiénicas e profilácticas habituais. Cargas idóneas segundo tamaños e fases de cultivo. Criterios para efectuar desdobramentos.

Persoas e/ou organizacións destinatarias do servicio: persoal da instalación.

Unidade de competencia 4: cultivar peixes.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1. Acondiciona-los reproductores para optimiza-la posta.-Comprobouse que os reproductores adquiridos ou capturados foron seleccionados en función das características fenotípicas, grao de madureza e fecundación, seguindo os criterios preestablecidos.

-Controláronse as condicións artificiais de maduración (fotoperíodo, temperatura, caudal, alimentación).

-As dietas, periodicidade e doses alimenticias foron axustadas correctamente segundo a especie cultivada.

-Os tratamentos profilácticos e curativos foron aplicados correctamente, en función do estado dos reproductores.

-A maduración foi estimada correctamente mediante a análise do desenvolvemento da gónada (canulación, frote gonadal).

-Os ciclos de posta foron controlados correctamente.

4.2. Induci-la posta e a desova.-Realizouse a inducción aplicando o método correcto en función da especie e de circunstancias concretas.

-O tratamento antiestrés foi aplicado dosificando correctamente o anestésico ou tranquilizante antes do manexo dos reproductores.

-As hormonas e doses que se deben aplicar foron seleccionadas correctamente no caso de ser necesarias.

-As hormonas foron inxectadas de forma correcta.

-A masaxe abdominal foi aplicada adecuadamente.

4.3. Realizar e controla-la fecundación artificial.-As suspensións de óvulos e espermatozoides foron mesturadas na proporción adecuada nos casos de postas inducidas por masaxe.

-O desenvolvemento embrionario foi controlado mediante a observación microscópica.

-A calidade de posta foi avaliada analizando as taxas de fecundación e eclosión.

RealizaciónsCriterios de realización

-As condicións de incubación (temperatura, densidade de ovos, antibióticos) foron controladas.

4.4. Realizar e controla-lo cultivo larvario.-A posta foi correctamente cuantificada e a súa calidade avaliada.

-O desenvolvemento e calidade larvaria foi controlado mediante a observación microscópica.

-A densidade larvaria foi avaliada e controlada mediante técnicas de mostraxe apropiadas.

-As condicións adecuadas de cultivo (aireación, renovacións, fotoperíodos) foron controladas.

-As dietas alimenticias foron controladas e subministradas en función do valor nutritivo, a alimentación remanente e a densidade larvaria.

-Controlouse que os desengraxadores de superficie funcionen correctamente.

-Controlouse mediante observación microscópica que o "desvexigado" se realizou de forma correcta.

4.5. Realizar e controla-los cultivos auxiliares.-Obtivéronse as microalgas, rotíferos, artemias e outras posibles especies de boa calidade.

-Controlouse a correcta preparación dos medios de cultivo.

-As diferentes especies foron recoñecidas co suficiente grao de precisión, cor, forma, mobilidade, etc.

-Realizáronse correctamente os recontos e calculáronse densidades e proporcións para a elaboración de dietas.

-A calidade do cultivo foi avaliada correctamente detectando desde as primeiras etapas as proliferacións bacterianas, de protozoos ou ben a intrusión doutras especies alleas ó propio cultivo, mantendo controlado o desenvolvemento da poboación.

-Os tratamentos preventivos para mante-la calidade do cultivo foron aplicados e controlados adecuadamente.

-Controlouse que o alimento e enriquecedores adecuados do zooplancto, foron subministrados nas doses e momentos oportunos.

-Controlouse que os cistes de artemias foron hidratados e descapsulados correctamente, efectuándose os oportunos controis de eclosión.

4.6. Controla-las operacións de preengorde e engorde.-Axustáronse e controláronse as condicións adecuadas de cultivo (luz, temperatura, aireación, caudais, substratos) en función da súa fase, contido de osíxeno e calidade de auga.

-As dietas, doses, número de tomas, horario e forma de subministración foron axustadas e controladas correctamente en función da fase e circunstancias concretas do cultivo.

-Os oportunos rareos e/ou desdobramentos efectuáronse correctamente en función das densidades de cultivo ou da homoxeneidade das poboacións.

-Controláronse as operacións de limpeza de tanques e estanques.

-Comprobouse que as mostraxes para coñece-lo crecemento das poboacións foron realizadas aplicando a técnica ou método adecuado á situación concreta do cultivo.

RealizaciónsCriterios de realización

-Aplicáronse as técnicas adecuadas de mostraxe para coñece-lo crecemento da poboación.

-Ordenouse o cambio de tipo de alimentación e o seu tamaño no momento oportuno.

-As fases do cultivo controláronse ó longo do seu desenvolvemento, realizándose rexistros puntuais e precisos dos datos de interese (crecemento, supervivencia, desdobramentos, alimentación, procesos patolóxicos).

4.7. Controlar e analizar certos parámetros de cultivo.-A toma e rexistro de datos fisicoquímicos, climatolóxicos e caudais controlouse correctamente.

-A obtención de datos para determinar correctamente a calidade da auga (amoníaco, nitritos, nitratos) foi controlada correctamente.

-Os resultados obtidos foron avaliados decidindo os métodos correctos de intervención para corrixir anomalías.

-Os restos de alimentos controláronse para evitar posibles alteracións no cultivo e mante-las condicións hixiénicas apropiadas.

4.8. Controla-lo estado patolóxico das poboacións en cultivo por métodos sinxelos.-Comprobouse que as taxas anómalas de mortalidade foron controladas ó longo do ciclo de cultivo.

-Levouse un control das taxas de mortalidade.

-As observacións anatómicas (úlceras, malformacións) e etolóxicas (comportamento anómalo) para detectar posibles alteracións de tipo patolóxico foron correctamente efectuadas.

-A análise hixiénico-sanitaria foi aplicada correctamente.

-Comprobouse que as mostras foron tomadas, preparadas e enviadas en condicións que aseguren un bo estado de conservación, a laboratorios especializados en análise patolóxica.

-Tomáronse as adecuadas medidas preventivas, curativas ou metodolóxicas para erradicar ou atenua-lo efecto das epizootias.

Dominio profesional

Medios de producción ou tratamento da información: artes de pesca. Embarcacións, cartas náuticas e táboas de marea. Táboas de observación meteorolóxica. Vehículos, tanques e/ou recipientes de transporte e elementos e equipos auxiliares (aireación/osixenación e refrixeración). Bombas e tubos de trasfega. Oxímetros, caudalímetros, termómetros, pHmetros, salinómetros, kits varios, electrodos selectivos, etc. Básculas e balanzas. Filtros varios e peneiras. Piscinas, tanques, estanques, gaiolas. Compresores e soprantes. Difusores e mangas de aire. Intercambiadores de calor, resistencias, termóstatos e programadores horarios. Cámaras de conxelación e conservación. Comedeiros automáticos. Máquinas picadoras, amasadoras, paletizadoras, clasificadoras, guindastres. Recipientes de cul

tivo de fitoplancto e zooplancto ("erlenmeier", botellóns, bolsas, tanques, piscinas). Batedores. Material de vidro, plástico e porcelana. Material de laboratorio (balanzas, espectrofotómetro, equipo de dirección, autoclave). Reactivos químicos. Cordas, mallas. Productos e reactivos químicos. Libros e táboas de rexistro. Recipientes de envasado do producto final e elementos de embalaxe. Alimentos vivos e inertes. Inóculos de fitoplancto e zooplancto. Enriquecedores.

Principais resultados do traballo: productos e/ou servicios: postas (ovos e larvas). Poslarvas, xuvenís e adultas. Alimentos varios (fitoplancto e zooplancto, dietas naturais, húmidas e semihúmidas). Libros e táboas de control.

Procesos, métodos e procedementos: métodos de cálculo da capacidade reproductora. Métodos de osixenación e esterilización da auga e/ou material diverso. Tratamentos profilácticos e/ou curativos habituais. Métodos de acondicionamento e inducción. Uso de anestésicos. Métodos de cálculo de densidade e mortalidade larvaria, de xuvenís e adultos. Métodos de captura, traslado e manexo de larvas, xuvenís e adultas. Métodos de medición. Procedementos de sifonado e limpeza de tanques. Métodos estandarizados de cultivos auxiliares. Métodos de limpeza e desinfección de recipientes de cultivo de fitoplancto e zooplancto. Métodos de medida e valoración de parámetros de cultivo. Métodos de mostraxe, conservación, preparación e de remisión de mostras para análises patolóxicas. Métodos de clasificación.

Información: natureza, tipo e soportes: ciclo reproductor das especies. Fisioloxía da reproducción. Desenvolvemento embrionario. Índices gonadais. Criterios de selección de reproductores en función das características fenotípicas, grao de madureza e fecundación. Hábitos de comportamento en catividade. Requirimentos alimenticios. Sistemas de filtración, dobres fondos e desaugadoiros. Criterios de avaliación de calidade de posta. Desenvolvemento larvario, distintas fases e morfoloxía de cada unha delas. Criterios de calidade larvaria, de xuvenís, adultos e cultivos auxiliares. Condicións de cultivo, o seu control e posibles accións correctoras. Requirimentos alimenticios e sistemas ou modos de subministración de alimento. Características, calidade, taxas de crecemento, medios de cultivo e requirimentos ambientais e alimenticios de microalgas e especies de zooplancto máis utilizadas. Dosificación de antibióticos. Instruccións de aparellos e equipos. Procesos patolóxicos máis habituais e

as súas posibles causas. Coñecementos básicos de bacterioloxía, parasitoloxía e histoloxía. Medidas hixiénicas e profilácticas habituais. Cargas idóneas segundo tamaños e fases de cultivo. Criterios para efectuar desdobramentos.

Persoal e/ou organizacións destinatarias do servicio: persoal da instalación.

Unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1. Avalia-la posibilidade de implantación dunha pequena empresa ou taller en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos.-Seleccionouse a forma xurídica de empresa máis adecuada ós recursos dispoñibles, ós obxectivos e ás características da actividade.

-Realizouse a análise previa á implantación, valorando:

.A estructura organizativa adecuada ós obxectivos.

.A localización física e ámbito de actuación (distancia clientes/provedores, canles de distribución, prezos do sector inmobiliario da zona, elementos de prospectiva).

.A previsión de recursos humanos.

.A demanda potencial, previsión de gastos e ingresos.

.A estructura e composición do inmobilizado.

.As necesidades de financiamento e forma máis rendible.

.A rendibilidade do proxecto.

.A posibilidade de subvencións e/ou axudas á empresa ou á actividade, ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

-Determinouse adecuadamente a composición dos recursos humanos necesarios, segundo as funcións e procesos propios da actividade da empresa e dos obxectivos establecidos, atendendo á formación, experiencia e condicións actitudinais, se procede.

5.2. Determina-las formas de contratación máis idóneas en función do tamaño, actividade e obxectivos dunha pequena empresa.-Identificáronse as formas de contratación vixentes, determinando as súas vantaxes e inconvenientes e establecendo os máis habituais no sector.

-Seleccionáronse as formas de contrato óptimas, segundo os obxectivos e as características da actividade da empresa.

5.3. Elaborar, xestionar e organiza-la documentación necesaria para a constitución dunha pequena empresa e a xerada polo desenvolvemento da súa actividade económica.-Estableceuse un sistema de organización da información adecuado que proporcione información actualizada sobre a situación económico-financeira da empresa.

-Realizouse a tramitación oportuna ante os organismos públicos para a iniciación da actividade de acordo cos rexistros legais.

-Os documentos xerados: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques e recibos, foron elaborados no formato establecido pola empresa cos datos necesarios en cada caso e de acordo coa lexislación vixente.

-Identificouse a documentación necesaria para a constitución da empresa (escritura, rexistros, imposto sobre actividades económicas e outras).

5.4. Promove-la venda de productos ou servicios mediante os medios ou relacións adecuadas, en función da actividade comercial requirida.-No plano de promoción, tívose en conta a capacidade productiva da empresa e o tipo de clientela potencial dos seus productos e servicios.

-Seleccionouse o tipo de promoción que fai óptima a relación entre o incremento das vendas e o custo da promoción.

RealizaciónsCriterios de realización

-A participación en feiras e exposicións permitiu establece-las vías de distribución dos diversos productos ou servicios.

5.5. Negociar con provedores e clientes, buscando as condicións máis vantaxosas nas operacións comerciais.-Tivéronse en conta, na negociación cos provedores:

.Prezos do mercado.

.Prazos de entrega.

.Calidades.

.Condicións de pagamento.

.Transportes, se procede.

.Descontos.

.Volume de pedido.

.Liquidez actual da empresa.

.Servicio posvenda do provedor.

-Nas condicións de venda propostas ós clientes tivéronse en conta:

.Marxes de beneficios.

.Prezo de custo.

.Tipos de clientes.

.Volume de venda.

.Condicións de cobro.

.Descontos.

.Prazos de entrega.

.Transporte, se procede.

.Garantía.

.Atención posvenda.

5.6. Crear, desenvolver e manter boas relacións con clientes reais ou potenciais.-Transmitiuse en todo momento a imaxe desexada da empresa.

-Os clientes son atendidos cun trato dilixente e cortés e na marxe de tempo previsto.

-Respondeuse satisfactoriamente á súa demanda, resolvendo as súas reclamacións con dilixencia e prontitude e promovendo as futuras relacións.

-Comunicouse ós clientes calquera modificación ou innovación da empresa, que poida interesarlles.

5.7. Identificar, en tempo e forma, as accións derivadas das obrigas legais dunha empresa.-Identificouse a documentación esixida pola normativa vixente.

-Identificouse o calendario fiscal correspondente á actividade económica desenvolvida.

-Identificáronse en tempo e forma as obrigas legais laborais.

.Altas e baixas laborais.

.Nóminas.

.Seguros sociais.

Dominio profesional

Información que manexa: documentación administrativa: facturas, albarás, notas de pedido, letras de cambio, cheques.

Documentación cos distintos organismos oficiais: permisos de apertura do local, permiso de obras, etc... Nóminas TC1, TC2, Alta en IAE. Libros contables oficiais e libros auxiliares. Arquivos de clientes e provedores.

Tratamento da información: terá que coñece-los trámites administrativos e as obrigas cos distintos organismos oficiais, xa sexa para realizalos o propio interesado ou para contrata-la súa realización a persoas ou empresas especializadas.

O soporte da información pode estar informatizado utilizando paquetes de xestión moi básicos existentes no mercado.

Persoas coas que se relaciona: provedores e clientes. Ó ser unha pequena empresa ou taller, en xeral, tratará con clientes con pedidos ou servicios que darían lugar a pequenas ou medianas operacións comerciais. Xestorías.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

A acuicultura é un sistema de producción de organismos acuáticos baseado nunha tecnoloxía multidisciplinar que se atopa en fase de desenvolvemento. Os principais avances que poden influír na competencia deste profesional son:

-Maior divulgación dos coñecementos científicos entre investigadores e cultivadores, axilizando a transferencia das novas tecnoloxías que permitan amplia-lo número de especies cultivables, o perfeccionamento e estandarización da producción industrial de semente, a mellora dos pensos, o avance na investigación xenética aplicada e o progreso das técnicas de prevención, diagnóstico e tratamento de procesos patolóxicos.

-Desenvolvemento da enxeñería dos sistemas de cultivo, considerando o deseño e construcción de instalacións en terra e no medio acuático, os sistemas de acondicionamento e distribución de fluídos e os equipos auxiliares de cultivo, mecánicos ou electrónicos, que permitan a automatización do proceso e a súa aplicación a zonas actualmente desaproveitadas.

-Maior atención á protección do medio ambiente, con efectos favorables para a actividade e uso de enerxías alternativas no proceso de cultivo.

-Tendencia cara a unha acuicultura intensiva moi tecnificada e cun elevado aporte de capital. Prevese o desenvolvemento do cooperativismo de primeiro e segundo grao, así como outros tipos de asociación empresarial, co obxecto de potencia-la competitividade das empresas máis débiles.

-Perfeccionamento da xestión comercial, ofertando productos de calidade normalizada, elaborados en orixe e con sistemas de envasado e etiquetado mellorados.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

O perfeccionamento das técnicas de cultivo e a incorporación de novas especies requirirá o coñecemento do seu ciclo biolóxico e as características particulares das súas técnicas de producción. Así mesmo, o uso de novas áreas, estructuras, maquinaria e equipo auxiliar suporá a adaptación das técnicas de cultivo ás circunstancias concretas.

A medida que se vaian estandarizando e automatizando os métodos de producción, ampliarase a responsabilidade desta figura en actividades de dirección, coordinación, asignación de tarefas e supervisión do persoal ó seu cargo, con maior grao de autonomía.

A xeneralización do uso dos ordenadores na planificación, control, manexo da información e xestión do cultivo, así como na elaboración de informes, esixirá manexar con soltura os medios informáticos.

2.6.3. Cambios na formación.

A formación deste profesional debe alcanzar unha concepción global do proceso de cultivo e uns coñecementos das instalacións, maquinaria, materiais, medios e equipos que lle permitan adaptarse ós previsibles cambios tecnolóxicos.

Débeselle adestrar na busca e manexo da información necesaria para manterse ó día nos avances experimentados por esta actividade, que se encontra en fase de desenvolvemento. Dado que a maioría das publicacións técnicas se realizan en lingua inglesa, terá que domina-lo inglés técnico, como mínimo a nivel de traducción.

Requiriranse maiores coñecementos en informática e as súas aplicacións na planificación, manexo da información e xestión.

O incremento da responsabilidade e grao de autonomía derivados da asunción das actividades de dirección, control e supervisión, precisará ampliar cualitativamente os coñecementos sobre reproducción, nutrición, patoloxía e técnicas analíticas.

2.7. Posición no proceso productivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Este profesional exercerá a súa actividade laboral en calquera instalación que teña por finalidade o cultivo de especies acuáticas, tanto mariñas como doceacuícolas.

Os principais subsectores nos que fundamentalmente pode desempeña-lo seu labor son: instalacións complexas como criadeiros, sementeiros, granxas mariñas, piscifactorías ou centros de investigación.

En xeral, grandes, medianas e pequenas empresas de acuicultura; organismos públicos locais, territoriais ou estatais; eventualmente exercerá a súa actividade de forma autónoma.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional localízase fundamentalmente nas funcións e subfuncións de: planificación e programación de cultivos, análise de custos; producción e apoio técnico, control e seguimento, xestión de recursos, interpretación e execución das normas de seguridade; control de calidade/inspección.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos abranguen o campo da acuicultura intensiva, semiintensiva e extensiva, e están ligadas a:

.Proceso de producción: equipos para a realización do cultivo; equipos para o procesado da información de control de producción, seguridade e calidade e técnicas para o seu seguimento ou actualización.

.Coñecementos de: bioloxía, fisioloxía, ecoloxía, patoloxía, xenética aplicada, tecnoloxía da acuicultura, programación e planificación, seguridade e calidade aplicadas á acuicultura.

2.7.3. Ocupacións e postos de traballo tipo máis relevantes:

Con fins de orientación profesional enuméranse a continuación ocupacións e postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

Esta figura profesional poderá formar parte dos equipos que desenvolvan a súa actividade en criadeiros, sementeiros, granxas mariñas ou piscifactorías, podendo estar á fronte das súas diferentes seccións (acondicionamento, posta, cultivo larvario, cultivos auxiliares, engorde), logo de acada-la necesaria experiencia e coordinación co responsable do cultivo.

Nos centros de investigación poderá estar á fronte dos labores rutineiros de cultivo e control, colaborando co equipo investigador na modificación, seguimento e control das experiencias naquilo que afecte ó cultivo propiamente dito.

As ocupacións ou postos de traballo que poderá desempeñar son:

Técnico de instalacións acuícolas, técnico de cultivo de moluscos, técnico de cultivo de crustáceos, técnico piscicultor, técnico de criadeiro, técnico de piscifactorías.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Comprender e/ou aplica-la terminoloxía, medios, equipos e métodos necesarios para a organización e xestión dos procesos de producción nas instalacións de cultivo, así como a realización de tarefas complexas e sen normalizar do cultivo de moluscos, crustáceos, peixes e especies auxiliares.

* Supervisa-las técnicas de producción das diferentes especies susceptibles de cultivo en augas da Comunidade Autónoma galega para a obtención dun producto que reúna as condicións óptimas para a súa comercialización, seleccionando as diversas técnicas e equipos de ensaio para avaliar así a realidade do producto cultivado.

* Analiza-los problemas tecnolóxicos que se presentan na realización das operacións de acuicultura, definindo as solucións ou modificacións e avaliando as anomalías e disfuncións.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo a nivel comunitario, estatal e autonómico que regula e condiciona a actividade industrial de acuicultura, identificando os dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de seguir e mellora-los procedementos establecidos e de actuar propoñendo solucións ás anomalías que se poden presentar neles.

* Analizar, adaptar e, de se-lo caso, xerar documentación técnica imprescindible na formación e adestramento de profesionais ó seu cargo, interpretando a información e a linguaxe simbólica asociada ás operacións de acuicultura.

* Utilizar con autonomía as estratexias características do método científico e os procedementos propios do sector, para tomar decisións fronte a problemas concretos ou supostos prácticos en función de datos ou informacións coñecidas, valorando os resultados previsibles que da súa actuación se puidesen derivar.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionada coa súa profesión que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Sensibilizarse respecto dos efectos que as condicións de traballo poden producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de mellora-las condicións de realización do traballo, utilizando medidas correctivas e proteccións adecuadas.

* Analizar e avalia-los efectos que a actividade acuícola pode producir sobre a saúde persoal, colectiva e ambiental, co fin de protexe-las persoas e o medio ambiente, utilizando as medidas preventivas e correctivas adecuadas.

* Identificar e aplica-las diferentes medidas de prevención de situacións de risco máis habituais no seu ámbito de traballo.

* Adquirir unha visión global e integrada dos distintos aspectos que se deben ter en conta na posta en funcionamento dunha explotación acuícola.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

Módulo profesional 1: organización do proceso productivo acuícola.

Asociado á unidade de competencia 1: planifica-lo proceso de cultivo e organiza-la explotación acuícola.

Capacidades terminais elementais

-Analiza-lo marco legal no que deben opera-las empresas de acuicultura.

-Deseña-la estructura organizativa e productiva das empresas de cultivo acuícola.

-Analizar, definir e desenvolve-los procesos de cultivo acuícola, establecendo o calendario de actividades e de requirimentos de materiais e medios biolóxicos e humanos nas diferentes fases do ciclo productivo.

-Planificar e organiza-lo cultivo en función das características da instalación, a bioloxía da especie e a demanda comercial do producto.

-Defini-los criterios de limpeza e asepsia que deben posuí-las instalacións, materiais e equipos auxiliares nas diferentes fases do proceso productivo.

-Analizar e deseña-los procesos de limpeza e asepsia necesarios para o desenvolvemento do cultivo.

Contidos básicos (duración 225 horas).

Procedementais.

* Medio ambiente

.Aplicación de técnicas de detección. Utilización de medidas de prevención, conservación e corrección.

.Avaliación do impacto ambiental das instalacións da acuicultura nun medio dado.

* Organización das operacións de cultivo:

.Selección de especies de cultivo.

.Realización e interpretación de esquemas do proceso de cultivo das principais especies. Análise de diagramas dos procesos de producción.

.Disposición en planta das instalacións e equipos.

.Análise das necesidades de persoal para levar a cabo un cultivo determinado.

.Estima da producción e rendibilidade dun cultivo dado.

* Modelos matemáticos adaptados ó tratamento e interpretación de sistemas biolóxicos.

.Interpretación e realización de curvas, ecuacións e taxas de crecemento - mortalidade das especies en cultivo.

.Utilización do cálculo e da estatística aplicada para interpretar un sistema biolóxico dado.

.Utilización da informática, con carácter xeral.

* Sistemas e métodos de traballo en acuicultura.

.Análise de tarefas e descrición de postos de traballo en instalacións de acuicultura.

.Elaboración de follas de instruccións para a producción.

* Planificación e control do cultivo:

.Programación do proceso de cultivo.

.Control do proceso productivo. Descrición de tipos de custos, vendas e rendibilidade. Utilización das aplicacións informáticas.

.Demanda comercial das especies cultivables.

* Instalacións de cultivo, equipos de cultivo e equipos auxiliares de cultivo.

.Identificación e descrición dos equipos e instalacións.

.Descrición do funcionamento xeral dos equipos e instalacións. Establecemento dos parámetros de control.

* Automatismos aplicados á acuicultura.

.Explicación do funcionamento de:

Automatismos en circuítos hidráulicos.

Automatismos en circuítos pneumáticos.

Automatismos para parámetros de cultivo.

Automatismos eléctricos.

Dosificadores.

* Paneis de control e alarma.

.Identificación de equipos de control e alarma.

.Descrición de modelos de instalación.

.Elaboración de partes e táboas periódicas.

Conceptuais.

* Hidroloxía e bioloxía de medios acuáticos:

.Características físico-químicas da auga.

.Características dos ecosistemas acuáticos.

.Xeoloxía e sedimentoloxía. Tipos de costa e as súas características.

.As rías galegas.

.Ecoloxía do medio acuático: comunidades acuáticas, redes tróficas. Mareas vermellas.

.Especies biolóxicas apropiadas ó medio.

.Recursos acuáticos.

.A atmosfera e a hidrosfera: dinámica e balance hidrolóxico.

.As zonas litorais.

.Recursos hídricos.

* Organización das operacións de cultivo:

.Acuicultura: Clasificación. Sistemas de cultivo.

.Ciclos biolóxicos e de producción.

* Enxeñería de instalacións acuícolas. Normativa comunitaria, estatal e autonómica.

.Normativa referente a materiais.

.Normativa referente a artefactos.

.Normativa referente a efluentes.

* Normativa comunitaria, nacional e autonómica relativa á producción acuícola.

Actitudinais.

* Hidroloxía e bioloxía de medios acuáticos:

.Valoración crítica das aptitudes e a idoneidade das rías galegas para o desenvolvemento da acuicultura.

.Hábito de selección das especies de interese para a acuicultura galega, as súas vantaxes e inconvenientes.

* Medio ambiente.

.Toma de consciencia dos posibles riscos e impactos ambientais da acuicultura.

.Valoración da necesidade de aplicar medidas de xestión ambiental en acuicultura, co obxecto de minimiza-los efectos ambientais desta actividade.

* Estructura organizativa e funcional da acuicultura:

.Actitude creativa cara á optimización dos métodos de traballo en acuicultura.

.Hábito de interpreta-lo proceso de cultivo como un conxunto interrelacionado.

.Aceptación dos obxectivos e subfuncións do proceso productivo.

.Valoración das posibilidades e perspectivas da acuicultura en Galicia, en España e no mundo.

.Valoración da importancia da acuicultura como un mecanismo potenciador da productividade natural.

.Hábito na previsión e dispoñibilidade dos materiais, equipos e medios do cultivo, no momento preciso.

.Responsabilidade na prevención de situacións de risco e emerxencia.

.Interese pola actualización dos coñecementos como medio para manterse informado dos avances tecnolóxicos.

Módulo profesional 2: cultivo de moluscos.

Asociado á unidade de competencia 2: cultivar moluscos.

Capacidades terminais elementais

-Defini-los criterios de selección dos reproductores en función das súas características fenotípicas, morfolóxicas e grao de madureza.

-Analiza-las variedades e tipos de reproductores en función das súas características fenotípicas e o estado de madureza.

-Defini-los requisitos do acondicionamento e os parámetros físico-químicos en función da especie cultivada.

-Analiza-los métodos de acondicionamento de reproductores, verificando que se realiza nas condicións establecidas e que evoluciona correctamente.

-Defini-las características do proceso de incubación e os criterios ambientais e biolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento embrionario das principais especies cultivadas.

-Avalia-las operacións de inducción á posta, fecundación e desenvolvemento embrionario, verificando a súa correcta evolución.

-Planifica-lo proceso de cultivo larvario e defini-las condicións precisas de cultivo en función dos criterios bio-ecolóxicos da especie cultivada.

-Avalia-la correcta manipulación das larvas e sementes e a elaboración ou montaxe dos colectores e utensilios específicos.

-Analizar e controla-la evolución do cultivo de larvas e sementes, en función da calidade e parámetros fixados.

-Deseña-los métodos de preengorde e engorde e defini-las condicións de cultivo en función dos requirimentos bio-ecolóxicos das especies cultivadas.

-Selecciona-los colectores e artefactos utilizados no preengorde e engorde, controlando a súa correcta elaboración, localización e montaxe.

-Analiza-las operacións de preengorde e engorde, verificando a súa correcta realización nas condicións precisas e á densidade adecuada.

-Planifica-los métodos analíticos e seleccionar e avalia-los mecanismos de acción fronte a situacións de cultivo adversas.

-Interpreta-los resultados analíticos, relacionándoos cos requirimentos das especies cultivadas.

-Analiza-los procesos patolóxicos, aplicando técnicas sinxelas de diagnóstico ou enviando mostras a un laboratorio especializado.

-Defini-las medidas de acción, preventivas e/ou curativas, controlando a súa correcta aplicación e efectividade.

Contidos básicos (duración 260 horas).

Procedementais.

* Producción de semente de moluscos en criadeiro.

.Planificación de técnicas de:

Captura, selección e acondicionamento de reproductores.

Alimentación de reproductores.

Inducción á posta.

Fecundación.

Incubación.

Proceso do cultivo.

Desenvolvemento larvario.

Densidades óptimas.

Alimentación larvaria.

Fixación.

Montaxe e disposición de colectores para a captación de semente en criadeiro.

Adaptación da semente ás condicións naturais.

Interpretación de requirimentos nutricionais de larvas e reproductores.

Identificación de factores ambientais e da súa influencia sobre o cultivo.

* Preengorde e engorde de moluscos.

.Adquisición, captación ou captura de semente.

.Establecemento e selección de criterios de control de calidade de semente.

.Construcción de colectores para a captación natural.

.Establecemento de técnicas de preengorde e engorde nos diferentes sistemas de cultivo.

.Interpretación das particularidades do cultivo das principais especies de interese comercial.

.Identificación de:

Factores abióticos e bióticos.

Densidades óptimas.

Competidores e depredadores. Clasificación.

.Interpretación dos procedementos de:

Depuración.

Estabulación.

* Métodos analíticos de control da producción.

.Control de calidade da auga, productos intermedios e da producción final. Aplicación de técnicas de mostraxe.

.Técnicas de análise para o control microbiolóxico sanitario.

.Utilización de aparellos de toma de mostras.

.Aplicación de:

Técnicas analíticas, fundamentos e aplicacións.

Técnicas instrumentais.

.Determinación e recoñecemento dos valores limitantes.

* Patoloxía.

.Identificación dos indicios das principais enfermidades infecciosas dos moluscos.

.Aplicación de técnicas de diagnose de enfermidades. Descrición dos principios e fundamentos destas.

.Establecemento de métodos de mostraxe, preparación e envío de mostras para análise patolóxica.

.Establecemento de métodos de prevención e control de enfermidades.

Conceptuais.

* Taxonomía, anatomía e fisioloxía de moluscos.

.Grupos taxonómicos.

.Especies de interese comercial en Galicia.

.Morfoloxía e anatomía de moluscos.

.Alimentación. Requirimentos nutricionais.

.Ecoloxía e distribución (bioxeografía) das principais especies de interese comercial.

.Bioloxía e fisioloxía dos moluscos.

.Reproducción. Ciclo reproductor.

.Xenética aplicada.

* Instalacións para o cultivo de moluscos.

.Sistemas de cultivo de moluscos.

.Características, requirimentos e especies apropiadas.

.Instalacións para a reproducción controlada.

.Instalacións de preengorde e engorde.

.Estructuras de cultivo. Maquinaria auxiliar.

* Patoloxía.

.Principais enfermidades infecciosas dos moluscos.

* Terminoloxía inglesa sobre moluscos.

Actitudinais.

* Taxonomía, anatomía e fisioloxía de moluscos.

.Valoración da importancia de establecer relacións entre as características ambientais e os criterios bioecolóxicos das principais especies de interese en acuicultura.

* Instalacións para o cultivo de moluscos.

.Consciencia da necesidade de relaciona-las características estructurais da instalación coa bioecoloxía das especies, as condicións ambientais do lugar e os obxectivos de producción.

* Producción de semente de moluscos en criadeiro.

.Valoración crítica da situación actual, problemática e perspectivas dos criadeiros de moluscos en Galicia.

.Sensibilidade diante da problemática da captura de semente nos bancos naturais e a súa relación coa normativa legal e o furtivismo.

.Valoración crítica das vantaxes e inconvenientes da producción en criadeiros artificiais.

* Preengorde e engorde de moluscos.

.Valoración crítica da situación actual, problemática e perspectivas do cultivo de moluscos en Galicia.

.Valoración da acuicultura de moluscos como alternativa ó marisqueo.

.Toma de consciencia da necesidade de transformación do sector marisqueiro nunha actividade de acuicultura.

.Sensibilidade cara á explotación racional dos bancos naturais.

.Valoración crítica dos riscos ambientais da introducción de especies exóticas.

* Patoloxía.

.Constancia no control patolóxico nos traslados para evita-lo contaxio de enfermidades nos moluscos.

.Atención ós riscos sanitarios para o consumo humano, xustificando o cumprimento dun estricto control sanitario.

Módulo profesional 3: cultivo de crustáceos.

Asociado á unidade de competencia 3: cultivar crustáceos.

Capacidades terminais elementais

-Defini-los criterios de selección dos reproductores en función das súas características fenotípicas, fisiolóxicas e grao de madureza.

-Analiza-los tipos e variedades de reproductores en función das súas características fenotípicas e o estado de madureza.

-Defini-los requisitos do acondicionamento e os parámetros físico-químicos en función da especie cultivada.

-Analiza-los métodos de acondicionamento de reproductores en función do cultivo que se vai realizar

-Defini-las características do proceso e os criterios ambientais e biolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento embrionario das principais especies cultivadas.

-Avalia-las operacións de inducción á posta, fecundación e desenvolvemento embrionario, verificando a súa correcta evolución e execución.

-Planifica-lo proceso de cultivo larvario e defini-las condicións precisas de cultivo en función dos criterios bio-ecolóxicos da especie cultivada.

-Avalia-la correcta manipulación das larvas e postlarvas e a elaboración ou montaxe dos utensilios específicos do cultivo.

-Analizar e controla-la evolución do cultivo larvario en función dos criterios definidos para a súa correcta evolución.

-Deseña-los métodos de preengorde e engorde e defini-las condicións de cultivo en función dos requirimentos bio-ecolóxicos das especies cultivadas.

-Selecciona-los artefactos utilizados no preengorde e engorde, controlando a súa correcta elaboración, localización e montaxe.

-Analiza-las operacións de preengorde e engorde, avaliando a súa correcta realización nas condicións precisas e á densidade adecuada.

-Planifica-los métodos analíticos e seleccionar e avalia-los mecanismos de acción fronte a situacións de cultivo adversas.

-Interpreta-los resultados analíticos, relacionándoos cos requirimentos das especies cultivadas.

-Analiza-los procesos patolóxicos, aplicando técnicas sinxelas de diagnóstico ou enviando mostras a un laboratorio especializado.

-Defini-las medidas de acción, preventivas e/ou curativas, controlando a súa correcta aplicación e efectividade.

Contidos básicos (duración 175 horas).

Procedementais.

* Producción de postlarvas de crustáceos en criadeiro.

.Planificación de técnicas de:

Captura, selección e acondicionamento de reproductores.

Alimentación dos reproductores.

Inducción á posta.

Fecundación.

Incubación.

Procesos do cultivo.

Desenvolvemento larvario.

Alimentación larvaria.

Adaptación das postlarvas ás condicións naturais.

.Identificación dos factores ambientais con influencias sobre o cultivo.

.Establecemento das densidades óptimas.

.Interpretación de requirimentos nutricionais de larvas e reproductores.

* Preengorde e engorde de crustáceos.

.Transporte de larvas e postlarvas.

.Establecemento de criterios de control de calidade de larvas e postlarvas.

.Establecemento de técnicas de preengorde e engorde.

.Identificación de:

Factores abióticos e bióticos.

Densidades óptimas.

.Interpretación das particularidades do cultivo das principais especies de interese.

.Identificación de competidores e depredadores. Clasificación.

.Interpretación do procedemento de estabulación (cetarias).

* Métodos analíticos de control da producción.

.Control de calidade da auga, productos intermedios e da producción final. Aplicación de técnicas de mostraxe.

.Utilización de aparellos de toma de mostras.

.Aplicación de:

Técnicas analíticas, fundamentos e aplicacións.

Técnicas instrumentais.

* Patoloxía.

.Identificación dos indicios das enfermidades infecciosas dos crustáceos.

.Aplicación de técnicas de diagnose de enfermidades. Descrición dos principios e fundamentos destas.

.Establecemento de métodos de mostraxe, preparación e envío de mostras para análise patolóxica.

.Establecemento de métodos de prevención, tratamento e control de enfermidades.

Conceptuais.

* Taxonomía, anatomía e fisioloxía de crustáceos.

.Morfoloxía e anatomía de crustáceos.

.Grupos taxonómicos.

.Especies de interese comercial.

.Ecoloxía e distribución (bioxeografía) das principais especies de interese comercial.

.Bioloxía e fisioloxía dos crustáceos.

.Alimentación e nutrición.

.Reproducción. Épocas de desova e ciclo reproductor.

.Xenética aplicada.

* Instalacións para o cultivo de crustáceos.

.Instalacións para a reproducción controlada.

.Sistemas de cultivo de crustáceos.

.Características, requirimentos e especies apropiadas.

.Instalacións de preengorde e engorde.

.Estructuras de cultivo (tanque, piscinas e estanques). Maquinaria auxiliar.

* Patoloxía.

.Principais enfermidades infecciosas dos crustáceos.

* Terminoloxía inglesa sobre crustáceos.

Actitudinais.

* Taxonomía, anatomía e fisioloxía de crustáceos.

.Valoración da importancia de establecer relacións entre as características ambientais e os criterios bioecolóxicos das principais especies de interese en acuicultura.

* Instalacións para o cultivo de crustáceos.

.Consciencia da necesidade de relaciona-las características estructurais da instalación coa bioecoloxía das especies, as condicións ambientais do lugar e os obxectivos de producción.

* Producción de semente de crustáceos en criadeiro.

.Valoración crítica da situación actual, problemática e perspectivas dos criadeiros de crustáceos en Galicia.

.Sensibilidade diante da problemática da captura de postlarvas nos bancos naturais e a súa relación coa normativa legal e o furtivismo.

.Valoración crítica das vantaxes e inconvenientes da producción en criadeiros artificiais.

* Preengorde e engorde de crustáceos.

.Valoración crítica da situación actual, problemática e perspectivas do cultivo de crustáceos en Galicia.

.Valoración da acuicultura de crustáceos como complemento da pesca comercial.

.Valoración crítica dos riscos ambientais da introducción de especies exóticas.

* Patoloxía.

.Constancia no control patolóxico nos traslados para evita-lo contaxio de enfermidades nos crustáceos.

.Atención ós riscos sanitarios para o consumo humano, xustificando o cumprimento dun estricto control sanitario.

Módulo profesional 4: cultivo de peixes.

Asociado á unidade de competencia 4: cultivar peixes.

Capacidades terminais elementais

-Defini-los criterios de selección dos reproductores en función das súas características fenotípicas, fisiolóxicas e grao de madureza.

-Analiza-los tipos e variedades de reproductores en función das súas características fenotípicas.

-Defini-los requisitos do acondicionamento de reproductores e os parámetros físico-químicos en función da especie cultivada.

-Analiza-los métodos de acondicionamento de reproductores en función do cultivo que se vai realizar

-Defini-las características do proceso de incubación e os criterios ambientais e biolóxicos necesarios para o correcto desenvolvemento embrionario das principais especies cultivadas.

-Avalia-las operacións de inducción á posta, fecundación e desenvolvemento embrionario, verificando a súa correcta evolución e execución.

-Planifica-lo proceso de cultivo larvario e defini-las condicións precisas de cultivo en función dos criterios bio-ecolóxicos da especie cultivada.

-Avalia-la correcta manipulación das larvas e a elaboración ou montaxe dos utensilios específicos do cultivo.

-Analizar e controla-la evolución do cultivo larvario en función dos criterios definidos para a súa correcta evolución.

-Deseña-los métodos de preengorde e engorde e defini-las condicións de cultivo en función dos requirimentos bio-ecolóxicos das especies cultivadas.

-Selecciona-los artefactos utilizados no preengorde e engorde, controlando a súa correcta elaboración, localización e montaxe.

-Analiza-las operacións de preengorde e engorde, avaliando a súa correcta realización nas condicións precisas e á densidade adecuada.

-Planifica-los métodos analíticos e seleccionar e avalia-los mecanismos de acción fronte a situacións de cultivo adversas.

-Interpreta-los resultados analíticos, relacionándoos cos requirimentos das especies cultivadas.

-Analiza-los procesos patolóxicos, aplicando técnicas sinxelas de diagnóstico ou enviando mostras a un laboratorio especializado.

-Defini-las medidas de acción, preventivas e/ou curativas, controlando a súa correcta aplicación e efectividade.

Contidos básicos (duración 200 horas).

Procedementais.

* Producción de crías de peixes en criadeiro.

.Planificación de técnicas de:

Captura, selección e acondicionamento de reproductores.

Alimentación de reproductores.

Inducción á posta.

Fecundación.

Incubación.

Procesos do cultivo.

Desenvolvemento larvario.

Alimentación larvaria.

Adaptación das crías ás condicións naturais

.Identificación dos factores ambientais con influencias sobre o cultivo.

.Establecemento das densidades óptimas.

.Interpretación de requirimentos nutricionais de larvas e reproductores.

* Preengorde e engorde de peixes.

.Transporte de crías.

.Establecemento de criterios de control de calidade de crías.

.Establecemento de técnicas de preengorde e engorde.

.Identificación de:

Factores abióticos e bióticos.

Densidades óptimas.

Competidores e depredadores.

.Interpretación das particularidades do cultivo das principais especies de interese.

* Métodos analíticos de control da producción.

.Control de calidade da auga, productos intermedios e da producción final. Aplicación de técnicas de mostraxe.

.Utilización de aparellos de toma de mostras.

.Aplicación de:

Técnicas analíticas, fundamentos e aplicacións.

Técnicas instrumentais.

* Patoloxía.

.Identificación dos indicios das principais enfermidades infecciosas dos peixes.

.Aplicación de técnicas de diagnose de enfermidades. Descrición dos principios e fundamentos destas.

.Establecemento de métodos de mostraxe, preparación e envío de mostras para análise patolóxica.

.Establecemento de métodos de prevención, tratamento e control de enfermidades.

Conceptuais.

* Taxonomía, anatomía e fisioloxía de peixes.

.Grupos taxonómicos.

.Morfoloxía e anatomía de peixes.

.Bioloxía e fisioloxía dos peixes.

.Especies de interese comercial.

.Ecoloxía e distribución (bioxeografía) das principais especies de interese comercial.

.Alimentación e nutrición.

.Reproducción. Época de desova.

.Xenética aplicada.

* Instalacións de cultivo de peixes.

.Instalacións para a reproducción controlada.

.Instalacións de preengorde e engorde.

.Estructuras de cultivo (tanques, piscinas, estanques e gaiolas).

.Maquinaria auxiliar.

* Patoloxía.

.Principais enfermidades infecciosas dos peixes.

* Terminoloxía inglesa sobre peixes.

Actitudinais.

* Taxonomía, anatomía e fisioloxía de peixes.

.Valoración da importancia de establecer relacións entre as características ambientais e os criterios bioecolóxicos das principais especies de interese en acuicultura.

* Instalacións para o cultivo de peixes.

.Conciencia da necesidade de relaciona-las características estructurais da instalación coa bioecoloxía das especies, as condicións ambientais do lugar e os obxectivos de producción.

* Producción de crías en criadeiro.

.Valoración crítica da situación actual, problemática e perspectivas dos criadeiros de peixes en Galicia.

.Sensibilidade diante da problemática da captura de crías nos bancos naturais e a súa relación coa normativa legal e o furtivismo.

.Valoración crítica das vantaxes e inconvenientes da producción en criadeiros artificiais.

* Preengorde e engorde de peixes.

.Valoración crítica da situación actual, problemática e perspectivas do cultivo de peixes en Galicia.

.Valoración da acuicultura de peixes como complemento da pesca comercial.

.Valoración crítica dos riscos ambientais da introducción de especies exóticas.

* Patoloxía.

.Constancia no control patolóxico nos traslados para evita-lo contaxio de enfermidades nos peixes.

.Atención ós riscos sanitarios para o consumo humano, xustificando o cumprimento dun estricto control sanitario.

Módulo profesional 5: administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

Asociado á unidade de competencia 5: realiza-la administración, xestión e comercialización nunha pequena empresa ou taller.

Capacidades terminais elementais

-Analiza-las diferentes formas xurídicas vixentes de constitución dunha empresa.

-Identifica-la forma xurídica máis idónea segundo os obxectivos, os recursos dispoñibles e características da actividade económica da empresa.

-Determina-la localización física, o ámbito de actuación, a demanda potencial, a estructura organizativa e a rendibilidade do proxecto empresarial, segundo o estudio de mercado existente, así como as normas urbanísticas e medioambientais que regulan a actividade.

-Identifica-los trámites administrativos e os requisitos formais que se esixen para a constitución dunha empresa, segundo a forma xurídica.

-Identifica-las fontes de financiamento propias e alleas, así como as subvencións e axudas ofrecidas polas diferentes administracións públicas.

-Determina-las necesidades de formación do persoal e as formas de contratación máis adecuadas segundo as características da empresa e o tipo de actividade.

-Formaliza-la documentación necesaria para a constitución dunha empresa e a documentación básica para o desenvolvemento da súa actividade económica.

-Defini-las obrigas mercantís, fiscais e laborais esixidas a unha empresa no desenvolvemento da súa actividade.

-Identifica-los impostos indirectos, os directos e os municipais que afectan a unha empresa.

-Aplica-las técnicas básicas da negociación con clientes e provedores.

-Identifica-las ofertas de productos ou servicios máis vantaxosas con relación ó prezo de mercado, o prazo de entrega, a calidade, o transporte, o desconto, o volume de pedido, as condicións de pagamento, a garantía e a atención posvenda.

-Describi-las formas máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

-Elaborar un proxecto de creación dunha pequena empresa que inclúa os obxectivos, a organización, a localización, os plans de investimento, de financiamento e comercialización e a rendibilidade do proxecto.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

.Identificación dos distintos tipos de empresas.

.Descrición dos requisitos legais mínimos esixidos para a constitución da empresa, segundo a súa forma xurídica.

.Selección da forma xurídica máis adecuada para unha empresa, explicando vantaxes e inconvenientes, a partir duns datos supostos sobre capital dispoñible, riscos que se van asumir, tamaño da empresa e número de socios.

.Identificación dos requisitos necesarios para a constitución dunha empresa: obrigas formais, trámites administrativos, documentación legal e organismos con competencia.

.Comparación e clasificación das diferentes fontes de financiamento da empresa.

.Determinación das características básicas dos distintos tipos de contratos laborais, establecendo as súas diferencias respecto á duración do contrato, tipo de xornada, subvencións e exencións.

.A partir duns datos concretos, cubrimento dos seguintes documentos: factura, albará, nota de pedido, letra de cambio, cheque e recibo, explicando a finalidade de cada un deles.

.Interpretación dos diferentes documentos contables.

.Determinación da oferta máis vantaxosa de productos ou servicios existentes no mercado, en función de prezo, prazo de entrega, calidade, transporte, desconto, volume de pedido, condicións de pagamento, garantía e atención posvenda.

.Descrición dos medios máis habituais de promoción de vendas en función do tipo de producto ou servicio.

.Recoñecemento das diferentes técnicas de vendas.

.Cubrimento da folla de salario e de liquidación da Seguridade Social.

.Identificación dos distintos impostos que afectan á empresa.

.Definición dun proxecto de creación dunha empresa.

-Descrición dos obxectivos empresariais.

-Estudio económico do mercado.

-Selección da forma xurídica.

-Determinación das xestións de constitución.

-Xustificación da localización.

-Definición da organización e dos recursos económicos, financeiros e humanos.

-Valoración da viabilidade.

Conceptuais.

* A empresa e o seu contorno.

.Estructura básica da empresa e as súas distintas formas de organización.

.Proceso de creación dunha empresa: localización e dimensión legal.

* Normas xurídicas das empresas.

.A forma xurídica da empresa: empresario individual, as sociedades mercantís e as cooperativas.

* Xestión de constitución dunha empresa.

.Financiamento da empresa: financiamento con fondos propios, financiamento con recursos alleos e subvencións. Custo da empresa.

* Xestión do persoal.

.Tipos de contratos laborais.

.Réxime de autónomos.

.Retribución salarial.

.Cotizacións á Seguridade Social.

* Xestión administrativa.

.Documentación mercantil: pedido, albará, factura, recibo,cheque e letra de cambio.

.Os libros contables e contas anuais.

.Cálculo do custo, beneficio e prezo de venda.

* Xestión comercial.

.O producto ou servicio: características e requisitos.

.A función de compras: prezo, prazo e forma de entrega.

.A función de vendas: técnicas de vendas, política de prezos, bonificacións e descontos.

.A distribución do producto: canles e modalidades.

.A comunicación: publicidade e promoción de vendas, atención ó cliente e servicios posvenda.

* Obrigas fiscais.

.O calendario fiscal.

.Os principais impostos que afectan á actividade empresarial: directos, indirectos e municipais.

.Liquidación do IVE.

.Liquidación do IRPF.

Actitudinais:

.Valoración e cumprimento das normas legais nos procesos de constitución e xestión da empresa.

.Argumentación sobre o tipo de empresa, recursos humanos, fontes de financiamento, investimentos e estructura organizativa e funcional.

.Rigorosidade na formalización dos documentos relacionados coa actividade empresarial.

.Autosuficiencia na busca e tratamento da información para a creación do proxecto empresarial.

.Cordialidade no trato coas persoas que se relacionan coa empresa.

.Interese polos novos métodos de traballo que se propoñen na xestión dunha empresa.

.Valoración da mentalidade emprendedora e creativa na empresa.

.Aportación de solucións adecuadas na busca das formas de actuación e de organización das tarefas, así como nas accións relacionadas co proxecto de creación dunha empresa.

.Motivación no establecemento do plano de promoción da empresa e do producto ou servicio.

3.3. Módulos profesionais transversais.

Módulo profesional 6 (transversal): producción de cultivos auxiliares.

Capacidades terminais elementais

1. Realiza-lo cultivo e mantemento das cepas de microalgas aplicando as correctas medidas de hixiene e profilaxe.

2. Avaliar e optimiza-lo crecemento e desenvolvemento do cultivo.

3. Selecciona-las distintas especies de microalgas en función das súas diferentes fases de desenvolvemento.

4. Analiza-la idoneidade (segundo criterios económicos e calidade nutritiva) para o cultivo de diferentes especies de zooplancto valorando: alimento proporcionado, enriquecedores subministrados, antibióticos utilizados, tipos de cultivo e condicións do cultivo.

5. Realiza-lo cultivo e mantemento de zooplancto aplicando as correctas medidas de hixiene e profilaxe, métodos de illamento, purificación e control.

6. Optimiza-lo crecemento de diferentes cultivos zooplancto valorando o seu desenvolvemento e calidade final.

Contidos básicos (duración 175 horas).

Procedementais.

* Instalacións de cultivos auxiliares.

.Supervisión das instalacións para o cultivo de microalgas: sala de cultivo, recipientes de cultivo.

.Supervisión das instalacións para o cultivo de zooplancto: sala de cultivo, tanques de cultivo.

* Cultivo de microalgas.

.Aplicación de técnicas de illamento de cepas e de purificación.

.Establecemento de métodos de cultivo e control e de colleita.

* Cultivo de zooplancto.

.Supervisión e control da orixe e da conservación de cepas.

.Establecemento de métodos de cultivo e control e de colleita.

.Establecemento de protocolos de alimentación e de técnicas de enriquecemento.

Conceptuais.

* Cultivo de microalgas.

.Características biolóxicas e nutritivas. Requirimentos.

* Cultivo de zooplancto.

.Características biolóxicas e nutritivas. Requirimentos.

Actitudinais.

* Instalacións de cultivos auxiliares.

.Conciencia da necesidade de relaciona-las características estructurais da instalación coa bioecoloxía das especies de microalgas e zooplancto, as condicións ambientais e os obxectivos de producción.

* Cultivo de microalgas.

.Valoración da importancia especificar e relaciona-las características bioecolóxicas e nutritivas das diferentes especies de microalgas para cultivo.

.Conciencia da necesidade de adecua-los diferentes parámetros e medios de cultivo segundo os requirimentos de cada especie.

* Cultivo de zooplancto.

.Valoración da importancia de especificar e xustifica-las características bioecolóxicas e nutritivas dos principais grupos e especies de zooplancto de interese en acuicultura.

.Conciencia da necesidade de adecua-los diferentes parámetros e medios de cultivo segundo os requirimentos de cada especie.

Módulo profesional 7 (transversal): relacións no contorno de traballo.

Capacidades terminais elementais

1. Describi-las distintas vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instruccións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

2. Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

3. Analiza-los conflictos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e participación de tódolos membros do grupo.

4. Aplica-lo método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflictos na empresa.

5. Identifica-los aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

6. Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

7. Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderato tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e compromisos asumidos.

8. Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

9. Describi-las teorías e principios que sustentan a dinámica de grupos así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ó traballo individual.

10. Impulsa-lo proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

11. Dinamiza-los factores que favorecen a motivación no traballo e en especial as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais.

* Comunicación na empresa.

.Producción de documentos.

.Descrición das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

.Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

.Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

* Conflictos.

.Identificación da existencia dun conflicto.

.Análise das causas do conflicto.

.Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflicto.

.Elección de supostos conflictivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflicto, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

* Negociación.

.Identificación dos principais aspectos da negociación.

.Aplicación das técnicas concretas de negociación.

.Peche da negociación.

* Toma de decisións.

.Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

.Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

.Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de busca.

* Liderato.

.Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderato, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

.Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector.

.Delimitación do papel e competencias do mando intermedio.

* Conducción e dirección de equipos de traballo.

.Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

.Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables grupais.

.Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

.Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

.Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

.Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

* Motivación no contorno laboral.

.Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

.Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

.Contraste das teorías da motivación establecendo relacións entre elas.

.Análise da actitude humana ante o traballo.

.Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

.Aplicación de incentivos e efectos deles.

Conceptuais.

* A comunicación na empresa.

.Tipos de comunicación.

.Etapas dun proceso de comunicación .

.Canles e redes de comunicación.

.Dificultades e barreiras na comunicación.

.Recursos para manipula-los datos da percepción.

.Comunicación na empresa.

.Control da información.

* Conflictos.

.Clases.

.Causas.

.Formas de exteriorización.

.Solución de conflictos.

* Negociación.

.Condicións.

.Estilos de negociación.

.Fases nunha negociación.

* Toma de decisións.

.Factores que inflúen na toma de decisións.

.Fases do proceso decisorio.

.Tipos de decisións.

* Liderato.

.Características.

.Teorías do liderato.

.Estilos de dirección.

.Supervisión do traballo.

.Delegación eficaz.

.Políticas de empresa.

* Conducción e dirección de equipos de traballo.

.Características dos grupos.

.Funcionamento dos grupos.

.Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

.Tipos de reunións.

.Preparación de reunións.

.Desenvolvemento.

.Problemas que presentan as reunións.

* Motivación no contorno laboral.

.Concepto.

.Principais teorías de motivación.

.Factores motivacionais.

.Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación, políticas salariais.

Actitudinais.

* A comunicación na empresa.

.Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

.Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

.Aceptación da necesidade de integra-los propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

.Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e destinatarios.

* Conflictos.

.Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

.Respecto ante opinións, conductas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

.Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

.Comportamento responsable e coherente para resolver un conflicto.

* Negociación.

.Sensibilización para capta-los matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

.Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

.Apreciación do poder de influencia.

.Destreza para elixi-la alternativa de resolución máis adecuada.

* Toma de decisións.

.Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

.Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

.Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considerara como a máis adecuada.

.Responsabilidade na acción de integra-las decisións adoptadas no ámbito laboral.

* Liderato.

.Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

.Coidado no modo e a forma de organizar e dirixi-las tarefas dos subordinados.

.Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

.Interese e curiosidade por descubri-las posibilidades e tipos de liderato nun mesmo e nos membros dos grupos ós que pertencemos.

* Conducción/dirección de equipos de traballo.

.Fomento de iniciativas dirixidas ó traballo en grupo.

.Toma de conciencia de que a participación e colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

.Valoración do papel e competencias do mando intermedio nunha organización.

.Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

* Motivación no contorno laboral.

.Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

.Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

.Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

Módulo profesional 8 (transversal): proxecto integrado.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Elabora-lo deseño dunha pequena empresa definindo as fases para a súa constitución legal. * Avalia-la posibilidade da implantación dunha empresa en función da súa actividade, volume de negocio e obxectivos:

-Selecciona-la forma xurídica máis adecuada explicando as vantaxes e inconvenientes.

-Identifica-los requisitos legais esixidos para constituír unha empresa.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

-Describir un plan de investimentos e de financiamento.

* Planificar un ciclo de producción de cultivo identificando as características da instalación, necesidades materiais e recursos humanos, dentro dun determinado contorno productivo.* Decidi-lo método máis idóneo de planificación e organización do cultivo.

* Avalia-las necesidades de medios biolóxicos, materiais e humanos, en función da especie seleccionada e as características e capacidade productiva dunha empresa.

* Elabora-lo esquema do cultivo e descompoñelo en fases, operacións e tarefas.

* Redacta-lo texto do proxecto de forma clara, ordenada e concisa, seguindo a normativa habitual nas publicacións.

* Planifica-la promoción de venda do producto aplicando as adecuadas técnicas de marketing para a súa óptima comercialización.* Valora-los medios máis adecuados de promoción de vendas en función do tipo de producto e/ou servicio.

* Planifica-la promoción de venda dun determinado producto.

Duración 225 horas.

3.4. Módulo profesional de formación en centro de traballo.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Analiza-lo plano de cultivo en función de: especie, fases, material de arranque e mercado, elaborando as instruccións para o proceso de producción.* Análise das características da instalación e as súas diferentes seccións.

* Relación do ciclo biolóxico das especies cultivadas coas diferentes fases e instalacións de cultivo.

* Interpretación do calendario de actividades establecido na empresa.

* Análise do plan de producción, relacionándoo coa capacidade productiva da instalación.

* Identificación das operacións básicas e interpretación das instruccións xerais do proceso.

* Desenvolvemento das instruccións xerais nunha secuencia de operacións elementais e concretas.

* Análise das condicións xerais do cultivo e os parámetros de operación e control.

* Análise dos medios materiais, as súas características, eficacia, contía e necesidades en cada fase ou proceso de cultivo.

* Avaliación das necesidades e periodicidade de persoal fixo e eventual.

* Prepara-las instalacións, maquinaria e equipos auxiliares en función dos ciclos de cultivo.* Interpretación dos manuais técnicos da maquinaria e equipos máis relevantes.

* Comprobación da operatividade e o estado de mantemento da maquinaria e equipos auxiliares de cultivo.

* Valoración do estado de limpeza, preparación e acondicionamento das instalacións e substratos de cultivo.

* Comprobación da disposición e montaxe dos equipos de cultivo e dos circuítos de auga e aire.

* Rexistro dos datos relativos ó estado e verificación da maquinaria, equipos e instalacións.

* Avaliación das necesidades de materiais, equipos e medios de cultivo para repoñer ou adquirir.

* Redacción da solicitude de orzamentos e realización da súa valoración.

* Comprobación do material recibido.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Analizar e/ou prepara-los métodos de obtención de reproductores, larvas e sementes de moluscos.* Análise das características de idoneidade dos reproductores, larvas e sementes adquiridos.

* Control da obtención de semente utilizando métodos de captación en colectores específicos.

* Control do proceso de acondicionamento de reproductores.

* Análise e avaliación das operacións de inducción á posta e fecundación.

* Avaliación do desenvolvemento embrionario.

* Organización e control do cultivo de larvas.

* Análise e control da evolución do cultivo de sementes en criadeiro e sementeiro.

* Control das operacións de preparación, manipulación e envío de semente para a súa comercialización ou traslado ó medio natural.

* Análise da subministración e elaboración de dietas alimenticias en cada fase do proceso de producción artificial de semente.

* Analiza-las operacións de preengorde e engorde de moluscos, verificando a súa correcta realización nas condicións precisas e á densidade adecuada.* Análise do método de cultivo empregado, contrastándoo coas características ambientais e a topografía do lugar.

* Avaliación das operacións de acondicionamento do substrato, previas á sementeira e/ou resementeira.

* Verificación de que a densidade de sementeira e/ou resementeira se mantén nos límites definidos.

* Revisión do plan de desdobramentos e rareos en función da estatura, das densidades máximas para alcanzar e das curvas de crecemento previstas.

* Definición e avaliación dos sistemas de prevención e control de predadores, competidores e organismos incrustantes.

* Avaliación do desenvolvemento do cultivo mediante o control do crecemento e a mortalidade.

* Interpretación dos resultados analíticos, relacionándoos cos requirimentos das especies cultivadas.

* Avaliación das operacións de captura e manipulación dos moluscos para a súa comercialización, considerando a eficacia e os efectos da maquinaria e os utensilios empregados.

* Análise dos procesos patolóxicos e definición das medidas de acción necesarias, que minimicen as perdas.

* Analizar e/ou prepara-los métodos de obtención de reproductores, ovos, larvas e crías de peixes.* Análise das características de idoneidade dos reproductores, ovos, larvas e crías adquiridos.

* Control do proceso de acondicionamento de reproductores.

* Análise e avaliación das operacións de inducción á posta, desova e fecundación.

* Avaliación do desenvolvemento embrionario.

* Organización e control do cultivo de larvas.

* Análise e control da evolución das crías ata o momento da desteta.

* Control das operacións de preparación, manipulación e traslado das crías á zona de preengorde.

* Análise da subministración e elaboración de dietas alimenticias en cada fase do proceso de producción artificial de crías.

* Analiza-las operacións de preengorde e engorde de peixes, verificando a súa correcta realización nas condicións precisas e á densidade adecuada.* Análise do método de cultivo empregado, contrastándoo coas características ambientais.

* Avaliación das operacións de acondicionamento do substrato de cultivo.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Verificación de que a densidade de cultivo se mantén nos límites definidos.

* Revisión do plano de desdobramentos e rareos en función da estatura, das densidades máximas para alcanzar e das curvas de crecemento previstas.

* Definición e avaliación dos sistemas de prevención e control de predadores, competidores e organismos incrustantes.

* Avaliación do desenvolvemento do cultivo mediante o control do crecemento e a mortalidade.

* Interpretación dos resultados analíticos, relacionándoos cos requirimentos das especies cultivadas.

* Avaliación das operacións de captura e manipulación dos peixes para a súa comercialización, considerando a eficacia e os efectos da maquinaria e os utensilios empregados.

* Análise dos procesos patolóxicos e definición das medidas de acción necesarias, que minimicen as perdas.

Duración 445 horas.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

.Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

.Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

.Analiza-las actuacións a seguir en caso de accidentes de traballo.

.Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

.Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

.Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

.Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

.Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

.Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

.Describi-lo sistema de protección social

.Interpreta-los datos da estructura socioeconómica española, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

.Analiza-la organización e a situación económica dunha empresa do sector, interpretando os parámetros económicos que a determinan.

.Analiza-la situación comercial de Galicia con outras Comunidades Autónomas, nun período concreto.

Contidos básicos (duración 65 horas).

Procedementais:

* Saúde laboral.

.Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores

.Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

.Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

.Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

.Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

.Determinación dos equipos de protección individual.

* Lexislación e relacións laborais.

.Identificación das distintas modalidades de contratación.

.Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

.Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

.Elaboración dunha folla de salario.

.Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Elaboración do curriculum vitae e actividades complementarias deste.

.Identificación e definición de actividades profesionais.

.Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

* Principios de economía.

.Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos, sobre diferentes temas económicos.

.Manexo e interpretación de táboas económicas.

.Análise das causas ou variables que poden influír no investimento, consumo e aforro, tanto nas economías domésticas como nas empresas.

* Economía e organización da empresa.

.Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudia-las características xerais, comerciais, financeiras etc.

.Comparación e clasificación das diferentes empresas situadas no barrio.

.Confección de organigramas de diferentes empresas e estudio das necesidades específicas de cada unha.

Conceptuais:

* Saúde laboral.

.Condicións de traballo e seguridade.

.Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

.Danos profesionais.

.Medidas de prevención e protección.

.Marco legal de prevención laboral.

.Notificación e investigación de accidentes.

.Estatística para a seguridade.

.Primeiros auxilios.

* Lexislación e relacións laborais.

.Dereito laboral nacional e comunitario.

.Contrato de traballo.

.Modalidades de contratación.

.Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

.Órganos de representación dos traballadores.

.Convenios colectivos

.Conflictos colectivos.

.Seguridade Social e outras prestacións.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Mercado de traballo.

.A autoorientación profesional.

.O proceso de busca de emprego. Fontes de información e emprego.

.Traballo asalariado na Administración e por conta propia. A empresa social.

.Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

.Itinerarios formativos/profesionalizadores.

* Principios de economía.

.Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

.Relacións socioeconómicas internacionais

* Economía e organización da empresa.

.A empresa: Tipos de modelos organizativos. Áreas funcionais. Organigramas.

.Funcionamento económico da empresa:

Patrimonio da empresa

Obtención de recursos: financiamento propio e alleo

Interpretación de estados de contas anuais

Custos fixos e variables

Actitudinais.

* Saúde laboral.

.Respecto pola saúde persoal e colectiva.

.Interese polas condicións de saúde no traballo.

.Valoración do medio ambiente como patrimonio común.

* Lexislación e relacións laborais.

.Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

.Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

.Igualdade antes as diferencias socio-culturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Orientación e inserción socio-laboral.

.Toma de conciencia dos valores persoais.

.Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

.Preocupación polo mantemento da ética profesional

* Principios de economía.

.Valoración da importancia da utilización correcta dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, por exemplo a auga.

.Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Economía e organización da empresa.

.Valoración da actuación do traballo en equipo.

.Toma de consciencia de que as cooperativas estanse constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Materias do bacharelato que se deberon cursar para acceder ó ciclo formativo correspondente a este título.

* Materias de modalidade.

-Química.

-Bioloxía.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo.

Módulo profesionalEspedialidade do

profesorado

Corpo

1. Organización do proceso productivo acuícola* Procesos de cultivo acuícola* Profesor de ensino secundario

2. Cultivo de moluscos* Procesos de cultivo acuícola* Profesor de ensino secundario

3. Cultivo de crustáceos* Procesos de cultivo acuícola* Profesor de ensino secundario

4. Cultivo de peces* Procesos de cultivo acuícola* Profesor de ensino secundario

5. Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.* Formación e orientación laboral* Profesor de ensino secundario

6. Producción de cultivos auxiliares* Instalacións e equipos de cría e cultivo* Profesor técnico de F.P.

7. Relacións no contorno de traballo* Formación e orientación laboral* Profesor de ensino secundario

8. Formación e orientación laboral* Formación e orientación laboral* Profesor de ensino secundario

4.2.2. Materias do bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades definidas no presente ciclo formativo.

Módulo profesionalEspedialidade do

profesorado

Corpo

* Bioloxía e xeoloxía* Procesos de cultivo acuícola* Profesor de ensino secundario

* Bioloxía* Procesos de cultivo acuícola* Profesor de ensino secundario

4.2.3. Equivalencias de titulacións a efectos de docencia.

* Para a impartición dos módulos profesionais correspondentes á especialidade de:

-Formación e orientación laboral.

Establécese a equivalencia, para efectos de docencia, dos títulos de:

-Diplomado en ciencias empresariais.

-Diplomado en relacións laborais.

-Diplomado en traballo social.

-Diplomado en educación social.

Cos de doutor, enxeñeiro, arquitecto ou licenciado.

4.3. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co Real decreto 723/1994, do 22 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior en producción acuícola require, para

a impartición das ensinanzas definidas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Grao de

Espacio formativoSuperficieutilización

.Instalación/taller de cultivo300 m50 %

.Laboratorio de análise120 m15 %

.Aula polivalente 60 m35 %

.O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas mínimas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas e, por tanto, ten sentido orientativo para o que definan as administracións educativas ó establece-lo currículo.

.Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

.En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

.Non se debe interpretar que os diversos espacios formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudios universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Cultivo de moluscos.

* Cultivo de crustáceos.

* Cultivo de peixes.

* Administración, xestión e comercialización na pequena empresa.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Cultivo de moluscos.

* Cultivo de crustáceos.

* Cultivo de peixes.

* Formación en centro de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudios universitarios.

* Enxeñeiro técnico en industrias agrarias e alimentarias.

* Enxeñeiro técnico en explotacións forestais.

* Enxeñeiro técnico en industrias forestais.

* Enxeñeiro técnico en explotacións agropecuarias.

4.5. Distribución horaria.

Os módulos profesionais deste ciclo formativo organíizanse en dous cursos:

HorasCS producción acuícola

2.000 H.

1º, 2º e 3º trimestre

225Organización do proceso productivo acuícola
260Cultivo de moluscos
200Cultivo de peixes
175Producción de cultivos auxiliares
100Horas a disposición do centro

4º, 5º e 6º trimestre

175Cultivo de crustáceos
65Administración, xestión e comercialización

na pequeña empresa

65Relacións no contorno de traballo
65Formación e orientación laboral
225Proxecto integrado
445Formación no centro de traballo

97-6897