Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.782

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 13 de agosto de 1997 pola que se resolve a convocatoria de bolsas para titulados superiores no campo da investigación mariña.

Por Orde do 4 de abril de 1997 (DOG do 22 de abril, corrección de erros DOG do 29 de abril) convocáronse bolsas para titulados superiores no campo da investigación mariña.

Por resolución da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación do 28 de xullo de 1997 e de conformidade coa base novena, fíxose pública a relación provisional de beneficiarios das mencionadas bolsas. No apartado segundo da dita resolución fixábase un prazo de dez días contados a partir do seguinte ó da súa publicación con fin de que os interesados, de se-lo caso, formulasen as reclamacións oportunas.

Rematado este prazo, e sen que houbese ningunha reclamación, esta consellería, de acordo coa proposta de resolución elaborada pola comisión de selección das bolsas para titulados superiores no campo da investigación mariña,

DISPÓN:

Artigo 1º.-Acórdase concederlles unha bolsa para titulados superiores no campo da investigación mariña, ás persoas que a continuación se relacionan. Os beneficiarios aparecen ordenados por orde decrecente segundo a puntuación obtida:

ApelidosNomeDNI

Darriba CouñagoSusana76989604

López CarneroAntonio34997218

Rodríguez HernándezFrancisco José36111818

e nomear como suplentes e no seguinte orde a:

ApelidosNomeDNI

Davila DomínguezSonia36109769

Lomba RialAna Rosa36089964

Burgos DelgadoLuis36114020

Iglesias EstepaDavid33296106

San Martin OuteiralSara36120786

Pereira CividanesSira36127624

Artigo 2º.-Os bolseiros deberán formaliza-la súa adscrición nun prazo de dez días desde a publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia; de non facelo, perderán a bolsa e procederase a cubri-las vacan

tes cos suplentes nomeados pola comisión de selección.

Artigo 3º.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria do 4 de abril de 1997, suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Artigo 4º.-A presente disposición pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 1997.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

6803