Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.782

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 30 de xullo de 1997 pola que se fixa o prezo de venda ó público de diversas publicacións.

A Lei 13/19991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 1997.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

-Estudio Delphi sobre previsións do sector sanitario da Comunidade Autónoma de Galicia: 3.000 pesetas.

-Un plan estratéxico para hospitais: guía metodolóxica: 6.600 pesetas.

-EPIDAT. Análisis Epidemiológico de Datos Tabulados: 500 pesetas.

-Memoria do Servicio Galego de Saúde 1996: 2.800 pesetas.

6477