Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.781

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xullo de 1997 pola que se suprimen colexios de educación infantil/primaria, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Visto os expedientes e os correspondentes informes das delegacións provinciais desta Consellería na Coruña, Ourense e Pontevedra.

Considerando que en tódolos documentos se xustifica a supresión dos centros públicos (escolas unitarias), que xa non funcionaron no curso escolar 1996-1997.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primero.-Suprimi-los centros públicos (escolas unitarias) que figuran no anexo.

Segundo.-Recoñécenselle ó profesorado afectado, de se-lo caso, os dereitos da Orde do 23 de xullo de 1991 (DOG do 19 de agosto).

Contra a presente orde, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación

e Ordenación Universitaria

CONCELLOLOCALIDADECENTROCÓDIGO

PROVINCIA: A CORUÑA

BERGONDO

FIOBRE

ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL DE FIOBRE

15020490

CABANA

DE BERGANTIÑOSNEAÑOESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL DE NEAÑO15022693

MUXÍASENANDECOLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DE SENANDE15009767

SAN SADURNIÑOTORRECOLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DE TORRE.15024264

SANTIAGO

DE COMPOSTELAAMIOCOLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA ASTRÓNOMO RAMÓN ALLER15016309

SANTISOPORTODIZCOLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DE NIÑODAGUIA15016504

PROVINCIA: OURENSE

CENLLE

A BARCA DE BARBANTES

COLEXIO DE EUDACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DE BARBANTES

32015293

PROVINCIA: PONTEVEDRA

MOS

TORROSO

ESCOLA DE EDUCACIÓN INFANTIL DE TORROSO

36018306

6467