Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 08 de setembro de 1997 Páx. 8.764

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 1997 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de agosto de 1997, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda.

A Lei 11/1996, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, nos seus artigos 45 e seguintes atribúe á Consellería de Economía e Facenda novas competencias en materia de xestión recadatoria e establece determinados órganos para a súa execución.

Posteriormente o Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 22, do 3 de febreiro de 1997, corrección de erros DOG nº 33, do 18 de febreiro de 1997), modifica a estructura orgánica tanto dos servicios centrais como periféricos da dita consellería, o que fai necesario aprobar unha nova relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda.

Na súa virtude, por proposta da Consellería de Economía e Facenda, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de agosto de 1997 adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Aproba-la relación de postos de traballo do persoal funcionario e laboral da Consellería de Economía e Facenda.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita relación de potos de traballo no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Terceiro.-Quedan sen efecto a relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda aprobada con anterioridade.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de agosto de 1997, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda, coa finalidade de cumpri-lo acordo, dispoño que se publique a anterior relación no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO I

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

No DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, nas páxinas 8.687 a 8.702 que publican a relación de postos de traballo da Consellería de Economía e Facenda substitúense tódolos postos de traballo polos seguintes:

Persoal funcionario

Novos códigos de corpos/escalas

Engádese a continuación do código A9.XERAL(ESCALAS FINANZAS os seguintes códigos para as especialidades das ditas escalas:

A9.1 INSPECCIÓN FINANCEIRA E TRIBUTARIA

A9.2 XESTIÓN TRIBUTARIA

A9.3 INTERVENCIÓN

A9.4 TÉCNICA DE INSPECCIÓN FINANCEIRA E TRIBUTARIA

A9.5 TÉCNICA DE XESTIÓN TRIBUTARIA

A9.6 TÉCNICA DE CONTABILIDADE E INTERVENCIÓN

Nova redacción do código 194

de formación específica

Pertenza ás escalas de finanzas, preferentemente especialidade A9.3 e/ou A9.6; no seu defecto outras especialidades das escalas e en último lugar, experiencia en materia económico-financeira (R.I.)

Novo código de formación específica

Engádese a continuación do código 830 o seguinte código:

831.- EXPERIENCIA XESTIÓN ORZAMENTARIA E CONTABILIDADE FINANCEIRA (R.I.)

6678