Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.736

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (339/1995).

Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifica: que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de menor contía número 339/1995, e acumulado 501/1995, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela, sete de xullo de mil novecentos noventa e sete. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de xuízo de menor contía seguidos neste xulgado baixo o número 339/1995, por instancia de Salvador Forján Lourido, Agustín Piñeiro Alcalde, José Roca Santomil, Francisco Javier Taboada Seoane e María Divina Riveiro González, representados polo procurador García-Piccoli Atanes, baixo a dirección técnica da letrada Castillo González, contra Juan Sanmartín Rodríguez, Antonio Piñón Fernández, representados pola procuradora Sánchez Silva, baixo a dirección técnica do letrado César Rúa, e contra Carlos Pérez Pérez, representado polo procurador Barreiro Fernández, baixo a dirección técnica do letrado Salgueiro, sobre realización de obras.

E, vistos os autos de xuízo de menor contía seguidos baixo o número 501/1995, por instancia de Salvador Forján Lourido e outros contra Emilio Dopico Rodríguez, declarado en situación procesual de rebeldía, sobre os mesmos feitos có anterior.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador García-Piccoli Atanes, en nome e representación de Salvador Forján Lourido, Agustín Piñeiro Alcalde, José Roca Santomil, Francisco Javier Taboada Seoane e María Divina Riveiro González, contra Juan Sanmartín Rodríguez e Antonio Piñón Fernández, representados pola procuradora Sánchez Silva, así como tamén a demanda interposta polos mesmos demandantes contra Emilio Dopico Rodríguez, declarado en rebeldía procesual, e condénoos en forma solidaria a realizaren nas vivendas, locais e elementos comúns do edificio número 26 da rúa do Penedo desta cidade de Santiago de Compostela, a emendar en consonancia coa fundamentación xurídica desta resolución, as deficiencias postas de manifesto polo perito arquitecto técnico Luis Villar Folla-Cisneros, dándolle as solucións que no seu propio informe establece.

E debo absolver e absolvo da primeira demanda a Carlos Pérez Pérez, representado polo procurador Barreiro Fernández, dos pedimentos desta.

En canto ás custas, obsérvese o último fundamento de dereito.

Notifíqueselle esta resolución ó demandado declarado en rebeldía procesual, na forma prevista no artigo 769 en relación co 282 e 283 da LAC, de non poderse levar a cabo a notificación persoal.

Contra esta resolución poderá interporse neste xulgado recurso de apelación por escrito no prazo de cinco días, contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia anterior foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado xuíz que a subscribe. E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado en situación procesual de rebeldía, Emilio Dopico Rodríguez, rúa Ramón Cabanillas, 7-3º, Esq., en Santiago de Compostela, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 22 de xullo de 1997.

Rubricado

6011