Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (257/1994-01).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber:

Que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da L.h., seguidos neste xulgado co número 257/1994, promovidos polo procurador Calviño Gómez, en nome e representación de Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixa Vigo, se acordou sacar a poxa pública, por tres veces e polo termo de vinte días cada unha delas, o seguinte predio:

Número trinta. vivenda letra B, dianteira, da planta terceira, con acceso polo portal II e unha superficie aproximada de setenta e cinco metros cadrados. Linda: ó leste, ou fronte da casa, con patio de luces e vial que a separa da estrada de Santiago de Compostela a Vigo; oeste ou fondo, con patios de luces

e corredor de acceso; norte, ou dereita entrando, con vivenda letra A do mesmo portal; e sur, ou esquerda, con vivenda letra A do portal III, patio de luces e caixa da escaleira.

Anexo: ten un rocho baixo cuberta do edificio, sinalado co número vinteún.

Inscrición: no tomo 745, libro 181 de Ames, folio 176, predio 17.803, inscrición segunda.

A poxa terá lugar o día 13 de outubro de 1997, ás 12.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, ó prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de 9.800.000 pesetas (nove millóns oitocentas mil pesetas); de non concorreren ofertantes, sinálase para a segunda o día 14 de novembro de 1997, ás 12.30 horas, co tipo de taxación do 75% do tipo da primeira; de non haber ofertantes na segunda, sinálase para a terceira o día 17 de decembo de 1997, ás 12.30 horas, sen suxeición a tipo.

Fáiselles saber ós posibles licitadores que as condicións da poxa son as que a seguir se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior á cantidade de 9.800.000 pesetas, que é o tipo pactado na mencionada escritura; en canto á segunda poxa, o 75% desta suma, se é o caso; no tocante á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, agás o acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para o efecto unha cantidade igual, polo menos, ó 20% do tipo.

3. Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de cederlle o remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo de ter efectuada a consignación a que se refire a anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da L.h. están de manifesto na secretaría, e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

5. Prevense que na acta de poxa se fará constar que o rematante acepta as obrigacións antes expresadas e, se non as acepta, non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa desas obrigacións.

6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 ó 279 da LAC, de non se atopar nel, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

Santiago de Compostela, quince de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

6037