Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.735

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (257/1997-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo executivo 257/ 1997, que se segue neste xulgado por instancia de Volkswagen Leasing S.A., establecemento financeiro de crédito, representado polo procurador García-Píccoli Atanes, contra Retema S.L., e Luis Ángel Pousa Estévez, por medio da presente cédula cítase de remate a entidade Retema, S.L., co domicilio actual descoñecido, para que no termo de nove días compareza en autos e se opoña á execución se lle conviñese, coa prevención de que, de non facelo no prazo indicado, será declarado en rebeldía, seguindo o xuízo o seu curso sen facerlle máis notificacións nin citacións cás que a lei determine.

Faise constar que se practicou o embargo de bens suficientes como da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento, por se ignora-lo seu paradoiro.

E, para que lle sirva de citación de remate á entidade Retema S.L., expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela o dezaseis de xullo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

5793