Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.735

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

EDICTO (50/1997).

En virtude do acordado por resolución desta data dictada polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Carballo, en providencia do día da data, dictada no expediente de dominio número 50/1997, seguido ante este xulgado por instancia de Narcisa Buño Vázquez, que actúa en nome e representación de Manuel Tasende García, para facer constar no correspondente Rexistro da Propiedade a maior capacidade e medidas exactas do seguinte predio:

Rústica: Leira do Muíño, a labradío, de dous ferrados aproximadamente, que limita: norte, Visitación Tasende García; sur, camiño con muro no medio; leste, camiño; e oeste, Manuel Andrade, Elisa Castro e outros, rego de auga no medio.

Os lindeiros da dita leira na actualidade son os seguintes: norte, José Lorenzo Tasende; sur, Manuel García Andrade; leste, camiño na súa parte sur e parcela do comprador na súa zona norte; oeste, Luis Tasende Cancela.

Rústica: Herbal de Tras, A Herbal como duns catro ferrados, no que se rega coas augas do río chamado Erbecedo, desde o domingo ás doce ata o venres pola mañá de cada semana. Limita: norte, herdeiros de Venerable García; sur, herdeiros de Manuel Andrade; leste, herdeiros de Venerable García; e oeste, muro, despois herdeiros de Manuel Andrade.

Lindeiros actuais: norte, Luciano Tasende Cancela; sur, María Barreiros Bardanca; leste, Luciano Tasende Cancela; e oeste, María Barreiro Bardanca.

Rústica: Chouza do Cotón do Sino, a monte, nela dez ferrados polo vento leste, que limitan: norte, Miguel Lamas, Manuel Couto e outros; sur, herdeiros de Venerable Tasende e outros; leste, herdeiros de Venerable Tasende, de Carmen Pérez Andrade, muro no medio; e oeste, Carmen Pérez Andrade, ou sexa, o resto da leira.

Os lindeiros na actualidade: norte, Ramón Barreiro Bardanca; sur, María Barreiros Bardanca; leste, Argimiro e Fidel Tasende Queaires, e José Couto Coutada; oeste, Fidel e Carmen Tasende Cancela.

Radican as tres na parroquia de Erbecedo, concello de Coristanco e partido xudicial de Carballo.

Polo presente edicto cítanse cantas persoas ignoradas poidan ser afectadas por este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días a partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no dito expediente para alegar canto ó seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira da Lei hipotecaria, e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise público para os oportunos efectos.

O xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

5966