Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Venres, 05 de setembro de 1997 Páx. 8.737

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (307/1996).

Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 307/1996, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia da procuradora Mª Rita Goimil Martínez, en representación do Banco Español de Crédito, S.A., contra Francisco de Paula Trías Rovira e Lourdes Sánchez Villar, en reclamación de cantidade, e nas súas actuacións acordouse sacar á venda, en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo de valoración pericial, os seguintes predios embragados ós demandados:

1. Referencia catastral 2033701 NH3423 S0001 MM. Predio urbano de 140 m, situado no núcleo rural de Tarrío, que dá a pista asfaltada, pechado parcialmente no seu perímetro con tela metálica e postes de granito, cuberta por viña tupida e coidada, e destinada na actualidade ó aloxamento de animais de curral; dispón para iso de varias construccións menores ou pequenos galpóns. Prezo de valoración 532.000 pesetas.

2. Referencia catastral 2033702 NH3423 S00001 MM. Predio urbano de 220 m, situado no núcleo rural de Tarrío, que dá a pista asfaltada, pechado parcialmente na súa superficie mediante muro de obra de fábrica, que dispón dunha construcción auxi

liar a xeito de galpón ou garaxe. Prezo de valoración 836.000 pesetas.

3. Referencia catastral 2033801 NH3423 S00001 RM. Predio urbano situado no núcleo rural de Tarrío, que dá a pista asfaltada, sobre o que se sitúan tres edificacións anexionadas; unha delas dispón, a que sen dúbida é a vivenda inicial principal, dun pequeno patio dianteiro. Prezo de valoración 13.873.628 pesetas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena nº 2, polígono das Fontiñas, o vindeiro día 1 de outubro, ás once horas, conforme as seguintes condicións:

1. O tipo de remate será o sinalado como prezo de valoración na descrición de cada unha delas, sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación, deberán os licitadores consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV, número conta 1592-17-307-96, o 20% do tipo de remate.

3. Poderán facerse ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto daquel, resgardo de ter ingresado na conta sinalada no número anterior o 20% do tipo do remate.

4. Só o acredor poderá face-lo remate en calidade de llo ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obrigación, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o vindeiro 3 de novembro, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo do remate, que será do 75% do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 4 de decembro, tamén ás once horas, e rexerán para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela, trinta de xuño de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

5881